BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO |
|
____________________________________
"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________
VIAXEIRO
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.
Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.
Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.
(Celso Emilio Ferreiro)
____________________________________
24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ |
|
Manuel Lourenzo González (Vilaboa, 1955). Licenciado en Pedagoxía. Profesor de Lingua e Literatura Galegas no instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Coautor xunto con Luís Bará de libros de texto de Lingua e Literatura destinados ao 2º ciclo de ESO (Xerais 1995-1998). Ten publicados os libros de relatos: Algúns outros (1991); Da esfinxe (1992); As paisaxes compartidas (1996), Premio Carvalho Calero; Noites de papel (Xerais 1996), Premio Café Dublín 1995 e Infidelicidades (2001), premio de Literatura Erótica ?Narrativas Quentes?. Tamén publicou as novelas: Arqueofaxia (Xerais 1995), Premio García Barros 1995; O que é a vida (Xerais 2001), Irmán do vento (Xerais 2003) Premio Merlín 2003 e O xardín das pedras flotantes (Xerais 2008) XXVº Premio Xerais de novela. Como autor de libros infantís ten publicado No outono das fragas (1995), Tanis I o Mocos (Xerais, 1998), Estanislao, príncipe de Sofrovia (Xerais, 2002), Animais de compañía (1998), A leiteira (1999) e O patadón (Xerais 2001). Asemade, participou nos libros colectivos Muralla de Cresconio, 2º volume (Premiados no Concurso Cidade Vella de Santiago), Premios Pedrón de Ouro 1990 e 1991, Galicia Solidariedade (1994), Unha liña no ceo (Xerais 1996) e Novo do trinque (1997). Ten publicadas as obras de teatro Auto do Entroido (1995), Premio O Facho e A música da noite (2001), Premio Estornela.
O QUE É A VIDA
Teo Runner, o repartidor máis rápido do Interpizza, aguanta a un xefe irascible e moi esixente. Aproveita as súas saídas na Bultaco para emular os heroes cinematográficos e restaurar a orde e a xustiza na cidade. Runner non esquecerá botar a Primitiva que xoga a medias co seu amigo Fins ou chamar a Susi e a Lore, esas mozas que tanto o queren. Na súa vida, pois, hai un lugar para a amizade, e de repente aparece o amor. Pero da orde e da xustiza tamén se ocupan os policías Santos e Palmeira, e tamén viven a amizade e o amor. Unha proba máis do que a vida. Santos e Palmeira patrullan incansables a cidade ata que o seu coche se atopa, sorpresivamente, coa Bultaco de Runner. O que é a vida é unha novela urbana de ritmo vertixinoso, unha homenaxe á cultura do cine e do cómic contemporáneo.
|
|
|
|
PARA LER. DOMINGO VILLAR |
|

Editorial Galaxia publica Ollos de auga, novela coa que Domingo Villar inicia a súa andaina na narrativa policial en galego. Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos.
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e afectada da alta burguesía viguesa.
Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense, Ollos de auga sitúa ao seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores
_______________________________________
Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
|
|
|
|
DISCURSO DE INGRESO NA R.A.G. DE MANOLO RIVAS |
|
O sábado 12 de decembro de 2009 Manolo Rivas, escritor comprometido fondamente con Galicia, ingresará como académico numerario na Real Academia Galega da Lingua. O discurso que pronunciará leva o título de "a boca da literatura" (memoria, ecoloxía e lingua)ao que lle contestará Luis Axeitos Agrelo. O acto terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña. |
|
|
|
XOAN BABARRO |
|
Xoan Babarro González resultou gañador da VII edición do premio ?Pura e Dora Vázquez? de narración, por acordo unánime do xurado, reunido hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense, co seu traballo titulado ?Palabra era un universo paralelo?.
Este premio, que convoca anualmente a Deputación de Ourense nas súas modalidades de narración e ilustración, chega á súa sétima edición e está dotado con 3.000 euros para cada unha das categorías (narración e ilustración).
O xurado avaliou de maneira especial a calidade léxica do texto e a relación coas novas tecnoloxías, chegando a definilo como ?un conto informático no mundo das letras? e que vai gañando en intensidade segundo avanza a historia. Trátase dun traballo altamente elaborado, cunha liña argumental claramente definida.
O xurado desta edición estivo integrado por Concha Blanco (gañadora da pasada edición), José Manuel Fernández López (educador), Xosé Paz (pedagogo) e Antonio Piñeiro (xornalista). Como secretario oficióu o director do Centro Cultural, Francisco González, e presidíu o xurado o deputado de cultura, José Luis Valladares.
Xoán Babarro é natural de Ourense aínda que reside dende hai anos na Coruña.
Máis información en:
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XoaBabar1
|
|
|
|
CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS |
|
Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín-Irixo, 1951) é autor dunha ampla obra, principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno. Estudiou Arquitectura Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid e foi un dos fundadores da Agrupación Cultural Lóstrego, que presidiu. Continuou a manter unha posición dinámica dentro da creación do movemento asociativo cultural durante a transición, colaborando na formación da Agrupación Cultural Avantar, do Carballiño. Actualmente é director de Edicións A Nosa Terra e presidente do semanario do mesmo nome. Traballa na Oficina Técnica de Arquitectura da Xunta de Galicia.
A súa poesía, varias veces premiada, caracterízase por unha elaboración en chave simbolista e evocativa, realizada en versos breves. Está considerado un dos nomes máis relevantes da promoción poética da década de 80.
Acabe de publicar "O paraíso das sombras" un poema no que repasa a historia do país.
Nunha entrevista concedida ao Xornal de Galicia comenta: "xa gañamos antes a batalla de manter a lingua".
Beirando por fondas corredoiras,
o dia de hoxe respira
na pupila do gato,
encérrase nun angulo da luz desde meiodia,
déitase no sartego.
E regreso, como se nada fose ánoite antiga.
Féchase todo e nada que non sexa celeste concavidade,
como se eu nada non poidera ollar.
Rio Sar
Ceo de escamas azuis. Poeira de verde vidro es o rio.
So o humano sabe como ser, xerador do tránsito.
Nos espellos son os gritos da sombra son ameneiros
no infinitamente inmóbil traballo do vento na túa tona.
Silencioso vas ao mar tan solitario: Sen saíres de ti.
A Catedral
Vertical o espazo créame: A forma do silencio. Escreber é restituir o xerminar da luz ás túas mans vacias. Asisto a ver como me entregas á forma incorpórea, ao soño das palabras, no seu aparecer e desaparecer silenciosamente.
O tanxibel da nosa inmortalidade é tránsito.
(Paso a paso,verso a verso.Poderia lembrar aos clásicos galegos, no percorrido da senda secular, feita en pedra, suor, e morte. O xeito de andar pola vella senda do (amiño, cara a Compostela, terra santa, eternidade lirica da palabra nos versos de Cesáreo. As sombras, as árbores, os rios, a soidade da xente, as vilas, as pontes, ao longo destas paxinas inmateriais na lirica da vida, experiencia tan sentida, como maxica, ao camiñante .-
A escrita do Camiño Primitivo. Edicions A nosa Terra, ultimo libro do XX premio Esquio de Poesia).
OBRA:
. A árvore das sete palavras
· A escrita do Camiño Primitivo
· A escrita do silencio-Antoloxía persoal
· Alma de beiramar
· Antonte das salamántigas
· Do olvido o río
· Evadne
. Homenaxe a Anxel Casal
· II Festival da Poesía do Condado
· III Festival da Poesía no Condado
· Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina
· IV Festival da Poesía no Condado
· Mar do fin da terra
· Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra
· O Cántigo da Fonte
· O desafío das ondas
· O rumor do distante
· Ortigas da memoria
· Silencios e Conversas de Inverno
· Variacións nube
· XIII Festival da Poesia no Condado
.O paraiso das sombras
PARA MÁIS INFORMACIÓN A PÁXINA http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=CesS%E1nch |
|
|
|
MANOLO RIVAS BARRÓS |
|
O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o 31 de xullo de 2009, acordou nomear MEMBRO ELECTO a MANUEL RIVAS BARRÓS para ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento do académico numerario don Camilo González Suárez-Llanos.
MÁIS INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB DE RAG.
|
|
|
|
XOSÉ MANUEL BEIRAS, PREMIO TRASALBA 2009 |
|
Xosé Manuel Beiras premio Trasalba 2009.
A memoria de Ramón Otero Pedrayo volveu a convocar unha nutrida representación da cultura galega na casa grande de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, concello de Amoeiro.
A Comisión de Goberno da Fundación, que é a encargada de designar anualmente a persoa á que se lle dedica o premio, logo de informar e recadar opinións do conxunto do Padroado, valorou a traxectoria vital de Xosé Manuel Beiras, salientando a súa dimensión intelectual, cívica e de pensamento.
Beiras,personaxe importante da historia de Glicia, como político, ensaísta e catedrático de de Economía,recalcou que Galicia non é un país de ananos "pero os ananos proliferan e sóbense ao poder para destruír o país con medidas de exterminio idiomático".
Entregou o premio o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro,que destacou os sobrados méritos de Beiras para recibir este agasallo.
Naceu en abril de 1936 en Santiago de Compostela.
Licenciuse en Dereito en 1957 na Universidade de Compostela.
Estudou na Universidade de París, 1957-58 e 59-60. Economía na Faculté de Droit et des Sciences Economiques; Letras na Sorbonne.
Coautor, con X. L. Franco Grande, das dúas primeiras traducións ao galego de teatro europeo de post-guerra, en 1958-59: ?Antígona?, de J. Anouilh, e ?No habrá Guerra de Troya?, de J. Giraudoux, posteriormente publicadas na revista ?Grial? da Editorial Galaxia.
Primeira impartición dun curso de Economía Política: 1958-59, na Facultade de Dereito da Universidade de Compostela.
Profesor Axudante de Economía Política co Profesor Prados Arrarte na Facultad de Dereito da Universidade de Madrid, 1960-63.
Membro fundador do Partido Socialista Galego (PSG) na clandestinidade en 1963, poñente na elaboración de seu primeiro documento de Principios Ideolóxico-políticos, e membro dende entón da súa executiva... |
|
|
|
JACOBO FERNÁNDEZ |
|
Jacobo Fernández gaña a edición número 24 dos premios Merlín coa obra Mil cousas poden pasar. "Hai unha serie de feitos fantásticos desencadeados a partires de que os fillos de Rei do Mar chegan á cidade submarina de Nil, onde comezan as mil cousas que poden pasar".
Jacabo Fernández naceu en Vigo en 1971
Ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. É o creador da serie dos Arquivos do Archimboldo Roque para a revista Golfiño, que despois foi publicada nun só álbum. Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada Animais pantasma. Ao mesmo tempo, continúa facendo BD para nenos.
Recibíu os seguintes premios:vencedor do III concurso Castelao da Deputación da Coruña coa obra As Aventuras de Cacauequi (2007). Candidato aos premios do Saló de Barcelona de 2009 como autor revelación grazas a dúas obras de 2008, os álbumes de Archimboldo Roque e de Cacauequi.
|
|
|
|
ROSA ANEIROS |
|
Roisa Aneiros gana o Xerais de novela, edición número 26, co libro "Sol de Inverno". Unha obra sobre os exilios, pero non é unha novela histórica, senón unha historia na que se mostra como Inverno recupera o paraíso perdido da súa infancia...
Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, entre eles culturagalega.org (sección Agardando as lagarteiras), Diario de Pontevedra, El Progreso, Galicia Hoxe, Diario de Ferrol (a través da axencia AGN), El País, Grial, Fadamorgana ou Casa da gramática, ademais do programa ?Un día por diante? da Radio Galega. En 1999 presentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser á que seguiron Corazóns amolecidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003), O xardín da media lúa (Galaxia, 2004), o volume recompilatorio de artigos literarios Agardando as lagarteiras (culturagalega.org, 2003) e Veu visitarme o mar (Xerais, 2004). Ten publicados relatos nos volumes colectivos Narradoras (Xerais, 2000); Relatos (1999), Relatos gañadores do Pedrón de Ouro 1998-1999-2000 (2001) ), Seis ferroláns (2003), Alma de beiramar perdida (2003), Botella ao mar (2003) ou Narradio (Xerais, 2003). Conta no seu haber con recoñecementos como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001), o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003), o Premio Careón 2006 ou o Premio da Crítica Losada Diéguez (2005), ademais do Premio Caixanova Francisco Fernández del Riego en 2007 polo artigo xornalístico ?A última vaca?. Ao pé do abismo (Xerais, 2007) recolle a súa obra xornalística. |
|
|
|
NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, MANIFESTO DA AELG |
|
24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Noutro 24 de febreiro nacías, Rosalía, no Camiño Novo, nas inmediacións de Santiago de Compostela, a poucos quilómetros de onde se escribe esta lembranza. Hoxe celebramos o teu nacemento unicamente por termos así un punto de referencia para te homenaxearmos porque, para actuarmos con propiedade, deberiamos celebrar o día en que escribiches tal ou cal poema, o día en que decidías dar ao prelo o poemario inaugural do primeiro Renacemento, o día en que remataches o prólogo de Follas Novas, ou tantos outros días decisivos para a escrita en galego cuxa data exacta descoñecemos e que, daquela, non podemos conmemorar.
Se a morte non fose un camiño sen volta, se puideses ver cos teus propios ollos o noso país -o país "en que me eu criei", como ti dirías-, sorprenderíaste do actual que resulta a túa obra, a pesar do paso implacábel do tempo e dos moitos cambios que operaron no mundo. Coido que non te abraiarían as novidades tecnolóxicas que envolven as nosas vidas; como nunca fuches babeca nin reaccionaria, asumirías os novos inventos no que valen mais tampouco non te deixarías cegar polas falsas aparencias de modernidade que producen as máquinas. Con toda seguranza, celebrarías o progreso económico, que nos libra de ver por toda a parte, como ti viches, a miseria e os padecementos dunha sociedade empobrecida que queremos deixar atrás, aínda que seguramente o teu ollar, atento aos detalles, se decataría con precisión de que o luxo consumista en que nos bambeamos non ten nada a ver coa xustiza nin abrangue toda a poboación. Porque ti, Rosalía, non escribías poemas para exercer de delicada nin de dama triste e mexeriqueira, senón coa intención de condensares na escrita a forza revolucionaria que levan as palabras dentro. "Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe ós nosos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo no noso país. Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas; mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres", escribiches hai case cento trinta anos e, con todos os matices que cumpra introducir, este texto segue a nos conmover pola reivindicación das clases traballadoras e da situación especial das mulleres. Non importa se os labregos e mariñeiros non representan xa a maioría dos galegos porque a preocupación social dos teus versos podería aplicarse por igual ás masas proletarias, separadas da sociedade do benestar por marxinación social ou desemprego, e se nos teus poemas os mozos labregos emigran á Habana, na actualidade marchan a Canarias ou xogan a seren cidadáns de ningures nun sistema capitalista que non sabe de patrias.
Se puideses saber como vén sendo interpretada a túa obra, -como punto de arranque, como peza chave, como exemplo dunha rara lucidez-, ti que non fuches vaidosa, descansarías en paz. Aínda que para iso habería que evitarche o coñecemento de seres tamén malinterpretada, manipulada e lida en certos círculos, sobre todo fóra da Galiza, como soñadora melancólica, como intimista romántica, todo por teres dedicado algúns poemas á infinita dor da existencia, o que parece convertelos en material máis doce, menos atrevido que a maioría da túa escrita. Sen dúbida, fuches tan adiantada ao teu tempo que militaches en causas que aínda non se recoñecían como tales, nin tiñan quen as defendese. Así se explica que o que hoxe chamamos violencia de xénero e aparece nos medios de comunicación como un asunto actual, como un problema acabado de detectar, estivese xa naqueles versos de Follas novas: "Que hai uns negros amores de índole pezoñenta/ que privan os espritos, que turban as concencias,/ que morden si acariñan, que cando miran queiman,/ que dan dores de rabia, que manchan e que afrentan./ Máis val morrer de friaxen/ que quentarse á súa fogueira". Seguro que se vivises hoxe entre nós os seminaristas volvían apedrear as túas xanelas, aínda que se cadra só te insultaban por blogue: as formas poden variar mais, con toda probabilidade, seguirías estando nas barricadas. Por iso o pouso da túa obra fica ao fondo. Por iso, neste día de homenaxe, sobre todas as cuestións que espertaron o teu interese, quizais deberiamos atender especialmente o teu compromiso coa lingua. "As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estos versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo pra