Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Canción humilde

(De Teixeira de Pascoaes)

¡Brisa de abril,
toda perfume,
etéreo Nume
contigo vai!

Pedriña humilde
no chau perdida,
do sol ferida
es unha estrela.

Negra ramaxe
ó ceo tocando,
vaise pintando
de azul celeste.

¡Gota de orballo
tremelucindo,
te-lo sol rindo
drento de ti!

Humildes cousas
que ninguén olla:
ramiño ou folla
ou grau de areia.

Téde-lo encanto,
máis que divino,
que o Dios Meniño
achou na terra...

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 15-06-2012 21:31
Ligazón permanente a este artigo
¡Bendito sea Dios!...

¡Bendito sea Dios, que de meniño
alma e corazonciño
me deu, en troque do que o mundo estima!:
máis me atrai un rosal que un principado,
oio ó merlo, encantado,
i a funérea coruxa ponme grima.

Como rapaz discurro, e no me pesa:
xurara que me intresa
máis un verme de luz que un diamante,
i abertamente creo, por fertuna,
que, pra alcanzar a luna,
nin siquera é preciso ser xigante.

¿Que son tódolos cetros? !Refugallo!
Máis me deslumbra o orballo,
que transforma un toxal en xoiería,
provista de atavíos singulares:
de cofias e collares,
guarnecidos de rica pedrería.

O que eu poseio non admite tasa:
é da aluguer a casa
con que me agasallou miña ventura,
i hai pra solta-la risa, si non canto,
xa que no campo santo
inda teño outro feudo: a sepultura.

Tanta grandeza si demanda un trono...;
¡olímpico o abandono!,
i ond´os nenos me quero pra aplaudilos,
para evocar, entre eles, meigas horas
en que ensartei amoras
e, radiante de gozo, fun ós grilos.

A Infancia -unha fadiña de albo porte-,
frente a frente da Morte,
salta con regocixo, inadvertida,
e, si xa súa meiguice non é o ceio,
preto dela non creio
que sexa un mar de lágrimas a vida.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 09-06-2012 23:51
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/