BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO |
|
____________________________________
"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 3
2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.
Artigo 148
1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.
____________________________________
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
TÍTULO PRELIMINAR
ARTIGO 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
_______________________________
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________
VIAXEIRO
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.
Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.
Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.
Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.
(Celso Emilio Ferreiro)
____________________________________
24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CASA DAS CIENCIAS, CASAS DO HOME, AQUARIUM FINISTERRAE |
|
A cultura e a información, veñan de onde veñan, sempre nos mellora como seres humanos. A CASA DAS CIENCIAS, A DOMUS E AQUARIUM FINISTERRAE TÉMOLO AO NOSO ALCANCE EN CALQUERA MOMENTO. Visita rstes lugares.
|
|
|
|
OCÉANA |
|
Oceana é unha organización internacional que traballa para protexer e recuperar os océanos do mundo. O noso equipo de científicos mariños, economistas, avogados e outros colaboradores están conseguindo cambios específicos e concretos na lexislación para reducir a contaminación e previr o colapso irreversible dos stocks pesqueiros, protexer aos mamíferos mariños e outras formas de vida mariña. Conta con oficinas en Norteamérica - Wáshington (DC), Juneau (Alaska), Los Ángeles (CA), en Europa - Madrid (España) e Bruxelas (Bélxica), e en Sudamérica - Santiago (Chile). Uníronse máis de 300.000 colaboradores e ciberactivistas en 150 países.
OCÉANA FILMA BOSQUES DE CORAIS DE GALICIA.
Fondos cubertos de corais e esponxas, xardíns de gorgonias, bosques de laminarias, fondos de maërl e outros ecosistemas de gran valor son o obxectivo dos investigadores de Océana Ranger. |
|
|
|
CENTRO DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA E DIVULGACIÓN AMBIENTAL DE GALICIA |
|
O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en tódolos sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, o Concello de Oleiros e a Universidade da Coruña para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.
O CEIDA conta con tres áreas de traballo:
1-formación e capacitación, 2- educación e divulgación e 3- o centro de documentación en medio ambiente "Domingo Quiroga". |
|
|
|
GALICIA ENCANTADA |
|
|
|
|
|
O NOSO PLANETA |
|
A Terra é unha UNIDADE, o lugar no que vivimos todos os seres, polo tanto, como tal UNIDADE, é necesario que a respectemos non degradándoa, porque se a degradamos, degradámonos a nós mesmos.
Desde aquí podes acceder a páxina de CLIMÁNTICA na que atoparás información sobre o Clima, o Home e o Cambio Climático. |
|
|
|
|
|