BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO |
|
____________________________________
"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________
VIAXEIRO
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.
Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.
Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.
(Celso Emilio Ferreiro)
____________________________________
24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A TRABE DE OURO |
|
|
|
|
|
GRIAL |
|
Historia da revista Grial
Primeiro número da revista Grial
saído do prelo en 1963
A revista Grial tivo o seu antecedente na Colección Grial, que iniciou a súa andaina ao tempo que a Editorial Galaxia. En 1951 apareceu o primeiro caderno dos catro que se chegarían a publicar. Cando Juan Aparicio foi nomeado Director Xeral de Prensa (no diario Pueblo xa escribira un duro ataque contra os cadernos), unha das primeiras medidas que tomou foi prohibir a colección.
A partir de 1963, coa promulgación da Lei de prensa e imprenta, e baixo a constante ameaza de expedientes administrativos e xudiciais, inicia os corenta anos ininterrompidos de contacto permanente con lectores e subscritores. Dirixida por Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego, tiña por obxectivos servir de canle á produción cultural galega e ser testemuña da súa existencia autónoma, tanto fóra coma dentro de Galicia, erixíndose como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo. Ademais, pretendía servir de ponte entre as vellas xeracións do galeguismo e a mocidade que se incorporaba, coas dificultades propias da época, ao discurso cultural galeguista. Naqueles tempos formaban o seu consello de redacción: Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell, Celestino Fernández de la Vega, Xosé Manuel López Nogueira, Marino Dónega Rozas, Camilo González Suárez-Llanos, Basilio Losada Castro e Ricardo García Suárez.
|
|
|
|
UNIÓN LIBRE. CADERNOS DE VIDA E CULTURAS |
|
UNIÓN LIBRE. CADERNOS DE VIDA E CULTURAS
UNIÓN LIBRE naceu co propósito de ser unha colección de cadernos de periodicidade anual dedicada á vida no seu sentido máis integral e pluricultural, aínda que sempre en conexión con manifestacións creativas preferentemente literarias e dende unha perspectiva de avanzada radicalmente aberta, crítica, independente e libertaria.
|
|
|
|
DORNA. EXPRESIÓN POÉTICA GALEGA |
|
|
|
|
|
REVISTA RETRANCA |
|
Revista de humor. "Lerasnos de morto se non nos les de vivo" |
|
|
|
ARRAIANOS |
|
|
|
|
|
REVISTA GALEGA DO ENSINO |
|
|
|
|
|
REVISTA DAS ARTES OLLO PÚBLICO |
|
|
|
|
|
|
|