NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO DE SLOGANS PARA 1º CURSO DE ESO
CONCURSO

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CONVOCA

AO ALUMNADO DE 1º CURSO DE ESO

A UN CONCURSO DE SLOGANS

SOBRE O USO DO GALEGO.

HABERÁ VARIOS PREMIOS

O prazo de entrega remata o 15 de novembro
Entregar o slogan ao profesor de galego ou envialo por correo electrónico ao blogue do ENDL

Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-10-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
MOSTRA BICENTENARIA DA PRIMEIRA EDICIÓN NA LINGUA GALEGA
AS 200 CANDEAS DO LIBRO EN GALEGO

O libro titulado Proezas de Galicia, é o leitmotiv da mostra A Coruña na creación do libro galego, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Real Academia Galega. A exposición ofrece unha oportunidade única para o visitante de rememorar uns tempos no que A Coruña estaba á vangarda cultural do país.

A Coruña na creación do libro galego presenta a evolución da historia do libro galego impreso dende unha perspectiva cronolóxica, complementada con obxectos dos principais protagonistas desa historia –moitos deles inéditos–, como un busto de Uxío Carré, un reloxo de Ánxel Casal ou unha pluma de Bernardino Varela Docampo.


Máis información en :
http://www.xornal.com/artigo/2010/10/16/cultura/candeas-do-libro-galego/2010101622040601874.html




Fonte: XORNAL DE GALICIA
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 17-10-2010 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
15 FESTIVAL DE CINE DE OURENSE. LEMBRANDO A MAN, O ALEMÁN-GALEGO DE CAMELLE
Simón Vázquez realizou unha pelicula na que lembra ao alemán-galego Man e que presenta no
15 festival de cine de Ourense(2010).

Sinopse
5 ano despoise da morte Man, algúns veciños descobren varias caixas con obsectos persoais que escondera. Isto abre a porta para coñecer
os secretos deste ermitaño que creou esculturas con pedras, andaba en taparrabos e viviu 40 anos en Camelle, na cCosta da Morte.


Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 08-10-2010 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal