NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XULIO LÓPEZ VALCÁRCEL
POETA MÁIS IMPORTANTE DE 2008

Xulio López Valcárcel naceu en Lugo en 1953 e leva dedicándose ao traballo poético uns 25 anos. Participou nos colectivos "Cravo fondo" e "De Amor e Desamor", tendo publicado individualmente, Véspera do día (Edit. Follas Novas, Santiago, 1979), ao que seguiron Alba de auga sonámbula (Edicións Celta, Lugo, 1983); Solaina da ausencia (Editorial Vía Láctea, A Coruña, 1987); O sol entre os dedos (Ediciós do Castro, Sada, 1993, 2ª Ed, Sada, 1995); Memoria de Agosto (Deputación da Coruña, 1993) e En Voz Baixa (3 ª edic. Esquío. Ferrol, 2002).
Foi Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e "Premio da Crítica Española" en 1994, entre outros.
A súa obra está recollida en diversas antoloxías, como Desde a palabra doce voces de Luciano Rodríguez (1986), Escolma da Poesía galega de hoy (Colección Visor, Madrid, 1991), Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (Colección Maillot Amarillo, Granada 1995) e Poesía Gallega Contemporánea (Litoral, Málaga, 1996). Poemas seus foron traducidos ao castelán, catalán, inglés, italiano, ruso, francés e macedonio.
Asimesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e dos libros de relatos Anel de Mel (Editorial Vía Láctea, 1991) e Campo de Marte (Espiral Maior, 1999). No 2001 publicou en A Nosa Terra, Viaxe ao corazón de Galicia. Colabora ademáis na prensa (Páxina literaria de El Ideal Gallego, Premio "Irmandade do libro", outorgado pola Federación de libreiros, 2002), e desde hai anos na radio (Entre libros con X.L.V. Radio Coruña, Cadena SER).
Casa última, con prólogo de Darío Xohán Cabana e cuberta de Fidel Vidal, está a piques de saír publicado por Espiral Maior.


POR VECES SORPRÉNDOTE

Por veces sorpréndote
nun recanto
calquera da lembranza.

Regresas de portos esquecidos,
de lonxanas estacions desarraigadas.

Síntote nas palabras en voz baixa,
no fresco afago do vento,
na morneza da almofada.

Baixo o melancólico licor
da túa ausencia
busqueite nos trens de medianoite.

Na calma das tardes
escoitei a túa voz chamándome.

Decote me falas.

A carón meu, vas,
polas rúas que recorremos xuntos,
polos pobos que coñecemos xuntos,
polos mares que
nos prometemos atravesar xuntos.

Chega, calada,
na sedosa melodía do silencio
a túa fragancia
e es a miña compañeira de butaca,
a adolescente que me cruza,
a nena que xoga
no medio dunha praza solitaria.

Por veces sorpréndesme
nalgún recanto escuro da memoria.

Alí me agardas
e fálasme
como a través dun cristal,
da fúnebre poesía daquel inverno,
dos días compartidos,
dos xaroposo que soñamos
como illas que xa nunca serán certas.



AS MAZAROCAS DOMILLO

Os seus grans de ouro.

As chorimas acendidas,
sobre o verde dos soutos.

Amarelo e lento o solpor
tinguindo de amarelo todo.

Dóame a vida a ofrenda
do esplendor máis piro:
o sol entre os dedos
do meu fillo.
Categoría: POESÍA e A.E.L.G. - Publicado o 12-05-2009 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal