NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

50 ANIVERSARIO DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO (XOSÉ NEIRA VILAS)
Este ano 2011 cumpre medio século a historia de Balbino, un rapaz de aldea, que escribiu Xosé Neira Vilas e que é hoxe a obra máis lida da literatura galega.

MÁIS INFORMACIÓN EN:

http://www.fundacionxoseneiravilas.com/


http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2010/12/30/balbino-hoxe-viste-come-mellor-xoguetes-mercados-mellores-colexios/504668.html?utm_source=rss
FUNDACIÓN NEIRA VILAS
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 07-01-2011 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXE DO INSTITUTO DE LA MUJER A ROSALÍA DE CASTRO
O Consello da Cultura Galega acolleu unha homenaxe do Instituto de la Mujer a Rosalía de Castro, que deste xeito quixo conmemorar o 125 aniversario do seu pasamento.


PARA SABER MÁIS:

http://consellodacultura.org/?p=3015
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 27-12-2010 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
CARTAS DE POETA. UXÍO NOVONEYRA A RAMÓN PIÑEIRO
O Consello da Cultura galega presentou en Santiago de Compostela (23 de decembro de 2010) O libro ?Cartas de Poeta. De Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro. 1953-1972?.

MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA DO C.C.G:
http://consellodacultura.org/?p=3028
C.C.G.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 27-12-2010 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA LEMBRANZA PARA FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Falece Francisco Fernández del Riego, ilustre galeguista e ex director da Real Academia Galega, aos 97 anos de idade. Autor, entre outras obras, de HISTORIA DA LITERATURA GALEGA.

PARA MÁIS INFORMACIÓN IR A:

http://axendaaelg.blogaliza.org/tag/francisco-fernandez-del-riego/
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 28-11-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
A REDE SOCIAL GALEGA DO LIBRO
Un espazo galego de literatura en internet que serve de punto de encontro para toto o universo do libro en Galicia.


Para saber máis:

http://www.redelibros.es/
A REDE SOCIAL GALEGA DO LIBRO
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 13-11-2010 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE SLOGANS PARA 1º CURSO DE ESO
CONCURSO

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CONVOCA

AO ALUMNADO DE 1º CURSO DE ESO

A UN CONCURSO DE SLOGANS

SOBRE O USO DO GALEGO.

HABERÁ VARIOS PREMIOS

O prazo de entrega remata o 15 de novembro
Entregar o slogan ao profesor de galego ou envialo por correo electrónico ao blogue do ENDL

Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-10-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
MOSTRA BICENTENARIA DA PRIMEIRA EDICIÓN NA LINGUA GALEGA
AS 200 CANDEAS DO LIBRO EN GALEGO

O libro titulado Proezas de Galicia, é o leitmotiv da mostra A Coruña na creación do libro galego, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración coa Real Academia Galega. A exposición ofrece unha oportunidade única para o visitante de rememorar uns tempos no que A Coruña estaba á vangarda cultural do país.

A Coruña na creación do libro galego presenta a evolución da historia do libro galego impreso dende unha perspectiva cronolóxica, complementada con obxectos dos principais protagonistas desa historia ?moitos deles inéditos?, como un busto de Uxío Carré, un reloxo de Ánxel Casal ou unha pluma de Bernardino Varela Docampo.


Máis información en :
http://www.xornal.com/artigo/2010/10/16/cultura/candeas-do-libro-galego/2010101622040601874.html




Fonte: XORNAL DE GALICIA
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 17-10-2010 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
15 FESTIVAL DE CINE DE OURENSE. LEMBRANDO A MAN, O ALEMÁN-GALEGO DE CAMELLE
Simón Vázquez realizou unha pelicula na que lembra ao alemán-galego Man e que presenta no
15 festival de cine de Ourense(2010).

Sinopse
5 ano despoise da morte Man, algúns veciños descobren varias caixas con obsectos persoais que escondera. Isto abre a porta para coñecer
os secretos deste ermitaño que creou esculturas con pedras, andaba en taparrabos e viviu 40 anos en Camelle, na cCosta da Morte.


Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 08-10-2010 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
CRÓNICA DE GALICIA. ENTREVISTA: XOSÉ NEIRA VILAS
O escritor Xosé Neira Vilas responde ás preguntas de Xosé Manuel García na "entrevista do domingo" de RNE-G.O autor de "Memorias dun neno labrego" fala da súa última obra,"Presenza galega en Cuba", que presentou estes días na Feira do Libro de A Coruña. Refírese,ademais,ó decreto do galego no ensino.Neira Vilas pón o acento en que os nenos de infantil "deben empezar por aprender galego" porque "é o idioma do seu país"(08/08/10)

ENTREVISTA A XOSÉ NEIRA VILAS NO PROGRAMA DE RADIO 1 EN GALICIA.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 16-08-2010 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
O SENADO APROBA O USO DAS LINGUAS COOFICIAIS A PARTIRES DO 2011
Tras dúas intensas horas de debate, o pleno da Cámara Alta aprobou definitivamente, por 134 votos a favor, 115 en contra e ningunha abstención, a ampliación do uso das linguas cooficiales(os votos en contra foron os do PP e UPN). A partires do 1 de xaneiro de 2011, ademais do castelán, poderase usar o galego, o catalán e o euskera, nas discusións de mocións no hemiciclo.

VER DITAME:
http://www.senado.es/legis9/publicaciones/pdf/senado/bocg/IIIA018I.PDF
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 22-07-2010 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2011
O 17 de maio de 2011, día no que se homenaxea aos que escriben en lingua galega estará dedicado a LOIS PEREIRO, decisión que tomou a RAG o 26 de xuño de 2010.-

Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde cursou estudos de Políticas, que logo abandonou polos idiomas e a informática. Na cidade madrileña fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996), libro no que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.

De regreso ao país, onde compaxinou profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético, figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións nas que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias, mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostemento da revista.

Sempre reticente á difusión individual do seu traballo, foi non obstante colaborador de non poucas empresas de fasquía renovadora, de aí a participación en consellos de redacción e mailos artigos, poemas e relatos espallados por La Naval, Trilateral, Das Capital ou Luzes de Galiza, onde viron a luz -amais do ensaio xa citado- os oitos primeiros capítulos da súa novela inconclusa Naúfragos do paradiso. Nesta mesma liña actuou como letrista con Radio Océano e redactou guión televisivos.

En vida, Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (Santiago de Compostela, Positivas, 1992), na que segundo consta na contracapa se recollen "tódolos poemas que escribiu ó longo da súa vida como poeta"; e Poesía última de amor e enfermidade (Santiago de Compostela, Positivas, 1995), duros e espidos poemarios nos que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.

Lois Pereiro demorado e morno na publicación dos seus artigos cultivou desde os inicios unha imaxe e unha estética que logo fixeron del un autor de culto. Cartografou coma mingúen o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario.

A morte sobreviríalle na cidade da Coruña no ano 1996.

(Fonte: páxina web da RAG)

MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE:

http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=LoiPerei
VIDA E OBRA DE LOIS PEREIRO
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 01-07-2010 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
GÁLIX. ASOCIACIÓN GALEGA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Trátase dun colectivo, sen ánimo de lucro, que desenvolve as súas actividades no campo da literatura infantil e xuvenil.

A asociación créase en xaneiro de 1989, como sección en Galicia da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil), que á súa vez é o departamento estatal do IBBY (International Board of Books for Young People).




GÁLIX.http://www.galix.org
Categoría: ORGANISMOS DE INTERESE. - Publicado o 26-06-2010 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
A AELG HOMENAXEA A MARILAR ALEXANDRE
A homenaxe "A Escritora na súa Terra", impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), alcanza este ano a décimo sexta edición e recaíu, por decisión unánime dos seus socios, na figura de Marilar Aleixandre.
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, o 5 de xuño preside, na avenida de Barcelona, a homenaxe á escritora Marilar Aleixandre, na que se descubrirá un monolito conmemorativo. No pazo de Raxoi entrégaselle o galardón da Letra E.

BIOGRAFÍADA.
Marilar Aleixandre (María Pilar Jiménez Aleixandre). (Madrid, 1947). Vive en Galicia dende 1973, primeiro en Vigo, e agora na Amaía. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora das revistas Nó, Luzes de Galiza e Festa da palabra silenciada. Como narradora ten publicado: A formiga coxa (Xerais 1989), novela xuvenil; O rescate do peneireiro (Xerais 1990), novela xuvenil; Tránsito dos gramáticos (Xerais 1993), novela; Nogard (1994), novela xuvenil; A expedición do Pacífico (Xerais 1994), Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego en 1995, sendo a primeira vez que recae nun libro xuvenil e nunha muller; Lobos nas illas (Xerais 1996), relatos; ?Agardando polos morcegos?, conto incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O trasno de Alqueidón (Xerais 1996), contos infantís, Premio Rañolas 1996 ao mellor libro infantil do ano; A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998), novela, Premio Álvaro Cunqueiro; ?Desaforados muños?, relato incluído en Airadas palabras (1998), premio Manuel Murguía; A banda sen futuro (Xerais 1999), novela, premios Lazarillo e Lecturas Galix 2001; Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999), conto infantil; Unha presa de terra (2001), Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas; ?O Rato de Biblioteca e a Gaiteira de Marín?, incluído en Contos para levar no peto (Xerais 2001); Teoría do caos (Xerais 2001), novela, Premio Xerais; Paxaros de papel (Xerais 2001), álbum en colaboración con Lázaro Enríquez, O chápiro verde (2001, Xerais 2003), conto infantil; Basilisa, a princesa sapiño (2002), conto infantil; Rúa Carbón (Xerais 2005), novela finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006 e A Cabeza de Medusa (Xerais 2008), novela gañadora do Premio Fundación Caixa galicia de Literatura Xuvenil 2008 e Premio The Withe Ravens, 2009. ?O coitelo en novembro?, relato incluído en Materia prima (Xerais 2002); ?Palabras descarreiradas?, relato incluído en Longa lingua (Xerais 2002). Boa parte da súa obra narrativa foi traducida a todas as linguas peninsulares. No eido da poesía, recibiu o Premio Esquío por Catálogo de velenos (1999), o premio Caixanova por Mudanzas (2008), tendo publicado, ademais, o volume Desmentindo a primavera (Xerais 2003). Colaborou como guionista con Fran Bueno na banda deseñada Os Escachapedras, e publicou a biografía Castelao segundo Rañolas (2000). Traduciu do inglés para o galego A caza do carbairán (Xerais 1995) de Lewis Carroll e o poemario Muller ceiba (Xerais 1997) de Sandra Cisneros. No ámbito profesional publicou o estudio Dubidar para aprender (Xerais 1996).

HAIKUS DO COUREL PARA NOVONEYRA

1
país, esquivo amante,
inalcanzable
áspera cerna.

2
¿Non ousas, faia,
ceibar da simetría
follas captivas?


3
Dovesa de Rogueira:
miden os grilos
estes meus versos.


4
levanta as saias,
vento nordés,
ispe os adxectivos.


5
perpetra a araña
labirinto de chuspe:
trampa ou poema.

MARILAR ALEXANDRE. http://www.xente.mundo-r.com/marilar/
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 05-06-2010 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
PAULA CARBALLEIRA
O vindeiro día 31 de maio de 2010 visítanos a escritora PAULA CARBALLEIRA, incluída na programación do E.N.D.L. do centro no apartado de charlas-coloquio con escritores, ao igual co escritor Ramón Lourenzo González, que estivo connosco o 28 de abril pasado.

PAULA CARBALLEIRA naceu o 7 de setembro de 1972 en Fene.Viviu ata os 17 anos en Maniños, Concello de Fene, onde descubriu unha certa inclinación a contar historias, preferentemente na literatura e no teatro. Estudou en Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Hispánica dedicándose máis tarde á narración oral e escrita e ao teatro. Ao mesmo tempo, escribe literatura para nenos de todas as idades e adultos de calquera clase.
Pertence á compañía de teatro Berrobambán, e vai contando contos polo mundo polo que, grazas á antiga arte de contar historias ten participado en festivais de narración oral nacionais e internacionais, e leve publicado vario libros.

OBRAS:

. Una casa redonda
? Una época de Lázaro
? Un Percura
? Boas noites (premio manuel María de literatura dramática infantil 2007)
? Contatrás
? Correo Urxente
? Longa lingua: Os contos da Mesa
? Mateo
? O ganso pardo
? Olo-iepu-iepu
? Paco
? Robin e Xente una Boa
? Smara
? Troulas, andainas, solpores e Unha farsa anónima
? Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 18-05-2010 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DO ESCRITOR MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ
O 28 de abril estivo no IES BLANCO AMOR o escritor Mauel Lourenzo. Agradecémoslle a súa visita e esperamos que nos vinderos anos poidamos seguir contando coa súa agradable compañía.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 30-04-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [16]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0