BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO |
|
____________________________________
"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________
VIAXEIRO
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.
Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.
Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.
(Celso Emilio Ferreiro)
____________________________________
24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
BREOGÁN RIVEIRO VÁZQUEZ |
|
O vindiro día 13 de decembro, xoves, entre as 9.20 e as 10:30 horas, visitaranos o escritor Breogán Riveiro Vázquez. Neste trimestre acudirá a charla coloquio o alumnado de 1º curso da E.S.O., que foron os que leron o seu libro: "Tonecho de Rebordechao"
Breogán Riveiro Vazquez
Montevideo, 1967
Cursou estudios de Náutica e Inxeñería. Traballa no sector audiovisual desde 1988.
Autor da TV movie ?Voltar á casa?; desenvolveu dúas comedias de situación para televisión (?Casa Cuartel? e ?Don Tomás?).
É o co-creador do formato e a idea xeral da serie documental ?A Memoria Cotiá?, e guionista de moitos traballos realizados en Formato, entre eles ?Sons do Pórtico?, ?Ortegal?, ?Isidoro Zorzano?, ?Bergantiños?, ?Valdeorras?, ?O Pobo do mar?, ?Montse Grases?, ?Nations in Bloom , ?Os Ancares?.
Como escritor ten publicados varios relatos curtos e dous libros: ?O vendedor de Mazás? (Ed. Espiral Maior) gañador do Premio Cidade da Coruña de Narrativa Fantástica e ?O Asasino Bífido? (Ed. Ir Indo), Premio Raíña Lupa 2005 por ?Tonecho de Rebordechao?, finalista en el I Premio de Relato por Entregas de La Voz de Galicia. Conseguiu tamén o Premio Literario da ?Curuxa do Humor? por ?O Artigo?, e o Premio Casa de Andalucía de Relatos por ?El duendecillo?.
Como realizador ten realizado varias ducias de documentais e promocionais, entre eles ?Comarcas de Galicia: Valdeorras?; ?Todos os camiños? (documental gravado en Kenia, Filipinas, Ecuador, Eslovaquia, España e Italia); ?OTRI? (premiada cun AGAPI); e a maior parte dos programas da serie ?A Memoria Cotiá?, como ?A familia ben, gracias?, ?Memorias dun pobo labrego?, ?Xóvenes dun siglo?, ?A lingua?, ?Xogos da infancia?, ?Periodistas: ó fio da realidade?, ?Unha visión lonxana?; Actualmente en proceso de produción do documental ?Mundos Cativos?; e moitos outros traballos tanto para televisión como para empresas e institucións.
Foi Director de Fotografía en moitas das producións da empresa Formato, en U-Matic, Betacam SP e Betacam Dixital.
|
|
|
|
|
|