NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O FALADOIRO DISQUE-DISQUE
Neste FALADOIRO podes deixar a túa opinión, o teu comentario. O que che pareza ben, pero sempre con respecto e educación.
Categoría: O FALADOIRO - Publicado o 30-11-2007 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
BREOGÁN RIVEIRO VÁZQUEZ
O vindiro día 13 de decembro, xoves, entre as 9.20 e as 10:30 horas, visitaranos o escritor Breogán Riveiro Vázquez. Neste trimestre acudirá a charla coloquio o alumnado de 1º curso da E.S.O., que foron os que leron o seu libro: "Tonecho de Rebordechao"

Breogán Riveiro Vazquez
Montevideo, 1967
Cursou estudios de Náutica e Inxeñería. Traballa no sector audiovisual desde 1988.
Autor da TV movie “Voltar á casa”; desenvolveu dúas comedias de situación para televisión (“Casa Cuartel” e “Don Tomás”).

É o co-creador do formato e a idea xeral da serie documental “A Memoria Cotiá”, e guionista de moitos traballos realizados en Formato, entre eles “Sons do Pórtico”, “Ortegal”, “Isidoro Zorzano”, “Bergantiños”, “Valdeorras”, “O Pobo do mar”, “Montse Grases”, “Nations in Bloom , “Os Ancares”.

Como escritor ten publicados varios relatos curtos e dous libros: “O vendedor de Mazás” (Ed. Espiral Maior) gañador do Premio Cidade da Coruña de Narrativa Fantástica e “O Asasino Bífido” (Ed. Ir Indo), Premio Raíña Lupa 2005 por “Tonecho de Rebordechao”, finalista en el I Premio de Relato por Entregas de La Voz de Galicia. Conseguiu tamén o Premio Literario da “Curuxa do Humor” por “O Artigo”, e o Premio Casa de Andalucía de Relatos por “El duendecillo”.

Como realizador ten realizado varias ducias de documentais e promocionais, entre eles “Comarcas de Galicia: Valdeorras”; “Todos os camiños” (documental gravado en Kenia, Filipinas, Ecuador, Eslovaquia, España e Italia); “OTRI” (premiada cun AGAPI); e a maior parte dos programas da serie “A Memoria Cotiá”, como “A familia ben, gracias”, “Memorias dun pobo labrego”, “Xóvenes dun siglo”, “A lingua”, “Xogos da infancia”, “Periodistas: ó fio da realidade”, “Unha visión lonxana”; Actualmente en proceso de produción do documental “Mundos Cativos”; e moitos outros traballos tanto para televisión como para empresas e institucións.

Foi Director de Fotografía en moitas das producións da empresa Formato, en U-Matic, Betacam SP e Betacam Dixital.
BREOGÁN RIVEIRO.http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=739
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 28-11-2007 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
VIEIROS
VIEIROS. http://www.vieiros.com/
Categoría: PRENSA EN GALEGO - Publicado o 26-11-2007 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
REVISTA GALEGA DO ENSINO
REVISTA GALEGA DO ENSINO. http://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?tipo_busqueda=CODIGO&clave_revi
Categoría: REVISTAS. - Publicado o 23-11-2007 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
GACETA DE GALICIA
GACETA DE GALICIA. http://gacetadegalicia.usc.es/
Categoría: PRENSA EN GALEGO - Publicado o 23-11-2007 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA TERRA
A NOSA TERRA. http://www.anosaterra.com/
Categoría: PRENSA EN GALEGO - Publicado o 23-11-2007 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
DE LUNS A VENRES
DE LUNS A VENRES. http://www.l-v.es/
Categoría: PRENSA EN GALEGO - Publicado o 23-11-2007 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
TEMPOS NOVOS
TEMPOS NOVOS. http://www.xornal.com/article.php3?sid=20061219190641
Categoría: PRENSA EN GALEGO - Publicado o 23-11-2007 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORIAIS
A finalidade da Asociación Galega de Editores é a defensa, promoción e difusión da edición de libros en lingua galega, e a representación, xestión e defensa dos intereses comúns dos seus asociados.
O LIBRO GALEGO. http://www.editoresgalegos.org/
Categoría: ORGANISMOS DE INTERESE. - Publicado o 23-11-2007 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
NORDESTN@S
LINDA MÚSICA ESPECIAL DUN GRUPO ESPECIAL. ESCOITA!!!
NORDESTIN@S. http://www.nordestinas.eu/
Categoría: VÍDEOS MUSICAIS. - Publicado o 17-11-2007 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
POESÍA GALEGA
Cambio climático

Voan areas das praias máis sórdidas,

infernos escuros e falas tremulentas.

Suspiros feridos, olladas esquivas

que fican á sombra dun sol de tormenta.

Fuxiron os homes adentro das casas,

chegaron os ventos cargados de ira.

Escóndense os bechos debaixo das plantas

escóndense todos da naturaza viva.

(Antón Rodríguez Casal)


POESÍA GALEGA. http://www.poesiagalega.com/
Categoría: POESÍA e A.E.L.G. - Publicado o 15-11-2007 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA ENCANTADA
GALICIA ENCANTAD. Ahttp://www.galiciaencantada.com/.
Categoría: Xeral: NATUREZA - Publicado o 15-11-2007 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
XOSÉ MANUEL BUDIÑO
XOSÉ MANUEL BUDIÑO. http://www.youtube.com/watch?v=lRi2cyQz3aM
XOSÉ MANUEL BUDIÑO E DAVIDE SALVADO.http://www.youtube.com/watch?v=nJTkFnpxfB4
Categoría: VÍDEOS MUSICAIS. - Publicado o 13-11-2007 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
ANTONIO FRAGUAS
A finalidade desta Fundación é proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que D. Antonio Fraguas e toda a xeración por el representada, crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia.
Se tes interese, podes acceder a ela desde este lugar.
FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS: http://www.museodopobo.es/fraguas.php?lang=es
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 08-11-2007 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
COMPAÑÍA TEATRAL CASAHAMLET
Se tes interese no mundo que rodea ao teatro, aquí tes un lugar onde te podes informar.
COMPAÑÍA TEATRAL CASAHAMLET: http://blogdecasahamlet.blogspot.com/2007/09/espectculos-ct-casahamlet
Categoría: ORGANISMOS DE INTERESE. - Publicado o 07-11-2007 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal