NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO
O TRIBUNAL SUPREMO REXEITA QUE OS PAIS E AS NAIS DECIDAN A LINGUA DE ENSINO DOS SEUS FILLOS.

Os pais non poden decidir o idioma no que han estudar os seus fillos. Así o dita dunha sentenza do TRIBUNAL SUPREMO (17-11-09), que non admite un recurso interposto pola familia dun estudante vigués, que esixía que o seu fillo recibise as clases unicamente en español. O texto xudicial di que recoñecer a "toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios".
(Prensa, Vieiros)


Categoría: LEXISLACIÓN BÁSICA. - Publicado o 19-11-2009 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E ESTATUTO DE GALICIA
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. OS PODERES PÚBLICOS DE GALICIA GARANTIRÁN O USO NORMAL DOS DOUS IDIOMAS E POTENCIARÁN O EMPREGO DO GALEGO EN TÓDOLOS PLANOS DA VIDA PÚBLICA, CULTURAL E INFORMATIVA, E DISPORÁN OS MEDIOS NECESARIOS PARA FACILITAR O SEU COÑECEMENTO.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.





Categoría: LEXISLACIÓN BÁSICA. - Publicado o 28-05-2009 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
PERMISOS, LICENZAS, EXCEDENCIAS.
I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

— Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 7.096

DOG nº 78 do 23 de abril de 2008,
dende a páxina 8 ata a 18 do documento PDF,
(páxinas do DOG: da 7.096 á 7.106 ).
PERMISOS, LICENZAS, EXCEDENCIAS.http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/69dbe571cfe9ff2ec1257251004b10d8
Categoría: LEXISLACIÓN BÁSICA. - Publicado o 26-05-2008 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
LOE. Lei Orgánica 2/2006, de Educación.
As sociedades actuais concédenlle grande importancia á educación
que recibe a súa mocidade, na convición de que dela dependen tanto o
benestar individual como o colectivo. A educación é o medio máis adecuado
para construír a súa personalidade, desenvolver ao máximo as súas
capacidades, conformar a súa propia identidade persoal e configurar a súa
comprensión da realidade, integrando a dimensión cognoscitiva, a afectiva
e a axiolóxica. Para a sociedade, a educación é o medio de transmitir e, ao
mesmo tempo, de renovar a cultura e o acervo de coñecementos e valores
que a sustentan, de extraer as máximas posibilidades das súas fontes de
riqueza, de fomentar a convivencia democrática e o respecto ás diferenzas
individuais, de promover a solidariedade e evitar a discriminación, co
obxectivo fundamental de lograr a necesaria cohesión social.

PODES CONSULTAR A LOE DESDE ESTA PÁXINA.
LOEhttp://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/Conselleria/loe.pdf.
Categoría: LEXISLACIÓN BÁSICA. - Publicado o 16-04-2008 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
LEXISLACIÓN BÁSICA PARA O ENSINO
As asignaturas que se deben impartir en galego na ESO son:

- Ciencias Sociais
- Ciencias da Natureza
- Matemáticas
- Xeografía e Historia
- Educación para a Cidadanía

DISPOSICIÓNS XERAIS. CONSELLERÍA DE DUCACIÓN E O.U. Decreto 133/2007 do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da ESO en Galicia, (da páxina 4 á 170, 12.032-12.199).

Para acceder ao Regulamento das Ensinanzas de ESO en Galicia, ao uso do Galego no Sistema Educativo ou ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, hai que cliquear nos titulares escritos con maiúsculas situados na parte de abaixo, á dereita deste artigo.
REGULACIÓN DAS ENSINANZAS DA E.S.O. EN GALICIA: http://www.xunta.es/dog/Dog2007.nsf/69dbe571cfe9ff2e
USO DO GALEGO NO SISTEMA EDUCATIVO. Decreto127/2007 de 27 de xullo: http://mvfigueroa.com/dog/Dog200
PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DE LINGUA GALEGA: http://www.avogacia.org/w3/IMG/pdf/PXNL.pdf
Categoría: LEXISLACIÓN BÁSICA. - Publicado o 24-10-2007 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal