NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO DE IDEAS PARA 2º,3º, 4º DE ESO
CONCURSO

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA CONVOCA AO ALUMANDO DE 2º, 3º, 4º DE ESO A UN CONCURSO DE IDEAS NAS QUE SE CONVIDE A FALAR EN GALEGO.

HABERÁ TRES PREMIOS (CHEQUES REGALO).

O prazo de entrega remata o 30 de outubro.

Entregar os traballos ao profesor/a de galego ou envialo por correo electrónico ao blogue do ENDL.

Anímate e participa.
Categoría: CONCURSOS - Publicado o 15-10-2008 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE SLOGANS PARA 1º DE ESO
CONCURSO

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CONVOCA AO ALUMNADO DE 1º CURSO DE ESO A UN CONCURSO DE SLOGANS SOBRE O USO DO GALEGO.

HABERÁ TRES PREMIOS (CHEQUE REGALO).

O prazo de entrega remata o 30 de outubro.

Entregar o slogan ao profesor/a de galego ou envialo por correo electrónico ao blogue do ENDL.

Anímate e participa.

Categoría: CONCURSOS - Publicado o 15-10-2008 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO DE RELATO CURTO EN LINGUA GALEGA PARA 2º DE ESO
Educación e Política Lingüística colaboran con Coca-Cola na organización dun concurso escolar de relatos en galego

O certame vai dirixido a alumnado de segundo curso de secundaria e desenvolverase ao longo do período académico 2008-2009.

A iniciativa persegue fomentar o uso creativo da lingua galega a través de manifestacións literarias e afondar no proceso de normalización lingüística.

Educación e Política Lingüística prestarán apoio institucional e técnico na organización das actividades relacionadas con esta primeira convocatoria do concurso

Santiago, 2 de setembro de 2008.- Alumnos e alumnas de secundaria dos centros educativos de Galicia poderán participar na primeira edición do Concurso de Novos Talentos - Premio de Relato Curto en Lingua Galega, que se porá en marcha durante o vindeiro curso 2008-2009. Este certame farase realidade en virtude do convenio asinado hoxe pola secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Benito Fernández; o presidente do Consello de Administración de Bebidas Gaseosas do Noroeste (Begano), Federico Amor Sanjurjo; e o director da Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña, Pedro Antonio García López.
O acto de sinatura deste acordo materializouse este mediodía en Santiago. O principal obxectivo desta iniciativa reside en potenciar e fomentar entre a xuventude o uso creativo da lingua galega a través de manifestacións e expresións literarias. As catro entidades asinantes do convenio coinciden na apreciación de que actividades coma esta contribúen a afondar no proceso de normalización lingüística no ámbito educativo.
Segundo se recolle no texto do documento asinado, a Fundación Coca-Cola España e a empresa concesionaria da multinacional en Galicia, Begano, comprométense a organizar, xestionar e executar todas as actividades que garden relación co citado premio, entre as que se atopan a elaboración das bases do certame e a posta á disposición dos centros dos medios necesarios. A maiores, a Fundación Coca-Cola asumirá a dotación económica do premio de acordo coas bases do concurso, que se darán a coñecer proximamente.

Apoio institucional
Pola súa banda, a Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística adquiren os compromisos de colaborar na constitución do xurado, proporcionar apoio institucional na organización das actividades relacionadas co certame e na entrega dos premios e cooperar na difusión desta iniciativa mediante accións informativas e divulgativas.

O convenio tamén establece que Educación prestará apoio pedagóxico e didáctico na organización das actividades do certame, mentres que Política Lingüística lle proporcionará asesoramento técnico á Fundación Coca-Cola e a Begano en materia de cuestións lingüísticas e terminolóxicas.

A Fundación Coca-Cola leva 48 anos organizando no ámbito estatal un premio de relatos curtos en castelán, no que concursaron máis de 10 millóns de estudantes ao longo da súa historia e que na súa última edición contou en Galicia coa participación de 160 colexios. Paralelamente a este concurso, Coca-Cola puxo en marcha hai uns anos convocatorias específicas en éuscaro e en catalán, ás que agora, coa sinatura deste convenio, se suma tamén a lingua galega.

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, amosou a súa satisfacción pola organización deste certame porque supón “un paso máis para a normalización do galego na sociedade e nun ámbito especialmente sensible e crucial para a lingua porque é da mocidade de quen depende a vitalidade futura do galego”.

A maiores, Marisol López sinalou que a través desta colaboración “vencellamos a potente marca de Coca-Cola cunha fonda penetración no sector demográfico da xuventude, á imaxe de modernidade que queremos para o galego, o que repercute nun dos aspectos máis relevantes para a súa saúde: a mellora da valoración social da lingua propia”.

Compromiso co desenvolvemento cultural
Pola súa banda, o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Benito Fernández, salientou que o convenio asinado hoxe é unha mostra da colaboración conxunta que a Administración educativa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen realizando na promoción e uso da lingua galega, e que nesta ocasión implica tamén a unha entidade empresarial comprometida co desenvolvemento cultural dos escolares galegos. Benito Fernández subliñou así mesmo que esta primeira edición do concurso en galego dirixirase aos máis de 23.000 alumnos e alumnas de 2º da ESO que cursarán estudos este ano académico 2008-2009 en centros galegos. O secretario xeral tamén sinalou que con esta nova versión do concurso exclusivamente en galego, Coca-Cola e Begano “dan un paso máis no seu compromiso coa cultura e a lingua galega”.
Categoría: CONCURSOS - Publicado o 06-10-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal