NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CANTADOR
O CANTADOR: http://www.youtube.com/watch?v=WAwd9v55Kzo
Categoría: VÍDEOS MUSICAIS. - Publicado o 29-10-2007 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO PLANETA
A Terra é unha UNIDADE, o lugar no que vivimos todos os seres, polo tanto, como tal UNIDADE, é necesario que a respectemos non degradándoa, porque se a degradamos, degradámonos a nós mesmos.

Desde aquí podes acceder a páxina de CLIMÁNTICA na que atoparás información sobre o Clima, o Home e o Cambio Climático.
O NOSO PLANETA. CLIMÁNTICA: http://climantica.org/roller/index.jsp
Categoría: Xeral: NATUREZA - Publicado o 29-10-2007 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
LUAR NA LUBRE
- Chove en Santigo,(poema de Ferderico García Lorca).
- O son do ar
- Un bosque de música.
LUAR NA LUBRE: http://www.youtube.com/watch?v=itibdfkv8Z8
LUAR NA LUBRE: http://www.youtube.com/watch?v=d-xaCxwww5A
LUAR NA LUBRE: http://www.youtube.com/watch?v=fnz3BoxRFh4
Categoría: VÍDEOS MUSICAIS. - Publicado o 26-10-2007 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
SON DE SEU
A CAMPOSA.

SON DE SEU: http://www.youtube.com/watch?v=ezXtlevmlcg
Categoría: VÍDEOS MUSICAIS. - Publicado o 26-10-2007 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
BERROGÜETTO
Varias cancións: hepta, bailador, cantos, baile galego, etc
BERROGÜETO: http://www.youtube.com/results?search_query=berroguetto&search=tag
Categoría: VÍDEOS MUSICAIS. - Publicado o 26-10-2007 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
O Día das Letras Galegas 2008 estará adicado a Xosé María Álvarez Blázquez

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 30 de xuño de 2007 acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2008 ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985). Así mesmo, nomeouse Académico de Honra da Real Academia Galega a John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941).

CRONOLOXÍA DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

1915 -Nace en Tui o 4 de febreiro.

1930 -Comeza a publicar poemas en xornais de Pontevedra e Tui.

1931 -Ingresa no “Grado Profesional de Maxisterio”, carreira que estuda en Pontevedra.

1932 -Publica Abril, o seu primeiro libro de poemas. Funda en Pontevedra co poeta Juan Vidal Martínez a revista literaria “Cristal”, que vivirá ata 1933.

1933 -Ingresa na Federación de Mocedades do Partido Galeguista.

1934 -Finaliza os estudos de Maxisterio. Con da celebración do 88 aniversario dos fusilamentos de Carral pronuncia en Pontevedra, no mesmo mes de maio, o seu discurso Berro e lembranzas dos herois de Carral, texto de intenso fervor nacionalista que publica ese mesmo ano a Federación de Mocedades do PG

1935 -Obtén o seu primeiro destino como mestre en a Guarda.

1936 -Ingresa no Partido Galeguista.
-Destínano á escola das Olivas en Tui.
-Comeza oe estudos de Filosofía e Letras, interrompidos pola guerra civil.
-Fai o servizo militar no hospital de San Caetano en Santigo.
-Encadeado no mes de xullo polas forzas fascistas e o 30 de outubro fusilan ao se pai, o médico Darío Álvarez Limeses.

1937 -Destinado como mestre á escola de Coia, en Vigo.
-En decembro o goberno do ditador fascista Franco suspéndeo de emprego e soldo, e posteriormente destérrano a Coreses, en Zamora. Alí traballa como mestre ata 1942, e nese ano pide a excedencia e volve a Galicia

1941 -Publica El crimen de la isla verde.

1942 -Instálase en Vigo e dirixe unha fábrica de ladrillos en Nigrán.

1945 -Traballa na Cofradía de Pescadores “San Francisco”
-Finalista do 1º premio Nadal de novela con “En el pueblo hay caras nuevas”, publicado ese mesmo ano.

1946 -Casa o, dez de decembro con María Luisa Cáccamo Frieben.

1948 -Funda, con Luis Viñas Cortegoso, a librería anticuaria Monterrey, desaparecida en 1979.

1949 -Pasa a ser membro correspondente da Real Academia Galega da Lingua o 17 de abril.
-Nomeado Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo.
-Publica Poemas de ti e de min.

1950 -Funda, con Luis Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey.
-Obtén o 1º premio nos “Juegos Florales” de Vigo polo seu traballo de tema
histórico Hechos y figuras de Vigo.
-Publica Roseira do teu mencer.

1952 -Dirixe escavacións arqueolóxicas no Castro de Vigo.
-Publica Una cabaña en el cielo e Escolma da poesía medieval. I. Escolma medieval de poesía galego-portuguesa.

1953 -Como Comisario de Escavacións Arqueolóxicas intervén no localización e
catalogación nun conxunto de estelas funerarias topadas nas obras dunha rúa
de Vigo e posteriormente na súa instalación no Museo “Quiñones de León”
Castrelos-Vigo).
-Participa no “III Congreso Arqueológico nacional”, celebrado en Vigo.

1954 -Obtén o premio “Pondal” do Centro Galego de Buenos Aires polo seu libro
Canle segredo.
-Participa no “III Congreso Internacional de Poesia celebrado e diversas cidades e lugares de Galicia.
-Publica o Romance do pescador peleriño.

1955 -Obtén o premio “Pérez Galdós” de novela por “las estatuas no hablan”,
publicado no mesmo ano.

1956 -Participa no “I Congreso Internacional de Etnografía e Folclore” celebrado
en Braga (Portugal), do 22 ao 25 de xuño.
-Publica Crecen las aguas.

1958 -Obtén o premio de Biografia da Asociación da Prensa de Vigo polo seu
traballo “Martín Códax, cantor del mar de Vigo”
-participa no Coloquio de Estudos Etnográficos “Dr. Leite de Vasconcelos”
celebrado en Porto.

1959 -Participa no “Congreso Histórico de Portugal. Medievo”, celebrado en Braga.
-Publica a Escolma da Poesía Galega II. A poesía dos séculos XIV a XIX.

1960 -Gaña o premio “López Cuevillas” no 1º Certamen Literario del Miño de Lugo
coa novela Mauro el barquero.
-Obtén o premio “Ramón Mourente” polo seu traballo Datos para la biografía del poeta Añón.
-Publica La ciudad de los días.

1962 -O día 24 de xuño foi elixido membro numerario de Ral Academia Galega.

1963 -Participa no “Congreso Internacional de Etnografía”, celebrado en Sto. Tirso
(Portugal).

1964 -Funda “Edicións Castrelos”, onde comeza a publicarse a colección Cuadernos
de Arte Gallego.
-Participa no “II Coloquio de Matosinhos”.
-O dia 28 de novembro le o seu discurso como membro numerario na Real Academia Galega, titulado “Cantares e romances vellos prosificados”. Ocupa a vacante deixado por Aquilino Iglesias Alvariño.

1966 -Vai traballar a Oviedo como axente de ventas e publicista ata o verán do 67. En setembro do 66 trasladáronse tamén a súa muller e fillos.

1967 -De regreso a Vigo consolida a estrutura editorial de “Edicións do Castrelos” coa creación de dúas novas coleccións, que van ser moi populares:”O Moucho e Pombal”. A partires deste momento e ata 1979 didicaré os seus mellores esforzos ao traballo editorial.

1968 -Comeza a traballar como profesor de Formación Humanística no Instituto Politécnico Pesqueiro de Vigo.
-Inicia o seu labor de investigación e ordenación inéditos ou pouco coñecidos dos séculos escuros.
-Obtén o premio da Deputación Provincial de A Coruña polo traballo como editor e investigador.

1969 -En xullo e agosto viaxa a Buenos Aires, mendoza e Mar del Plata, como invitado de honor do Centro Galego de B. Aires. Nestas cidades pronuncia varias conferencias. Logo visita Caracas e Miami.

1970 -Morre a súa primeira filla, Colorín, o 11 de marzo a que lle dedicara o libro Roseira do teu mencer.
-O 22 de abril foi nomeado, por oposición, Profesor de Cultura do Instituto Politécnico Pesqueiro de Vigo.
-Dirixe as escavacións arqueolóxicas no Castro de Vigo e illa de Toralla d organiza a clasificación e catalogación do material, hoxe no museo de “Quiñones de León” de Castrelos.

1971 -Publica A pega rabilonga e outras historias de tesouros.
-Por ter publicados varios artigos no Faro de Vigo ao longo do ano concédenlle o premio “Cidade de Vigo”.

1976 -Noméano Cronista Oficial da Cidade de Vigo o 30 de decembro.
-Publica Canle Segredo.


1979 -A Editorial Galaxia mércalle os fondos de Edicións de Castrelos.

1980 -Comeza a traballar na organización dunha futura Hemeroteca de Vigo e no Arquivo Gráfico e Documental da Cidade.
-O 11 de marzo foi nomeado vocal representante de ICONA para a conservación dos restos arqueolóxicos das Illas Cies.

1981 -Noméano membro do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”.
-O 10 de abril nomeado Xefe do Departamento de “Historia de Vigo y su comarca” do museo “Quiñones de León” de Vigo.
-O 24 de maio recibe, con Xosé Martínez López, o Pedrón do Ouro 1981.

1982 -Publica Alexandre Bóveda. Apunte biográfico.

1983 -Xubílase como profesor do Instituto Politécnico Pesqueiro.
-Candidato polo Partido Galeguista (do que foi Conselleiro político ás eleccións municipais.

1985 -Morre en Vigo o 2 de marzo a causa dunha afección cardíaca, que sufría dende 1980.

ALGUNHA POESÍAS

A COMETA
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.

Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
máis ergueitas da fraga.

Era andar cos miñatos
nun outo voo suspenso
sobor da paz dos campos.

Era ter -¡cousa meiga!-
O corazón atado
cun longo fío a terra.
(De canle segredo)

ISE NENO DA RÚA
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! (De canle segredo)



¡A frol, a frol...!
Imos apañar
as bágoas do sol.

¡Andar, andar!
Todos a coller
a lus do luar.

¡ Abulir, correr,
traede angarelas,
que as imos encher
con ouro de estrelas!
(De Roseira do teu mencer)

Arco da vella
vaite de ahí
que as nenas bonitas
non son para ti.

Fuxe chuvia, fuxe sol,
fuxe roda de color
que a neniña quer brincar
co as areas do areal.

Vaite néboa, vaite vento,
vaite cara de mal tempo,
que a neniña quer correr
pol-as areas do ler.

¡Ai, miña neniña, nena,
non se vai o arco da vella!
(De Roseira do teu mencer)


O año pitaño
vai no paraño.
A cabuxa luxa
marcou ond-a bruxa.
O gato cegato
fuxiu ao burato.

O coello vello
Anda no cortello.
O galo ralo
rubiuse no valo
i-a galiña tiña
está na cociña.

Anda, neniña,
déixaos estar,
e imos brincar
c-as cunchas do mar.
(De Roseira do teu mencer)

NAO
Vel ahí ven pola ribeira
a barca dos namorados.
Ai, amor!
Cómo camiña lixeira.

Nin trae remos nin trae velas,
a barca dos namorados,
ai, amor!
Que a gobernan as estrelas.

Abule, que vela ahí ven
a barca dos namorados,
ai, amor!
Para nos levar tamén.
(De poemas inéditos e dispersos).

A ÁLVARO CUNQUEIRO
Estamos os dous inxertos:
ti dun i eu dunha man.
Ti do darás un pe-ro
i eu da man unha man-zán.

¡PROBE HOME!
Roubou cartos a montóns,
coas mans, cos dentes, cos pés...
¡E perdeu as eleccións!

-¡Ai, que pena, miña Inés!
¡Faltábanme soio tres
pra chegar aos mil millóns!

A UN DE SANGUE AZUL
Non presumas coma un galo
nin te poñas altaneiro:
Quen che fixo cabaleiro
foi, mesmamente, un cabalo.

(XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
POESÍA GALEGA COMPLETA
Prólogo:X.L. Méndez Ferrín
Presentación, cronoloxía e bibliografia:
Xosé Mª Álvarez Caccamo
Epílogo:Emilio Álvarez Blázquez
Edicións Xerais de Galicia 1987)













Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 25-10-2007 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
LEXISLACIÓN BÁSICA PARA O ENSINO
As asignaturas que se deben impartir en galego na ESO son:

- Ciencias Sociais
- Ciencias da Natureza
- Matemáticas
- Xeografía e Historia
- Educación para a Cidadanía

DISPOSICIÓNS XERAIS. CONSELLERÍA DE DUCACIÓN E O.U. Decreto 133/2007 do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da ESO en Galicia, (da páxina 4 á 170, 12.032-12.199).

Para acceder ao Regulamento das Ensinanzas de ESO en Galicia, ao uso do Galego no Sistema Educativo ou ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, hai que cliquear nos titulares escritos con maiúsculas situados na parte de abaixo, á dereita deste artigo.
REGULACIÓN DAS ENSINANZAS DA E.S.O. EN GALICIA: http://www.xunta.es/dog/Dog2007.nsf/69dbe571cfe9ff2e
USO DO GALEGO NO SISTEMA EDUCATIVO. Decreto127/2007 de 27 de xullo: http://mvfigueroa.com/dog/Dog200
PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DE LINGUA GALEGA: http://www.avogacia.org/w3/IMG/pdf/PXNL.pdf
Categoría: LEXISLACIÓN BÁSICA. - Publicado o 24-10-2007 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal