NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CANTIGAS
CANTIGAS DO ALUMNADO DE 2º E 3º DE E.S.O.

Onde está a minha senhor?
que lhe quero dar moito amor,
e, ai Deus, se a encontrarei!

Onde está a minha amada?
que lle quero dar unha aperta apaixonada,
e, ai Deus, se a encontrarei!

Que lle quer dar moito amor,
á minha querida senhor,
e, ai Deus, se a encontrarei!

Que lle quero dar unha aperta apaixonada,
á minha querida amada,
e, ai Deus, se a encontrarei!
(Mirian e Antía 2º G)


Es o meu amigo,
quero estar contigo,
non te vaias nunca , querido!

Es o meu compañeiro,
sempre xuntos, companheiros,
non te vaias nunca, querido!

Quero estar content,
sempre unidos, companheiros!
non te vaias nunca, querido!

Quero estar contenta,
sempre unidos, companheiros!
non te vaias nunca, querido!
(Helena Patiño 2ºG)


Nesta clase haiche liantes,
moi palhasos e farsantes ...
esta clase chea de amigos está!

Nesta clase haiche argalheiros,
moi palhasos e companheiros ...
esta clase chea de amigos está!

Moi palhasos e farsantes,
Cantereiros e tunantes ...
Esta clase chea de amigos está!

Moi palhaos e companheiros,
Cantereiros e bulideiros...
Esta clase chea de amigos está!
(Roberto e Cristian 2º F)


Gústame os seus ollos,
onde está a minha amada?
A minha senhor amada!

Gústame os seus labios,
onde está o meu amor?
A minha senhor amada!

Onde está a minha senhor?
Aquela por quen eu morro.
A minha senhor amada!

Onde está meu amor?
Aquelapor quen suspiro.
A minha senhor amada!
(2.U.. 2º F)


Estaba un día a monxa
facendo o que non debía.
De pronto notou que algo lhe proía ...

Estaba unha noite a abadesa
facendo o que lhe parecía.
De pronto notou que algo lhe proía ...

Facendo o que nin debía
porque o dixo Deus e Santa María.
De pronto notou que algo lhe proía ...

Facendo o que lhe parecía
Porque o dixo o cura na romaría.
De pronto notou que algo lhe proía ...
(C.M.Z.)


Estaba unha moza na beira do río
buscando novas do seu amigo,
cando, de súpeto oíu un ruído:
era un cervo moi pequeniño!

Estaba unha nena no lado da corrente
buscando novas do seu doente,
cando ,de pronto, escoitou un sonido:
era un cervo moi pequeniño!

Buscando novas do seu amigo
eara poder ver se estaba vivo,
escoitou un forte ruído:
era un cervo moi pequeniño!

Buscando novas do seu doente
Encontrou un cervo decadente,
Chorou a moza con cariño:
era un cervo moi pequeniño!
(Os Bárbaros. 3º A)



Escribiría teu nome no ceo,
Con mil estrelas de cores.
Quéro-t’e, non podo pensar en ninguén máis.

Escribiría teu nome no mar,
Se con iso puideras-m’amar,
Quéro-t’e, non podo pensar en ninguén máis.

Con mil estrelas de cores,
Farí’un castelo por’os nosos amores.
Quéro-t’e, non podo pensar en ninguén máis.

Se con iso puideras-m’amar,
No camp’iriamos falar
Quéro-t’e, non podo pensar en ninguén máis.
(Alejandro Docampo García
Darío Lago Rivera
David Mato Miragalla 3º D)
___________________________________________

O RAPAZ QUE SE ATOPOU COA MORTE

Un rapaz encontrouse coa morte unha vez e fixeronse amigos. Entón o rapaz díxolle á morte que, xa que eran amigos, que lle ía pedir un favor: que se o podía avisar antes de ir por el, porque asi podía divertirse mellor. A morte prometeulle o rapaz, que así o faría. Despedíronse, e pasaron moitos anos sen que o rapaz recibira ningún aviso da morte. Pero un día presentouse a morte diante do rapaz, que agora xa ía indo vello, e díxolle que viña por el. O home, to#blgtk08#do asustado, dixolle que iso non era o convido, que quedara de avisalo con tempo e que esas non eran palabras. A morte contestoulle:
- Branqueouche o pelo?
- Branqueou - contestou o home.
- Caéronche os dentes?
- Caeron.
- Cansáronseche as pernas?
- Cansaron.
- Perdiches as forzas?
- Perdín.
- E logo, que máis avisos querías?
(Conto popular)

Categoría: TRABALLOS DO ALUMNADO - Publicado o 29-12-2007 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal