NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALICIA LETRA A LETRA. REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA
Galicia letra a letra é o título da serie de 50 microespazos televisivos producidos pola CRTVG con ocasión do 50 aniversario do Día das Letras Galegas celebrado en 2012.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 14-11-2012 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
ÁLBUM DA CIENCIA

Que é o Álbum da Ciencia?

A elaboración dun Dicionario histórico de científicos galegos foi un dos obxectivos básicos do Grupo de Traballo de Historia das Ciencias desde o momento da súa constitución, en 1987, como área do Seminario de Estudos Galegos. O proxecto deseñouse en dúas partes. A primeira, editada en 1993, implicou a redacción dos textos relativos a 121 autores correspondente ao período 1868-1936. A segunda, que apareceu no ano 2005, abordou o período cronolóxico previo e supuxo o achegamento a 80 novos científicos.

Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 12-11-2012 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013
A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA ANUNCIA O PERSONAXE AO QUE SE LLE DEDICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013.

O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO PRODUCIRÁ DÚAS OBRAS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 29-10-2012 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
AS ESCOLAS DA EMIGRACIÓN
O proxecto que trata de Recuperar o legado educativo da emigración.
No ano 2008 o Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, continuando coa cooperación no seu labor de recuperación e difusión do patrimonio da nosa emigración, asinaron un convenio de colaboración para a realización, entre outros proxectos, dun catálogo coas construcións escolares financiadas desde a emigración nas provincias de Lugo e de Ourense. Proxecto que tivo continuidade coa sinatura dun novo convenio entre ambas as institucións no ano 2009 co obxectivo de amplialo ás escolas das provincias da Coruña e Pontevedra.
AS ESCOLAS DA EMIGRACIÓN
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 27-09-2012 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
PASAMENTO DE AVELINO POUSA ANTELO.


Falece aos 98 anos de idade o galeguista Avelino Pousa Antelo no seu domicilio de Teo (A Coruña). SEGUIR LENDO

Pousa Antelo, defensor do legado de Castelao (DE LUNS A VENRES, GALICIAE)
A Fundación Castelao destaca nunha nota o labor de Avelino Pousa Antelo a prol da divulgación de toda a obra do histórico rianxeiro como presidente da institución, cargo que ocupou dende o ano 1989
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 20-08-2012 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
LUCES DE ALÉN MAR. CONSELLO DA CULTURA GALEGA.
A exposición ?Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia?, promovida polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, será inaugurada o venres 3 de agosto ás 21´30 horas na Casa Consistorial de Ortigueira. A mostra, que salienta o instrutivo compromiso solidario dos emigrantes galegos, inicia así o seu percorrido por Galicia. Á inauguración asistirán o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 01-08-2012 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
ROTEIROS DA CULTURA GALEGA.
Roteiros da Cultura Galega é unha aplicación web para explorar o país en clave cultural. Son viaxes temáticas a redor do noso territorio, soportadas polas últimas tecnoloxías.
Roteiros
É un proxecto do Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e a colaboración das Fundacións Rosalía de Castro (Padrón), Curros Enríquez (Celanova) e Pondal (Corme).


- Roteiro Xoán Manuel Pintos en Pontevedra
- Cunqueiro nas Terras de Miranda
- Cunqueiro en Vigo
- Castelao en Pontevedra
- ver mais
ROTEIROS
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 31-07-2012 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
KIT PARA A NORMALIZACIÓN DA LINGUA. CONSELLO DA CULTURA GALEGA.



NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA PODEMOS ATOPAR O KIT PARA A NORMALIZACIÓN DA LINGUA
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 17-07-2012 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013.
ROBERTO VIDAL BOLAÑO, O HOME DO TEATRO GALEGO. POR ESTA RAZÓN O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO ANUNCIOU QUE PRODUCIRÁ DÚAS OBRAS DO AUTOR: "DÍAS SEN GLORIA" E "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL"
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 25-06-2012 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013. ROBERTO VIDAL BOLAÑO
A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DECIDIU ADICARLLO AO ESCRITOR A ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

A candidatura de Vidal Bolaño (nace en Santiago de Compostela no 1950 e falece no ano 2002) chegou ao plenario da RAG avalada por nomes como o douto dramaturgo, Euloxio Ruibal, e da catedrática de Coimunicación Audiovisual Margarita Ledo, que fixeron onte un encendido eloxio da súa figura. Tamén recibiu o pasado xoves o apopio público de medio centenar de asociacións e institucións dos ámbitos escénico e cultural, además de oitocentas firmas.
"É unha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatro galego e, xa que logo, do noso sistema literario", segundo a RAG, que destacou a prolixa produción literaria de Vidal Bolaño, "sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable".
A produción de Vidal Bolaño "caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético... (Noticia Faro de Vigo)
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 23-06-2012 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
A CASA DA MORTE. AARÓN BARREIRA.
AARÓN BARREIRA OBTÉN O 1º PREMIO DO IX CERTAME DE NARRATIVA LUISA VILLALTA.

Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 05-06-2012 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
2012 CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO
UN POEMA QUE REFREXA CLARAMENTE A RELACIÓN DO TRABALLODOR CO PATRÓN.

MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
Celso Emilio Ferreiro (1978) Longa noite de pedra



Categoría: ESCRITORES - Publicado o 24-05-2012 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
O(S) NOSO(S) AMOR(ES).
Cartas do alumnado de 4º de ESO dirixidas a alguén que aprecian, que queren, que estiman moito.

Categoría: TRABALLOS DO ALUMNADO - Publicado o 23-05-2012 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2012. MOSTRA DE LIBROS.
MOSTRA DE LIBROS NA BIBLIOTECA CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS, NESTE ANO NA HONRA DE VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Nestre vídeo tes unha pequena escolma.
UNED - Dia das letras galegas 2012. Dedicado a Valentín Paz Andrade - 14/05/12
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 14-05-2012 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
HOMENAXEADOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 1963-2012
Escritores que se homenaxearon o DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende o ano 1963 ata o ano 2012 arget=_blank class=tEnlac>(VALENTÍN PAZ ANDRADE).
50 ANIVERSARIO DA CELABRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 02-05-2012 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0