NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DOMINGO VILLAR

O vindeiro luns día 28 de abril de 2008 visitaranos o escritor vigués Domingo Villar (1971).Na actualidade vive en Madrid. Alí traballou de guionista de cine e de televisión. Tamén fai crítica gastronómica nunha emisora de radio e colabora en varios medios de comunicación escritos. “Ollos de auga” é a súa primeira novela, que se encadra dentro do xénero de novela negra, protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais e ambiente urbano. A acción transcorre en Vigo, onde o autor viviu a súa infancia e mocidade. Esta obra xa se traduciu ao castelán e ao italiano, e hai iterese en traducila ao inglés, alemán, ruso, búlgaro. Pronto vai ser adaptada ao cine polo guionista Carlos Portela e o director de cine Jorge Coira. Recibiu o primeiro Premio Sintagma á mellor primeira novela publicada en España, premio promovido pola Libraría Sintagma de El Ejido (Almería), á que lle outorgaron o premio á Mellor Libraría Cultural de España. Tamén recibiu o Premio Brigada 21 á mellor primeira novela policíaca.




Queremos agradecerlle ao escritor DOMINGO VILLAR, autor da obra “ollos de auga” que nos visitara. Mantivo unha pequena tertulia co alumnado de 4º de ESO, respondendo a preguntas relacionadas coa súa vida e a súa primeira novela. Adiantounos que vai a publicar proximamente a súa segunda novela policíaca , que titulará “A praia dos mortos”, novela na que aparece un corpo sen vida nunha praia e que terán que investigar a causa da súa morte.
Entre outras cousas, comentounos que escribiu a novela “ollos de auga” sen ir dirixida a un público concreto, a unha idade en concreta, sen embargo nos centros de ensino preguntábanlle que cómo se lle ocorreu escribir unha novela xuvenil. “Polo que se ve conseguín unha obra que lle gusta a pequenos e maiores, o que me sorprende moi gratamente”.
DOMINGO VILLAR.http://www.editorialgalaxia.es/autores/autor.php?id_autor=779
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 26-03-2008 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal