"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Manifesto a favor da lectura Se hai algo difícil de definir é a experiencia da lectura. Hai tantas lecturas como soños, como ilusións, como vidas, como persoas, como futuros. Ler é conquistar a oportunidade de vivir moitas veces máis das que unha persoa é capaz.
...
A lectura é educación, é formación, é traballo, é investigación, é colaboración, é socialización, é solidariedade, é porvir. A lectura é un motor social para proposperar. Unha sociedade lectora é unha sociedade capaz. Precisamente por iso non temos dúbidas: onde hai libros, hai futuro. Esta é a nosa revolución. A revolución da cidadanía. Únete á rebelión da lectura.
VÍDEO MANIFESTO A FAVOR DA LECTURA:
Entrevistas levadas a cabo por María Xosé Porteiro e Xosé Antonio Perozo ao poeta Celso Emilio Ferreiro como base dun libro de entrevistas.
A Fundación Celso Emilio Ferreiro conmemora o centenario do poeta e Celanova que se celebra neste ano 2012. Desde este espazo quere contribuír a difundir o seu extraordinario legado así como dar a coñecer as actividades programadas para este acontecemento único e irrepetible.
PROGRAMA DE IÑAKI GABILONDO NA CADEA SER.
ORIXES DA RIANXEIRA.
LETRA DE JUAN FRIEIRO (Pinciñas).
MÚSICA DE ANGEL ROMERO. (Buenos Airesfebreiro de 1947)
Cómpre considerar a cultura como un sector co que se pode combater a crise económica e, desde logo, como un medio de se incorporar a un novo escenario gobernado pola innovación, a creatividade e a actuación en rede. (Máis información en Consello da Cultura Galega).
San Miguel de Montefurado é unha parroquia do concello lucense de Quiroga. Está situado á beira do rio Sil, entre o macizo central ourensán e a serra do Courel.
Os romanos chegaron a Galicia e quedáronse por ser fonte de materia prima e de minerais. En Quiroga, as augas do río Sil daban unha volta salvando unha dura parede rochosa. Os romanos sabían que o Sil arrastraba ouro e por iso decidiron ?furar? esa parede rochosa do monte para así desvia-lo río e recoller o ouro. Foi unha das maiores obras de inxeñería romana. Para a súa construción, os romanos acabaron cun bosque de aciñeiras. Quiemaban estas árbores para abrandar as rochas e así traballar máis facilmente.
Foi construído no século II, en tempos do emperador Traxano.
Esta é unha das marabillas de Galicia que hai que protexer.
O galego é unha lingua que deriva do latín vulgar que os romanos impuxeron, coa súa conquista, no noroeste da península. Coa posterior evolución e despois da romanización, xurdiu unha lingua particular coñecida co nome de galego-portugués, por ser unha lingua medieval dos habitantes de Galicia e do territorio portugués entre o Miño e o Douro. Do galego-portugués saíron as dúas linguas actuais: o galego e o portugués.
O árabe, despois do latín, é a lingua que máis léxico aportou ao castelán e ás outras linguas romances da Península Ibérica. Isto foi debido ao contacto que se producíu desde o ano 711, coa conquista árabe, ata principios do século XVII, coa expulsión dos mouriscos que mantiñan viva a súa lingua.
O vocabulario de orixe árabe é moi significativo en varios campos nos que o árabes tiveron unha aportación destacada aos pobos peninsulares.
Algúns exemplos:
Na agricultura: alcachofa, algodón, albaricoque, albahaca, ...
Na guerra: alférez, almirante, ...
No comercio: alfareiro.
Na cociña: albóndiga, almíbar, almirez, ...
Na construción: alcázar, alféizar, alcantarilla,...
Topónimos: Alcalá, Alxeciras, ...
E moitas outras moitas palabras: almofada, almacén, almanaque, alpargata, ...
O castelán e o galego normalmente incorporan ao nome o artigo árabe coa forma al- (como en alcachofa). E nisto coinciden o galego e o portugués.