BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO |
|
____________________________________
"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________
VIAXEIRO
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.
Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.
Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.
(Celso Emilio Ferreiro)
____________________________________
24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CELEBRACIÓN SEMANA DE ROSALÍA DE CASTRO |
|
Este venres estivemos de celebración no noso centro. Estivemos celebrando o 182 nacemento de Rosalía de Castro. O alumnado, guiado poca profesora Neves, estiveron participando na creación de cartaces, recitados poéticos...... |
|
|
|
SABÍAS QUE XA CONTAMOS CO NOME DOS ELEMENTOS QUÍMICOS EN GALEGO? |
|
Este luns, a Real Academia Galega acolleu a presentación da Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións,unha obra divulgativa que supón ??a primeira oferta de denominación normalizada e oficial dos nomes dos elementos químicos en galego?, subliña Manuel González, coordinador do Termigal, un servizo creado en 1997 por un acordo entre a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Política Lingüística e o CRPIH. |
|
|
|
SABÍAS QUE? |
|
Os afeccionados á astronomía teñen no boletín quincenal que publica a Unión Astronómica Internacional (IAU) unha fonte de contidos e referencias para achegarse á actividade que se desenvolve arredor desta ciencia en todo o mundo. E na publicación da IAU, entidade que en 2019 cumpre un século de existencia, o galego ocupa un posto de honra: é a cuarta lingua do mundo (alén do inglés, idioma orixinal do boletín) en ter unha tradución do que é unha obra de referencia no planeta. |
|
|
|
OS NENOS DA VARÍOLA |
|
.jpg) o día 16 o alumnado de 1ª de bacharelato asistiu no salón de actos da Laboral á conferencia de María Solar sobre o seu último libro publicado, "Os nenos da varíola". O libro baséase nun feito histórico poco coñecido pero moi importante. Por un lado, supuxo o fin desta terrible enfermidade e por outro, vemos a importante contribución que fixo Galicia para acadar este éxito.
Interesante, amena, didáctica...... así foi a conferencia de María Solar.
Un libro moi recomendable e que podedes atopar na nosa biblioteca. |
|
|
|
|
|