 O Día das Letras Galegas 2008 estará adicado a Xosé María Álvarez Blázquez
O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 30 de xuño de 2007 acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2008 ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985). Así mesmo, nomeouse Académico de Honra da Real Academia Galega a John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941).
CRONOLOXÍA DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
1915 -Nace en Tui o 4 de febreiro.
1930 -Comeza a publicar poemas en xornais de Pontevedra e Tui.
1931 -Ingresa no ?Grado Profesional de Maxisterio?, carreira que estuda en Pontevedra.
1932 -Publica Abril, o seu primeiro libro de poemas. Funda en Pontevedra co poeta Juan Vidal Martínez a revista literaria ?Cristal?, que vivirá ata 1933.
1933 -Ingresa na Federación de Mocedades do Partido Galeguista.
1934 -Finaliza os estudos de Maxisterio. Con da celebración do 88 aniversario dos fusilamentos de Carral pronuncia en Pontevedra, no mesmo mes de maio, o seu discurso Berro e lembranzas dos herois de Carral, texto de intenso fervor nacionalista que publica ese mesmo ano a Federación de Mocedades do PG
1935 -Obtén o seu primeiro destino como mestre en a Guarda.
1936 -Ingresa no Partido Galeguista.
-Destínano á escola das Olivas en Tui.
-Comeza oe estudos de Filosofía e Letras, interrompidos pola guerra civil.
-Fai o servizo militar no hospital de San Caetano en Santigo.
-Encadeado no mes de xullo polas forzas fascistas e o 30 de outubro fusilan ao se pai, o médico Darío Álvarez Limeses.
1937 -Destinado como mestre á escola de Coia, en Vigo.
-En decembro o goberno do ditador fascista Franco suspéndeo de emprego e soldo, e posteriormente destérrano a Coreses, en Zamora. Alí traballa como mestre ata 1942, e nese ano pide a excedencia e volve a Galicia
1941 -Publica El crimen de la isla verde.
1942 -Instálase en Vigo e dirixe unha fábrica de ladrillos en Nigrán.
1945 -Traballa na Cofradía de Pescadores ?San Francisco?
-Finalista do 1º premio Nadal de novela con ?En el pueblo hay caras nuevas?, publicado ese mesmo ano.
1946 -Casa o, dez de decembro con María Luisa Cáccamo Frieben.
1948 -Funda, con Luis Viñas Cortegoso, a librería anticuaria Monterrey, desaparecida en 1979.
1949 -Pasa a ser membro correspondente da Real Academia Galega da Lingua o 17 de abril.
-Nomeado Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo.
-Publica Poemas de ti e de min.
1950 -Funda, con Luis Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey.
-Obtén o 1º premio nos ?Juegos Florales? de Vigo polo seu traballo de tema
histórico Hechos y figuras de Vigo.
-Publica Roseira do teu mencer.
1952 -Dirixe escavacións arqueolóxicas no Castro de Vigo.
-Publica Una cabaña en el cielo e Escolma da poesía medieval. I. Escolma medieval de poesía galego-portuguesa.
1953 -Como Comisario de Escavacións Arqueolóxicas intervén no localización e
catalogación nun conxunto de estelas funerarias topadas nas obras dunha rúa
de Vigo e posteriormente na súa instalación no Museo ?Quiñones de León?
Castrelos-Vigo).
-Participa no ?III Congreso Arqueológico nacional?, celebrado en Vigo.
1954 -Obtén o premio ?Pondal? do Centro Galego de Buenos Aires polo seu libro
Canle segredo.
-Participa no ?III Congreso Internacional de Poesia celebrado e diversas cidades e lugares de Galicia.
-Publica o Romance do pescador peleriño.
1955 -Obtén o premio ?Pérez Galdós? de novela por ?las estatuas no hablan?,
publicado no mesmo ano.
1956 -Participa no ?I Congreso Internacional de Etnografía e Folclore? celebrado
en Braga (Portugal), do 22 ao 25 de xuño.
-Publica Crecen las aguas.
1958 -Obtén o premio de Biografia da Asociación da Prensa de Vigo polo seu
traballo ?Martín Códax, cantor del mar de Vigo?
-participa no Coloquio de Estudos Etnográficos ?Dr. Leite de Vasconcelos?
celebrado en Porto.
1959 -Participa no ?Congreso Histórico de Portugal. Medievo?, celebrado en Braga.
-Publica a Escolma da Poesía Galega II. A poesía dos séculos XIV a XIX.
1960 -Gaña o premio ?López Cuevillas? no 1º Certamen Literario del Miño de Lugo
coa novela Mauro el barquero.
-Obtén o premio ?Ramón Mourente? polo seu traballo Datos para la biografía del poeta Añón.
-Publica La ciudad de los días.
1962 -O día 24 de xuño foi elixido membro numerario de Ral Academia Galega.
1963 -Participa no ?Congreso Internacional de Etnografía?, celebrado en Sto. Tirso
(Portugal).
1964 -Funda ?Edicións Castrelos?, onde comeza a publicarse a colección Cuadernos
de Arte Gallego.
-Participa no ?II Coloquio de Matosinhos?.
-O dia 28 de novembro le o seu discurso como membro numerario na Real Academia Galega, titulado ?Cantares e romances vellos prosificados?. Ocupa a vacante deixado por Aquilino Iglesias Alvariño.
1966 -Vai traballar a Oviedo como axente de ventas e publicista ata o verán do 67. En setembro do 66 trasladáronse tamén a súa muller e fillos.
1967 -De regreso a Vigo consolida a estrutura editorial de ?Edicións do Castrelos? coa creación de dúas novas coleccións, que van ser moi populares:?O Moucho e Pombal?. A partires deste momento e ata 1979 didicaré os seus mellores esforzos ao traballo editorial.
1968 -Comeza a traballar como profesor de Formación Humanística no Instituto Politécnico Pesqueiro de Vigo.
-Inicia o seu labor de investigación e ordenación inéditos ou pouco coñecidos dos séculos escuros.
-Obtén o premio da Deputación Provincial de A Coruña polo traballo como editor e investigador.
1969 -En xullo e agosto viaxa a Buenos Aires, mendoza e Mar del Plata, como invitado de honor do Centro Galego de B. Aires. Nestas cidades pronuncia varias conferencias. Logo visita Caracas e Miami.
1970 -Morre a súa primeira filla, Colorín, o 11 de marzo a que lle dedicara o libro Roseira do teu mencer.
-O 22 de abril foi nomeado, por oposición, Profesor de Cultura do Instituto Politécnico Pesqueiro de Vigo.
-Dirixe as escavacións arqueolóxicas no Castro de Vigo e illa de Toralla d organiza a clasificación e catalogación do material, hoxe no museo de ?Quiñones de León? de Castrelos.
1971 -Publica A pega rabilonga e outras historias de tesouros.
-Por ter publicados varios artigos no Faro de Vigo ao longo do ano concédenlle o premio ?Cidade de Vigo?.
1976 -Noméano Cronista Oficial da Cidade de Vigo o 30 de decembro.
-Publica Canle Segredo.
1979 -A Editorial Galaxia mércalle os fondos de Edicións de Castrelos.
1980 -Comeza a traballar na organización dunha futura Hemeroteca de Vigo e no Arquivo Gráfico e Documental da Cidade.
-O 11 de marzo foi nomeado vocal representante de ICONA para a conservación dos restos arqueolóxicos das Illas Cies.
1981 -Noméano membro do Instituto de Estudos Galegos ?Padre Sarmiento?.
-O 10 de abril nomeado Xefe do Departamento de ?Historia de Vigo y su comarca? do museo ?Quiñones de León? de Vigo.
-O 24 de maio recibe, con Xosé Martínez López, o Pedrón do Ouro 1981.
1982 -Publica Alexandre Bóveda. Apunte biográfico.
1983 -Xubílase como profesor do Instituto Politécnico Pesqueiro.
-Candidato polo Partido Galeguista (do que foi Conselleiro político ás eleccións municipais.
1985 -Morre en Vigo o 2 de marzo a causa dunha afección cardíaca, que sufría dende 1980.
ALGUNHA POESÍAS
A COMETA
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.
Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
máis ergueitas da fraga.
Era andar cos miñatos
nun outo voo suspenso
sobor da paz dos campos.
Era ter -¡cousa meiga!-
O corazón atado
cun longo fío a terra.
(De canle segredo)
ISE NENO DA RÚA
Non é certo que os nenos teñan fame
Non pode ser.
Ben o sabedes todos
os que andades no mundo atafegados
á percura do pan dos vosos fillos
Ises outros que vedes pola rúa
pedindo esmola,
non teñen fame, non, porque daquela
vos teríades morto de vergonza.
E ben vos vexo andar nos vosos coches
ou nos tranvías, a berrar de cousas
estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-
sen reparar naquil esfarrapado
que coa moura mauciña está petando
na porta de ferro.
Por iso penso que non é verdade
o que algún caviloso di dos nenos
que andan así petando pola vida
-¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-
A xente pasa leda......¡Fora boa
que andivesen a rirse dos seus crimes! (De canle segredo)
¡A frol, a frol...!
Imos apañar
as bágoas do sol.
¡Andar, andar!
Todos a coller
a lus do luar.
¡ Abulir, correr,
traede angarelas,
que as imos encher
con ouro de estrelas!
(De Roseira do teu mencer)
Arco da vella
vaite de ahí
que as nenas bonitas
non son para ti.
Fuxe chuvia, fuxe sol,
fuxe roda de color
que a neniña quer brincar
co as areas do areal.
Vaite néboa, vaite vento,
vaite cara de mal tempo,
que a neniña quer correr
pol-as areas do ler.
¡Ai, miña neniña, nena,
non se vai o arco da vella!
(De Roseira do teu mencer)
O año pitaño
vai no paraño.
A cabuxa luxa
marcou ond-a bruxa.
O gato cegato
fuxiu ao burato.
O coello vello
Anda no cortello.
O galo ralo
rubiuse no valo
i-a galiña tiña
está na cociña.
Anda, neniña,
déixaos estar,
e imos brincar
c-as cunchas do mar.
(De Roseira do teu mencer)
NAO
Vel ahí ven pola ribeira
a barca dos namorados.
Ai, amor!
Cómo camiña lixeira.
Nin trae remos nin trae velas,
a barca dos namorados,
ai, amor!
Que a gobernan as estrelas.
Abule, que vela ahí ven
a barca dos namorados,
ai, amor!
Para nos levar tamén.
(De poemas inéditos e dispersos).
A ÁLVARO CUNQUEIRO
Estamos os dous inxertos:
ti dun pé i eu dunha man.
Ti do pé darás un pe-ro
i eu da man unha man-zán.
¡PROBE HOME!
Roubou cartos a montóns,
coas mans, cos dentes, cos pés...
¡E perdeu as eleccións!
-¡Ai, que pena, miña Inés!
¡Faltábanme soio tres
pra chegar aos mil millóns!
A UN DE SANGUE AZUL
Non presumas coma un galo
nin te poñas altaneiro:
Quen che fixo cabaleiro
foi, mesmamente, un cabalo.
(XOSÉ Mª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ
POESÍA GALEGA COMPLETA
Prólogo:X.L. Méndez Ferrín
Presentación, cronoloxía e bibliografia:
Xosé Mª Álvarez Caccamo
Epílogo:Emilio Álvarez Blázquez
Edicións Xerais de Galicia 1987)
|