"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Todo de ti paréce-me mal,
dende a túa cara ata a forma de falar...
Desaparece de aquí, ja!
Todo de ti fai-me estoupar,
dende os teus olhos ata o jeito de jantar...
Desaparece de aquí, ja!
Dende a túa cara ata a forma de falar,...
se non marchas, hei-me cabrear...
Desaparece de aquí, ja!
Dende os teus olhos ata o jeito de jantar,
se non marchas hei-me de enfadar...
Desaparece de aquí, ja!
Raquel V. G. 3ºA
____________________________________________
Ando á procura dela,
é que eu morro por ela!
Onde estás minha senhor?!
Ando buscando a ela,
é que eu sonho con poder ve-la!
Onde estás minha senhor?!
É que eu morro por ela,
non a encontro e daquela!
Onde estás minha senhor?!
É que eu sonho con poder ve-la
non saberei se ela me anhela!
Onde estás minha senhor?!
Carlos 3ºA
__________________________________________
Ai, minha dona,
que cara de mona!
O vento non levará a túa roupa!
Ai, minha amada,
que cara de amargada!
O vento non levará a túa roupa!
Que cara de mona,
que corpo de foca!
O vento non levará a túa roupa!
Que cara de amargura,
que corpo de avelhentada!
O vento non levará a túa roupa!
J.D.S.
______________________________________________
Sínto-a no meu corazón;
aínda que non me fagas caso,
minha senhor, teu son!
Sínto-a na minha pel;
aínda que lonje estés,
minha senhor, teu son!
Aínda que non me fagas caso;
cego por ti estou,
minha senhor, teu son!
Aínda que lonje estés;
cegado pola túa beleza estou,
minha senhor, teu son!
Ramón V.
______________________________________________
A casa do párroco,
está porca e velha:
Mira ti que pocilga!
A casa do cura,
ten pingueiras e está húmida:
Mira ti que pocilga!
Está porca e velha,
como esa non vin nunca:
Mira ti que pocilga!
ten pingueiras e está húmida,
como esa nunca tal vin:
Mira ti que pocilga!
Claudia T. 3ºA
____________________________________________
A cantiga de amigo?
A nos profesora de lingua,
ten moito que explicar:
Atendede, atendede, e así aprenderedes!
A nosa profesora Pilar,
ten moito que falar:
Atendede, atendede, e así aprenderedes!
Ten moito que explicar,
a nosa amiga Pilar:
Atendede, atendede, e así aprenderedes!
Ten moito que falar,
e non quere berrar:
Atendede, atendede, e así aprenderedes!
Alejandra L. 3ºC
Carlos P. 3ºC
_____________________________________________
CANTIGA
É moi famosa sen estudar ...
Din que pola súa filha é capaz de matar!
Belén Esteban fai-se chamar!
É moi famosa, pero debe cambiar ...
Din que está tola, cando vai calar?
Belén Esteban fai-se chamar!
Din que pola súa filha é capaz de matar ...
ten tanta cara, que a pode pisar!
Belén Esteban fai-se chamar!
Din que está tola, cando vai calar?
Ten tanta cara, que non é real!
Belén Esteban fai-se chamar!
Ileana W. M. 3ºE
___________________________________________
Ai! Minha fermosa senhora,
ti vas-me levar á morte.
Ai Deus, ten piedade de min!
Ai! Minha fermosa raínha,
ti vas-me matar decontado
Ai Deus, ten piedade de min!
Ti vas-me levar á morte,
se eu non tenho sorte.
Ai Deus, ten piedade de min!
Ti vas-me matar decontado,
se eu non tenho coidado.
Ai Deus, ten piedade de min!
Alberto
E.S.D.
__________________________________________
CANTIGA DE AMOR
Tan fermosa é a minha senhor,
que por ela sinto un gran amor:
Sen dúbida é a melhor!
Tan marabilhosa é a minha senhor,
que por ela estou morrendo de amor:
Sen dúbida é a melhor!
Que por ela sinto un gran amor,
dende o amencer ata o solpor:
Sen dúbida é a melhor!
Que pro ela estou morrendo de amor,
dende o abrente ata o ponhente:
Sen dúbida é a melhor!
Sandra N. 3ºA