eles" porque hoxe eses versos son xa accesíbeis a quen os causou. Nunca na historia precedente tivemos a totalidade da poboación alfabetizada e coa posibilidade de frecuentar libros (de os sobar, de os ler, de os aprender, de os adquirir, de os comentar, de se impregnar deles). Daquela estamos xa na época en que as multitudes dos nosos campos poden coñecer sen mediadores o que ti dixeches só en certa forma para elas. Mais esta situación feliz foi producirse nunha época en que todo vai ás présas. Ti dicías que dez anos son moitos a xulgar pola présa con que hoxe se vive e nin te imaxinabas canto máis apurado se pode andar, como andamos agora, correndo sen sabermos onde nin detrás de que. Porque cando tiñamos todo para nos envolvermos como sarillo na historia pasada e comezar a florecer, os ánimos afrouxan. Dixéronnos que o mundo era todo igual e que se expresaba en inglés e moitos acreditan en tal desatino, volvendo as costas ao que é de seu e soñando con vestiren coma outros, con falaren coma outros, con seren coma outros... E como non sería cousa de chamares as xentes á guerra para logo desertar da bandeira que ti mesma levantaras, Rosalía, se estiveres entre nós, estarás en aberta oposición aos sectores da sociedade que reclaman a súa liberdade a non seren galegos, a non se construíren como tales. Como tantos libros enganosos, que só din medias verdades, contan que eras unha dama do XIX, de non fitarmos en profundidade, podemos esquecer que eras -e es, que a túa obra vive- unha activista comprometida, que non andabas con florituras nin escribías de pombas e flores por teres alma de muller, que o teu compromiso coa nación e coa lingua foi tan alto que todo o que tivo un eco por leve que fose, con tal que chegase a te conmover, todo isto ousaches cantar para declarar perante os que sen razón nin coñecemento ningún nos desprezan "que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias cunha risa de mofa que [...] demostra a iñorancia máis crasa i a máis imperdoable inxusticia que se pode facer dunha provincia a outra provincia irmá por probe que esta sexa". Contigo aprendemos a ser elos dunha cadea, a non renegarmos, a recoñecermos que só sendo galegas e galegos podemos ser universais. Que o peso da terra sexa leve, compañeira!
(Texto de Teresa Moure) |
|
|
|
LUIS AMADO CARBALLO |
|
Amado Carballo
Luís Amado Carballo. Pontevedra nace o 2 de maio de 1901 e falece no ano 1930.
OBRAS: Proel -1927-
O Galo -1928-.
Creador da corrente hilozoísta, caracterizada por personificar os elementos da paisaxe, foi xunto con Manuel Antonio un dos creadores máis destacados.
CONMEMORAMOS O NACEMENTO DESTE ESCRITOR CUNHA MOSTRA DALGUNHAS DAS SÚAS POESÍAS DE "PROEL" E DE "O GALO".
DE ?PROEL?
DE ?PROEL?
CANZÓN DO TEMPORAL
Os berros dos mazaricos
rachan as sedas do mar
no carro das mouras nubens
ven do sur o temporal.
Nas barras e nos peiraos
rompen as foulas cristadas
de lóstregos azuados
das estrelas afogadas.
Púxose o ceo de loito
pol-os que van afogar.
As centellas como trallas
baten no lombo do mar.
CAMPANAS
Quixera bañar
o meu corazón
no morno lirismo
d'un rayo de sol.
ALALAS
Son lostregos do verde mollado,
que aturuxan nas ponlas dos pinos
pregoando a chegada do día,
os tremantes cantares doídos
que maina acompasa
a chorosa fuxida do río...
A alma do campo choraba nos ceos
unha sonatina de violoncellos.
DE ?PROEL?
O QUE MORREU NO MAR
Tiña doce netos
aquel mariñeiro,
todos eles caben
debaixo d'un cesto.
SPLEEN
O día amarelo
aboyaba morto
nas ágoas do ceo.
CALMA CHICHA
As ruas amarelas
con perguiza de bois
levaban deic'o mar
quentes feixes de sol.
BEIRA
O mar borracho de sol
anda a tombos pol-a praya,
a montana lavandeira
bota areales nas ágoas.
NOITE
A cibdade pesca a ardora
e diante da sua rede
de luces d'ouro tomado
fuxe a lua como un peixe.
ÉGLOGA
Mama o campo oxe
leite de campanas,
para él monxe o crego
quentes bateladas.
AFOGADO
A ágoa tan serea
como o ceo quedou,
mais aboya a luz da lua
o cadavre da sua voz.
DE ?O GALO?
O GALO
Abrell'as portas ao día
co-a chave do teu cantar
que xa na fonte da Lua
está lavada a mañán.
Bótall'o teu aturuxo
a paisaxe dend'o val
qu'o gran balbo das estrelas
cairá serodio no mar.
O campo cheo de frío
busca un anaco de sol,
alcéndelle unha fogueira
co lume da tua voz.
NOIVOS
Primaveira galanada
con collares de luar
e con pendentes de estrelas
está ô seu noivo á agardar.
Domente os ventos de Marzo
tecen seu manto de noiva
pregunta ao paxaro sabio
degarante e ruborosa:
Cuco-rey
rabo d' escoba
cantos días faltan
para a miña boda
O paxaro decontado
poñíase a cantar
e o corazón latexante
estaba a moza á contar:
Un, dous, tres,
te non trabucache
meu bô cuco-rey?
Domente qu'ela escoitaba
tremecida de vergonza
xa estaba Mayo galán
entrándolle pol-a porta.
AS CANTIGAS DO BERCE
Un carrizo namorado
afogóuse nun luceiro;
chora o monte y-a campía,
de loito vistius'o vento.
Como un paxariño horfo
nas mans morréusem'o día,
arrechegueino ao meu peito
por ver si lle daba a vida.
Vaite choiva e vente sol
qu'imos á xogar â leira
cô moneco bonitiño
que meu pai trouxo da feira.
Aquil berce está valeiro
y-a naiciña anda a chorar,
o meniño está no ceo
coas estrelas a brincar.
A campía escurecida
chora tremando co frío,
a probiña quedóu horfa
qu'o día afogóu no río.
|
|
|
|
XABIER P. DOCAMPO |
|
O VINDEIRO DÍA 23 DE MAIO DE 2008 VISITARANOS O ESCRITOR XABIER P. DOCAMPO, para realizar unha charla-coloquio co alumnado de 2º de ESO.
Xabier P. Docampo (Xabier Puente Docampo) (Rábade, 1946).
Para saber máis del podes acceder desde aquí ao seu BLOG e ao Centro de Documentación da AELG. |
|
|
|
DOMINGO VILLAR |
|
O vindeiro luns día 28 de abril de 2008 visitaranos o escritor vigués Domingo Villar (1971).Na actualidade vive en Madrid. Alí traballou de guionista de cine e de televisión. Tamén fai crítica gastronómica nunha emisora de radio e colabora en varios medios de comunicación escritos. ?Ollos de auga? é a súa primeira novela, que se encadra dentro do xénero de novela negra, protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar suspense, personaxes orixinais e ambiente urbano. A acción transcorre en Vigo, onde o autor viviu a súa infancia e mocidade. Esta obra xa se traduciu ao castelán e ao italiano, e hai iterese en traducila ao inglés, alemán, ruso, búlgaro. Pronto vai ser adaptada ao cine polo guionista Carlos Portela e o director de cine Jorge Coira. Recibiu o primeiro Premio Sintagma á mellor primeira novela publicada en España, premio promovido pola Libraría Sintagma de El Ejido (Almería), á que lle outorgaron o premio á Mellor Libraría Cultural de España. Tamén recibiu o Premio Brigada 21 á mellor primeira novela policíaca.
Queremos agradecerlle ao escritor DOMINGO VILLAR, autor da obra ?ollos de auga? que nos visitara. Mantivo unha pequena tertulia co alumnado de 4º de ESO, respondendo a preguntas relacionadas coa súa vida e a súa primeira novela. Adiantounos que vai a publicar proximamente a súa segunda novela policíaca , que titulará ?A praia dos mortos?, novela na que aparece un corpo sen vida nunha praia e que terán que investigar a causa da súa morte.
Entre outras cousas, comentounos que escribiu a novela ?ollos de auga? sen ir dirixida a un público concreto, a unha idade en concreta, sen embargo nos centros de ensino preguntábanlle que cómo se lle ocorreu escribir unha novela xuvenil. ?Polo que se ve conseguín unha obra que lle gusta a pequenos e maiores, o que me sorprende moi gratamente?. |
|
|
|
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ |
|
 O VINDEIRO 7 DE MARZO CÚMPRESE O PRIMEIRO CENTENARIO DA MORTE DE CURROS ENRÍQUEZ. LEMBRAREMOS ESE DÍA CUNHA EXPOSICIÓN DALGUNHA DAS SÚAS POESÍAS.
Nacido o 15 de setembro de 1851 en Celanova (Ourense), Manuel Curros Enríquez pasa por ser, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, o gran referente do denominado ?Rexurdimento? da literatura galega de finais do século XIX.
A súa obra ?Aires da miña terra? identificao como un gran poeta civil, capaz de conxugar a denuncia social en favor da clase máis desfavorecida, como demostra en poemas como ?As Pragas?, ?Nouturnio? ou ?Mirando ó chau?, cunha poesía de exaltación dos valores tradicionais da cultura galega, como é o caso ?Unha boda en Einibó?, ?O gaiteiro de Penalta? e moi especialmente ?A virxe do Cristal?, onde describe de forma maxistral a lenda sobre a aparición da imaxe da pequena virxe desta localidade, cuio santuario se ubica na parroquia de Vilanova dos Infantes, lugar de nacemento de Petra Enríquez, a súa nai.
Tras o seu falecemento, ocorrido na capital cubana o 7 de marzo de 1908, a cidade herculina que tan ben o acollera en vida e á que recordou e homenaxeou en mái s dunha composición poética, fíxose cargo finalmente dos seus restos, que permanecen enterrados no cemiterio de San Amaro daquela cidade.
POESÍA DEDICADA A ROSALÍA DECASTRO
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
DESDE AQUÍ PODES VISITAR A FUNDACIÓN CURROS ENRÍQUEZ E A GALICIA ESPALLADA. |
|
|
|
CASTELAO |
|
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
(Galicia, 1886-1950)
Político, pintor y escritor en lengua gallega nacido en Rianxo. Vivió toda su infancia en Argentina, país donde habían emigrado sus padres. Licenciado en Medicina por la Facultad de Santiago de Compostela en 1908, cursó el doctorado en Madrid donde comenzó a destacar como caricaturista. A pesar de que estaba casi ciego, destacó como pintor, primero en su constante humorística y satírica y más tarde reflejando la crueldad y miseria de la guerra civil española. Participó en la histórica asamblea de redacción de las bases del Estatuto del Estado Federal de Galicia, perteneció al grupo cultural Irmandades da Fala, fue director artístico de la publicación Nós y fundador de la Coral Polifónica de Pontevedra. Su primera novela fue Un Ollo de Vidro (1922), a la que seguirían Cousas (1926), As Cruces de Pedra na Bretaña (1929), Retrincos (1934) y Os Dous de Sempre (1934). Durante la guerra civil española participó en la organización de las Milicias Gallegas de Enrique Líster, y se desplazó junto al gobierno republicano a Madrid, Barcelona y Valencia, donde publica los álbumes Galicia Mártir (1937) y Atila en Galicia (1937). En 1938, enviado por el Ministerio de Propaganda republicano, viaja a Rusia, Cuba y Estados Unidos para obtener apoyo entre los emigrantes a la causa republicana. Al finalizar la contienda fijará su residencia en Buenos Aires, donde estrenó la obra teatral Os vellos non deben de namorarse (1941). En 1944 publicó Sempre en Galiza, obra cumbre del pensamiento galleguista y en 1948, Alba de Groria. Fue el primer presidente del Consello de Galiza, el gobierno de Galicia en el exilio y fundador de la revista catalana-gallega Galeuzca, recuerdo de la alianza política de 1933. Murió en Buenos Aires el 7 de Enero de 1950, debido a un cáncer de pulmón. Ese mismo año se publicará su último libro, As Cruces de Pedra na Galiza.
DESDE AQUÍ PODES ACCEDER AO MUSEO CASTELAO. |
|
|
|
|
|
|
|
|