NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LANGUAGE PLANNING. OS QUINQUILLÁNS

O día 11 de abril asistimos á representación da obra teatral LANGUAGE PLANNING dos Quinquilláns. Foi una actividade ofertada polo Concello de Culleredoe o noso centro assistiu co alumnado de 3º e 1º bacharelato.
Esta montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de Made in Galiza de Sechu Sende.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 23-04-2019 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
OS NENOS DA VARÍOLA

o día 16 o alumnado de 1ª de bacharelato asistiu no salón de actos da Laboral á conferencia de María Solar sobre o seu último libro publicado, "Os nenos da varíola". O libro baséase nun feito histórico poco coñecido pero moi importante. Por un lado, supuxo o fin desta terrible enfermidade e por outro, vemos a importante contribución que fixo Galicia para acadar este éxito.
Interesante, amena, didáctica...... así foi a conferencia de María Solar.
Un libro moi recomendable e que podedes atopar na nosa biblioteca.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 05-02-2019 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Núñez Singala

O día 18 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita dun dos escritores máis destacados do panorama actual, Manuel Núñez Singala.
Nesta ocasión falaranos da súa última e apaixonante novela, "Noite de temporal", baseada nun feito real, o naufraxio do vapor correo Santa Isabel en 1921.
Parabéns pola túa obra e grazas por visitarnos, Núñez Singala!
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 25-01-2019 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE FEBREIRO DÍA DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 e3 febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela ROSALÍA DE CASTRO.


FUNDACIÓN E CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO

CANTARES GALLEGOS


Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo:
¡Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo!
...

Categoría: ESCRITORES - Publicado o 24-02-2015 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
POETAS GALEGOS DO SÉCULO XX.







POETAS DO SÉCULO XX É UNHA ANTOLOXÍA DE 38 POETAS REALIZADA POR LUCIANO RODRÍGUEZ.
(EDITORIAL ESPIRAL MAIOR)
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 23-10-2014 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
JOHN RUTHERFORD
JOHN RUTHERFORD TRADUCE AO INGLÉS O LIBRO DE POEMAS NIMBOS DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, PUBLICADO POLA EDITORA SMALL STATIONS PRESS,QUE, CON ESTA, SUMA CINCO PUBLICACIÓNS EN GALEGO. COLABORA A CONSELLERIA DE CULTURA E E EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 11-09-2014 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
2012 CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO
UN POEMA QUE REFREXA CLARAMENTE A RELACIÓN DO TRABALLODOR CO PATRÓN.

MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
Celso Emilio Ferreiro (1978) Longa noite de pedra



Categoría: ESCRITORES - Publicado o 24-05-2012 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO 2011 DE LITERATURA INFANTIL

(Foto realizada durante unha charla-coloquio no 2010 no noso instituto.)

Manuel Lourenzo González gaña o XXVI premio "O BARCO DE VAPOR" 2011 de literatura infantil coa obra "MUNDO ARB", novela de aventuras e viaxes que xira arredor dunha árbore xigante na que atopamos diferentes comarcas e territorios. Os protagonistas son un rapaz e dúas rapazas que fan unha viaxe para coñecer outras terras, ...
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 24-04-2011 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
CRÓNICA DE GALICIA. ENTREVISTA: XOSÉ NEIRA VILAS
O escritor Xosé Neira Vilas responde ás preguntas de Xosé Manuel García na "entrevista do domingo" de RNE-G.O autor de "Memorias dun neno labrego" fala da súa última obra,"Presenza galega en Cuba", que presentou estes días na Feira do Libro de A Coruña. Refírese,ademais,ó decreto do galego no ensino.Neira Vilas pón o acento en que os nenos de infantil "deben empezar por aprender galego" porque "é o idioma do seu país"(08/08/10)

ENTREVISTA A XOSÉ NEIRA VILAS NO PROGRAMA DE RADIO 1 EN GALICIA.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 16-08-2010 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
A AELG HOMENAXEA A MARILAR ALEXANDRE
A homenaxe "A Escritora na súa Terra", impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), alcanza este ano a décimo sexta edición e recaíu, por decisión unánime dos seus socios, na figura de Marilar Aleixandre.
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, o 5 de xuño preside, na avenida de Barcelona, a homenaxe á escritora Marilar Aleixandre, na que se descubrirá un monolito conmemorativo. No pazo de Raxoi entrégaselle o galardón da Letra E.

BIOGRAFÍADA.
Marilar Aleixandre (María Pilar Jiménez Aleixandre). (Madrid, 1947). Vive en Galicia dende 1973, primeiro en Vigo, e agora na Amaía. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora das revistas Nó, Luzes de Galiza e Festa da palabra silenciada. Como narradora ten publicado: A formiga coxa (Xerais 1989), novela xuvenil; O rescate do peneireiro (Xerais 1990), novela xuvenil; Tránsito dos gramáticos (Xerais 1993), novela; Nogard (1994), novela xuvenil; A expedición do Pacífico (Xerais 1994), Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego en 1995, sendo a primeira vez que recae nun libro xuvenil e nunha muller; Lobos nas illas (Xerais 1996), relatos; “Agardando polos morcegos”, conto incluído no volume Antoloxía do conto galego de medo (1996); O trasno de Alqueidón (Xerais 1996), contos infantís, Premio Rañolas 1996 ao mellor libro infantil do ano; A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998), novela, Premio Álvaro Cunqueiro; “Desaforados muños”, relato incluído en Airadas palabras (1998), premio Manuel Murguía; A banda sen futuro (Xerais 1999), novela, premios Lazarillo e Lecturas Galix 2001; Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999), conto infantil; Unha presa de terra (2001), Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas; “O Rato de Biblioteca e a Gaiteira de Marín”, incluído en Contos para levar no peto (Xerais 2001); Teoría do caos (Xerais 2001), novela, Premio Xerais; Paxaros de papel (Xerais 2001), álbum en colaboración con Lázaro Enríquez, O chápiro verde (2001, Xerais 2003), conto infantil; Basilisa, a princesa sapiño (2002), conto infantil; Rúa Carbón (Xerais 2005), novela finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006 e A Cabeza de Medusa (Xerais 2008), novela gañadora do Premio Fundación Caixa galicia de Literatura Xuvenil 2008 e Premio The Withe Ravens, 2009. “O coitelo en novembro”, relato incluído en Materia prima (Xerais 2002); “Palabras descarreiradas”, relato incluído en Longa lingua (Xerais 2002). Boa parte da súa obra narrativa foi traducida a todas as linguas peninsulares. No eido da poesía, recibiu o Premio Esquío por Catálogo de velenos (1999), o premio Caixanova por Mudanzas (2008), tendo publicado, ademais, o volume Desmentindo a primavera (Xerais 2003). Colaborou como guionista con Fran Bueno na banda deseñada Os Escachapedras, e publicou a biografía Castelao segundo Rañolas (2000). Traduciu do inglés para o galego A caza do carbairán (Xerais 1995) de Lewis Carroll e o poemario Muller ceiba (Xerais 1997) de Sandra Cisneros. No ámbito profesional publicou o estudio Dubidar para aprender (Xerais 1996).

HAIKUS DO COUREL PARA NOVONEYRA

1
país, esquivo amante,
inalcanzable
áspera cerna.

2
¿Non ousas, faia,
ceibar da simetría
follas captivas?


3
Dovesa de Rogueira:
miden os grilos
estes meus versos.


4
levanta as saias,
vento nordés,
ispe os adxectivos.


5
perpetra a araña
labirinto de chuspe:
trampa ou poema.

MARILAR ALEXANDRE. http://www.xente.mundo-r.com/marilar/
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 05-06-2010 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
PAULA CARBALLEIRA
O vindeiro día 31 de maio de 2010 visítanos a escritora PAULA CARBALLEIRA, incluída na programación do E.N.D.L. do centro no apartado de charlas-coloquio con escritores, ao igual co escritor Ramón Lourenzo González, que estivo connosco o 28 de abril pasado.

PAULA CARBALLEIRA naceu o 7 de setembro de 1972 en Fene.Viviu ata os 17 anos en Maniños, Concello de Fene, onde descubriu unha certa inclinación a contar historias, preferentemente na literatura e no teatro. Estudou en Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Hispánica dedicándose máis tarde á narración oral e escrita e ao teatro. Ao mesmo tempo, escribe literatura para nenos de todas as idades e adultos de calquera clase.
Pertence á compañía de teatro Berrobambán, e vai contando contos polo mundo polo que, grazas á antiga arte de contar historias ten participado en festivais de narración oral nacionais e internacionais, e leve publicado vario libros.

OBRAS:

. Una casa redonda
• Una época de Lázaro
• Un Percura
• Boas noites (premio manuel María de literatura dramática infantil 2007)
• Contatrás
• Correo Urxente
• Longa lingua: Os contos da Mesa
• Mateo
• O ganso pardo
• Olo-iepu-iepu
• Paco
• Robin e Xente una Boa
• Smara
• Troulas, andainas, solpores e Unha farsa anónima
• Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 18-05-2010 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DO ESCRITOR MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ
O 28 de abril estivo no IES BLANCO AMOR o escritor Mauel Lourenzo. Agradecémoslle a súa visita e esperamos que nos vinderos anos poidamos seguir contando coa súa agradable compañía.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 30-04-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIOS DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE CRÍTICOS LITERARIOS
Luz Pozo Garza con "Deter o día cunha flor", e Xabier Quiroga con "O cabo do mundo", premiados pola Asociación Española de Críticos Literarios o día de 17 de abril na cidade de Barcelona.Os Premios da Crítica Española, concedidos pola Asociación Española de Críticos Literarios, que cada ano salientan os mellores títulos de poesía e narrativa en cada unha das linguas do estado español, están considerados entre os máis prestigiosos do estado español.

En lingua castelá, José María Pozuelo Ybanco, anunciou que os galardóns correspondían a El viajero del siglo, de Andrés Neuman , en narrativa, e a Fämulo en poesía, poemario do autor Francisco Javier Lerín.

En lingua vasca corresponderon a Autokarabana, de Fermín Etxegoien, en narrativa, e a Eroriaren logica, de Juanra Madariaga, en poesía.

En lingua catalá, que recaeron en Contes Russos, de Francesc Serés, en narrativa, e a L´ombra dels dies vermells, de Carles Miralles, na modalidade de poesía.


MÁIS INFORMACIÓN NA AELG.
AELG. http://www.aelg.org/MainPage.do;jsessionid=5DB7F89C98332556BB71CBC8DD1E453D
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 18-04-2010 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
LUIS SEOANE: 2010, centenario do seu nacemento.
Luis Seoane

Naceu en Bos Aires no ano 1910, fillo de emigrantes galegos. Cando era un neno volveu a Galicia. Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde realizou a súa primeira exposición en 1929. Alí participou na actividade política e cultural estudiantil viculado ao nacionalismo galego e ao republicanismo. Exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista.


PARA SABER MÁIS VISITAR A FUNDACIÓN LUIS SEOANE.
FUNDACIÓN LUIS SEOANE.http://www.luisseoanefund.org/fundacionls/gl
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 08-04-2010 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ

Manuel Lourenzo González (Vilaboa, 1955). Licenciado en Pedagoxía. Profesor de Lingua e Literatura Galegas no instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Coautor xunto con Luís Bará de libros de texto de Lingua e Literatura destinados ao 2º ciclo de ESO (Xerais 1995-1998). Ten publicados os libros de relatos: Algúns outros (1991); Da esfinxe (1992); As paisaxes compartidas (1996), Premio Carvalho Calero; Noites de papel (Xerais 1996), Premio Café Dublín 1995 e Infidelicidades (2001), premio de Literatura Erótica “Narrativas Quentes”. Tamén publicou as novelas: Arqueofaxia (Xerais 1995), Premio García Barros 1995; O que é a vida (Xerais 2001), Irmán do vento (Xerais 2003) Premio Merlín 2003 e O xardín das pedras flotantes (Xerais 2008) XXVº Premio Xerais de novela. Como autor de libros infantís ten publicado No outono das fragas (1995), Tanis I o Mocos (Xerais, 1998), Estanislao, príncipe de Sofrovia (Xerais, 2002), Animais de compañía (1998), A leiteira (1999) e O patadón (Xerais 2001). Asemade, participou nos libros colectivos Muralla de Cresconio, 2º volume (Premiados no Concurso Cidade Vella de Santiago), Premios Pedrón de Ouro 1990 e 1991, Galicia Solidariedade (1994), Unha liña no ceo (Xerais 1996) e Novo do trinque (1997). Ten publicadas as obras de teatro Auto do Entroido (1995), Premio O Facho e A música da noite (2001), Premio Estornela.

O QUE É A VIDA
Teo Runner, o repartidor máis rápido do Interpizza, aguanta a un xefe irascible e moi esixente. Aproveita as súas saídas na Bultaco para emular os heroes cinematográficos e restaurar a orde e a xustiza na cidade. Runner non esquecerá botar a Primitiva que xoga a medias co seu amigo Fins ou chamar a Susi e a Lore, esas mozas que tanto o queren. Na súa vida, pois, hai un lugar para a amizade, e de repente aparece o amor. Pero da orde e da xustiza tamén se ocupan os policías Santos e Palmeira, e tamén viven a amizade e o amor. Unha proba máis do que a vida. Santos e Palmeira patrullan incansables a cidade ata que o seu coche se atopa, sorpresivamente, coa Bultaco de Runner. O que é a vida é unha novela urbana de ritmo vertixinoso, unha homenaxe á cultura do cine e do cómic contemporáneo.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 09-03-2010 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal