NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍTICA
Os equipos de normalización e dinamización lingüística teñen como obxectivo potenciar o uso da lingua galega nos centros dependentes da Consellería de Educación.

Segundo o decreto que regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, deben actuar baixo a supervisión da dirección do centro e, na a súa composición, contan con membros do profesorado, do alumnado (menos no ensino infantil e primario) e do persoal non docente.

En canto ás súas competencias, contan cun papel destacado no deseño, na posta en práctica e na revisión dos programas de normalización lingüística nos centros educativos.

Por outra banda, para desenvolver o seu labor, estes equipos sérvense dun apoio técnico mediante a dotación de recursos didácticos, pedagóxicos e de materiais.
EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓNLINGÜÍSTICA. http://www.xunta.es/linguagalega/equipos_de_norm
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.http://xunta.es/linguagalega/equipos_de_normalizacion
Categoría: ORGANISMOS OFICIAIS - Publicado o 30-01-2008 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
REVISTA RETRANCA
Revista de humor. "Lerasnos de morto se non nos les de vivo"
REVISTA RETRANCA. http://revistaretranca.blogspot.com/
Categoría: REVISTAS. - Publicado o 30-01-2008 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA
O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en tódolos sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, o Concello de Oleiros e a Universidade da Coruña para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.

O CEIDA conta con tres áreas de traballo:
1-formación e capacitación, 2- educación e divulgación e 3- o centro de documentación en medio ambiente "Domingo Quiroga".
CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA. http://www.ceida.org
Categoría: Xeral: NATUREZA - Publicado o 23-01-2008 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
ARRAIANOS
REVISTA ARRAIANOS.http://www.arraianos.com/page6.html
Categoría: REVISTAS. - Publicado o 14-01-2008 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
ESCOLMA DO CONCURSO DE SLOGANS
2º A
1- EN GALEGO, POR GALICIA E PARA GALICIA. (Dalila, Zandalee,Vanesa, Carlota)
2- FALA GALEGO, É A NOSA LINGUA, NON A PERDAS. (Carla, Andrea, Isabel)
3- TODA GALIZA CO GALEGO. FAI FALAR GALEGO Ó MUNDO. (Francisco, Walter, Fernando, Ezequiel, Laura, Judit).
4- SE QUERES SER ADICTO, SOBREDOSE DE GALEGO. (Francisco)

2º B
1- EN GALICIA, USA O GALEGO! OU É QUE TI NON ES GALEGO? (Pablo)

2º C
1- SE NON FALAS GALEGO, VIRÁ O LOBO E COMERATE. (Brais Veiras e Íbero)
2- POR QUE CALAS? FALA GALEGO. (Brais Gándara).
3- FALA GALEGO, NON TE ARREPENTIRÁS. FALA GALEGO ,HO, HO...
FALA GALEGO, SENTIRASTE MELLOR. (Brandán, Rubén, Fernando)

2º D
1- FALA GALEGO, É A TÚA LINGUA. (Brenda, Cristina, Águeda, Paula).
2- FALAS, CASTELÁN, FRANCÉS E INGLÉS, PERO, FALAS GALEGO? SE SABES GALEGO POR QUE NON O FALAS? (Aitor).
3- ESTANME MATANDO, SÁLVAME GALEGO. (Brais, Paula Prego, Carolina López, Carolina Morales, Daniel).

2º E
1- EU SON GALEGO E FALO GALEGO EN CORUÑA E MÁIS EN PONTECESO. 100% GALEGO. (Ernest, Alejandro, Diego, Jose).
2- SENTE A TÚA NATUREZA, FALA GALEGO, NON DEIXES QUE SE ESQUEZA! (Alba, Lucía, Vanesa)

3º CURSO
1- O GALEGO TOMA A FORMA DO RECIPIENTE QUE O CONTÉN. FALA GALEGO MY FRIEND. (Guillermo).
2- SE NON SE FALA GALEGO, QUE NOS QUEDA? ARRIBA O GALEGO!!! (Adrián)
Categoría: TRABALLOS DO ALUMNADO - Publicado o 08-01-2008 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Francisco Fernández del Riego, nacido en Vilanova de Lourenzá (Lugo) no ano 1913, é unha das figuras máis relevantes do ensaio e a crítica literaria galega.
Avogado de profesión, comezou a militar nas filas do galeguismo durante o período republicano, intervindo en diversos proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos.
Xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto, foi un dos principais artífices da Editorial Galaxia (1950), empresa que liderou o proceso de restauración cultural na posguerra. Desta iniciativa xurdiu a revista Grial (1963), que Del Riego dirixiu en colaboración con Piñeiro durante os primeiros cen números e onde participaría asiduamente con artigos e recesións literarias.
Autor dunha extensa obra, o intelectual galeguista cultivou o ensaio sobre a cultura e a literatura galegas (Cos ollos do noso esprito, 1949-; Historia da literatura galega, 1951; Galicia no espello, 1954; Diccionario de escritores en lingua galega, 1990; A xeración Galaxia, 1996) e estranxeiras (Letras do noso tempo, 1974; Escritores de Portugal e do Brasil, 1984), a narrativa (O cego de Pumardedón, 1992; Mondoñedo, 1992) e a literatura de viaxes (As peregrinacións xacobeas, 1983; O camiño de Santiago, 1992; Galicia, 1994). Redixiu varias biografías (Ánxel Casal e o libro galego, 1983; Antolín Faraldo, o gran soñador, 1998), deu ao prelo dúas antoloxías poéticas (Do dezanove ós continuadores, 1976; Do posmodernismo ós novos, 1980), editou varios vocabularios galego-castelán e asinou innúmeros artigos xornalísticos. Tamén publicou un libro de memorias, O río do tempo (1991).
Foi director da Real Academia Galega, entidade en que ingresara en 1960 cun discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores, e da Biblioteca da Fundación Penzol.
Polo seu importante contributo á nosa cultura, Fernández del Riego foi recoñecido con numerosos galardóns (Premio Trasalba, Premio Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, Premio Celanova, a casa dos Poetas, etc.). Así mesmo, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e Galego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica.

· Letras do noso tempo
· Lourenzá
· Luis Seoane desde a memoria
· Manual de historia da literatura galega
· Manuel María
· Na espera do amigo
· O cego de Pumardedón
· O río do tempo. Unha historia vivida
· O século XIX
· O señor da casa grande de Cima de Vila
· Os camiños galegos na andadura de don Ramón María del Valle-Inclán
· Ourense sentimental
· Palabras a eito
· Pensamento galeguista do século XIX
· Pensamento galeguista do século XX
· Portugal norteño
· Presencia de Vigo na industria do libro e nas publicacións periódicas
· Roberto Blanco Torres (1891-1936)
· San Andrés de Teixido
· Sinais dunha cultura
· Un epistolario de Ramón Piñeiro
· Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores
· Vigo sentimental
· Vocabulario Galego-Castelán, Castellano-Gallego
FRANCISCOFERNÁNDEZ DEL RIEGO.http://www.balor.alg-a.org/spip.php?article17
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 02-01-2008 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal