NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CHARLA-COLOQUIO CON BREOGÁN RIVEIRO

O venres 25 de febreiro as nenas e os nenos de 1º de ESO tiveron un encontro co escritor Breogán Riveiro para dialogar sobre a súa obra "TONECHO DE REBORDECHAO"


PARA MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=739
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 25-02-2011 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
CHARLA-COLOQUIO CON MANUEL NÚÑEZ SINGALA



O 18 de febriero de 2011 o alumnado de 2º tivo a oportunidade de poder charlar co filólogo e escritor Manuel Núñez Singala.
A charla-coloquio estivo relacionada co seu libro "O ACHADO DO CASTRO".

MÁIS INFORMACIÓN EN :
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ManN%FA%F1ez&alias=Manuel+C.+N%FA%F1ez+Singala


http://www.galegos.info/manuel-c-nunez-singala
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 13-02-2011 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
ROSA ANEIROS




















O DÍA 8-2-2011 ACODIU AO NOSO CENTRO A ESCRITORA ROSA ANEIROS QUE ESTARÁ CO ALUMNADO DE 4º DE ESO.

Algo da súa vida:
Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección Agardando as lagarteiras), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da gramática, ademais do programa “Un día por diante” da Radio Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), o volume recompilatorio de artigos literarios Agardando as lagarteiras (culturagalega.org, 2003) e Veu visitarme o mar (Xerais, 2004). Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Xerais, 2000); Relatos (1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (2001) ), Seis ferroláns (2003), Alma de beiramar perdida (2003), Botella ao mar (2003) ou Narradio (Xerais, 2003). Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o Premio Careón 2006 ou o Premio da Crítica Losada Diéguez (2005), ademais do Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico “A última vaca”. Ao pé do abismo (Xerais, 2007) recolle a súa obra xornalística.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 08-02-2011 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
A ESCOLA DAS AREAS.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 06-02-2011 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal