NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CANTIGAS
CANTIGAS DO ALUMNADO DE 2º E 3º DE E.S.O.

Onde está a minha senhor?
que lhe quero dar moito amor,
e, ai Deus, se a encontrarei!

Onde está a minha amada?
que lle quero dar unha aperta apaixonada,
e, ai Deus, se a encontrarei!

Que lle quer dar moito amor,
á minha querida senhor,
e, ai Deus, se a encontrarei!

Que lle quero dar unha aperta apaixonada,
á minha querida amada,
e, ai Deus, se a encontrarei!
(Mirian e Antía 2º G)


Es o meu amigo,
quero estar contigo,
non te vaias nunca , querido!

Es o meu compañeiro,
sempre xuntos, companheiros,
non te vaias nunca, querido!

Quero estar content,
sempre unidos, companheiros!
non te vaias nunca, querido!

Quero estar contenta,
sempre unidos, companheiros!
non te vaias nunca, querido!
(Helena Patiño 2ºG)


Nesta clase haiche liantes,
moi palhasos e farsantes ...
esta clase chea de amigos está!

Nesta clase haiche argalheiros,
moi palhasos e companheiros ...
esta clase chea de amigos está!

Moi palhasos e farsantes,
Cantereiros e tunantes ...
Esta clase chea de amigos está!

Moi palhaos e companheiros,
Cantereiros e bulideiros...
Esta clase chea de amigos está!
(Roberto e Cristian 2º F)


Gústame os seus ollos,
onde está a minha amada?
A minha senhor amada!

Gústame os seus labios,
onde está o meu amor?
A minha senhor amada!

Onde está a minha senhor?
Aquela por quen eu morro.
A minha senhor amada!

Onde está meu amor?
Aquelapor quen suspiro.
A minha senhor amada!
(2.U.. 2º F)


Estaba un día a monxa
facendo o que non debía.
De pronto notou que algo lhe proía ...

Estaba unha noite a abadesa
facendo o que lhe parecía.
De pronto notou que algo lhe proía ...

Facendo o que nin debía
porque o dixo Deus e Santa María.
De pronto notou que algo lhe proía ...

Facendo o que lhe parecía
Porque o dixo o cura na romaría.
De pronto notou que algo lhe proía ...
(C.M.Z.)


Estaba unha moza na beira do río
buscando novas do seu amigo,
cando, de súpeto oíu un ruído:
era un cervo moi pequeniño!

Estaba unha nena no lado da corrente
buscando novas do seu doente,
cando ,de pronto, escoitou un sonido:
era un cervo moi pequeniño!

Buscando novas do seu amigo
eara poder ver se estaba vivo,
escoitou un forte ruído:
era un cervo moi pequeniño!

Buscando novas do seu doente
Encontrou un cervo decadente,
Chorou a moza con cariño:
era un cervo moi pequeniño!
(Os Bárbaros. 3º A)



Escribiría teu nome no ceo,
Con mil estrelas de cores.
Quéro-t’e, non podo pensar en ninguén máis.

Escribiría teu nome no mar,
Se con iso puideras-m’amar,
Quéro-t’e, non podo pensar en ninguén máis.

Con mil estrelas de cores,
Farí’un castelo por’os nosos amores.
Quéro-t’e, non podo pensar en ninguén máis.

Se con iso puideras-m’amar,
No camp’iriamos falar
Quéro-t’e, non podo pensar en ninguén máis.
(Alejandro Docampo García
Darío Lago Rivera
David Mato Miragalla 3º D)
___________________________________________

O RAPAZ QUE SE ATOPOU COA MORTE

Un rapaz encontrouse coa morte unha vez e fixeronse amigos. Entón o rapaz díxolle á morte que, xa que eran amigos, que lle ía pedir un favor: que se o podía avisar antes de ir por el, porque asi podía divertirse mellor. A morte prometeulle o rapaz, que así o faría. Despedíronse, e pasaron moitos anos sen que o rapaz recibira ningún aviso da morte. Pero un día presentouse a morte diante do rapaz, que agora xa ía indo vello, e díxolle que viña por el. O home, to#blgtk08#do asustado, dixolle que iso non era o convido, que quedara de avisalo con tempo e que esas non eran palabras. A morte contestoulle:
- Branqueouche o pelo?
- Branqueou - contestou o home.
- Caéronche os dentes?
- Caeron.
- Cansáronseche as pernas?
- Cansaron.
- Perdiches as forzas?
- Perdín.
- E logo, que máis avisos querías?
(Conto popular)

Categoría: TRABALLOS DO ALUMNADO - Publicado o 29-12-2007 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
TRADUTOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO
Desde aquí podes acceder ao tradutor da Universidade de Vigo onde poderás traducir do Castelán ao Galeogo e do Galego ao Castelán.
TRADUTOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO.http://sli.uvigo.es/tradutor/index.html
Categoría: TRADUTORES. - Publicado o 20-12-2007 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
INSTITUTO CERVANTES
Este servizo permite traducir textos e arquivos de texto, así como páxinas web, do español ao catalán, francés, galego, inglés ou portugués e viceversa.
TRADUTOR INSTITUTO CERVANTES.http://oesi.cervantes.es/traduccion.jsp
Categoría: TRADUTORES. - Publicado o 20-12-2007 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
EDUARDO BLANCO AMOR
Eduardo Branco Amor (Ourense, 14 de setembro de 1897 - Vigo, 1 de decembro de 1979) foi un escritor e xornalista, que escribiu tanto en galego como en castelán.

O seu pai abandonou o fogar familiar cando Eduardo só contaba tres anos. En 1915, á idade de dezasete, empezou a traballar como secretario de dirección no Diario de Ourense. Durante esta época frecuentou os faladoiros de Vicente Risco, figura que tivo unha importancia decisiva na súa futura defensa e promoción da cultura galega. En 1919 emigrou a Bos Aires, onde continuou en contacto con intelectuais galegos da emigración, tomando parte activa na Federación de Sociedades Galegas, fundada en 1921, que pretendía aglutinar a todos os inmigrantes galegos. En 1923 fundou con Ramiro Illa Couto a revista Terra, en lingua galega. Máis adiante participou tamén noutra publicación galeguista, Céltiga. En 1926 entrou a formar parte do diario arxentino A Nación, onde coñeceu a escritores arxentinos como Leopoldo Lugones, Horacio Quiroga, Borges, Sabato e Mallea.

En 1927 iniciou a súa carreira literaria, coa novela Os Nonnatos, á que seguiu, ao ano seguinte, o libro de poemas Romances Galegos.

En 1928 regresou a Galicia como correspondente do diario A Nación. Durante este primeiro regreso coñeceu a Castelao e a varios intelectuais do Partido Galeguista e o grupo Nós, e escribiu Poema en catro tempos, que publicaría posteriormente en Arxentina en 1931. Desde Bos Aires colaborou máis tarde coa revista Nós con varios poemas e tres capítulos da súa novela inconclusa A escadeira de Jacob.

Volveu instalarse en España como correspondente da Nación entre 1933 e 1935, e coñeceu en Madrid a Federico García Lorca, co que lle uniu unha gran amizade.

Defendeu desde Arxentina a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes utilizou en exclusiva o castelán na súa obra literaria, con obras como Os medos (1936) ou A catedral e o neno (1948). En 1956 regresou ao galego con Cancioneiro, e en 1959 publicou unha novela de gran importancia para a renovación da narrativa galega, A Esmorga.

En Bos Aires fundou e dirixiu o Teatro Popular Galego. Tamén foi director da revista Galicia, publicada polo Centro Galego de Bos Aires.

Regresou a España en 1965, e publicou outra obra que tivo gran repercusión, o libro de contos Os biosbardos (1962). A súa última etapa foi moi fecunda, a pesar de ser postergado pola cultura oficial: en 1970 deu a luz unha nova edición da Esmorga, e en 1972 apareceu a extensa novela Xente ao lonxe. Nos seus últimos anos prestou gran atención ao xénero teatral, con obras como Farsas para Monicreques (1973) e Teatro pra a xente (1975).

Faleceu en Vigo en 1979.

Moitas das súas obras narrativas (A Esmorga, Xente ao lonxe, Vos biosbardos) desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, trasposición literaria da súa Ourense natal. Os críticos atoparon nas súas ficcións ecos de autores como Valle-Inclán ou Eça de Queiroz.

Obra en galego:
Os Nonnatos (narrativa, 1927)
Romances galegos (poesía, 1928)
Poema en catro tempos (poesía, 1931)
A escadeira de Jacob (narrativa, inconclusa)
Cancioneiro (poesía, 1956)
A esmorga (prosa, 1959). Traducido ao español: la parranda (1960).
Vos biosbardos (contos, 1962). Traducido ao español: las musarañas (1975)
Xente ao lonxe (narrativa, 1972). Traducido ao español: "Aquella gente..." (1976)
Farsas para monicreques (teatro, 1973)
Teatro pra xente (teatro, 1974)
Poemas galegos (poesía, 1980)
Proceso en Jacobusland (Fantasía xudicial en ningures) (teatro, 1980)
Castelao escritor (Ensaio 1986)
A contrafío (Ensaio, 1993)

Obra en español:
Horizonte evadido (poesía, 1936)
En soledad amena (poesía, 1941)
La catedral y el niño (narrativa, 1948)
Chile a la vista (ensayo, 1950)
Las buenas maneras (ensayo, 1963)
Los miedos (novela, 1963)

O día 1 de decembro o PEN Club Galego, a Deputación de Ourense e máis o Concello homenaxearon a Eduardo blanco Amor no se 28 cabodano, coincidindo coa tradución ao francés da obra cumio da novela galega do século XX, "A ESMORGA". Xa se pode atopar nas librerías, editada por Gallimard co título LA NOCE, termo francés que vén significar andar de troula. Coa novela, comeza a colección Terre de brume dedicada aos clásicos da Literatura galega e promovida polo PEN Clube de Galicia en colaboración coa Casa de Galicia de Toulouse, onde desde hai anos se realizan unhas xornadas de promoción dos escritores galegos. Segundo subliña Luís González Tosar, presidente do PEN e impulsor desta iniciativa, a tradución ao francés "é a mellor homenaxe que se lle pode facer a Blanco Amor e a unha das súas mellores amigas, a hispanista Marie Laffrance, que sentía grande admiración polo escritor galego".

A esmorga foi traducida por Vicent Ozana coa participación de dous profesores galegos en Toulouse, Fátima Rodríguez López e Xosé Antonio Pérez Bouzas.

O compromiso de Tosar con Blanco Amor vai máis alá e o seu próximo obxectivo é lograr "que A esmorga estea tamén en inglés, porque é incomprensible que a estas alturas aínda non sexa accesible aos lectores británicos". Tamén lle gustaría ao presidente do PEN que a novela se reeditase en castelán xa que "a súa edición, traducida polo propio Blanco Amor, é practicamente inencontrable". La parranda, que é como se titula a obra en castelán, tamén foi levada ao cine por Gonzalo Suárez.


POESÍAS (obra completa. Galaxia. Ed.1992)

Á memoria de Amado Carballo

FUNCIÓN
Pra ver a función do abrente
que xa na outra banda brilla,
van as ondas ledamente
a mercar primeira fila.

SEITURA
Nas leiras do firmamento
tremen de medo e tristura
as estrelas, no momento,
en que o luar, coitel famento
vai comenzar a seitura.

DANZA
Aquel vello castiñeiro,
esquecendo a súa cañota,
ergue os brazos rexoubeiro;
ouce do vento o punteiro
e quere bailar a jota.

TRÁFICO
Aquel orfo piñeiro
que move decote as velas
dirixe por bon camiño
o tráfico das estrelas.

CORAL A CASTELAO(Música do mestre Pedro Antolín, estreado polo Coro Castelao, do Centro Galego de Caracas).

Por ti canta o sol ledo
e a montaña senlleira,
a estrela tecedeira
e o fero e doce mar.
Por ti canta o arboredo,
o grau na sementeira,
a rosa na roseira
e o paxaro no ar.

Laude a ti, gabanza a ti, Galiza en ti
máis forte a máis fermosa.
O Verbo en ti, a espranza en ti,
xuremos:¡Terra a Nosa!

Fidel á túa promesa
no alén do teu roteiro
o canto mariñeiro
da Patria estase a ouvir.
No sulco, viva, acesa,
túa voz, xermolo inteiro,
irmán, ronsel, guieiro,
túa voz: noso porvir.

Laude a ti, gabanza a ti,Galiza en ti
máis forte e máis fermosa.
O verbo en ti, e espranza en ti,
xuremos:¡Terra a Nosa!



Desde aquí tamén se pode acceder ao RECITAL ANTOLÓXICO DA POESÍA GALEGA DOS SÉCULOS XII ao XX.
Esto é posible grazas a que o 24 de xullo de 1956, o Teatro Castelao do Centro Galego de Bos Aires viviu unha emocionante xornada. EDUARDO BLANCO AMOR, dirixindo a varios destacados actores galego-arxentinos, organizou un recital que pretendía abranguer toda a literatura galega até a actualidade do momento.

Esta edición histórica, localizada nos arquivos do Centro Galego de Bos Aires e editada por primeira vez polo Arquivo Sonoro de Galicia en 1998. Esta é a versión dixitalizada desta emocionante traxectoria pola historia da poesía galega nas voces de Eduardo Blanco Amor, Fernando Iglesias "Tacholas", Lito López, Lita Soriano, Anita Fontao e Pilar Lebrón.
Unha vez que se acceda á páxina pódese escoitar o audio en MP3 pinchando sobre o título de cada un deles.

Coordinación Editorial: Afonso Vázquez-Monxardín;
Transcrición: Miruca Parga; Limiar: Carlos Laíño
BLANCO AMOR.http://www.consellodacultura.org/blanco_amor/
EDUARDO BLANCO AMOR.http://www.17demaio.org/diasdasletras/ano.php?txt=ano_1993
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 05-12-2007 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal