NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA (A.A.A.G.)
Neste apartado atoparás información sobre a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é unha entidade sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando aos/ás actores/actrices e directores/as de Galicia. A AAAG ten a súa sé en Santiago de Compostela e desenvolve as súas actividades principalmente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nestes momentos a Asociación conta cun total de 258 socios/as.
ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA (A.A.A.G.): http://www.aadteg.org/quen_somos.php
Categoría: ORGANISMOS DE INTERESE. - Publicado o 07-11-2007 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
MUSEO DO POBO GALEGO
O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, baixo os auspicios dun Padroado integrado por boa parte das institucións que aglutinan a quen traballan en prol da cultura de Galicia, por un amplo número de especialistas nas distintas áreas da mesma e por representantes das administracións públicas. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela.

Este é o primeiro museo de Galicia que, desde a perspectiva da antropoloxía cultural, tenta abranguer e relacionar as diversas manifestacións humanas no seo dunha comunidade diferenciada, e recolle, conserva e estudia nas súas salas as mostras da cultura espiritual e material para, a través desa realidade, coadxuvar á planificación do futuro colectivo. Ademais da mostra permanente, organízanse regularmente outras actividades: exposicións, cursos, congresos..., e edítanse publicacións.

A Xunta de Galicia, entendendo que o Museo do Pobo Galego pode ser considerado como cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia, recoñeceulle polo Decreto 111/1993 de 22 de maio a competencia para actuar como centro sintetizador de todos os museos e coleccións públicos e privados integrados no sistema galego de museos dedicados ó estudio, promoción e difusión do patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia.

O sostemento do Museo está garantido polas achegas económicas e materiais (doazóns e depósitos) dos seus patróns e socios, e polo patrocinio de diversas institucións públicas e privadas.

MUSEO DO POBO GALEGO: http://www.museodopobo.es/
Categoría: ORGANISMOS DE INTERESE. - Publicado o 04-11-2007 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
JOHN RUTHERFORD
JOHN RUTHERFORD

Naceu en Inglaterra no ano 1941, nunha aldea que se chama Saint Albans. É profesor de lingua e literatura hispánicas no Queen?s College de Oxford, amais de director do Centro de Estudos Galegos da mesma universidade. No ano 2007 recibiu o premio Trasalba (24 edición), que se lle entregou na Casa Grande de Cimadevila do concello de Amoeiro, Ourense, por unir o galeguismo a outras culturas. Ao fío desto Víctor F. Freixanes comenta (La Voz de Galicia 23-6-07) que ?non só homenaxeamos os seus méritos, que serían de abondo. Homenaxeamos unha tradición que se cadra poucos coñecen: a daqueles que, non sendo galegos de nación de nós, dedicaron (e dedican) o seu esforzo, o seu talento, os seus recursos e o seu tempo a estudar e difundir dende fóra de Galicia a nosa identidade cultural e a nosa lingua.? Nesta edición o premio, feito por Isaac Díaz Pardo, foi unha lámina e un debuxo que di: ?somos un pobo abandonado dende hai nove séculos que agarda restos deturpados da súa identidade, e agradecemos a quen nos bota unha man dende fóra estudándonos, como fai o profesor Rutherford?. Ademais recibiu un exemplar do libro titulado John Rutherford, Mar por medio, título que obedece aos encontros anuais chamados así, Mar por medio, que John R. mantiña cos seus amigos entre 1991 e 2004. Nel, grazas a María Liñeira e Dolores Vilavedra, podemos ler os comentarios que os seus amigos foron deixando.
A súa vinculación con Galicia está ligada a Ribadeo, tal e como conta na entrevista publicada en La Voz de Galicia o 23 (Víctor F.Freixanes) e 25 (Jesús Manuel García)de xuño de 2007, polo que se considera galego de Ribadeo. ?Nacín inglés e funme facendo galego?. Alí chegou por casualidade, pois ía estudar Historia pero cambiou para linguas. Como el di, ?non era bo estudante e non dominaba ben o español, así que os profesores recomendáronme que fose a España?. Coincidiu que naquel intre alguén pediu un intercambio para Ribadeo. Unha vez alí descubriu que a xente se sentía orgullosa de seu lugar, que gustaba do seu. Sentimento do que carecía no barrio onde el vivía en Londres. Sorprendido pola defensa que a xente facía do seu, el asumiuno como propio e pasou a formar parte da súa idiosincrasia; é dicir, é galego de seu. Iso non quere dicir que non bote de menos na actualidade os costumes daquela Galicia que coñeceu ao arribar a Ribadeo no ano 1959, que penetrou nel dun xeito determinante, e que para elo colaborou, sen lugar a dúbidas, a muller coa que casou Tita García Méndez. Na entrevista prosegue comentando que a literatura galega conseguiu moitas cousas e avanzou, pero precisa de máis presenza fóra do país. En Inglaterra fixo unha antoloxía de contos de Ferrín, que publicou unha editorial galesa e como era galesa, a prensa inglesa non publicou nin unha soa referencia.
A publicación en galego da novela ?As frechas de ouro? considéraa como a culminación da súa plena integración en Galicia. Empezouna a escribir en inglés, pero, como el di: ?non me saía, resultábame fría, pouco literaria, pensei que non estaba dotado para a literatura e que só podía escribir nesa prosa académica.? Antes de aparcar o libro probou a escribir en galego e viu que a cousa funcionaba. Escribiu este libro, que trata sobre o Camiño de Santiago, cunha carga chea de ironía e humor, onde describe as dificultades e satisfaccións dos peregrinos, a súa vivencia cotiá reflíctidas nunha viaxe literaria na que a ficción e a realidade se superpoñen e mesturan para chegar a unha obra deliciosa, unha sorpresa para as nosas letras.


O vindeiro sábado día 4 de outubro de2008 será nomeado membro de honra da Real Academia Galega.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 03-11-2007 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA
Que é a AELG?

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) é a entidade oficial que reúne máis de 335 escritores e escritoras da literatura galega en todas as súas manifestacións: poesía, narrativa, teatro, ensaio, escrita científica, traducións...

Foi fundada no ano 1980 por algúns dos escritores máis sobranceiros da nosa historia literaria e dela foron membros Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Ricardo Carvalho Calero, Uxío Novoneyra, Antón Avilés de Taramancos, Manuel María, Xela Arias e Luisa Villalta, entre outros.

A AELG é o órgano instituído pola Academia Sueca con competencia oficial para presentar candidatura aos Premios Nobel. Forma parte do European Writers' Congress.

A AELG agrupa autores e autoras residentes tanto en Galiza canto fóra dela, asumindo como único requisito de afiliación a condición de contar cando menos cun libro individual publicado en lingua galega.



Desde aquí podes acceder a ASOCIACIÓN DE ESCRITOR@S EN LINGUA GALEGA, onde poderás consultar a vida e obra de cada autor, así como a súa VIDEOTECA.
ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN GALEGO:http://www.aelg.org/MainPage.do;jsessionid=5DB7F89C98332556BB71C
CENTRO DE DUCUMENTACIÓN.http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthors.do?letter=A
Categoría: POESÍA e A.E.L.G. - Publicado o 02-11-2007 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
CENTRO GALEGO DE ARTE E IMAXE
Creado por decreto 210/1989 do 5 de outubro da Xunta de Galicia, o CGAI inaugurouse o 15 de marzo do ano 1991, data desde a que vén desenvolvendo as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía de xeito regular.

As súas funcións no ámbito audiovisual, como institución responsable desde a administración autonómica, son:

A recuperación, catalogación, custodia e difusión das producións e obras do patrimonio audiovisual e fotográfico galego.
A programación de proxeccións, exposicións, conferencias, publicacións, etc. co fin de proporcionar un maior coñecemento das artes da imaxe.
A colaboración, cos obxectivos anteriores, en actuacións en Galicia e no exterior.
A participación na promoción da produción audiovisual galega en mercados, mostras e festivais.
CGAI: http://www.cgai.org/
Categoría: ORGANISMOS DE INTERESE. - Publicado o 02-11-2007 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
REVISTA DAS ARTES OLLO PÚBLICO
REVISTA DAS ARTES OLLO PÚBLICO: http://www.ollopublico.es/
Categoría: REVISTAS. - Publicado o 02-11-2007 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0