NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SUSO VAAMONDE
ROMANCE DO PESCADOR PELERIÑO.
Poema de Xosé Mª Álvarez Blázquez musicado por Suso Vaamonde.
SUSO VAAMONDE. http://www.youtube.com/watch?v=XW7BhqhmFsk
Categoría: VÍDEOS MUSICAIS. - Publicado o 29-02-2008 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA, UNHA TERRA DE POETAS
Desde aquí podes acceder a páxina de GALICIA ESPALLADA na que atoparás moitos escritores galeg@s e as súas obras literarias. MOI INTERESANTE.
GALICIA, UNHA TERRA DE POETAS.http://www.galespa.com.ar/galiciaterrapoetas.htm#curros
Categoría: POESÍA e A.E.L.G. - Publicado o 28-02-2008 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
O VINDEIRO 7 DE MARZO CÚMPRESE O PRIMEIRO CENTENARIO DA MORTE DE CURROS ENRÍQUEZ. LEMBRAREMOS ESE DÍA CUNHA EXPOSICIÓN DALGUNHA DAS SÚAS POESÍAS.


Nacido o 15 de setembro de 1851 en Celanova (Ourense), Manuel Curros Enríquez pasa por ser, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do denominado “Rexurdimento” da literatura galega de finais do século XIX.
A súa obra “Aires da miña terra” identificao como un gran poeta civil, capaz de conxugar a denuncia social en favor da clase máis desfavorecida, como demostra en poemas como “As Pragas”, “Nouturnio” ou “Mirando ó chau”, cunha poesía de exaltación dos valores tradicionais da cultura galega, como é o caso “Unha boda en Einibó”, “O gaiteiro de Penalta” e moi especialmente “A virxe do Cristal”, onde describe de forma maxistral a lenda sobre a aparición da imaxe da pequena virxe desta localidade, cuio santuario se ubica na parroquia de Vilanova dos Infantes, lugar de nacemento de Petra Enríquez, a súa nai.
Tras o seu falecemento, ocorrido na capital cubana o 7 de marzo de 1908, a cidade herculina que tan ben o acollera en vida e á que recordou e homenaxeou en mái s dunha composición poética, fíxose cargo finalmente dos seus restos, que permanecen enterrados no cemiterio de San Amaro daquela cidade.

POESÍA DEDICADA A ROSALÍA DECASTRO
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

DESDE AQUÍ PODES VISITAR A FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ E A GALICIA ESPALLADA.
CURROS ENRÍQUEZ. http://www.galespa.com.ar/curros_ponte.htm
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ. http://www.currosenriquez.es/
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 28-02-2008 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
CASTELAO
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
(Galicia, 1886-1950)

Político, pintor y escritor en lengua gallega nacido en Rianxo. Vivió toda su infancia en Argentina, país donde habían emigrado sus padres. Licenciado en Medicina por la Facultad de Santiago de Compostela en 1908, cursó el doctorado en Madrid donde comenzó a destacar como caricaturista. A pesar de que estaba casi ciego, destacó como pintor, primero en su constante humorística y satírica y más tarde reflejando la crueldad y miseria de la guerra civil española. Participó en la histórica asamblea de redacción de las bases del Estatuto del Estado Federal de Galicia, perteneció al grupo cultural Irmandades da Fala, fue director artístico de la publicación Nós y fundador de la Coral Polifónica de Pontevedra. Su primera novela fue Un Ollo de Vidro (1922), a la que seguirían Cousas (1926), As Cruces de Pedra na Bretaña (1929), Retrincos (1934) y Os Dous de Sempre (1934). Durante la guerra civil española participó en la organización de las Milicias Gallegas de Enrique Líster, y se desplazó junto al gobierno republicano a Madrid, Barcelona y Valencia, donde publica los álbumes Galicia Mártir (1937) y Atila en Galicia (1937). En 1938, enviado por el Ministerio de Propaganda republicano, viaja a Rusia, Cuba y Estados Unidos para obtener apoyo entre los emigrantes a la causa republicana. Al finalizar la contienda fijará su residencia en Buenos Aires, donde estrenó la obra teatral Os vellos non deben de namorarse (1941). En 1944 publicó Sempre en Galiza, obra cumbre del pensamiento galleguista y en 1948, Alba de Groria. Fue el primer presidente del Consello de Galiza, el gobierno de Galicia en el exilio y fundador de la revista catalana-gallega Galeuzca, recuerdo de la alianza política de 1933. Murió en Buenos Aires el 7 de Enero de 1950, debido a un cáncer de pulmón. Ese mismo año se publicará su último libro, As Cruces de Pedra na Galiza.

DESDE AQUÍ PODES ACCEDER AO MUSEO CASTELAO.
CASTELAO. http://www.museocastelao.org/
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 26-02-2008 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
ROSALÍA DE CASTRO
O 24 DE FEBREIRO CONMEMÓRASE O SEU NACEMENTO.


Rosalía de Castro é a figura máis importante do Primeiro Renacemento galego. Naceu en Santiago de Compostela, o 24 de febrero de 1837, como froito das relacións entre unha fidalga e un sacerdote. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela. Nesta cidade Rosalía será testemuña da terríbel fame e do andazo de cólera de 1853-54 e vivirá o fervor revolucionario deses anos. É probábel que iniciase a súa formación na Sociedade Económica de Amigos del País, mentres asistía con regularidade ao Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As correntes ideolóxicas que imperaban no grupo, e que permanecerán sempre na obra de Rosalía, eran o socialismo utópico e o republicanismo democrático.
Posibelmente non fose casual que a marcha de Rosalía a Madrid, en 1856, coincidise coas represalias contra os participantes no Banquete de Conxo, organizado polo grupo do que ela formaba parte, aínda que o máis probábel é que se desprazase á Corte coa intención de se dedicar profesionalmente á escrita. Alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa dos dereitos da muller.
A década dos 60, que desembocou na Revolución do 68, foi un período de grande efervescencia intelectual e política. Rosalía e Murguía formaban parte desa corrente federalista e republicana que aspiraba a un novo modelo político en que a causa galeguista tería cabida, que soñaba con ideais do socialismo utópico: liberdade relixiosa, libre comercio, sufraxio universal... Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos, cuxa publicación, en 1863, marcou o inicio do Primeiro Renacemento. No "Prólogo" intentou suavizar as posíbeis reaccións contra o libro polo seu carácter reivindicativo, o uso exclusivo do galego e a autoría feminina.
Rosalía era por entón unha escritora profesional que colaboraba con regularidade en diversas publicacións, mentres atendía ás obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela (Madrid e Simancas) e outras en Galiza (Lugo, Compostela, A Coruña, Padrón), onde ficará definitivamente na década dos 70. Mais o fracaso da Revolución do 68 e a Restauración Borbónica acabaron coa esperanza no futuro. Á ilusión seguiu o desengano, agravado polas dificultades económicas derivadas do cambio político e polas discrepancias e disputas entre Murguía e Lamas, entre o galeguismo progresista e o galeguismo conservador. As consecuencias destes desencontros pagounas Rosalía, pois ficou sen posibilidades de colaborar na prensa galega. A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid. O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia.
O cancro acabou coa vida de Rosalía en 1885, non sen que antes deixara unha importantísima obra en español, poética (En las orillas del Sar) e narrativa (El primer loco, Ruinas, El caballero de las botas azules), que aínda non está suficientemente valorada.
No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición. Os restos da nosa máis insigne escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

POEMAS DE CANTARES GALLEGOS

Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
Terra donde m' eu criey,
Ortiña que quero tanto,
Figueiriñas que prantey.

Prados, rios, arboredas,
Pinares que move ó vento,
Paxariños piadores,
Casiña dó meu contento.

Muhiño d' os castañares,
Noites craras de luar,
Campaniñas trimbadoras
Dá igrexiña dó lugar.

Amoriñas d' ás silveiras
Qu' eu lle dab' ó meu amor,
Camiñiños antr' ó millo,
Adios para sempr' adios!

Adios groria! adios contento!
Deixo á casa onde nacin,
Deixo á aldea que conoço,
Por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
Deixo á veiga pó lo mar,
Deixo, en fin, canto ben quero...
¡Que pudera non deixar!...

Mais son prob' e mal pecado,
A miña terra n' é miña,
Qu' hastra lle dán de prestado
A veira por que camiña
O que naceu desdichado.

Téñovos pois que deixar,
Hortiña que tanto amei,
Fogueiriña dó meu lár,
Arboriños que prantei,
Fontiña do cabañar.

Adios, adios que me vou,
Herbiñas do camposanto,
Donde meu pay s' enterrou,
Herbiñas que biquey tanto,
Terriña que vos criou.

Adios tamén, queridiña...
Adios por sempre quizais!...
Dígoch' este adios chorando
Desd' á veiriña do mar.
Non m' olvides, queridiña,
Si morro de soidás...
Tantas legoas mar adentro...
¡Miña casiña! meu lar!


Airiños, airiños aires,
Airiños da miña terra,
Airiños, airiños aires,
Airiños, leváime á ela.

Sin ela vivir non podo,
Non podo vivir contenta,
Qu' á donde queira que vaya,
Cróbeme un-ha sombra espesa.
Cróbeme un-ha espesa nube
Tal preñada de tormentas,
Tal de soidás preñada,
Qu' á miña vida envenena.
Leváime, leváime airiños,
Com' un-ha folliña seca,
Que seca tamen me puxo
A callentura que queima.
¡Ay! si non me levás pronto
Airiños da miña terra,
Si non me levás airiños
Quisais xa non me conesan.
Qu' á frebe que de min come,
Vaime consumindo lenta,
E no meu corazonciño
Tamen traidora se ceiba.

Fun n' outro tempo encarnada,
Com' á color de sireixa,
Son oxe descolorida
Com' os cirios d' as igrexas
Cal si un-ha meiga chuchona
A miña sangre bebera;
Vóume quedando muchiña
Com' un-ha rosa qu' inverna.
Vóume sin forzas quedando,
Vóume quedando morena,
Cal un-ha mouriña moura,
Filla de moura ralea.

Leváime, leváime airiños,
Leváime á donde m' esperan
Un-ha nay que por min chora,
Un pay que sin min n' alenta,
Un hirman por quen daria
A sangre d' as miñas venas,
E un amoriño á quen aIma
E vida lle prometera.
Si pronto non me levades,
¡Ay! morrerei de tristeza,
Soya n' un-ha terra estraña,
Dond' estraña m' alomean,
Donde todo canto miro
Todo me dic' ¡estranxeira!

iAy! miña probe casiña,
Ay! miña vaca bermella,
Años, que valás nos montes,
Pombas, qu' arrulás nas eiras,
Mozos qu' atruxás bailando,
Redobre d' as castañetas,
Xás-co-rras-chás d' as cunchiñas,
Xurre, xurre, d' as pandeiras,
Tambor do tamborileiro,
Gaitiña, gaita gallega,
Xa non m' alegras dicindo:
Muiñeira! muiñeira!
¡Ay quen fora paxariño
De leves alas lixeiras!
Ay! con que prisa voara
Toliña de tan contenta,
Para cantar á alborada
Nós campos da miña terra!
Agora mesmo partira,
Partira com' un-ha frecha,
Sin medo as sombras da noite
Sin medo dá noite negra.
E que chovera ou ventara,
E que ventara ou chovera,
Voarïa, e voarïa
Hastra qu' alcanse á vela.
Pero non son paxariño
E irey morrendo de pena
Xá en lágrimas convertida,
Xá en suspiriños desfeita.

Doces galleguiños aires,
Quitadoriños de penas,
Encantadores d' as auguas,
Amantes d' as arboredas,
Música d' as verdes canas
Do millo d' as nosas veigas,
Alegres compañeiriños,
Run, run de tódalas festas,
Leváime nas vosas alas
Com' un-ha folliña seca,
Non permitás qu' aqui morra
Airiños da miña terra,
Qu' ainda penso que de morta
Ei de sospirar por ela.
Ainda penso, airiños aires,
Que dimpois que morta sea,
E aló pó lo camposanto
Dond' enterrada me teñan,
Pasés na calada noite
Runxindo antr' á folla seca,
Ou murmuxando medrosos
Antr' as brancas calaveras,
Inda dimpois de mortiña
Airiños da miña terra,
Éivos de berrar: ¡airiños
Airiños, leváime á ela!



ROSALÍA DE CASTRO.http://www.rosaliadecastro.org/
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 20-02-2008 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
FEDERICO GARCÍA LORCA
Poeta e dramaturgo español, que tamén escribiu en galego.

Naceu o 5 de xuño de 1898 en FuenteVaqueros, Granada, no seo dunha familia acomodada. Fillo de Federico García Rodríguez, propietario agrícola, casado en segundas nupcias con Vicenta Lorca, unha mestra en excedencia. En 1909 a súa familia trasládase a Granada e ingresa no Colexio do Sacro Corazón. Cursou estudos de bacharelato, Filosofía e Letras, Dereito e música na súa cidade natal e, entre 1919 e 1928, viviu na Residencia de Estudantes, de Madrid onde coñeceu ao pintor Salvador Dalí, ao cineasta Luís Buñuel e ao poeta Rafael Alberti, entre outros. En 1918 publica o seu primeiro libro, "Impresións e paisaxes" e en 1920 estréase o seu primeiro drama "El maleficio de la mariposa", no Teatro Eslava de Madrid. No ano 1925 pasa a Semana Santa en Cadaqués con Salvador Dalí e a súa familia e escribe "El Paseo de Buster Keaton". En 1929 viaxa á cidade de Nova York, experiencia que o marcará profundamente. En 1933 viaxa á Arxentina onde dirixe representacións das súas obras en Bos Aires. Neste mesmo ano, publica "Oda a Walt Whitman" en México. Cando regresou a España escribiu obras teatrais e foi director do teatro universitario La Barraca. As súas posicións antifascistas e a súa fama convertérono nunha vítima fatal da Guerra Civil española. O 9 de agosto refúxiase na casa do seu amigo Luís Rosales en Granada. A garda civil deteno o 16 de agosto. Fusílano o 19 de agosto e entérrano nunha fosa común nun oliveiral preto de Viznar.
Os seus primeiros poemas aparecen en Libro de poemas, de 1921. No ano 1922 organizou co compositor Manuel de Falla, o primeiro festival de cante jondo, e ese mesmo ano escribiu precisamente o Poema do cante jondo, aínda que non o publicaría ata 1931. O Primeiro romancero xitano, de 1928, é un exemplo de poesía composta a partir de materiais populares. Poeta en Nova York, escribiuno entre 1929 e 1930, pero que non se publicou ata 1940, Tierra e Luna acabouno en 1934, aínda que se publicou postumamente. Posteriormente aparece o seu Llanto por Ignacio Sánchez Mejías, de 1935, elixía composta ao morrer do toureiro. Seis poemas galegos, aparece o mesmo ano. Entre as súas farsas, escritas de 1921 a 1928, destacan Tragicomedia de don Cristóbal e Retablillo de don Cristóbal, pezas de monicreque, e La zapateira prodixiosa, obra de ambiente andaluz. Tamén, Amor de don Perlimplín con Belisa no seu xardín. De 1930 e 1931 son os dramas Elpúblico e Así que pasen cinco anos, obras complexas con influencia da psicanálise. Dúas traxedias r urais son Vodas de sangue, de 1933, e Erma, de 1934. En Doña Rosita la soltera, de 1935, aborda o problema da solteiría, que tamén aparece en La casa de Bernarda Alba, concluída en xuño de 1936, e que a crítica adoita considerar a obra fundamental de Lorca. Ao comezo da súa carreira tamén escribira dous dramas modernistas, El maleficio de la mariposa (1920) e Mariana Pineda (1927).

Queremos destacar a relación que García Lorca mantivo con Galicia, onde se sentiu perfectamente integrado. Froito desta relación escribiu seis poemas en galego, que se poden ler deseguido:

MADRIGAL Á CIBDADE DE SANTIAGO

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Agoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

ROMAXE DA NOSA SEÑORA DA BARCA

¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!

A Virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.

Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortos e mortos de néboa
pol-as congostroas chegaban.

¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobr'o teu manto
as foles da amortallada!

Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando a i-alba.
A Virxen mira pra o mar
dend'a porta da súa casa.

¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!

CANTIGA DO NENO DA TENDA

Bos aires ten unha gaita
sobre do Río da Prata
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d'estantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposíbel
na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira d'ágoa
mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza.
Foise pra veira do río,
veira do Río da Prata
Sauces e cabalos núos
creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido
malencónico da gaita,
non viu o inmenso gaiteiro
coa frolida d'alas:
triste Ramón de Sismundi,
veira do Río da Prata,
viu na tarde amortecida
bermello muro de lama.

NOITURNIO DO ADOESCENTE MORTO

Imos silandeiros orela do vado
pra ver ô adolescente afogado.

Imos silandeiros veiriña do ar,
antes que ise río o leve pro mar.

Súa i-alma choraba, ferida e pequena
embaixo os arumes de pinos e d'herbas.

Agoa despenada baixaba da lúa
cobrindo de lirios a montana núa.

O vento deixaba camelias de soma
na lumieira murcha da súa triste boca.

¡Vinde mozos loiros do monte e do prado
pra ver o adoescente afogado!

¡Vinde xente escura do cume e do val
antes que ise río o leve pro mar!

O leve pro mar de curtiñas brancas
onde van e vên vellos bois de ágoa.

¡Ay, cómo cantaban os albres do Sil
sobre a verde lúa, coma un tamboril!

¡Mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
porque xa ise río m'o leva pra o mar!

CANZÓN DE CUNA PRA ROSALÍA DE CASTRO

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!

Os arados van e vén
dende Santiago a Belén.
Dende Belén a Santiago
un anxo ven en un barco.
Un barco de prata fina
que trai a door de Galicia.
Galicia deitada e queda
transida de tristes herbas.
Herbas que cobren teu leito
e a negra fonte dos teus cabelos.
Cabelos que van ao mar
onde as nubens teñen seu nidio pombal.

¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, coma unha vaca!

DANZA DE LÚA EN SANTIAGO

¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!

É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.

Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.

Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

¿Quen fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

Déixame morrer no leito
soñando con froles d'ouro.

Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
POEMA.http://www.culturagalega.org/mp3/ed_dia/2-09%20Federico%20Garc%EDa%20Lorca_%20_Cantiga.mp3
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 08-02-2008 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal