NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSO DE SLOGANS PARA 1º CURSO DE ESO
CONCURSO

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CONVOCA

AO ALUMNADO DE 1º CURSO DE ESO

A UN CONCURSO DE SLOGANS

SOBRE O USO DO GALEGO.

HABERÁ VARIOS PREMIOS

O prazo de entrega remata o 15 de novembro
Entregar o slogan ao profesor de galego ou envialo por correo electrónico ao blogue do ENDL

Categoría: CONCURSOS - Publicado o 30-10-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
OUFF ESCOLA. II CERTAME DE CINE 2010
O Consorcio do Festival Internacional de Cine
Independente de Ourense (OUFF), a Secretaría
Xeral de Política Lingüística e a Concellaría
de Normalización Lingüística do Concello de
Ourense convocan o II Certame de Cinema
OUFF Escola, dentro da XV edición do Festival
de Cine Internacional de Ourense.

O II Certame de Cinema OUFF Escola nace
co obxectivo de impulsar o uso do idioma
galego entre a mocidade, coñecer a visión
desta sobre o seu contorno sociocultural
e fomentar a creatividade audiovisual e o
traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva
para o alumnado, que contribúa a xerar un
espírito crítico.
Este certame pretende, así mesmo, potenciar
o uso das tecnoloxías da información e da
comunicación nos centros de ensino e crear
un espazo de referencia para a mostra do
audiovisual feito nas aulas.
Esta iniciativa encádrase como ferramenta
dentro da Directiva Europea de Alfabetización
Mediática, que procura darlles formación aos
mozos sobre o coñecemento e a avaliación do
audiovisual.

PARA LER AS BASES PINCHA NO ENLACE DESTE ARTIGO.
OUFFESCOLA. http://correo.edu.xunta.es/attach/ouffescola2010_rgb.pdf?sid=Ffl82sc/fVI&mbox=INBOX&ch
Categoría: CONCURSOS - Publicado o 05-04-2010 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE POEMAS DE AMOR EN GALEGO. 14 DE FEBREIRO

POESÍA DE AMOR EN GALEGO
14 DE FEBREIRO

BASES:

- Con rima e rima libre
- Extensión mínima, 6 versos; máxima, 20versos.
- O prazo de entrega remata o 10 de febreiro.
- Os traballos entregaranse ao profesorado de galego ou no blogue desde o apartado de comentarios da propia convocatoria.

O E.N.D.L.
Categoría: CONCURSOS - Publicado o 03-02-2010 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑADORES DO CONCURSO DE CANTIGAS
OS GAÑADORES DO CONCURSO DE CANTIGAS

ENTROIDO 2009 SON OS SEGUINTES:


1º DALMACIO CASADO PUIG (1º )


2º PATRICIA LADO FERNÁNDEZ (1º)


3º CARLA MARTÍNS PATIÑO (1º)

Categoría: CONCURSOS - Publicado o 22-02-2009 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE CANTIGAS SOBRE O ENTROIDO
CONVÓCASE UN CONCURSO DE CANTIGAS RELACIONADAS CO ENTROIDO.

BASES:

- As cantigas terán unha extensión de entre dez a quince versos.

- Establécense tres premios:

1º premio 25 € (cheque regalo).
2º premio 20 € (cheque regalo).
3º premio 15 € (cheque regalo).

- O prazo de entrega remata o 18 de febreiro de 2009.

- As cantigas entregaranse ao profesorado de galego ou ben enviándoas dende o apartado de comentarios desta convocatoria.

A 2 de febreiro de 2009






Categoría: CONCURSOS - Publicado o 02-02-2009 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
ESCOLMA DE SLOGANS 1º CURSO DE ESO (2008-09)
ESCOLMA DE SLOGANS (1º curso)

- “Fala galego;
speak en galego;
parle en galego;
agugu-tatá en galego.” (Samuel Figueroa Meirás 1º B)

- Ti estás na onda? Pois que ben ...
Ti falas galego? Eu tamén. (Noelia Bello 1º H)

- Fala galego, galeguízate. (Javier lópez Pena 1ºF)

- Oes meu? o galego é o teu. (Christian Varela 1º F)

- Se algo queres aprender,
o galego tes que escoller. (Iván Fraga Viñuelas 1º B)

- De xeración en xeración foi pasando,
por que ti non o segues falando? (Sandra Núñez 1º B)

- A miña lingua é valiosa, non quero que se perda... Axúdame. FALA GALEGO.
(Paula García 1º B)

- En Galiza, en galego, por suposto!!! (Jorge Ares 1º A)

- Fala galego, non te cortes. (Andrea Cernuda 1º B)

- O galego no corazón. (Andrea Domínguez 1ºA)

- Fala galego, xa é hora. (Sabela Lago Rodríguez 1º B)

- Máis de tres millóns de persoas falan galego; faltas ti, tócache. (Isaac Míguez Loureiro 1º C)

- Fala galego, non che custa nada. (Sergio Andrade García 1ºC)
Categoría: CONCURSOS - Publicado o 13-11-2008 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
ESCOLMA DO CONCURSO DE IDEAS (2008-09)
ESCOLMA DO CONCURSO DE IDEAS DE 2º,3º,4º de ESO

- Na casa na escola,
o galego mola.
Podes falalo cos amigos e cos profesores.
Fálao cos teus pais e cos teus titores. (Pablo Fondo Ferreiro 3º)

- Xa que vives rodeado de galego ...
Por que non falalo?
(Rubén Montero Vázquez 3º)

- Ponlle banda sonora a túa vida,
o galego é música para os teus oídos. (Julián Menéndez Lago 3º)

- Se queres ser orixinal, fala galego.
(Héctor Vázquez 3º)

- Adopta o galego como lingua persoal.

- Disfrutemos coa no sa lingua.
(Nuria Rumbo, Ana Prego 2º)

- Non teñas complexos, fala galego.
(Julián D. Ortiz 3º)

- Non sexas “pendejo”, fala galego.
(Carlos Millán 3)

- Es de Galiza? Fala galego.
(Jorge Mallo 3º)
Categoría: CONCURSOS - Publicado o 13-11-2008 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE IDEAS PARA 2º,3º, 4º DE ESO
CONCURSO

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN
LINGÜÍSTICA CONVOCA AO ALUMANDO DE 2º, 3º, 4º DE ESO A UN CONCURSO DE IDEAS NAS QUE SE CONVIDE A FALAR EN GALEGO.

HABERÁ TRES PREMIOS (CHEQUES REGALO).

O prazo de entrega remata o 30 de outubro.

Entregar os traballos ao profesor/a de galego ou envialo por correo electrónico ao blogue do ENDL.

Anímate e participa.
Categoría: CONCURSOS - Publicado o 15-10-2008 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
CONCURSO DE SLOGANS PARA 1º DE ESO
CONCURSO

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CONVOCA AO ALUMNADO DE 1º CURSO DE ESO A UN CONCURSO DE SLOGANS SOBRE O USO DO GALEGO.

HABERÁ TRES PREMIOS (CHEQUE REGALO).

O prazo de entrega remata o 30 de outubro.

Entregar o slogan ao profesor/a de galego ou envialo por correo electrónico ao blogue do ENDL.

Anímate e participa.

Categoría: CONCURSOS - Publicado o 15-10-2008 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO DE RELATO CURTO EN LINGUA GALEGA PARA 2º DE ESO
Educación e Política Lingüística colaboran con Coca-Cola na organización dun concurso escolar de relatos en galego

O certame vai dirixido a alumnado de segundo curso de secundaria e desenvolverase ao longo do período académico 2008-2009.

A iniciativa persegue fomentar o uso creativo da lingua galega a través de manifestacións literarias e afondar no proceso de normalización lingüística.

Educación e Política Lingüística prestarán apoio institucional e técnico na organización das actividades relacionadas con esta primeira convocatoria do concurso

Santiago, 2 de setembro de 2008.- Alumnos e alumnas de secundaria dos centros educativos de Galicia poderán participar na primeira edición do Concurso de Novos Talentos - Premio de Relato Curto en Lingua Galega, que se porá en marcha durante o vindeiro curso 2008-2009. Este certame farase realidade en virtude do convenio asinado hoxe pola secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Benito Fernández; o presidente do Consello de Administración de Bebidas Gaseosas do Noroeste (Begano), Federico Amor Sanjurjo; e o director da Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña, Pedro Antonio García López.
O acto de sinatura deste acordo materializouse este mediodía en Santiago. O principal obxectivo desta iniciativa reside en potenciar e fomentar entre a xuventude o uso creativo da lingua galega a través de manifestacións e expresións literarias. As catro entidades asinantes do convenio coinciden na apreciación de que actividades coma esta contribúen a afondar no proceso de normalización lingüística no ámbito educativo.
Segundo se recolle no texto do documento asinado, a Fundación Coca-Cola España e a empresa concesionaria da multinacional en Galicia, Begano, comprométense a organizar, xestionar e executar todas as actividades que garden relación co citado premio, entre as que se atopan a elaboración das bases do certame e a posta á disposición dos centros dos medios necesarios. A maiores, a Fundación Coca-Cola asumirá a dotación económica do premio de acordo coas bases do concurso, que se darán a coñecer proximamente.

Apoio institucional
Pola súa banda, a Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística adquiren os compromisos de colaborar na constitución do xurado, proporcionar apoio institucional na organización das actividades relacionadas co certame e na entrega dos premios e cooperar na difusión desta iniciativa mediante accións informativas e divulgativas.

O convenio tamén establece que Educación prestará apoio pedagóxico e didáctico na organización das actividades do certame, mentres que Política Lingüística lle proporcionará asesoramento técnico á Fundación Coca-Cola e a Begano en materia de cuestións lingüísticas e terminolóxicas.

A Fundación Coca-Cola leva 48 anos organizando no ámbito estatal un premio de relatos curtos en castelán, no que concursaron máis de 10 millóns de estudantes ao longo da súa historia e que na súa última edición contou en Galicia coa participación de 160 colexios. Paralelamente a este concurso, Coca-Cola puxo en marcha hai uns anos convocatorias específicas en éuscaro e en catalán, ás que agora, coa sinatura deste convenio, se suma tamén a lingua galega.

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, amosou a súa satisfacción pola organización deste certame porque supón “un paso máis para a normalización do galego na sociedade e nun ámbito especialmente sensible e crucial para a lingua porque é da mocidade de quen depende a vitalidade futura do galego”.

A maiores, Marisol López sinalou que a través desta colaboración “vencellamos a potente marca de Coca-Cola cunha fonda penetración no sector demográfico da xuventude, á imaxe de modernidade que queremos para o galego, o que repercute nun dos aspectos máis relevantes para a súa saúde: a mellora da valoración social da lingua propia”.

Compromiso co desenvolvemento cultural
Pola súa banda, o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Benito Fernández, salientou que o convenio asinado hoxe é unha mostra da colaboración conxunta que a Administración educativa e a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen realizando na promoción e uso da lingua galega, e que nesta ocasión implica tamén a unha entidade empresarial comprometida co desenvolvemento cultural dos escolares galegos. Benito Fernández subliñou así mesmo que esta primeira edición do concurso en galego dirixirase aos máis de 23.000 alumnos e alumnas de 2º da ESO que cursarán estudos este ano académico 2008-2009 en centros galegos. O secretario xeral tamén sinalou que con esta nova versión do concurso exclusivamente en galego, Coca-Cola e Begano “dan un paso máis no seu compromiso coa cultura e a lingua galega”.
Categoría: CONCURSOS - Publicado o 06-10-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal