"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
O luns 22 de outubro puidemos gozar coa presenza de MJ Pérez. Poderiamos dicir que MJ é unha muller do Renacemento, xa que esta artista toca tódalas facetas relacionadas coa súa arte: cantante, compositora, música, produtora, realizadora...
Ademais de disfrutar coa súa actuación, MJ Pérez pode servir como referente ao noso alumando interesado na comunicación, produción de vídeos, música...
Grazas pola túa presenza, MJ Pérez!
Durante o século XIX, Cuba enfrentouse á persecución da trata e víuse na obriga de buscar alternativas ao traballo escravo para a producción da caaa de zucre. Mais as relaciones laborais na illa estaban construídas ao redor da escravitude.
No ano 1853, a Compañía Patriótico Mercantil de Urbano Feijóo y Sotomayor,levou a man de obra galega ao campo cubano,foi un dos intentos fallidos de levar traballadores libres a Cuba.
Ao ano de empezar a funcionar, a Compañía e 'los gallegos de Feijóo' levaron o caso ata as Cortes españolas, debido ao incumprimento dos contratos e á situación laboral de escravitude.
O Día Internacional da Lingua Materna, foi proclamado pola Conferencia Xeneral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) en novembro de 1999 (30C/DR.35 Documento PDF).
Elixiuse este día por mor da morte de varios manifestantes do MOVEMENTO POLA LINGUA BENGALÍ que defendían os dereitos da súa lingua en Bangladés
«Este ano facemos especial fincapié en «As linguas locais para a cidadanía mundial: a ciencia no primer plano», a fin de amosar ate qué punto as linguas garanten o acceso ao saber, a súa transmisión e a súa pluralidade. Contrariamente á crenza común, as linguas locais son totalmente capaces de transmitir as materias científicas máis modernas, as matemáticas, a física e a tecnoloxía».
Fragmento da mensaxe de Irina Bokova,
MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO GAÑA O PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013 COA OBRA "OS ÁNGULOS DA BRASA"
NACEU NA CORUÑA EN XULLO DE 1932,
PREMIOS:
PREMIO NACIONAL DE POESÍA ANO 2013
PREMIO DE POESÍA DA AELG ANO 2013
PREMIO ÁNXEL CASAL ao libro de poesía (Asociación galega de editores) ANO 2012
PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA (Asociación española de críticos literarios)ANO 2012
Podíamos saber um pouco mais
da morte. Mas não seria isso que nos faria
ter vontade de morrer mais
depressa.
Podíamos saber um pouco mais
da vida. Talvez não precisássemos de viver
tanto, quando só o que é preciso é saber
que temos de viver.
Podíamos saber um pouco mais
do amor. Mas não seria isso que nos faria deixar
de amar ao saber exactamente o que é o amor, ou
amar mais ainda ao descobrir que, mesmo assim, nada
sabemos do amor.
GOSTO DAS MULHERES QUE ENVELHECEM
Gosto das
mulheres que envelhecem,
com a pressa das suas rugas, os cabelos
caídos pelos ombros negros do vestido,
o olhar que se perde na tristeza
dos reposteiros. Essas mulheres sentam-se
nos cantos das salas, olham para fora,
para o átrio que não vejo, de onde estou,
embora adivinhe aí a presença de
outras mulheres, sentadas em bancos
de madeira, folheando revistas
baratas. As mulheres que envelhecem
sentem que as olho, que admiro os seus gestos
lentos, que amo o trabalho subterrâneo
do tempo nos seus seios. Por isso esperam
que o dia corra nesta sala sem luz,
evitam sair para a rua, e dizem baixo,
por vezes, essa elegia que só os seus lábios
podem cantar.
Luis Amado Carballo naceu en Pontevedra o 2 de maio de 1901. É o poeta de máis influencia nas letras galegas contemporáneas; procede dunha tradición de profunda raigame na lírica galega: a paisaxe descritiva do século XIX, á que humaniza e depura coidadosamente. (cita: Basilio Losada, poetas gallegos contemporáneos).
As súas obras máis importantes son: PROEL e O GALO
SOL-POR
Acorado e roibo
durmíase o día,
coa testa deitada
no colo da ría.
A campás beatas
no ceo bulían
rezando rosarios
á Virxen María.
Bogando nas nubens
cara ó ceo ían
envoltas nos ouros
do sol que morría.
Pol-o mar, as velas
eran folerpiñas,
que da lua aberta
nas ágoas caíran.
Da veira do río,
chegaban cantigas,
choutando nas leiras
molladas de risas.
Preto do hourizonte,
estrelas obrizas
frotaban os ollos
tirando a perguiza.
E bicando os lonxes
as foulas ispidas
o alen nevaban
de limpas surrisas.
Un outo aturuxo
voando fuxía.
E os bosques lonxanos
noite revertían.
O mércores día 4 de abril o alumnado de 3º de ESO participou nun obradoiro de regueifas levado a cabo por LUIS CARUNCHO E PINTO D'HERBÓN, dous REGUEIFEIROS que demostraron dun xeito moi sinxelo en que consiste o feito de regueifar.