NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO DE ESLOGANS PARA 1º DE ESO
O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN

E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CONVOCA

O ALUMNADO DE 1º CURSO DE ESO

A UN CONCURSO DE ESLOGANS

A PROL DO USO DO GALEGO.

HABERÁ TRES PREMIOS

O prazo de entrega remata o 15 de novembro.

Entregar o eslogan ao profesorado de galego.

Haberá unha exposición dos traballos.


O ENDL
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 10-10-2013 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO GAÑA O PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013 COA OBRA "OS ÁNGULOS DA BRASA"
NACEU NA CORUÑA EN XULLO DE 1932,
PREMIOS:
PREMIO NACIONAL DE POESÍA ANO 2013
PREMIO DE POESÍA DA AELG ANO 2013
PREMIO ÁNXEL CASAL ao libro de poesía (Asociación galega de editores) ANO 2012
PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA (Asociación española de críticos literarios)ANO 2012

Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 08-10-2013 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal