NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA


BLOG DO E.N.D.L. DO I.E.S. EBA DE CULLEREDO

____________________________________

"TODAS AS LINGUAS SON PATRIMONIO DA HUMANIDADE"
___________________________________


CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 3

2- As demais linguas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus ESTATUTOS.

Artigo 148

1. As Comunidades Autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:

17- O fomento da cultura, da investigación e, no seu caso, do ensino da lingua da Comunidade Autónoma.

____________________________________


ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

TÍTULO PRELIMINAR

ARTIGO 5

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

_______________________________


A ROSALÍA

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

(Manuel Curros Enríquez)
_____________________________________

VIAXEIRO

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Coa palabra máis viva
do meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias
e a liberdá procramo.
Digo a miña verdade
e no pobo descanso.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
Teño a luz dos abrentes
e as estrelas reparto.

Estou cos sufridores
vivo co desherdados
pelexo contra noite
e non creo nos anxos.

Viaxeiro que vés de lonxe
e vas de paso.
dille aos irmaus da terra
que é moi triste o Pais dos Ananos.

(Celso Emilio Ferreiro)

____________________________________

24 DE FEBREIRO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO. SEMPRE NA MEMORIA.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NUNO JÚDICE GAÑA O PREMIO RAÍÑA SOFÍA DE POESÍA IBEROAMERICANA

O poeta portugués NUNO JÚDICE acada o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana.


Naceu en Mexilhoeira Grande (Portugal), 29 de Abril de 1949,... SEGUIR LENDO

POEMAS DE NUNO JÚDICE

PRINCIPIOS

Podíamos saber um pouco mais
da morte. Mas não seria isso que nos faria
ter vontade de morrer mais
depressa.

Podíamos saber um pouco mais
da vida. Talvez não precisássemos de viver
tanto, quando só o que é preciso é saber
que temos de viver.

Podíamos saber um pouco mais
do amor. Mas não seria isso que nos faria deixar
de amar ao saber exactamente o que é o amor, ou
amar mais ainda ao descobrir que, mesmo assim, nada
sabemos do amor.

GOSTO DAS MULHERES QUE ENVELHECEM

Gosto das
mulheres que envelhecem,
com a pressa das suas rugas, os cabelos
caídos pelos ombros negros do vestido,
o olhar que se perde na tristeza
dos reposteiros. Essas mulheres sentam-se
nos cantos das salas, olham para fora,
para o átrio que não vejo, de onde estou,
embora adivinhe aí a presença de
outras mulheres, sentadas em bancos
de madeira, folheando revistas
baratas. As mulheres que envelhecem
sentem que as olho, que admiro os seus gestos
lentos, que amo o trabalho subterrâneo
do tempo nos seus seios. Por isso esperam
que o dia corra nesta sala sem luz,
evitam sair para a rua, e dizem baixo,
por vezes, essa elegia que só os seus lábios
podem cantar.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 16-05-2013 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013

O TEATRO GALEGO HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DO ANO 2013 NA FIGURA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 05-05-2013 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
ANIVERSARIO DE LUIS AMADO CARBALLO.
Luis Amado Carballo naceu en Pontevedra o 2 de maio de 1901. É o poeta de máis influencia nas letras galegas contemporáneas; procede dunha tradición de profunda raigame na lírica galega: a paisaxe descritiva do século XIX, á que humaniza e depura coidadosamente. (cita: Basilio Losada, poetas gallegos contemporáneos).
As súas obras máis importantes son: PROEL e
O GALO


SOL-POR

Acorado e roibo
durmíase o día,
coa testa deitada
no colo da ría.

A campás beatas
no ceo bulían
rezando rosarios
á Virxen María.

Bogando nas nubens
cara ó ceo ían
envoltas nos ouros
do sol que morría.

Pol-o mar, as velas
eran folerpiñas,
que da lua aberta
nas ágoas caíran.

Da veira do río,
chegaban cantigas,
choutando nas leiras
molladas de risas.

Preto do hourizonte,
estrelas obrizas
frotaban os ollos
tirando a perguiza.

E bicando os lonxes
as foulas ispidas
o alen nevaban
de limpas surrisas.

Un outo aturuxo
voando fuxía.
E os bosques lonxanos
noite revertían.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 29-04-2013 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
23 ABRIL, DÍA DO LIBRO

NOS LIBROS ESTÁ TODO.
A REVISTA O CORREO DA UNESCO TAMÉN CELEBRA O DÍA DO LIBRO.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 23-04-2013 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS.
50 CARTEIS 50 HOMENAXES MÁIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 04-04-2013 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
REGUEIFEIROS

O mércores día 4 de abril o alumnado de 3º de ESO participou nun obradoiro de regueifas levado a cabo por LUIS CARUNCHO E PINTO D'HERBÓN, dous REGUEIFEIROS que demostraron dun xeito moi sinxelo en que consiste o feito de regueifar.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 04-04-2013 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
CANTARES GALLEGOS

Este ano cúmprense 150 anos da publicación de CANTARES GALLEGOS


Mais ó que ben quixo un día,
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corazón.
I
Aló nas tardes serenas,
aló nas tardes caladas,
fanse ináis duras as penas
que nas brandas alboradas.

Aló nas tardes sombrisas,
aló nas tardes escuras,
fanse máis cortas as risas,
máis negras as desventuras.

Que non hai sera tranquila
para quen remorsos garda,
e máis presto se aniquila
canto máis á noite agarda.
...


ArribaAbajo«Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.


- I -
«Has de cantar,
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.

Canta, meniña,
na veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.
...
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 27-02-2013 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2013. ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Categoría: DÍA DAS LETRAS GALEGAS - Publicado o 27-11-2012 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA LETRA A LETRA. REAL ACADEMIA GALEGA DA LINGUA
Galicia letra a letra é o título da serie de 50 microespazos televisivos producidos pola CRTVG con ocasión do 50 aniversario do Día das Letras Galegas celebrado en 2012.
Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 14-11-2012 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
ÁLBUM DA CIENCIA

Que é o Álbum da Ciencia?

A elaboración dun Dicionario histórico de científicos galegos foi un dos obxectivos básicos do Grupo de Traballo de Historia das Ciencias desde o momento da súa constitución, en 1987, como área do Seminario de Estudos Galegos. O proxecto deseñouse en dúas partes. A primeira, editada en 1993, implicou a redacción dos textos relativos a 121 autores correspondente ao período 1868-1936. A segunda, que apareceu no ano 2005, abordou o período cronolóxico previo e supuxo o achegamento a 80 novos científicos.

Categoría: BIBLIOTECAS E OUTROS ARQUIVOS - Publicado o 12-11-2012 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal