NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA
A REAL ACADEMIA GALEGA ELIXÍA PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016 AO POETA MANUEL MARÍA.

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!


Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 05-07-2015 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
'Yu Ming, UN CURTO SOBRE A LINGUA.
AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE E AS OUTORIDADES DEBEN PROTEXELAS COMO SE FORAN UNHA SOA.

Eis um interessante filme escrito e dirigido por Daniel O´Hara sobre a língua na sociedade irlandesa. Em apenas dez minutos narra umha história que começa na China e segue em Irlanda, mas também semelha atingir outras realidades mais próximas ...



'Yu Ming is ainm dom' legendado em galego português
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 14-05-2015 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2015.

FILGUEIRA VALVERDE ESCRIBÍU O LIMIAR DE 175 DEBUXOS DE CASTELAO PUBLICADO POLA CAIXA DE AFORROS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 28-04-2015 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
24 DE FEBREIRO DÍA DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 e3 febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela ROSALÍA DE CASTRO.


FUNDACIÓN E CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO

CANTARES GALLEGOS


Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo:
¡Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo!
...

Categoría: ESCRITORES - Publicado o 24-02-2015 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2015. CARTEL.

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE NO LIMIAR DE LIBRO 175 DEBUXOS DE CASTELAO, EDITADO POLA CAIXA DE AFORROS DE SANTIAGO DE COMPOSTESLA, REALIZA UNHA SERIE DE COMENTARIOS SOBRE CASTELAO COMO CARICATURISTA.
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 19-01-2015 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
POETAS GALEGOS DO SÉCULO XX.







POETAS DO SÉCULO XX É UNHA ANTOLOXÍA DE 38 POETAS REALIZADA POR LUCIANO RODRÍGUEZ.
(EDITORIAL ESPIRAL MAIOR)
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 23-10-2014 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
JOHN RUTHERFORD
JOHN RUTHERFORD TRADUCE AO INGLÉS O LIBRO DE POEMAS NIMBOS DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, PUBLICADO POLA EDITORA SMALL STATIONS PRESS,QUE, CON ESTA, SUMA CINCO PUBLICACIÓNS EN GALEGO. COLABORA A CONSELLERIA DE CULTURA E E EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.
Categoría: ESCRITORES - Publicado o 11-09-2014 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2015. CARTEL

Versos do poema NO SANTO DO MAR incluído en "6 CANTIGAS DE MAR IN MODO ANTICO"
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 08-09-2014 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2015. XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE


A REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA ELIXÍU A XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE(PONTEVEDRA, 1906-1996) PARA HOMENAXEALO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO ANO 2015.

Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 07-07-2014 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.

NIMBOS
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 24-06-2014 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO 2014

PENÉLOPE
Un paso adiante e outo atrás, Galiza,
...
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 06-05-2014 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 1963-2014
ESCRITORES HOMENAXEADOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DESDE 1963 ATE 2014. dESDE ROSALÍA DE CASTRO a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 06-05-2014 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
LETTRAS GALEGAS 2014. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

DO LIBRO NIMBOS NESTA OCASIÓN ESCOLLEMOS O POEMA TITULADO: O VERME E A ESTRELA.
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 13-04-2014 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
DOCUMENTAL SOBRE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Esta peza audiovisual, dirixida por Xulio Xiz, é unha viaxe pola vida e a obra de Xosé María Díaz Castro que ten o valor engadido de facerse da man do propio poeta, co que visitamos os lugares onde transcorreron a súa infancia e mocidade e onde el mesmo nos recita os seus textos máis significativos. Nese percorrido vital e literario, Díaz Castro detense a sinalar as persoas e acontecementos que incidiron na súa escolla do galego como lingua de expresión poética. No documental tamén se fai referencia ao feito de que Díaz Castro chegase a dominar case todas as linguas de Europa, feito que pode poñerse en paralelo con esa escolla do idioma da súa infancia para a súa produción literaria máis significativa. Gravado no ano 1987, o filme foi remasterizado para celebrar o Día das Letras Galegas 2014, dedicado ao poeta de Guitiriz. DOCUMENTACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 11-03-2014 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal