"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
ROBERTO VIDAL BOLAÑO, O HOME DO TEATRO GALEGO. POR ESTA RAZÓN O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO ANUNCIOU QUE PRODUCIRÁ DÚAS OBRAS DO AUTOR: "DÍAS SEN GLORIA" E "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL"
A candidatura de Vidal Bolaño (nace en Santiago de Compostela no 1950 e falece no ano 2002) chegou ao plenario da RAG avalada por nomes como o douto dramaturgo, Euloxio Ruibal, e da catedrática de Coimunicación Audiovisual Margarita Ledo, que fixeron onte un encendido eloxio da súa figura. Tamén recibiu o pasado xoves o apopio público de medio centenar de asociacións e institucións dos ámbitos escénico e cultural, además de oitocentas firmas.
"É unha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatro galego e, xa que logo, do noso sistema literario", segundo a RAG, que destacou a prolixa produción literaria de Vidal Bolaño, "sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable".
A produción de Vidal Bolaño "caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético... (Noticia Faro de Vigo)
O VINDEIRO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTARÁ ADICADO A VELENTÍN PAZ ANDRADE.
O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 4 de xuño de 2011, acordou dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2012 a Valentín Paz Andrade, escritor que naceu en Lérez, Pontevedra no 1898 e faleceu en Vigo no 1987.
O 17 de maio de 2011, día no que se homenaxea aos que escriben en lingua galega estará dedicado a LOIS PEREIRO, decisión que tomou a RAG o 26 de xuño de 2010.-
Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos no ano 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid onde cursou estudos de Políticas, que logo abandonou polos idiomas e a informática. Na cidade madrileña fundou, xunto con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas, a revista Loia, que só coñecería catro números (o último de 1978). Nesta publicación apareceron poemas do escritor monfortino que posteriormente serían recollidos en Poemas para unha loia (1996), libro no que se inclúe o ensaio "Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia", que fora dado a coñecer ese mesmo ano nas páxinas da revista Luzes de Galiza.
De regreso ao país, onde compaxinou profesionalmente o exercicio da tradución co labor poético, figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985), compilacións nas que figuran nomes como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xavier Seoane, Francisco Salinas, Xulio Valcárcel, Lino Braxe e outros poetas de moi diferentes tendencias, mais que partillaban inquedanzas culturais. Entre as iniciativas conxuntas deste grupo heteroxéneo destaca o sostemento da revista.
Sempre reticente á difusión individual do seu traballo, foi non obstante colaborador de non poucas empresas de fasquía renovadora, de aí a participación en consellos de redacción e mailos artigos, poemas e relatos espallados por La Naval, Trilateral, Das Capital ou Luzes de Galiza, onde viron a luz -amais do ensaio xa citado- os oitos primeiros capítulos da súa novela inconclusa Naúfragos do paradiso. Nesta mesma liña actuou como letrista con Radio Océano e redactou guión televisivos.
En vida, Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (Santiago de Compostela, Positivas, 1992), na que segundo consta na contracapa se recollen "tódolos poemas que escribiu ó longo da súa vida como poeta"; e Poesía última de amor e enfermidade (Santiago de Compostela, Positivas, 1995), duros e espidos poemarios nos que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura.
Lois Pereiro demorado e morno na publicación dos seus artigos cultivou desde os inicios unha imaxe e unha estética que logo fixeron del un autor de culto. Cartografou coma mingúen o labirinto do mundo contemporáneo conciliando para tal fin o individualismo escéptico coa tradición demoledora do expresionismo centroeuropeo. A súa proposta callou na sensibilidade emerxente, mergullada no posmodernismo, e desexosa de atoparse nun discurso reflexivo, acuciante e non retardario.
A morte sobreviríalle na cidade da Coruña no ano 1996.
UXÍO NOVONEYRA
O poeta Uxío Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, na serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada. De neno vive no Courel onde se asolaga das tradicións do lugar, que marcarán a súa poesía. O ambiente histórico represivo da década dos trinta e comezos dos corenta (que coincide coa nenez e a mocidade) que dará reflectida máis tarde na súa poesía cívica. Entre 1945 e 1948 trasládase remata bacharelato en Lugo, onde coñece a Manuel María, escritor da Terra Cha e compañeiro de xeración. Xunto con el, frecuentou o ambiente de intelectuais da xeración anterior, como Luís Pimentel -mestre de poesía para os dous-, Ánxel Fole, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Johán e Ramón Piñeiro. En Parada coñeceu María Mariño Carou e o seu marido Roberto Pose, mestre de Parada e antigo militante das Mocedades Galeguistas, os dous en amizade cordial coa súa familia, propietaria da casa da escola, con quen Uxío iniciará unha profunda relación persoal que durará ata a morte da poeta en 1967 e que deixará a súa forte pegada na obra de ambos.
Aos 19 anos Uxío trasladouse a Madrid, onde viviu ata 1951, matriculándose como ouvinte na Facultade de Letras. Volveu a Galicia para facer o servizo militar, coincidiu de novo no campamento de Parga con Manuel María. Despois da instrución, destinaron aos dous a Santiago, onde seguiron en fraternidade, frecuentando de novo Ramón Piñeiro e outros.
En Santiago, Novoneyra enfermou dunha pleuresía que o tivo ás beiras da morte e lle deixou longas secuelas. Aínda que ás veces facía pequenas escapadas a Lugo, a Compostela, a Madrid e a outros lugares, entre 1953 e 1962 viviu case recluído no Courel. Cando volveu para a aldea, había nela veciños vidos de fóra: María Mariño Carou e o seu marido Roberto Pose, mestre de Parada e antigo militante das Mocedades Galeguistas, os dous en amizade cordial coa súa familia, propietaria da casa da escola. A fraternal relación entre o mozo poeta, que xa escribira ?Os eidos?, e aquela muller de Noia, xa de mediana idade , foi de parte a parte unha das grandes e frutíferas amizades literarias de Galicia.
En 1962 Uxío viviu un tempo en Madrid. Traballou en programas de radio e televisión como comentador e recitador de poesía. Mantivo unha fraternal amizade co pintor Reimundo Patiño, e participou nalgunhas actividades do grupo Brais Pinto. Tamén coñeceu o ambiente do Café Gijón. Fixo amizade co gran poeta galego de expresión castelá Carlos Oroza.
No 1966 volveu para a casa no Courel por mor vellez e enfermidade de seus pais. No 1968 coñeceu a Elba Rei, enfermeira («leve azafrán entre laranxa e cera», diría moitos anos despois en verso perfecto) coa que casa en 1973 e coa que tivo tres fillos, Branca-Petra, Uxío e Arturo. De casados residiron entre o Courel e Lugo, até que en 1983 foron para Santiago.
No 1982 Novoneyra foi elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo que ostentou até a súa morte.
En compostela, Novoneyra incrementou a súa actividade pública (máis intervencións públicas e recitais convidado por asociacións culturais, centros de ensino, etc.) Foi un grande dicidor (recitador)dos seus propios poemas e alleos, en especial das cantigas dos trobadores.
Foi un poeta comprometido co seu pobo e coa súa lingua.
30 de outubro de 1999, e foi enterrado en Lugo, no cemiterio municipal de San Froilán.
A LETANÍA DE GALICIA
GALICIA digo eu ún di .......... GALICIA
GALICIA decimos todos .......... GALICIA
hastr?os que calan din ......... GALICIA
e saben ........................ sabemos
GALICIA da door chora ........ á forza
GALICIA da tristura triste ..... á forza
GALICIA do silencio calada ..... á forza
GALICIA da fame emigrante ..... á forza
GALICIA vendada cega ........... á forza
GALICIA tapeada xorda .......... á forza
GALICIA atrelada queda ......... á forza
libre pra servir ............... libre pra servir
libre pra non ser .............. libre pra non ser
libre pra morrer ............... libre pra morrer
libre pra fuxir ................ libre pra fuxir
GALICIA labrega ................ GALICIA nosa
GALICIA mariñeira .............. GALICIA nosa
GALICIA obreira ................ GALICIA nosa
GALICIA irmandiña .............. GALICIA viva inda
recóllote da TERRA ............. estás mui fonda
recóllote do PUEBLO ............ estás n?il toda
recóllote da HISTORIA .......... estás borrosa
recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d?argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa
sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa.
(Elixías dos (Courel)
? Canta o cuco cala e canta
Dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
E volta o cuco a cantar?.
(Os Eidos)
Fentos secos do Inverno!
Fainteiras do Val Arcón e Fontela!
Manchas de tempo
esperdigadas eiquí i aló pola serra!
Os Eidos (1955)
Xestas froridas da Sítima!
Virtas de xesta piornal!
Terra probe sequiza
de penedo i erba-chá!
Os Eidos (1955)
CARQUEIXAS uces e penas!
Camiños da serra aberta
pra lonxes terras de serras!
Os Eidos 2 (1974)
BIDUEIROS cimeiros!
Pena das Augas!
Xardois teixos
Rebolos tocos faias derrubadas!
Os Eidos 2 (1974)
A RAG dedícalle o día das Letras Galegas de 2010 a UXÍO NOVONEYRA.
Novoneyra nace o 19 de Xaneiro de 1930, na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, dentro dunha familia labrega acomodada e morre o 30 de outubro de 1999 en Santiago de Compostela.
PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE DITO AUTOR CLICA NO ENLACE DESTE ARTIGO.