| BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO |
|
____________________________________
"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________
VIAXEIRO
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.
Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.
Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.
(Celso Emilio Ferreiro)
____________________________________
24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2013 |
|
.jpg) O TEATRO GALEGO HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO ANO 2013 NA FIGURA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO |
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2013. ROBERTO VIDAL BOLAÑO |
|
 |
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2013. |
|
ROBERTO VIDAL BOLAÑO, O HOME DO TEATRO GALEGO. POR ESTA RAZÓN O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO ANUNCIOU QUE PRODUCIRÁ DÚAS OBRAS DO AUTOR: "DÍAS SEN GLORIA" E "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL" |
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2013. ROBERTO VIDAL BOLAÑO |
|
A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA DECIDIU ADICARLLO AO ESCRITOR A ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
A candidatura de Vidal Bolaño (nace en Santiago de Compostela no 1950 e falece no ano 2002) chegou ao plenario da RAG avalada por nomes como o douto dramaturgo, Euloxio Ruibal, e da catedrática de Coimunicación Audiovisual Margarita Ledo, que fixeron onte un encendido eloxio da súa figura. Tamén recibiu o pasado xoves o apopio público de medio centenar de asociacións e institucións dos ámbitos escénico e cultural, además de oitocentas firmas.
"É unha figura imprescindible para comprender a dimensión do teatro galego e, xa que logo, do noso sistema literario", segundo a RAG, que destacou a prolixa produción literaria de Vidal Bolaño, "sempre orientada a armar un edificio teatral galego perdurable".
A produción de Vidal Bolaño "caracterízase por un irrevogable compromiso coa lingua galega, pois estamos ante un autor radicalmente monolingüe, que contribuíu á definitiva instalación do teatro galego na nosa lingua. Ademais, hai na súa obra un inequívoco compromiso estético... (Noticia Faro de Vigo) |
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2012 |
|
1 - copia.jpg)
|
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2012. |
|
1.jpg)
|
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2012 |
|
0 - copia.jpg)
|
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2012 |
|
 - copia.jpg)
|
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2012. |
|
 CARTEL SOBRE VALENTÍN PAZ ANDRADE. |
|
|
|
|
| LETRAS GALEGAS 2012 |
|
 O VINDEIRO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTARÁ ADICADO A VELENTÍN PAZ ANDRADE.
O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 4 de xuño de 2011, acordou dedicar o Día das Letras Galegas do ano 2012 a Valentín Paz Andrade, escritor que naceu en Lérez, Pontevedra no 1898 e faleceu en Vigo no 1987.
MÁIS INFORMACIÓN EN:
http://es.wikipedia.org/wiki/Valent%C3%ADn_Paz_Andrade |
|
|
|
|
|
|
|
|
|