Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Brancura

Candidiña Fernández-Noriega Bello, filla do poeta


(Fala a musa dos píncaros)

Dice ela:
-¡baixarei ós vales!;
quero ver as cerdeiras
coa airosa pompa das froriñas brancas,
mimos da primavera…

E indócil xenio da montaña altiva,
arrogante contesta:
-¡Nin armiños, nin frores, nin escumas!;
si fala Dios lles dera
ós seixos albos da fragosa encosta
i á mística azucena,
acordes, ¡oh insensata!, gritarían:
¡Brancura a das folerpas!

Do Ermo
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 28-08-2011 22:42
Ligazón permanente a este artigo
Laverquiña…

(Carmiña Fernández-Noriega Almansa, filla do poeta)

Laverquiña que te axotas
das degaradas gueivotas
oindo o salvaxe berro;
musa, que a mariña extrañas,
olla as azules montañas
¡desde as plaias do desterro!
Esquence o mar, lembra o gado
miúdo, i o regalado
vivir, ¡as tumbadas festas!,
i as cantigas dos pastores,
que fan grinaldas coas frores
amareliñas das xestas.

Do Ermo
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 27-08-2011 00:38
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/