"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Europa é un continente plurilingüe e Galicia achega, nese contexto, un elemento valioso para a súa diversidade: O GALEGO. Co fin de poñer en valor e de dar a coñecer esta riqueza, cada 26 de setembro, desde 2001, celébrase o Día Europeo das Linguas. (Fonte: Consellería de Educación).
O dicionario en liña, ten como obxectivos prioritarios, por unha banda, facilitarlles a aprendizaxe ás persoas que estudan galego e, por outra, ofrecerlles un modelo oral de referencia e de consulta aos profesionais que traballan coa lingua falada, como é o caso de xornalistas, dobradores, profesorado etc.
(Fonte: Xunta de Galicia).
O VINDEIRO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTARÁ ADICADO A VELENTÍN PAZ ANDRADE.
O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 4 de xuño de 2011, acordou dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2012 a Valentín Paz Andrade, escritor que naceu en Lérez, Pontevedra no 1898 e faleceu en Vigo no 1987.
(Foto realizada durante unha charla-coloquio no 2010 no noso instituto.)
Manuel Lourenzo González gaña o XXVI premio "O BARCO DE VAPOR" 2011 de literatura infantil coa obra "MUNDO ARB", novela de aventuras e viaxes que xira arredor dunha árbore xigante na que atopamos diferentes comarcas e territorios. Os protagonistas son un rapaz e dúas rapazas que fan unha viaxe para coñecer outras terras, ...
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 24-04-2011 00:03
Todo de ti paréce-me mal,
dende a túa cara ata a forma de falar...
Desaparece de aquí, ja!
Todo de ti fai-me estoupar,
dende os teus olhos ata o jeito de jantar...
Desaparece de aquí, ja!
Dende a túa cara ata a forma de falar,...
se non marchas, hei-me cabrear...
Desaparece de aquí, ja!
Dende os teus olhos ata o jeito de jantar,
se non marchas hei-me de enfadar...
Desaparece de aquí, ja!
Raquel V. G. 3ºA
____________________________________________
Ando á procura dela,
é que eu morro por ela!
Onde estás minha senhor?!
Ando buscando a ela,
é que eu sonho con poder ve-la!
Onde estás minha senhor?!
É que eu morro por ela,
non a encontro e daquela!
Onde estás minha senhor?!
É que eu sonho con poder ve-la
non saberei se ela me anhela!
Onde estás minha senhor?!
Carlos 3ºA
__________________________________________
Ai, minha dona,
que cara de mona!
O vento non levará a túa roupa!
Ai, minha amada,
que cara de amargada!
O vento non levará a túa roupa!
Que cara de mona,
que corpo de foca!
O vento non levará a túa roupa!
Que cara de amargura,
que corpo de avelhentada!
O vento non levará a túa roupa!
J.D.S.
______________________________________________
Sínto-a no meu corazón;
aínda que non me fagas caso,
minha senhor, teu son!
Sínto-a na minha pel;
aínda que lonje estés,
minha senhor, teu son!
Aínda que non me fagas caso;
cego por ti estou,
minha senhor, teu son!
Aínda que lonje estés;
cegado pola túa beleza estou,
minha senhor, teu son!
Ramón V.
______________________________________________
A casa do párroco,
está porca e velha:
Mira ti que pocilga!
A casa do cura,
ten pingueiras e está húmida:
Mira ti que pocilga!
Está porca e velha,
como esa non vin nunca:
Mira ti que pocilga!
ten pingueiras e está húmida,
como esa nunca tal vin:
Mira ti que pocilga!
Claudia T. 3ºA
____________________________________________
A cantiga de amigo?
A nos profesora de lingua,
ten moito que explicar:
Atendede, atendede, e así aprenderedes!
A nosa profesora Pilar,
ten moito que falar:
Atendede, atendede, e así aprenderedes!
Ten moito que explicar,
a nosa amiga Pilar:
Atendede, atendede, e así aprenderedes!
Ten moito que falar,
e non quere berrar:
Atendede, atendede, e así aprenderedes!
Alejandra L. 3ºC
Carlos P. 3ºC
_____________________________________________
CANTIGA
É moi famosa sen estudar ...
Din que pola súa filha é capaz de matar!
Belén Esteban fai-se chamar!
É moi famosa, pero debe cambiar ...
Din que está tola, cando vai calar?
Belén Esteban fai-se chamar!
Din que pola súa filha é capaz de matar ...
ten tanta cara, que a pode pisar!
Belén Esteban fai-se chamar!
Din que está tola, cando vai calar?
Ten tanta cara, que non é real!
Belén Esteban fai-se chamar!
Ileana W. M. 3ºE
___________________________________________
Ai! Minha fermosa senhora,
ti vas-me levar á morte.
Ai Deus, ten piedade de min!
Ai! Minha fermosa raínha,
ti vas-me matar decontado
Ai Deus, ten piedade de min!
Ti vas-me levar á morte,
se eu non tenho sorte.
Ai Deus, ten piedade de min!
Ti vas-me matar decontado,
se eu non tenho coidado.
Ai Deus, ten piedade de min!
Alberto
E.S.D.
__________________________________________
CANTIGA DE AMOR
Tan fermosa é a minha senhor,
que por ela sinto un gran amor:
Sen dúbida é a melhor!
Tan marabilhosa é a minha senhor,
que por ela estou morrendo de amor:
Sen dúbida é a melhor!
Que por ela sinto un gran amor,
dende o amencer ata o solpor:
Sen dúbida é a melhor!
Que pro ela estou morrendo de amor,
dende o abrente ata o ponhente:
Sen dúbida é a melhor!
Sandra N. 3ºA
O venres 25 de febreiro as nenas e os nenos de 1º de ESO tiveron un encontro co escritor Breogán Riveiro para dialogar sobre a súa obra "TONECHO DE REBORDECHAO"
O 18 de febriero de 2011 o alumnado de 2º tivo a oportunidade de poder charlar co filólogo e escritor Manuel Núñez Singala.
A charla-coloquio estivo relacionada co seu libro "O ACHADO DO CASTRO".
O DÍA 8-2-2011 ACODIU AO NOSO CENTRO A ESCRITORA ROSA ANEIROS QUE ESTARÁ CO ALUMNADO DE 4º DE ESO.
Algo da súa vida:
Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección Agardando as lagarteiras), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da gramática, ademais do programa ?Un día por diante? da Radio Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), o volume recompilatorio de artigos literarios Agardando as lagarteiras (culturagalega.org, 2003) e Veu visitarme o mar (Xerais, 2004). Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Xerais, 2000); Relatos (1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (2001) ), Seis ferroláns (2003), Alma de beiramar perdida (2003), Botella ao mar (2003) ou Narradio (Xerais, 2003). Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o Premio Careón 2006 ou o Premio da Crítica Losada Diéguez (2005), ademais do Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico ?A última vaca?. Ao pé do abismo (Xerais, 2007) recolle a súa obra xornalística.