NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AUTORES GALEGOS
Aquí podes buscar autores galegos ordenados alfabeticamentre e coas súas obras comentadas.
AUTORES GALEGOS. http://www.autoresgalegos.org/web/index.html
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 31-03-2009 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS
Acceso a premios de literatura.
PREMIOS. http://www.filix.org/premios/premioba.html
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 31-03-2009 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
OS ARQUIVOS DA MEIGA
Nos ARQUIVOS DA MEIGA podes ver debuxos animados, películas, etc. Moi interesante.
OS ARQUIVOS DA MEIGA. http://z6.invisionfree.com/ProxectoMeiga/index.php?showtopic=52&st=45
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 26-03-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
LAMATUMBÁ
LAMATUMBÁ
Categoría: VÍDEOS MUSICAIS. - Publicado o 25-03-2009 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
NOTICIA DO PARLAMENTO EUROPEO
O PARLAMENTO EUROPEO DEFENDE O MULTILINGÜISMO EN EUROPA.

-A EUROCÁMARA aprobou un texto alternativo de PSOE, CIU, PNV, EA e ICV en defensa do modelo lingüístico catalán.

-Considera "esencial" protexer o multilingüismo nalgunhas zonas.

-Os pais non poderán elixir a lingua na que han de educarse os seus fillos nos países en que, como España, coexisten varios idiomas oficiais.

Así o decidiu o pleno do Parlamento Europeo, que rexeitou o informe sobre multilingüismo que pedía garantir o dereito a elixir sempre o idioma de escolarización dos fillos.
En cambio, aprobou un texto alternativo do PSOE, CIU, PNV, EA e ICV en defensa do modelo lingüístico catalán.
A unión da maior parte dos eurodiputados socialistas, liberais, verdes e do grupo da Esquerda Unitaria Europea serviu para sacar adiante o documento, que recibiu 335 votos a favor, 279 en contra e 69 abstencións.
(É noticia do parlamento Europeo e da prensa (El Pais)).

Categoría: O FALADOIRO - Publicado o 24-03-2009 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
Desde este enlace podes acceder aos premios que convoca a deputación de a Coruña.
PREMIOS DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
Categoría: OUTROS CONCURSOS - Publicado o 24-03-2009 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
PATRIMONIO CULTURAL GALEGO
Desde aquí podes acceder a páxina web patrimonio.org creado pola Consellería de Cultura e Deportes, da Xunta de Galicia.


PATRIMONIO CULTURAL GALEGO.http://www.patrimonio.org/
Categoría: ORGANISMOS DE INTERESE. - Publicado o 16-03-2009 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
CONTACONTOS
Os días 2 e 3 de marzo de 2009 visítanos A TROPA DE TRAPO, que nos contará "contos sen medo", relatos sobre a liberdade. Contos en castelán e galego acompañados de música para promover a harmonía entre as dúas linguas que conviven connosco. Será o alumnado de 4º de ESO quen asista ás sesións.
Categoría: FESTAS - Publicado o 02-03-2009 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, MANIFESTO DA AELG
24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Noutro 24 de febreiro nacías, Rosalía, no Camiño Novo, nas inmediacións de Santiago de Compostela, a poucos quilómetros de onde se escribe esta lembranza. Hoxe celebramos o teu nacemento unicamente por termos así un punto de referencia para te homenaxearmos porque, para actuarmos con propiedade, deberiamos celebrar o día en que escribiches tal ou cal poema, o día en que decidías dar ao prelo o poemario inaugural do primeiro Renacemento, o día en que remataches o prólogo de Follas Novas, ou tantos outros días decisivos para a escrita en galego cuxa data exacta descoñecemos e que, daquela, non podemos conmemorar.
Se a morte non fose un camiño sen volta, se puideses ver cos teus propios ollos o noso país -o país "en que me eu criei", como ti dirías-, sorprenderíaste do actual que resulta a túa obra, a pesar do paso implacábel do tempo e dos moitos cambios que operaron no mundo. Coido que non te abraiarían as novidades tecnolóxicas que envolven as nosas vidas; como nunca fuches babeca nin reaccionaria, asumirías os novos inventos no que valen mais tampouco non te deixarías cegar polas falsas aparencias de modernidade que producen as máquinas. Con toda seguranza, celebrarías o progreso económico, que nos libra de ver por toda a parte, como ti viches, a miseria e os padecementos dunha sociedade empobrecida que queremos deixar atrás, aínda que seguramente o teu ollar, atento aos detalles, se decataría con precisión de que o luxo consumista en que nos bambeamos non ten nada a ver coa xustiza nin abrangue toda a poboación. Porque ti, Rosalía, non escribías poemas para exercer de delicada nin de dama triste e mexeriqueira, senón coa intención de condensares na escrita a forza revolucionaria que levan as palabras dentro. "Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe ós nosos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo no noso país. Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas; mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres", escribiches hai case cento trinta anos e, con todos os matices que cumpra introducir, este texto segue a nos conmover pola reivindicación das clases traballadoras e da situación especial das mulleres. Non importa se os labregos e mariñeiros non representan xa a maioría dos galegos porque a preocupación social dos teus versos podería aplicarse por igual ás masas proletarias, separadas da sociedade do benestar por marxinación social ou desemprego, e se nos teus poemas os mozos labregos emigran á Habana, na actualidade marchan a Canarias ou xogan a seren cidadáns de ningures nun sistema capitalista que non sabe de patrias.
Se puideses saber como vén sendo interpretada a túa obra, -como punto de arranque, como peza chave, como exemplo dunha rara lucidez-, ti que non fuches vaidosa, descansarías en paz. Aínda que para iso habería que evitarche o coñecemento de seres tamén malinterpretada, manipulada e lida en certos círculos, sobre todo fóra da Galiza, como soñadora melancólica, como intimista romántica, todo por teres dedicado algúns poemas á infinita dor da existencia, o que parece convertelos en material máis doce, menos atrevido que a maioría da túa escrita. Sen dúbida, fuches tan adiantada ao teu tempo que militaches en causas que aínda non se recoñecían como tales, nin tiñan quen as defendese. Así se explica que o que hoxe chamamos violencia de xénero e aparece nos medios de comunicación como un asunto actual, como un problema acabado de detectar, estivese xa naqueles versos de Follas novas: "Que hai uns negros amores de índole pezoñenta/ que privan os espritos, que turban as concencias,/ que morden si acariñan, que cando miran queiman,/ que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan./ Máis val morrer de friaxen/ que quentarse á súa fogueira". Seguro que se vivises hoxe entre nós os seminaristas volvían apedrear as túas xanelas, aínda que se cadra só te insultaban por blogue: as formas poden variar mais, con toda probabilidade, seguirías estando nas barricadas. Por iso o pouso da túa obra fica ao fondo. Por iso, neste día de homenaxe, sobre todas as cuestións que espertaron o teu interese, quizais deberiamos atender especialmente o teu compromiso coa lingua. "As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estos versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo pra eles" porque hoxe eses versos son xa accesíbeis a quen os causou. Nunca na historia precedente tivemos a totalidade da poboación alfabetizada e coa posibilidade de frecuentar libros (de os sobar, de os ler, de os aprender, de os adquirir, de os comentar, de se impregnar deles). Daquela estamos xa na época en que as multitudes dos nosos campos poden coñecer sen mediadores o que ti dixeches só en certa forma para elas. Mais esta situación feliz foi producirse nunha época en que todo vai ás présas. Ti dicías que dez anos son moitos a xulgar pola présa con que hoxe se vive e nin te imaxinabas canto máis apurado se pode andar, como andamos agora, correndo sen sabermos onde nin detrás de que. Porque cando tiñamos todo para nos envolvermos como sarillo na historia pasada e comezar a florecer, os ánimos afrouxan. Dixéronnos que o mundo era todo igual e que se expresaba en inglés e moitos acreditan en tal desatino, volvendo as costas ao que é de seu e soñando con vestiren coma outros, con falaren coma outros, con seren coma outros... E como non sería cousa de chamares as xentes á guerra para logo desertar da bandeira que ti mesma levantaras, Rosalía, se estiveres entre nós, estarás en aberta oposición aos sectores da sociedade que reclaman a súa liberdade a non seren galegos, a non se construíren como tales. Como tantos libros enganosos, que só din medias verdades, contan que eras unha dama do XIX, de non fitarmos en profundidade, podemos esquecer que eras -e es, que a túa obra vive- unha activista comprometida, que non andabas con florituras nin escribías de pombas e flores por teres alma de muller, que o teu compromiso coa nación e coa lingua foi tan alto que todo o que tivo un eco por leve que fose, con tal que chegase a te conmover, todo isto ousaches cantar para declarar perante os que sen razón nin coñecemento ningún nos desprezan "que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa que [...] demostra a iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia que se pode facer dunha provincia a outra provincia irmá por probe que esta sexa". Contigo aprendemos a ser elos dunha cadea, a non renegarmos, a recoñecermos que só sendo galegas e galegos podemos ser universais. Que o peso da terra sexa leve, compañeira!
(Texto de Teresa Moure)
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 02-03-2009 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
VOCABULARIOS DIVERSOS
Aquí podes atopar unha ampla variedade de traballos terminolóxicos (dicionarios de distintas materias, glosarios, léxicos,etc.) Pódeche proporcionar unha boa axuda.
VOCABULARIOS DIVERSOS.http://www.dmoz.org/World/Galego/Lingua_galega/Terminolox%C3%ADa/Traballos_ter
Categoría: VOCABULARIOS - Publicado o 02-03-2009 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal