NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GAÑADORES DO CONCURSO DE CANTIGAS
OS GAÑADORES DO CONCURSO DE CANTIGAS

ENTROIDO 2009 SON OS SEGUINTES:


1º DALMACIO CASADO PUIG (1º )


2º PATRICIA LADO FERNÁNDEZ (1º)


3º CARLA MARTÍNS PATIÑO (1º)

Categoría: CONCURSOS - Publicado o 22-02-2009 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
CANTIGAS DE ENTROIDO E EXERCICIOS DE REFORZO DE GALEGO
CANTIGAS ENTROIDO 2009

Teño unha amiga na clase,
chámase Yésica ela.
Pobriña, está tola!
Non hai máis que vela.
(Noelia Bello, 1º H)
_______________________________

Rivadulla, Rivadulla,
cada vez que me insultas,
pareces unha grulla!
Sabes que che digo? Mua, mua.
(Raquel Lorenzo, 1º H)
_______________________________

Eu teño unha boa amiga,
de nome Laura,
amiga como ningunha,
que pena que lle falte cordura!.
(Irene Torrado, 1º H)
_______________________________

O noso profe Pepe,
moito nos anda a berrar,
non sabemos dividir nin multiplicar
e nin sequera sumar e restar.

Bea, a da nosa clase,
fala moito e sen parar.
Sempre anda berrando,
como unha tola vai acabar.
(Laura, Sandra, Raquel e Conrado, 1ºE)
______________________________

A de matemáticas Manuela,
cando non sabemos o que dicir,
sempre pregunta:
hai alguén aí?
(Juán José Romero e Isaac Míguez, 1º C)
________________________________

Lucía, Lucía
moi lista é
será polo pelo escarolado
que sempre saca dez?

Lidia, Lidia
moi graciosa é.
Tolerías fai
na clase de francés.
Sara Rodríguez e Carla Bascoy, 1º C)
_________________________________

Don Ramón, Don Ramón
é un home feito e dereito,
e se fas algo ben,
diche: saca peito!
Isaac Míguez Loureiro, 1º C)
__________________________________

Xa chega o entroido!
Pasarémolo xenial
coa festa e os disfraces
nun inverno primaveral.

Con máscaras e antifaces
ímonos disfrazar,
aínda que o traxe axeitado,
é difícil de pensar.

Ao verse co disfraz
moitos pasan vergoña,
todos a rir sen parar
con algunha carantoña.
(Patricia Lado Fernández, 1º D)
________________________________

O entroido xa chegou
con disfraces e caretas,
os nenos e as nenas
queren ir de marionetas.

Este ano bailaremos
e pasarémolo moi ben,
de filloas e orellas
ímonos encher.

Ao colexio hai que vir pronto
cos amigos sen parar,
de poliños e ovellas,
este é o mundo animal.
(Carla Martíns Patiño, 1ºD)
______________________________

Hai que disfrazarse
dos pés ás cellas
e ir pedir polas casas
filloas e orellas.

Cando remate o entroido
moita mágoa nos vai dar,
porque outro aniño
haberá que esperar.
(Miguel Castelo, 1º D)
____________________________

Xa vén o entroido
e pasarémolo moi ben,
bailando e cantando
todos xuntos á vez.

Este ano os choqueiros
moi graciosos van,
e os costureiros
fannos disfrazar

No antigo colexio
hai un desfile,
e nós imos velos
vai ser un alucine
(Andrea Lago Fernández, 1ºD)
____________________________

0 ENTROIDO FELIZ

O entroido chega,
ímonos de festa.
Ti vas de meiga
eu de de rata funesta.

Colle o disfraz,
pon a maquillaxe,
non esquezas o antifaz
nin o escudo de paxe.

Perrucas de cores,
sombreiros xigantes,
gorros co flores,
cadáveres andantes!

Comamos doces,
tomemos laranxada,
que non falten noces
nin limonada.

O día será largo,
coma un regaliz
pero en vez de amargo
será un entroido feliz!
(Dalmacio Casado Puig, 1º D)

__________________________________________



Categoría: TRABALLOS DO ALUMNADO - Publicado o 18-02-2009 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
ENQUISA LINGÜÍSTICA DO ALUMNADO
RESPOSTAS A ENQUISA DO ALUMNADO.

NÚMERO DE PARTICIPANTES 495

Entrevistador/a: IES EDUARDO BLANCO AMOR

Data: NOVEMBRO DE 2008

Á pregunta: en que lingua aprendiches a falar?

A resposta foi:

1. En castelán: 297 ……………………………………… 60 %
2. En galego: 37 ………………………………………... 8 %
3. Nas dúas: 171 ………………………………………… 35 %
4. Noutras: 27 …………………………………………… 6 %

Á pregunta: que lingua se fala habitualmente na túa casa?

A resposta foi:

1. Só castelán: 189 …………………………………… 37 %
2. Predomina o castelán: 167 ……………………… 26 %
3. Castelán e galego por igual: 101 …………. 21 %
4. Predomina o galego: 40 ………………………… 8 %
5. Só galego: 30 ………………………………... .. 6 %
6. Outras: 28 …………………………………… ...... 6 %

Á pregunta: que lingua usas habitualmente?

A resposta foi:

1. Só castelán: 227 ………………………………… 45 %
2. Predomina o castelán: 184 …………………… 36 %
3. Castelán e galego por igual: 90 …………. 18 %
4. Predomina o galego: 13 …………………… 3 %
5. Só galego: 6 ………………………… ........... 1 %
6. Outras: 15 …………………………………… 15 %

Á pregunta: que lingua usas habitualmente na escola?

A resposta foi:

1. Só castelán: 177 ………………………………… 35 %
2. Predomina o castelán: 209 ……………… 42 %
3. Castelán e galego por igual: 111 ……... 22 %
4. Predomina o galego: 20 …………………… 4 %
5. Só galego: 4 …………………………………..... 1 %
6. Outras: 9 …………………………………………...... 2 %
Categoría: ENQUISAS - Publicado o 11-02-2009 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE CANTIGAS SOBRE O ENTROIDO
CONVÓCASE UN CONCURSO DE CANTIGAS RELACIONADAS CO ENTROIDO.

BASES:

- As cantigas terán unha extensión de entre dez a quince versos.

- Establécense tres premios:

1º premio 25 € (cheque regalo).
2º premio 20 € (cheque regalo).
3º premio 15 € (cheque regalo).

- O prazo de entrega remata o 18 de febreiro de 2009.

- As cantigas entregaranse ao profesorado de galego ou ben enviándoas dende o apartado de comentarios desta convocatoria.

A 2 de febreiro de 2009






Categoría: CONCURSOS - Publicado o 02-02-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal