NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMENTARIOS ...
PEL DE LOBO

É un apaixonante libro que trata sobre as antigas lendas do lobishome en Galicia.
Está moi ben redactado, dunha maneira complexa e cun vocabulario moi enxebre que engade un grande interese pola obra.

Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé, son dous cazadores de lobos experimentados, pero tanta experiencia non lles servirá de nada para
o que lles espera. Son chamados dende o Incio, Lugo, para acabar cunha manda de lobos e o seu xefe, o gran Lobo Negro, ou branco
como din algúns. Esperaban que fosen supersticións ou contos de vellas pero, máis adiante aprenderán que é mellor non xulgar antes de coñecer.

Comezará entón unha loita entre a mente humana e a animal, na que as dúas quedarán marcadas por traxedias ou vitorias, que celebrarán
ou sufrirán.
Este é un libro no que nada é o que parece ser.

Autor: Xosé Miranda.

_________________________________________

ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA

Moncho tiña unha vida normal ata que Anxos,a súa irmá, morre nun accidente de tráfico xunto con: Dani, Xurxo e Nando(o mozo de anxos) por causas que se descoñecen.Moncho non cre as explicacións que dá a policía e chégase a preguntar se de verdade foi un accidente.Así, iniciará unha investigación na que contará coa axuda de Sandra, a irmá de Nando, da que posteriormente se namorará.Ao pouco de comezar a investigación, Moncho atopará o diario que a súa irmá escribira antes de morrer, que lle descubrirá a unha Anxos moi distinta da que el coñecía e que se negará a aceptar…
Anxos en tempos de chuvia é un libro moi interesante, cuns personaxes un pouco estraños que nos levarán por mundos escuros e perigosos cos que nos ensinarán que as aparencias enganan e que os erros da xuventude poden pagarse moi caros.É un libro capaz de facernos abrir os ollos cara ós perigosos mundos que nesta historia aparecen e que, por desgraza, están presentes tan preto de nós;capaz de facernos chorar e mergullarnos por uns intres nesa historia apaixoante na que, ademais, aparecerán numerosas historias de amor…
Por todo isto, e pola cantidade de realismo e a capacidade de facernos sentir un personaxe máis, con todas as sensacións ou sentimentos que isto conleva, recoméndolle esta novela a todo o mundo.
O autor desta bela historia é Miguel Vázquez Freire.Naceu en Corcubión(A Coruña) no 1951.Foi profesor de Filosofía e é codirector da Colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia dende a súa creación.
Noelia Noya López nº17 3ºA

____________________________________________


FINIS MUNDI

Michel é un monxe que viviu dende pequeno nun mosteiro, illado do mudo exterior, pero cando no seu mosteiro se produce un incendio que acaba coa vida dos seus compañeiros vese na obriga de fuxir levando con el un segredo que só el coñece: o mundo rematara no ano 1000.
Xa están no ano 997 e Michel aínda non sabe o que facer. Conseguirá este monxe salvar a humanidade?
Finis Mundi recibiu o Premio Barco de Vapor no ano 1998 e quedou finalista no premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
É un libro de misterio, aventuras, viaxes e fantasía ambientado na Idade Media que seguro vos conseguirá atrapar e non poderedes parar de lelo.
A autora desta novela é Laura Gallego García. Esta é a súa primeira publicación e a obra que a impulsou á fama.

Noelia Bello 2ºB nº8
_______________________________________________

O CEO DOS AFOGADOS
Golfiños “afogados” en círculos por todos os océanos, un neno cunha enfermidade “indeterminada” , un matemático tolo, unha loba á que lle morre o seu cachorro… Que teñen todos eles en común?
Os humanos somos moi crueis coa natureza. Parece que non nos queremos percatar que os demais seres vivos viven con nós na Terra e, que, senten dor e padecen todas as atrocidades que con eles facemos. Non somos capaces de comprender o mal que estamos actuando e o dano tan terrible e irreversible que lle estamos facendo ao noso planeta.
Nesta novela cóntasenos como os golfiños de todo o mundo agrupáronse en círculos por diferentes lugares nun estado de hibernación. Ninguén sabe o que pasa. NINGUÉN? Pois non, porque parece ser que Jhonnatan, un neno cunha enfermidade “indeterminada” que só se comunica cos animais, sabe o que os golfiños, alarmados pola contaminación das augas, nos queren transmitir. Será precisamente grazas a este neno e á preocupación doutros personaxes (o pai de Jhonnatan, o científico tolo…) polo que a sociedade, ao final, dáse conta do verdadeiro significado desta “rebelión” dos golfiños : é un aviso moi serio sobre as terribles consecuencias da contaminación das augas e da atmosfera.

Francisco Castro, o autor, a través desta novela quere abrir os ollos ao lector e conciencialo de que se non coidamos a natureza, se non nos preocupamos por ela, corremos serios riscos de desaparecer con ela.
Clara Guisán 2º B
Categoría: O RECUNCHO DO LECTOR - Publicado o 21-12-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal