Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

NORIEGA E A TRADICIÓN(4)

(Continuación)

¿Aínda máis dentro señor? Cale desvergonzado sinón póñolle unha mordaza. ¿Qué facía vosté hoxe en Cabanavella, con aqueles que estaban con vosté? Señor íbamos de caza. ¿Cómo de caza, si lles encontraron cartuchos con bala? Señor, era caza maior ¿E por que tiraron ós civiles? Porque nos tiraron a nosoutros primeiro, e ó son que nos tocaron bailamos…”.(1)

O prisioneiro chamábase Francisco Novás Pérez. Aparez na coñecida fotografía da partida de 1872, de esquerda a dereita, na terceira fila, o quinto.
Francisco foi bautizado o 7 de mayo de 1848 na igrexa parroquial de Santa María de Viloalle. Naceu a véspera, ás doce do día, pouco máis ou menos. Era fillo natural de incógnito e de Josefa Méndez, solteira, veciña do lugar do Casal. Foi súa madriña Teresa Méndez, solteira, irmá e conveciña da mai do neno.
Á marxe esquerda da súa anotación de bautismo atópase escrito po-lo párroco: “Este niño fue legitimado por matrimonio de Antonio Novás con Josefa Méndez el 6 de noviembre de 1852, en cuyo acto lo reconoció”.(2)
A finais do século XIX, Francisco Novás residía no barrio do Vilar de Viloalle e atopábase casado con Ramona Rico Fernández.

(1)- “Xan de Masma”, “A Besta”, páxina 220.
(2)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, libro 3º de bautizados da parroquia de Viloalle (1816/1849), páxina 193 e 193 volta.

“Media hora despois Villarino, corneta da compañía de “voluntarios da liberta”, e Montero(1) que fora tambor de Peseteros na guerra do 34, tocaban chamada polas calles de Mondañedo. Na praza da Constitución, formaban aquela lexión de guerreiros invencibles, que non tiñan máis uniforme que un kepis ó modo de cazola posto na cabeza, e polo demais, un levaba chaqueta de saial, outro de somonte, outro un xubón amárelo, outro calzós cortos, outro cirolas, e os demais ejusdem furfuris”(2).

(1)- José Montero López era fillo de Francisco Montero e de Dominga López. No ano 1829 achábase casado con Antonia López e residía no barrio do Coto de Otero de Mondañedo. En decembro de 1835, José Montero servía como tambor na compañía da Garda Nacional de Mondañedo. O 15 de xaneiro de 1836, o Consello de disciplina e administración da Garda Nacional por “justos motivos” decide apartalo da praza de tambor. No mes de agosto de 1836 ocupaba o posto de tambor da Garda Nacional de Mondañedo Antonio Grandio López. Éste era fillo de Juan Grandio e de María Juana López, contaba con 17 anos de idade e anteriormente había prestado os servicios de tambor na vila de Ribadeo. O corneta que tamén se cita chamábase Santiago Villarino.

(2)- Xan de Masma ¡A Besta!, páxina 214.

“Inda me parés que oio falar co Fabillo, un carpinteiro que sempre tiña na casa facendo cuadros, pois a súa manía era ter as paredes cheas de santos. Inda me rio con aquelas sabrosas conversacios entre o carpinteiro que era xordo e don Felis que era tartamudo. Po… po… porra, ¿qué estás facendo?... ¡Fai ben tempo!... si señor…Cu… cu….cuerno… non che falo do tempo -berraba don Felis- si non do marco que estás facendo. ¡Ai!… si señor… entendo. É o marco pro retrato de Zumalacárregui.(1)

“O Fabillo”, era o alcume pol-o que se coñecía ao carpinteiro e mestre de obras mindoniense D. Pascual Rubiños Luengo.(2) No ano 1906 achábase casado con Josefa Cendán e residían na vivenda señalada co número 6 da rúa da Libertad de Mondañedo (actual Lodeiro Piñeiroa). Do seu matrimonio tivo tres fillas chamadas: Dolores, Concepción e Pastora. Estas dúas coñecidas en vida pol-o que relata esta biografía.
Coñécense algúns traballos realizados por D. Pascual en Mondañedo: No mes de agosto de 1895 remátanse as importantes obras que foi necesario realizar no edificio señalado co número 14 da rúa Marqués de Rodil (actual Guevara) de Mondañedo para ser usada como casa cuartel da garda civil. As obras foron executadas po-lo ebanista e mestre de obras D. Pascual Rubiños, máis coñecido como “O Fabillo”.
No mes de febreiro de 1906, as paredes que forman o ángulo Sul-Oeste do Pazo Episcopal de Mondañedo achábanse en estado de ruína, cunhas pronunciadas grietas e visíbel desnivel. Perante o perigo de que ocurrira unha posíbel desgracia persoal, a Comisión de policía urbá solicitou asesoramento aos mestres de obras D. Pascual Rubiños e a D. Manuel Real, quenes informan da emerxencia de realizar as tan necesarias obras. Xa en Mondañedo o bispo D. Juan José Solís, encargou a D. Rogelio Castro Torres, mestre de obras de Santiago de Compostela, recoñecer e determinar as obras de reparación e reformas que o estado actual do edificio exixe. D. Rogelio opinaba que coa construcción da nova cociña, retretes, corte, cochera e bodega e as reparacións necesarias das paredes tellado, con 35.000 pesetas eran suficientes. Tamén sabemos que realizou algunhas obras no antigo convento de Alcántara.
Unhas netas de Pascual Rubiños, coñecidas entre nós como “As Fabillas”, rexentaron durante moitos anos un establecemento de ultramarinos na rúa Xeneral Franco de Mondañedo (actual Alfonso VII), ata que lles chegou a idade reglamentaria da xubilación. Sempre lles mercamos os comestíbels e sempre tivemos unhas inmellorables relacións ata fai unhos anos que finaron e de esta maneira desapareceron de Mondañedo os descendentes máis directos de “O Fabillo”.

(1). Xan de Masma, “A Besta”, páxina 145.

(2)- Pascual Rubiños Luengo naceu o 4 de mayo de 1847 no barrio de San Lázaro de Mondañedo. Era fillo lexítimo de Antonio Rubiños e de Angela Luengo, veciños do barrio de San Lázaro.

“Levou as armas desde O Cadramón a Lindín (Veremundo Rodríguez Pillado), unha legua desviado de Mondañedo, e nunha taberna dun afiliado, que despois veu morrer aquí prisioneiro de guerra, e que se chamaba “O Faeno”, foi o lugar da cita. As catro da tarde, e monte a través, chegou alí Pedro (Xan de Masma), montado no seu cabalo “Montouto”, unha besta boa e forte. Apeouse o xentil rapaz. Estaba ben locido, cunha zamarra de pelexo de nutria, cunhas botas altas de becerro branco, cun revólver a cintura e cun trabuco colgado da silla que cargaba dazaoito balas”.(1)

A vivenda de Antonio Otero Moreda, máis coñecido como “O Faeno”, aparez nomeada varias veces na novela, e áchase no barrio do Castro da parroquia de Santiago de Lindín de Mondañedo, en cuxa planta baixa, o propietario tiña instalado un establecemento de bebidas.
Existe unha relación dos efectos e diñeiro requisados á partida carlista de Mondañedo en 1872, máis coñecida como de “Cornejo”, na vivenda de este veciño de Lindín e que máis tarde foron entregados po-la autoridade militar, asegún e na orde que a continuación se expresa:
Efectos ocupados na casa de Antonio Otero Moreda (A) “O Faeno”: Ocho sombreros hongos, cuatro gorras de paño viejas, dos escopetas, un revólver, un bote de hoja de lata lleno de pólvora y de peso unas dos libras, otro más pequeño, también con un poco de pólvora, un hasta con otra poca de pólvora, una bolsa de cuero con munición y boquilla de caña del país, y seis capsulas para revólver, que son las que tenía de carga el que se refiere esta diligencia .(2)

(1)- “Xan de Masma”- A Besta, páxinas 191 e 192.
(2)- Arquivo do Concello de Mondañedo, carpeta 2518.

Lence Santar facía referencias nos seus artigos periodísticos á foto e aos membros da partida carlista mindoniense. Amosamos os nomes e as profesións de cada un deles e do seu capitán, David Cornejo Díaz, militar retirado que se incorporara ao exército carlista no ano 1870 como tenente. Non atopamos ningunha anotación dos zapateiros “Chirola” e “Alegria” nos libros parroquiales do arquivo diocesán da cidade de Mondañedo. A primeiros do mes de outubro de 1872 crea esta partida que guiará moi poucos días pois o día 8 de este mes Cornejo é detido mentres que o resto do grupo cae preso tres días despois no lugar de Cabana de Bella, a escasos cinco quilómetros de Mondañedo.

Tralo seu apresamento os briosos carlistas mindonienses son trasladatos ao cárcere municipal para, posteriormente, ser ingresados no calabozo número 7 do Castelo de San Antón da Coruña. Non será o seu derradeiro destino, pois o 16 de abril de 1873 serán extraditados cara á illa de Cuba.

Moito se especulou coa orixe da fotografía oficial desta partida carlista mindoniense e recapitulamos xunto co ilustre historiador D. Xoán Ramón Fernández Pacios a xénese da devandita fotografía. Arestora amosamos unhos datos xa estudatos onde nos din que os muros que vemos detrás dos compoñentes non se corresponden cos que existen no lugar onde foron apresados. Tampouco na casa de Cabana de Bella existen esas fiestras tan grandes. Tanto o tipo de sillares como as fiestras apuntan a que a fotografía debeu de ser realizada diante do Seminario de Mondañedo, algo que semella máis lóxico se temos en conta que dous dos oficiais da partida tiñan contacto con ese centro relixioso-educativo, xa que un era presbítero e outro seminarista. En segundo lugar, na foto aparece o capitán da partida, David Cornejo Díaz, e como sabemos cando apresaron aos carlistas el levaba xa tres días preso, sería imposible que aparecese nunha foto tomada a cinco quilómetros de onde el estaba confinado.

Tamén rexeitamos que a fotografía fose tomada en Cabana de Bella po-la vestimenta e a actitude dos fotografados. Na fotografía orixinal podemos ver como a roupa dos carlistas está limpa e as botas aparecen lustradas, algo impensable se temos en conta que levaban oito días fuxidos po-lo monte, sen comida, durmindo ao raso e soportando a inclemencia do tempo.

A actitude que amosan os carlistas no momento de disparala fotografía reflicte orgullo e determinación. Semella como se fosen gañala guerra, miradas altivas, rostros orgullosos que non se corresponden cunha persoa que acaba de ser atrapada por unha partida da garda civil, oito días despois de comezala a súa guerra.

Da autoría da fotografía varios autores citaban a Santiago Pernas Salazar como autor desta obra, algo que resulta completamente imposible se temos en conta que este recoñecido fotógrafo mindoniense nace en Viveiro no ano 1881, po-lo tanto nove anos despois dos feitos. Santiago Pernas mantiña unha fonda amizade co poeta A. Noriega Varela.

No libro de Antonio Manuel Moral Roncal, Las guerras carlistas, editado no ano 2006 fala desta partida carlista mindoniense e menciona, por primeira vez, como autora a unha fotógrafa mindoniense, Antonia Xosefa Santos García.

O día 14 de decembro de 2011 vendíase un retrato de Carlos VII realizado por esta muller en 45 euros.

Antonia Santos García naceu na cidade de Mondañedo o día 30 de xuño do ano 1831, no ano 1856, segundo o censo de poboación, vivía con súa irmá na rúa das Angustias de Mondañedo; que apareza a irmá como cabeza de familia fainos pensar que ningunha das dúas estaba casada. Supoñemos que a casa da súa irmá era o estudo fotográfico, pero ningún dato nolo pode corroborar, tan só que noutro censo de poboación do ano 1880 atopamos a outra muller, Filomena Díaz Villada, traballando como fotógrafa na mesma rúa. Sería lóxico pensar que esta Filomena fose a sucesora da mencionada Antonia Santos, exercendo primeiro como axudante e posteriormente como fotógrafa no estudo da súa mestra.

A mediados do século XX en Mondañedo créase un novo estudo fotográfico, Foto Celta, que se mantiña grazas ao infatigable traballo de Rosa Moledo, que era a que saía ás feiras e mercados a fotografar, mentres que o seu marido se encargaba dos revelados e da fotografía de estudo.

Do labor de Antonia Santos tan só puidemos conservar dúas fotografías, as dúas vinculadas co mundo do carlismo, tal vez estivese moi vinculada co movemento ou ben tan só sexa unha casualidade, cando atopemos máis fotografías desta muller poderemos dar resposta a esta pregunta asegún nos prometen Andrés García Doural e Xoán Ramón Fernández Pacios.1

(1) Bibliografía consultada: O Gabinete de Foz. Blog personal de Xoán Ramón Fernández Pacios.

Sendo Presidente do Círculo de Recreo (Casino) de Mondañedo o Lic. D. José María Lage Domínguez, o 7 de outubro de 1872 quedou vacante a praza de conserje por “haberse ausentado” D. David Cornejo Díaz, que a desempeñaba. Foi elixido para substituilo no cargo D. Ramón Pardo Luaces, co haber de cinco reais diarios e con dereito a unha habitación na casa da Sociedade (Libro 2 de actas do Casino de Mondañedo, folio 67, volto). David Cornejo Díaz, natural da provincia de Salamanca, sarxento primeiro mutilado ferido por arma de lume nunha perna, na guerra de África, casado con Dª Ramona Fernández de Noriega, achábase domiciliado no Pasadizo da Praza -actual Noriega Varela-. Polo tanto, era tío político do poeta Noriega Varela.
Cornejo dirixiu esta partida carlista de Mondañedo en 1872, e os seus membros foron feitos prisioneiros no lugar de Cabanadebella (Romariz) e posteriormente foron deportados á illa de Cuba. Cornejo faleceu en Mondañedo, no ano 1900. Do seu matrimonio, non lle quedou descendencia algunha como xa dixemos outras veces.

Por unha nota do Eco de Galicia de 27 de Agosto de 1872 sabemos que David Cornejo foi comisionado:

[Sin perjuicio de publicar más adelante la lista de los comisionados para recibir el importe de las suscriciones en todas las poblaciones importantes de Galicia, con el objeto de evitar á nuestros abonados la molestia de remitirlo, á continuación insertamos los de las cabezas de juzgado de esta provincia.
Lugo, Administración, calle de la Cárcel núm. 2.

Becerreá, D. Vicente Núñez.
Chantada, D. Fernando Otero.
Fonsagrada, D. José Bansanta.
Mondañedo, D. David Cornejo.
Monforte, D. Ramón Cortiñas.
Quiroga, D. Casimiro Corujo.
Sarria, D. José M. Rodríguez.
Rivadeo, Sra. Vda. De Cascante.
Villalba, D. Antonio M. Carreira.
Vivero, D. Benito Quintana.]

O 20 de novembro de 1880 é admitido de novo no cargo de conserje David Cornejo, momento no que lle foi expededido o nomeamento.
No mes de maio de 1882, o conserje do Casino, D. David Cornejo solicita á Sociedade se lle concedan vinte días de licenza para ausentarse da casa para atender asuntos de familia.
O 9 de abril de 1883, presentou por escrito a súa dimisión do cargo de conserje, alegando motivos de saúde. A Xunta Directiva admítelle a súa dimisión e acorda anunciar a vacante nos xornais locais por espazo de oito días (Libro 2 de actas do Casino de Mondañedo, folio 185, volto).
A primeiros do mes de abril de 1883, sendo Presidente da Sociedade Círculo de Recreo de Mondañedo, D. Antonio Ferreiro Hermida, anunciábase no xornal “O Eco Mindoniense”, a vacante da praza de Conserje da citada Sociedade. Dita praza estaba dotada con 547 pesetas e 50 céntimos anuais e con dereito a unha habitación no mesmo edificio.
Os que se considerasen hábiles para desempeñar o cargo, dispoñían de quince días desde a publicación deste anuncio na prensa, tendo en conta que deben ser maiores de 25 anos, saber ler e escribir correctamente, ademais doutras condicións que lles serían recomendadas.
O 22 de abril de 1883 acórdase nomear novo conserje a D. Enrique Rodríguez, co haber anual de 547 pesetas e 50 céntimos.

A poboación de Palazuelo de Vedija, pertence ás chamadas Terras de Campos, actual provincia de Valladolid. Poboación de pouco máis de douscentos habitantes na actualidade, e atópase moi cerca á de Medina de Rioseco. Nesta poboación castelá aínda existe unha edificación erigida no século XVIII, cun escudo de armas nunha das súas fachadas, coñecida como “Palacio de Perrote”.
A primeira persoa que chega a Mondañedo co apelido Perrote, procedente da citada poboación de Palazuelo de Vedija, actual provincia de Valladolid, é D. José Perrote Vezos, capelán do recén nomeado bispo de Mondañedo D. Francisco Cuadrillero y Mota (1781-1797).
En 1808 atopámolo de coengo e Dignidad de Maestrescuela da catedral de Mondañedo (1). D. José Perrote finouse o 17 de septembro de 1824 en Mondañedo. Era fillo lexítimo de D. José e da sua primeira muller Dª Lucia Vezos Villarroel, veciños de Palazuelo de Vedija.
Transcurrido un periodo de tempo en Mondañedo, D. José compra unha edificación na anterga rúa da Ronda (actual de Febrero) de Mondañedo, cunha horta amurallada na súa parte traseira, para o sobriño D. Manuel Perrote Choya e axúdalle económicamente a instalar un bo comercio de panos na súa planta baixa.
Nun documento do ano 1853, descrébese físicamente ao seu sobriño D. Manuel Perrote, da seguente maneira: “Edad, 59 años; estatura, 5 pies; pelo, cano; ojos, castaños; nariz, regular; barba, regular; cara, larga; color, bueno”.
A imprenta e a encadernación que tiña en Mondañedo D. José Pérez Mon foi adquirida o 11 de septembro de 1857 por D. Manuel Perrote, comerciante de panos e por D. Pedro María Romero, Procurador, en 5000 rás. Esta imprenta foi montada na edificación señalada co número 18 da rúa Febrero.
Nun listado de industriais e comerciantes de Mondañedo do ano 1868 aparez citado D. Manuel como comerciante de panos. Tamén aparez a viuva do seu familiar D. Francisco Delgado Perrote, pais do coñecido “Xan de Masma”, con outro comercio de panos na rúa Progreso. No ano 1871, D. Manuel ocupa o cargo de síndico da Orden Terceira de Mondañedo. En 1877 participou na Exposición Agrícola, Industrial e Artística que se celebrou en Lugo cun caixón de excelentes laranxas da horta da súa propiedade.
O 6 de marzo de 1879 finouse D. Manuel Perrote Choya, solteiro e sen descendencia, deixando a imprenta o os demáis béns a D. Joaquín Candia. De esta maneira desaparece definitivamente o apelido Perrote de entre os habitantes de Mondañedo.
Ás tres da madrugada do 25 de xaneiro do ano 1922 declarouse un incendio na vivenda señalada co número 18 da actual calle Febrero, donde estivera instalada antiguamente a imprenta, destruindo as lapas por completo todo o edificio, inutilizando o valioso material que con todo esmero tiña gardado D. Ramón Robles Cagide, propietario neses momentos de numerosos documentos e moitas pezas de loza de Sargadelos. Cando D. Rosendo Rico, derradeiro propietario, retirou os escombros, para facer unha edificación totalmente nova, apareceron os restos da imprenta.(2)
Tamén procedía desta poboación castelá D. Manuel Delgado, Arcediano de Viveiro e Dignidad na Santa Igrexa Catedral de Mondañedo. D. Manuel finouse o 21 de xullo de 1803 en Mondañedo. Á hora do seu falecemento, o seu sobriño D. José Delgado, ocupaba o cargo de Chantre na catedral de León e o seu sobriño D. Manuel residía en Palazuelo de Vedija.

(1)- D. Enrique Cal Pardo, Episcopologio Mindoniense, páxina 809.
(2)- José Isidro Fernández Villalba, Mondañedo Regreso al pasado V, páxinas 184 e 185.

…”Despois os sesenta cregos en dúas filas, facendo dous coros; no medio oito carpinteiros, levando a caixa do morto, pois ali entón non había carro mortuorio, e eran oito en vez de catro porque pesaba como o demo, e cheiraba como un can; detrás os salmistas, acompañados “do Barrolo”, facendo no figle do sol mi sol do e “Floupes” (1) co fagot; detrás o obispo, o xuez e o coronel da Zona Militar, facendo de duelo”.

“Floripes” era o alcumo po-lo que era coñecido o músico de capela da catedral de Mondañedo Javier González Moreda, outro personaxe da novela “A Besta”. Era fillo lexítimo de Salvador González, de profesión xastre e de Josefa Moreda Insua, naturales de Mondañedo. Esta familia resideu durante un tempo na rúa da Ronda (actual Febrero) e máis tarde na de Santo Domingo (actual Leiras Pulpeiro).
Javier “Floripes”, ingresa moi xoven na capela de música da catedral de Mondañedo como neno de coro. Máis tarde forma parte dela como violón (1842-1867) e como fagotista (1832-1867).
Segundo D. Eduardo Lence, “Floripes” era un excelente xogador do Tangueiro.
Javier González Moreda “Floripes”, finouse no seu domicilio dos Remedios, a consecuencia de calentura, o 25 de novembro de 1867, aos 62 anos de idade. Achábase viuvo de Leocadia do Campo. Deixou do seu matrimonio duas fillas: Asunción e Josefa, ambas solteiras.
A súa irmá María, de estado solteira, finouse no seu domicilio da rúa da Ronda o 14 de abril de 1851, a consecuencia dunha epidemia de cólera que afectaba violentamente á poboación de Mondañedo e seus arredores.

(1)- Xan de Masma, A Besta, páxina 233.

“Presentábanse candedatos por M… un señor de Santiago, moi rico e moi bon, dos que non fixeran mal o pobo, dos poucos que perdonaban as rentas cando a cosecha se perdía; dos que creían en Dios; dos que pensaban que a revolución, filla dos masós e do enfermo, non nos iva facer felices. Buscou pois outro candedato que poñerlle diante, e este foi un compañeiro de profesión (abogado), fillo dun comerciante bastante rico (1), e a quen a xente chamaballe Chambriles porque tiña as pernas tortas para fora, facendo un parenteses, o mesmo que son os paus dos que colgan os cochos para facerlles a soá ca brosa” (2).

“Xan de Masma” fala na súa novela dun personaxe que di ser coñecido en Mondañedo po-lo alcume de “Chambriles” e o seu nome era D. Valentín Patricio Cándido José Martínez Montenegro. D. Cándido naceu no domicilio familiar da Plaza Pública de Mondañedo á unha da madrugada do 9 de marzo de 1831. Foron seus padriños D. Patricio del Seijo e Dª Josefa Montenegro Portilla. Representou durante caseque trinta anos (1871-1899) o Distrito de Mondañedo no Congreso dos Deputados de Madrí. Un comentario realizado por este Deputado mindoniense foi lembrado entre os seus compañeiros durante anos: “a Cataluña todo se le da sin pedir y a Galicia todo se le niega reclamándolo y necesitándolo”.
No ano 1883, D. Cándido Martínez deixa de ocupar o cargo de Director de Correos e pasa a ocupar unha praza no Consello do Estado.
No ano 1890, a Corporación mindoniense acorda nombralo “Hijo Predilecto” de Mondañedo. Durante o goberno da alcaldía po-lo médico D. Javier Loira Rúa, retiraselle o seu nome á rúa que o levaba, po-lo do antiguo Cronista D. Eduardo Lence Santar.

(1)- D. Pedro Martínez Pastur, pai de D. Cándido, comerciante de panos, natural de Santiago de Villaodrid, era fillo de D. Ramón Martínez, de profesión ciruxano, natural de Santirso de Abres (Oviedo) e de Dª Juana López de Gegunde, natural de Santiago de Villaodrid. Casado con Dª María Montenegro Portilla, natural de Mondañedo, finou no seu domicilio o 11 de abril de 1851 a consecuencia dunha epidemia de cólera que azotou á poboación de Mondañedo e os seus arredores.
(2)- Xan de Masma, A Besta, páxina 77.

Durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 1874, ingresaron por diversos motivos en dependencias do Hospital de San Pablo de Mondañedo, soldatos do Batallón Provincial de Mondañedo, nº 28; do Batallón provincial Sedentario do Distrito de Galicia, destacado na zona de Meira; do Batallón Reserva de Galicia, nº 5 e do Cuarto Regimiento de Artillería a pié, que operaban polo Norte da provincia de Lugo, con motivo da terceira guerra carlista.

Listado de soldados ingresados no citado centro sanitario:

Diego Peñarraña, Ramón Andrade Pérez, José Cebreiro Pérez, José Santar Fernández, Vicente González Gómez, Pedro Díaz Adán, Manuel Ramos Marful, Manuel Lorenzo Mon, Justo Río Rodríguez, Manuel Leiras Cornide, Antonio Pardo Martínez, José Arias Rodríguez (de Villaosende), Antonio Cortiñas Fernández, Juan Fernández Fernández, Juan Díaz Fernández, Luís Seijas Rego, José Rielo Fernández, Romualdo Almarza Bermejo (cabo 2º), Leoncio Fuertes Anido (de Lugo), Juan García Fernández (de S. Simón de Goiriz), Manuel Díaz López (de S. Juan de Castromayor), Bernardo Recalde Vázquez (de S. Adriano de Lorenzana), Benito Cazón Fernández, José Ramos García (de S. Vicente de Cubelas), José Bello González (de Santiago de Villapena), Ángel Tomei Fernández (de S. Eulalia de Bóveda), Luís Trasancos López (de S. Juan de Cobas), Ramón Pérez Álvarez, José Cortón Fernández, Antonio Fernández Fernández, Juan Ares López (de Fazouro), José María Oliveros Cortón (de Sante), Manuel Hermida Goás, Balbino Cancelo Iravedra, Antonio García, Francisco Castiñeira Méndez, Manuel Ramos Leal, Francisco Rivero Cobo, Isidro Méndez, Andrés Marful Espasande, José Rivas Bouso, Benito García López, Francisco Fanego Alcolea, Antonio María Sánchez, José Silva López, Julián López Rodríguez, Andrés Bouso Alonso, Marcos Rego Bermúdez, Manuel Díaz López, José Pico Seijo, José García Gavín, José Pardo López, Joaquín López Vizoso, José Lastra Villamide, Ángel Fernández López, José López López (de la Devesa), José Sueiro Fernández, Manuel Martínez López, Antonio Lamazares Ulloa, Manuel Fernández Rodríguez, José Vázquez Seijo, José Rodríguez Arias, Ramón García Gómez, Domingo Fernández Incognito, José Rubio López, Juan Díaz Fernández, Manuel López Vázquez, Manuel Luengo Galeca, Pedro Campo Vázquez, Manuel Vázquez Fernández, Manuel Taboada Vázquez, Manuel Ferreiros García, Gregorio Sánchez López (cabo1º), Manuel Franco Díaz, Antonio Cabana González, Tomás García Salgado, Ángel López Lamela, Pedro Fernández Neira, José Souto Cabana, Pedro Castro Rubiños, Juan Manuel Suárez, Rosendo García Lois, Juan Pertega Reigosa, Joaquín Rodríguez Novo, Francisco Fernández Rodríguez, Antonio Bouso Pérez, Manuel Núñez González, Antonio Rábade Fernández, José Fernández Vélez, Domingo López Ogea, José Mazaira Vázquez, Justo Ramos López, Laureano Díaz Villamartide, Ramón Reguera Riva, Antonio Corral Incognito, Ramón Hervás García, José Amieiro Palacios, Bernardo Lejo Vélez, Joaquín Barreiros García, Cayetano Freire Rego, Vicente Corral Díaz, Nicolás García Currás, José Díaz Álvarez, Ramón Otero Fernández, José Uría Canoura, Manuel Baña López, Domingo Pardiñas Seijo, Manuel Yáñez Balboa, Ramón Otero Fernández, José Lejo Vélez, Pedro Barrio Fernández (de Seijas-Lugo), Vicente Piñeiroa Otero (1).

(1)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, libro nº 6 de ingresos e saídas do Hospital de San Pablo de Mondañedo.

Comentarios (0) - Categoría: DATOS BIOGRÁFICOS - Publicado o 18-05-2019 01:35
Ligazón permanente a este artigo
NORIEGA E A TRADICIÓN(3)

(Continuación)III

sexa o de Cima de Vila.

Non soe callar a neve, e, cando isto sucede, non pasa dos tres catro días.

Non hai un río de importancia, tan só reguiños que desembocan no río Masma: O da Regañada, que nace en Villatomil e atravesa os barrios de Villaverde, Calvela e Chao do Val; o da Fonte do Cura, que atravesa o Chao do Val e vai parar ao da Regañada; o da Oscura, que nace en Cima de Vila; os de Cornide, da Penela, de Camba e outros, rueiros, con pouquiñas árbres autóctonas nas súas beiras.
Esta aldeiña acubilla na súa historia sucesos e lugares interesantes como a batalla do “Chao dos Carballos” no monte de Camba acaída o 17 de Febreiro do 1809 na que se finaron 28 veciños loitando contra os franceses. Un veciño do Coto Real de Cima de Vila chamado Juán Bautista López que no século XVI sendo bispo chega a ocupar sedes episcopais tan importantes coma de Tuy e León. A capela da “Virxen da Pena” que o seu altar está encravado nun seixo; a “Furada dos Cás” onde a transmisión oral di que a cova do Mosteiro de Lourenzá tén a saída por este encrave nos montes de Sarrapio. A igrexa parroquial tamén acubilla pinturas de meritosa importancia.

Pol-o tanto, xa ubicados nesta ferigresía, a nosa pescuda diríxese agora a atopar a partida do matrimonio de Cayetana: (Véxase anexo nº 31).

D. Juan Antonio Aenlle y Rocha con Cayetana Gutiérrez

Certifico yo D. Jose de Aenlle, clérigo..., y vecino de Villamor y hallándome en esta feligresía de Santa María de Villamor. D. Juán Antonio de Aenlle me requirió con un despacho licencia matrimonial expedido en Mondañedo a catorce de Diciembre del año de mil setecientos y cuarenta y cuatro por el señor D. Juán Francisco de León, provisor y vicario general de la ciudad y obispado de Mondañedo, refrendado por José Antonio Belón, excusador en el oficio de asientote Blás López, en virtud de dicha licencia, asistí al matrimonio que por palabras de presente según lo dispone el Concilio de Trento, contrajeron D. Juan Antonio de Aenlle, vecino de Villaformán, hijo legítimo de D. Juan Basilio de Aenlle y de Dª María Sanjurjo, vecinos de San Juan de Villaformán, con Dª Cayetana de Cancio, hija de D. Felipe Gutiérrez y de Dª Francisca de Cancio, vecinos que son y fueron de la referida de Villamor.[...]1

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santa María de Vilamor, libro 2 de matrimonios, páxina 206.

No ano 1747 hai unha revalidación do matrimonio por parentesco en cuarto grao de consanguinidade segundo se desprende da seguinte nota:

D. Juan Antonio Aenlle y Rocha y Dª Cayetana Gutiérrez

El dos de Febrero de mil setecientos cuarenta y siete, y el infraescrito cura de la parroquia de Santa María de Villamor asistía la revalidación del matrimonio que por palabras de presente contrajeron D. Juan Antonio de Aenlle y Rocha y Dª Cayetana Cancio Gutiérrez, mis feligreses, por me haber requerido con un despacho expedido por el Licenciado D. Juan José de Senrra y Castro, provisor y vicario general de la ciudad y obispado de Mondañedo, por su Señor Ilustrísimo juez apostólico en virtud de Bula Apostólica de su Santidad Nuestro Muy Santo Padre Señor Benedicto, por la divina providencia, Papa décimo cuarto, expedida bula a instancia de D. Juan Antonio Basilio de Aenlle y Rocha y Dª Cayetana de Cancio Gutiérrez. Dio el auto en la manera siguiente: “Vista por su merced el Señor Licenciado D. Juan José de Senrra y Castro, provisor vicario general de la ciudad de Mondañedo y su obispado, la bula de gracia y dispensación de su Santidad, nuestro muy Santo Padre y Señor Benedicto, por la divina providencia, Papa décimo cuarto, a instancia de D. Juan Antonio Basilio de Aenlle y Rocha y de Dª Cayetana de Cancio y Gutiérrez; por no obstante el parentesco de cuarto con cuarto grado de consanguinidad, que después de efectuado el matrimonio resultó entre los dos, poder validamente contraerlo de nuevo,[...] (Véxase anexo nº 29).

Aos poucos anos de se casar con Dª Cayetana Cancio, D. Juán Aenlle Rocha fínase él nesta parroquia de Santa María de Vilamor, segundo se pode ollar na seguinte acta de defunción: (Véxase anexo nº 30).

D. Juan Antonio Aenlle y Rocha

En catorce de Marzo del año de mil setecientos cuarenta y ocho se dio sepultura eclesiástica al cadáver de D. Juan Aenlle y Rocha, vecino de esta parroquia de Villamor, dentro de la capilla mayor de dicha parroquia. Recibió el Santo Sacramento de la Extremaunción y no los demás, por darle en el principio de la enfermedad un delirio, hallándose incapaz para recibirlos, no hizo testamento.[...]1

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santa María de Vilamor, libro 2 de defuncións (1726-1760), páxina 154 e volta.

Tamén Dª Cayetana Cancio Gutiérrez é soterrada na parroquia de Santa María de Vilamor segundo se detalla na seguinte acta de defunción: (Véxase anexo nº 32).

Dª Cayetana de Cancio Gutiérrez, viuda que quedó de D. Juán Antonio Aenlle y Rocha.

El 12 de Julio de este presente año de mil setecientos setenta. Se dio sepultura eclesiástica, dentro de la iglesia parroquial de Santa María de Villamor, donde era tal vecina y en la capilla mayor al cadáver de Dª Cayetana Cancio Gutiérrez, viuda que fue de D. Juán Antonio Aenlle y Rocha, vecinos que han sido de la expresada feligresia.
Recibió los Santos Sacramentos, hizo testamento que pasó por ante Francisco Fernández de Parga, uno de los cuatro de número de la ciudad de Mondañedo, su fecha a 11 de Abril del año de mil setecientos cincuenta y nueve.[...] 1

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santa María de Vilamor, libro 2 de defuncións, páxina ?.

De seguido amosamos outros datos vencellados a esta familia, que nos din da súa estadía nas bisbarras de Santa María de Vilamor e San Andrés de Masma na cidade episcopal de Mondañedo: (Véxase anexo nº 33).

En seis días del mes de Marzo año de 1730, se dio sepultura en la capilla mayor de esta parroquia de Santa María de Villamor al cadáver de D. Felipe Gutiérrez, vecino de esta feligresía, murió administrado de todos los Santos Sacramentos de penitencia, eucaristía y extremaunción. Hizo testamento.[...] 1

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santa María de Villamor, libro 2 de defuncións, páxina 50 volta e 51.

El 30 de Noviembre de 1745 falleció Dª María de Cancio, donde era tal vecina. Hizo testamento ante Francisco Antonio Fernández de Parga. Fundó dos misas de aniversario en esta parroquia.
Pedro Gutiérrez Leal Saavedra1

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santa María de Villamor, libro 2 de defuncións, páxina 243 volta e 244.

El 15 de Enero de 1719 fue bautizado Pedro Gutiérrez de Cancio. Falleció el 16 de Septiembre de 1741.

El 3 de Abril de 1717 fuez bautizada María Rosa de Cancio Gutiérrez.

El 8 de Mayo de 1702 se casaron Pedro de Aenlle y Rocha con María Lorenza Taboy.


Testamento de Dª Maria de Cancio biuda de dn Phelipe Gutierez del Lugr. de Pedrido

Veinte maravedis Cinqª y ocho

SELLO QVARTO, VEINTE MARAVEDIS, AÑO DE MIL SETECIENTOS Y QVARENTA Y CINCO.

En el Nre De la Santissima Trinidad Padre; hijo; y Espiritu Sancto tres pnas distintas y un solo Dios Verdadero, q vibe y Reina pa siempre y sin fin: sepan qtos vieren la presste carta de testamentto ultima y postrimera voluntad como yo Dª Maria de Canzio viuda noble y onesta que finque de Dn. Felipe Gutierrez Vzª y moradora en este Lugr De Pedrido pª de Sstª Maria de Villamor, estando como al presente estoi postrada en cama de enfermedad Nactural q Dios fue servido darme aunque en mi caval Juizio y entendimto Nactural creiendo como firme y verdaderamte creo y confiesso el misterio de la Ssantissima Trinidad Padre; hijo; y Espiritu Sancto tres pnas distintas y un solo Dios Verdadero, y en todo lond. q tiene cree y confiessa Nrª Stª Madre Iglesia catholica vajo cuya fee, y proteucion siempre he vivido y ...testo vivir y morir thomando como thomo pcmiss ynterzessores y abogados a la gran Reina de los Angeles Madre de mi Dios y Señor, Ssto Angel de mi guarda y mas Sstos de la Corte Celestial pª que interzedan con su divina Magd me perdone mis culpas y me alcancen una dichossa muerte qdo mi Alma se apte de mi cuerpo, y rezelandome de aquella pª ser cossa nactural a toda criatura, y deseando q todas mis cosas queden vien dispuestas al servicio de Dios Ago y hordeno este mi testamento en la manera sig te = Primeram te mando mi alma a Dios Nrº Señor Jesuchriscpto q la crio y Redimio pr su preciossima sangre y el Cuerpo a la tierra de q fue formado el qual quiero se aMortaje en una tunica de estamena de mi serafico Pe Sn Franco y se le de sepultura en la Capilla Maior de la Yglª desta dcha prª en la en q se allan enterrados el dho mi Marido y un hijo q del me quedo y no pudiendo ser en ella, junto a la Pila principal del Agua bendita pª todo lo q se pague lo acostumbrado, = Yten Mando me assistan a vien morir Dos Señores Sazerdotes a quienes se pague pr mi heredero y cumplidores el tiempo que hen ello assistieren = Yten mdo y encargo al Sr. Cura venga a buscar mi cadaver a Cassa con la Cruz capa y dezencia Acostumbrada = Y los Señores Sazerdotes q pudiesen ser avidos y concurren a quienes pr ello y pª que digan missa pr mi Anima se den a dos Rs y de comer y a dho señor cura lo acostumbrado = Tambien mdo se de avisso a la Cofradia de Animas de la prª de Sn Andres de Msª de q soi fundadora pª que concurra a dha funzion con la zera y estandarte q se acostumbra = Tambien mdo concurran a dho mi entierro qto religiossos del Conbento de Sn Martin de Villa oriente q tambien digan missa pr mi Anima y se les den a tres Rs y de comer, y admas dello otros qto sazerdotes q tanbien digan Missa y con ellos se ejecute lo mº = Y en dho Dia se me diga Missa Cantada con diacono y Subdiacono con su Vijilia pª q se Pague lo acostumbrado = Y en dho dia se ôfrende pr mi alma treinta Reales Von y pr razon de pan, carne, y vino = Yten Mdo q en dho Dia de mi entierro se distribuian y den de limosna a los Pobres q Concurrieren a la Puerta Cinquenta Rs Von en dinero a Arbitrio de mis cumplidores; y al mesmo arbitrio y dispossicion dejo el pan, carne, vino y Pescado que se nezesite gastar en Cassa = Yten mdo q Luego q yo me fallezca se manden decir y digan dos Missas Rezadas En el Altar Previlegiado del Sto Chriscpto de Animas de la Ciudad de M mdo = Yten Mando que qto Antes ser Pueda se me hagan mis honrras y hen ellas se me diga otra Missa cantada con Diacono y Subdiacono y Vijilia vajen otros qto religiossos de dho Convento q digan Missa con los otros qto sazerdotes a quienes se den otros tres Rs de comer segn el dia de mi Entierro, y a los mas q concurrieren a dos Rs y de comer; y se ofrenden otros treinta Rs pr la mª razon de pan carne y vino; y de Limosna a los Pobres otros cinquenta Rs Von todo como en dho dia de mi entierro y e... de cassa aso mesmo lo dejo a disposicion y arbitrio de dhos mis cumplidores = Pagando pª lo uno y otro lo acostumbrado = Yten mdo se me digan pr una bez q mi alma y intencion dos Missas Rezadas en la Capilla de Nrª Sª del Carmen al otro dia de mi fallescimto- otra a Nrª Sª de los Remedios; otra a Nrª Sª de la Po...a = otra a Nrª Sª de la Soledad = dos al Angel de mi Guarda, otra al Apostol Sn Pedro, otra al Arcanjel Sn Miguel = otra a Sn Franco, = otra al Patriarca Sn Joseph = otra a Sn Antonio = Yten Mdo se digan pr mi alma e yntencion en la Parroquia desta frª pr una bez y pr entre año ciento y cincuenta Missas Rezadas, y pagas a dos Reales...de se den en dho Convento de Sn Martin de Villa Oriente otras cinquenta q digan sus Religiossos en el tambien pagas a dos Rs y mi heredero o cumplidores saquen recivo de su paga pª que conste thener cumplido = Asimesmo Mando quiero y es mi voluntad e digan pª las Animas de mis Padres Parientes y expressado mi Marido, y Sijo q del me quedo y se fallescio y mas a quien soi a cargo y obligon otras quarenta Missas Rezadas pr una bez tambien pagas a dos Reales pª que su Magd las Disponga como fuere de su Maior agrado = Yten mando a la Cassa Stª de Jerusalen Redencion de Cauctivos Pobres de Sn Lazaro y mas Manda forzossas a cada una treinta y cinco maravedises con que las aparto de mis vienes = Yten Mando se de â Anjela criada que me a servido un bestido hordinario q traigo a Cada Dia a Arbitrio de mi hija y heredera q adelante ira expressado = y a mi criado Pedro da fraga se le de una Anega de Maiz admas de sus soldadas pª que me encomienden a Dios = Mando se entregue y de a la Iglessia desta dha frª de Villamor una sabana de lienzo Nueba pª que sirva de cubrir el Altar del Sto. Chriscpto de hella = Yten mdo a mi Pariente Dn Joseph de Ahenlle Prº residente en cassa la Arca en q tiene Los Libros = Yten mdo a mi comadre Zezilia mi cassera una almillica de Sn Piterna, un pano, y una camissa de mi poner = Yten declaro estar deviendo Ducientos Rs Von a una pnª particular q sabe Dª Maria Antonia Caetana mi Sija a quien dejo encargado los page y dellos le de satisfaon pr quenta de mis vienes = Declaro q Carlos Perez mi cassero me hizo algas brazas de Pared en propiedades mias cuyo travajo le estoi deviendo; y el me deve tres ferrados de trigo de Venta atrasada mando se lequide la quenta pague, ô cobre lo que se deviese = declaro aver entregado antes de Aora a Domingo de Amieiro Vzº desta frª un doblon de Setenta y cinco Rs Von pª que me lo fuesse a cambear pr plata a la ciudad de Mondo y aunque a tiempo passo esto no me a dado quenta y satisfaon de hel y solo de Diez y seis Rs en travajo y en un quarto deunjata mdo se cobre de hel lo restante = Yten declaro que del dho mi Marido me quedo pr hijo lexitimo Dn Pedro Bernardo Gutierez q se fallescio despues de dho su Pe en el estado de zelivato pr el qual fundo una Missa de Aniverssario anual y perpetua sobre una Pieza de heredad mansa y labradia de sembradura los tres qtos de un ferrado poco m o menos sita en la Cortiña que nombrn campo de hujo frª de Sn Andres de Masma que testa pr el fondal en heredad de Dn Antonio Padriñan; pr la cavezera con Martin de nobas q Libre y essenta salvo Diezmo a Dios y la adquerí de Juan Vello y su mujer Vzos de dha frª de Masma pr escricptura ante franco Antonio ps de Parga Snº de Numero de dha Ciud. cuya Missa mando y quiero se diga en la iglessia Parroquial desta dha frª de Villamor pr el Sr cura q es qalo adelante fuere el dia del pr San Pedro pr la que se page y de De Limosna tres Rs Von = y asimº pr mi alma


Cinquenta y nuebe

yntencion fundo en la misma yGlessia otra Missa rezada anual y perpetua sobre una Pieza de heredad Labradia de una Anega en sembradura poco m. o menos sita en el tarreo que llaman Da caleira y Veiga deste dho Lugr.de Pedrido segn. testa pr la cavezeira hen heredad del rejidor Dn Ysidro Vaamde., pr el fondal en otra de Manuel do chao morador en el Lugr. de Sn Lazaro y pr una ladeira en el camino que passa a dha Ciud de Mondo cuya propiedad es de foro de la Capilla de la Magdalena y sobre hella fundo dha Missa de Aniversario pr el tiempo vidas y gozes q faltan de correr y despues si se renovase tambien se a aya de proseguir y prosiga en dezirsse y zelebrarsse y siempre se page y de de Limosna pr ella otros tres Rs bellon y = Suplico al Señor Cura de dha Parroquia me la Diga ô haga decir el dia del Señor Sn Antonio de Padua q asi es mi intencion y voluntad, y que ambas missas las asiente y anote en el Libro y tabla de Aniberssarios pa su cumplimto. y observancia y theniendo dha mi sija suzesion mando dichas dos Propiedades con la expresada carga y penssion y la que le corresponda del Canon del foro al hijo segdo. que Dios le Diere y a sus hijos deszendientes lexitimos y a falta de varon hembra y no teniendo suzession adelante ira expresado en quien ayan de recaer dichas Propiedades = Yten declaro que yo tengo me tocan y pertenezen = Tachado- pr lexitima y herenzia de Dn Alonsso Perez de Jinzo y de Dª Maria Rodriguez mis Padres difuntos me tocan y pertenezen algas. propiedades y vienes muebles y Raizes libres y esentas admas de otros de vinculo, y Durante Matrimonio con dho Dn Phelipe Gutierez mi marido adquirimos esta cassa y Lugr do Pedrido q hicimos y fabricamos toda hella a Nrª Costa y espenssas en Propiedad y territorio de foro del convtº de Sn Martin de Villa oriente el que pr comprender otras distintas propiedades y vienes y aver vacado y finalizandose el primer foro, allandome tal Viuda lo renove he ize de nuebo pr escriptura publica de q dio fee Jose Domingo Nobo Snº de su Magd. Vzº de dha Ciudad de Mondo a los Vte. y cinco de Abril del año pasado de mil siete ciºs. treinta y ôcho pr tiempo y termino de Cien años, y asimismo De dho Matrimo. adquerimos otros algs. vienes asi de foro como libre y essentos y allandome Viuda compre y adqueri pr mi misma tambien otras propiedades y territorios de todo lo que tengo los papeles y escripturas de adquissicion y los resguardos conducentes en mi cassa y poder pr tanto en aquella mejor Via y forma que puedo y aya Lugr. en derecho quiero mando y es mi voluntad q el quinto de todos dhos mis Vienes Raizes que me tocan y pertenecen ande siempre Unido hagregado he incorporado a modo forma y manera de Vinculo regular y sobre todo dho Quinto fundo Gravo E inpongo dos Missas Rezadas de Aniverssario annual y perpetuo su Limosna de cada una a tres Rs. Von la Una pr mi Alma e intencion el Dia de Nrª Sª de las Niebes y la otra pr el dho Dn Phelipe Gutierez mi Marido el Dia del Patriarca Sn Joseph las que fundo y mando se digan en el Convento de Sn Martin de Villa Oriente pr los relijiossos del y que se asienten en su libro y tabla de Aniversarios con expression de missa en dho dia de Nrª Sª de la Conception y pa el pago de dho quinto señalo y quiero se satisfaga y tenga permanencia esta dha fundaon. sre, la expressada Cassa y Lugr. de Pedrido sus perfectos y mejoramtos. y pr primer subzessora llamo y Nombro a dha Dª Maria Antonia Caetana mi hija a quien tocan y pertenezen todos los m. Vienes y despues de hella a sus hixos y descendientes lexitimos y de lexitimo Matrimonio –tachado- Preferiendo el Varon a la hembra y el maior al menor segn. dha forma regular de Vinculos todos con l expressa clausula y condicion de no poder Vender trocar ni ennajenar los Vienes Raizes correspondientes a dho quinto y el que lo intentare pierda el Derecho y pase al siguiente; y Subzediendo el casso de faltar dha mi hija y su descendencia y subzesion lexitima y de Lexitimo Matrimonio y no de otra manera llamo pr subzessores en dhos Vienes del quinto con la mesma carga y obligacon. de dos missas de Aniverssario y paga del Canon correspondiente a dha mi cassa y Lugr De Pedrido sobre el q quiero se satisfaga y tenga Subsistencia; a Dn Juan Antonio de Ahenlle y Rocha Marido de dha mi hija y a su hermº Dn Joseph Antonio Presvitero a Ambos de pr mitad y pr los dias de su Vida y no mas tambien con la calidad y condicion de que aian de havitar y vivir en dha cassa y Lugr. procurando su Mamtº. y Consservaon. y que no se menos cabe y a falta del uno lo goze y usufrutue el otro interin q asi vino pagando dhas missas y Canon correspondiente; y les encargo a uno y otro pr asistir vibir y abitar dha Cassa pr ser mui comoda y dezente pª qualquier perssona Principal; y A falta de dha deszendencia y duzession Lexitima de dha mi hija ô a la muerte de dho su Marido y cuñado si llegase el casso de recaer en estos dhos Vienes de quinto despues de sus dias; los Dejo mando y Legato a la Iglessia Parroquial desta dha frª. de Sta Maria de Villamor y su fabrica pª que pr. quenta de la renta que produjeren me agan decir y digan los Señores Curas de hella annual y perpetuamte pr. mi Alma y la de dho mi Marido y mas del Purgatorio Una Missa Cantada con su Vigilia en el dia de Difuntos ô en su octava y lo que De hella sobrare de dha renta tambien despues de pagar las dos q tambien dejo fundadas en dho Convto de Sn Maratin de Villa oriente en donde quiero tengan subssistencia; y el Canon q le corresponde de dho foro; lo mas q sobrare se dega en Missas rezadas en dho octavario de Difuntos â arbitrio de dhos Señores Curas y page su Limosna a dos Rs y a esta fundaon faltando la subzesion de dha mi hija agrego las dos propiedades que atras quedan expressadas y sobre q dejo fundadas las dos missas pr mi alma, y la de dho mi hijo pª que de pagas estas y tanbien el canon de la una de dhas propiedades lo mas q sobrare en la forma mesma se distribuia pr dhos Señores Curas en Missas y sufrajios en dha funzion de missa Cantada y octabario de Difuntos y les suplico tengan el cuidado de la perpetuidad y permanencia desta fundon. y que los Vienes anden en pnas zelosas del Vien de la Animas que dellos cuiden procuren su aumto y conservazion pagen la renta prontamente y que pr. ningn preteste se enajenen sobre q a unos y otros encargo la Conciencia; y despues de mi fallescimto. la qto. missas que dejo fundadas Assi en dha iglessia como en dho convento quiero y es mi Voluntad las diga dho Dn Joseph Antonio De Ahenlle Presvitero cobrando su Limosna pr los dias de su Vida y a su Muerte se digan segn. atras queda explicado = Yten dejo y Nombro pr mis Cumplidores albazeas y testamentarios a la dha Dª Maria Antª Caetana mi hija y A Dn Juan Antonio su Marido; Dn Josephe Antonio su hermano; y A Dn Pedro Gutierez Cura actual desta dha frª a los q doi todas mis Vezes amplitud y facultad en formo pª q a costa de mis Vienes y Remanente de los muebles sin perJuizio ni de trimto de los seis cumplan y ejecuten y agan cumplir y ejecutar este dho mi testamto demandas legatos y todo lo que en el dejo dispuesto hordenado y mdo para q admas del año del año del albazeadgo les prorrogo el ms tiempo q thubieren pr. prezisso y nezessario = y despues de cumplido este mi testamto. dejo Nombrado e instituyo pr mi unica y unibersal heredeza de la dha Dª Maria Antonia Caetana mi hija y de dho mi Marido pª q lleve y goze todos los mas Vienes Raizes y semejantes derechos y aciones q pr mi se hallaren pª siempre jamas con la Bendicion de Dios y la miya a la qu encargo y espero de su Buena Lei y Atencion tenga en su Cassa y Compañia al dho Dn. Josephe Antonio de Ahenlle su Cuñado asistiendole y estimandole como merezen sus Buenas Prendas atencion y cariño q siempre le hemos devido = Con lo qual doi pr. hecho q finalizado este dho mi testamto. por el que revoco deRogo y Anulo otro qualquiera que Antes tenga hecho pr. escrito ô de palabra codizilio o poder pª testar q cosso parezcan quiero no valgan ni agan fee en Juizio ni fuera del y que solo se heste y pase pr este observe guarde cumpla y ejecute su contesto como mi ultima y postrimera voluntad pª lo qual lo ago y otorgo en aquella via y forma q mejor aya Lugr. en derecho allandome en dha mi cassa de Abitazion del expresado Lugr. de Pedrido de dha frª de Sta. Maria de Villamor y pr. delante el presste escrivano A treze Dias del mes de Agosto de mil siete cios y quarenta y Cinco i pr. que no se firmar ruego a un testigo de los presstes. lo aga pr. mi de su Nre., que lo son A mi instancia llamados Phelipe de Veiga morador en la Rilleira de Anbroz inmediato a este dho Lugr., Manuel de Sn. Martiño; Antonio de Val; Nicolas de Leiras Vzos desta dha frca de Villamor; y Phelipe da Veiga el menor en Dias e hijo del dho Phelipe Arriva expressado con quien vive; e yo escrivano que de todo ello doi fee y de que conozco a la otorgante la que se alla en su caval Juizio y entendemto. nactural pr- aver dado y dar toda razon pª la disposicion y formaon deste su testamento de q asimismo Doi fee = emendado = dos = s = das = m = s= V = B = d = t = s = durante = conzepzíon = d = a = ra = valga todo; y lo lgtado = Yten declaro que = q = y suzediendo = los = de = no Vª =19

como tº i a ruego de la pte otorgte
Pelipe da beiga

Ante mi
Francisco Antonio F de Parga
Rubricado

(19) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Francisco Antonio de Parga, sinatura 6365-1, testamento número 58 de 13 de Agosto de 1745.


Nas escrituras de foro comprobamos como son adquiridas do Hospital de San Pablo, ao que pertencían estas propiedades (bens e rentas), tanto os lugares da Quinta do Pedrido como A Chaira de San Xoán de Vilaronte-Foz, entre outras, xa dito anteriormente. (Véxase anexo nº 36).

Veinte maravedis.

SELLO QVARTO, VEINTE MARAVEDIS, AÑO DE MIL SETECIENTOS Y VEINTE Y SEIS.

En la Ciudad de Mondañedo â quince, dias del mes de Agosto de mil seten y veinte y seis Ante mi el esno y c parezio preste. el Sr. D. Lucas de Miranda y Cancio Regidor Perpetuo desta Ciud vcª della e de lo q como administrador de los vienes y rentas del Capital del osPital San Pablo y usando de la comision y jurison. q Antes de aora y en los Doze de julio pasado d q ... se le a dado y los ... y regimiento como patrones ynsolidum de dho Os pital que tiene azetadp y de nuebo azeta... segunda bez publicar el remate del Lugar da chaira y sus propiedades bravas y mansas arboles de dar y no dar fruto, no obstante de que por el Lizdo. Dn Marcos de Castro Clerigo Presbitero estando puesto en ciento y ochenta Rs al año como consta del auto capitular de dho dia De que le coja... que sea de yncorporar en las que de este ynstrumento se diere Admas de averse cargado de pag a Antonio Rodriguez Galan como casero

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Agustín da Rega y Pena, escritura de foro de 15 de Agosto de 1726, páxinas 113 a 116.

A primeira mitade do século XIX (1800/1850) foi un tempo convulso tanto para a Galiza como para a cidade de Mondañedo, nistos 50 anos os nosos veciños viviron as guerras napoleónicas, os alzamentos militares tanto liberais como absolutistas e dúas guerras civís, coñecidas como as guerras carlistas.
A morte do rei Fernando VII (29 de setembro do 1833) sen sucesión masculina provocou a primeira das guerras carlistas (1833-1840) tendo como contendentes aos defensores da filla lexítima do rei, Isabel II, coñecidos como Isabelinos e aos defensores do irmau do rei Carlos, coñecidos como Carlistas.
En Mondañedo a situación tamén era bastante convulsa, feito que provocou roces entre o concello que apoiaba á reina Isabel, e o bispo don Francisco López Borricón, moi partidario da facción carlista. Non debemos esquecer que o bispo, alegando enfermidade, negárase a xurar fidelidade á nova reina o que obrigou ao Subdelegado Xeneral da Policía do Reino a cercar coas súas tropas o Pazo do Boaire (Masma-Mondañedo), onde convalecía o bispo, para obrigalo a levar a cabo o xuramento de fidelidade. Tampouco debemos esquecer que no 1828 nombrárase como reitor do Seminario a don Juan Martínez Villaverde, que chegará a ocupar o cargo de Presidente da Xunta Carlista de Galicia. Co pretexto de buscar a este personaxe, que supostamente agochábase no pazo episcopal, o día 22 de novembro do 1835 éste foi rodeado por tropas nacionais que o rexistraron concienzudamente. Do atopado neste rexistro sae a orden de rexistrar e posteriormente arrestar á sobriña do bispo que se atopaba en Frexulfe-Alfoz (Lugo).
No libro de Confirmados achamos curiosamente como toda a familia Noriega está moi ben relacionada co clero naquelas datas:

“Dos de Junio de 1851
El Ilmo Sr. D. Tomás Iglesias y Barcones Obispo de la ciudad y obispado de Mondañedo confirmó en la parroquia de Santiago de Mondañedo, siendo cura de dicha ciudad D. Luis Antonio Cora, las personas siguientes a saber de la parroquia de Mondañedo y su unida Stª Mª de Viloalle.

Primer día: Ramona; hija de D. Juán Noriega.

Fueron sus padrinos: D. Policarpo Carrera, Alcalde y Dª Ildefonsa Borricón (sobrina del Obispo Francisco López Borricón)

Segundo día:

-Manuel; hijo de D. Juán Noriega.
-Joaquina; hija de D. Juán Noriega.
-Dolores; hija de D. Juán Noriega.
-Patricio; hijo de D. Francisco Delgado (Xan de Masma)

Fueron sus padrinos: D. José Ulloa, Juez y Dª Fermina Villapol”.(1)

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Diocesán de Mondañedo. Parroquia de Santiago, libro de Confirmados (1737-1888).

Con esta situación chega ao Concello de Mondañedo o escrito do Comandante Militar don José Manuel Meñaca (16/12/1835) no que se comunica a “imperiosa necesidad” de construir defensas entorno á Catedral, o Pazo episcopal e o Seminario para defender a cidade de posibles ataques carlistas.
O citado comandante dixo que era necesario derrubar o antepeito da muralla da horta do pazo episcopal, eisí como o seu palomar, admáis de isto ordenábase derrubar o arco e a caseta que existía na rúa Templario (actualmente Pascual Veiga) e a muralla que cerraba o cemiterio inmediato. O Cabildo mindoniense protestou efusivamente alegando, non sen razón, que eran unhas obras excesivas para unha ciadade que non estaba ameazada e que as funcións que se atribuía o comandante era abusivas, pois extralimitábanse ata as que posee un comandante militar de unha cidade en estado de sitio, e non era o caso de Mondañedo.
No Seminario pretendíase acuartelar á 5ª Compañía do 1º Batallón de Voluntarios de Galicia para o cal vaciouse previamente, trasladando os enseres ao convento de San Pedro de Alcántara.
As obras de fortificación comezaron o 12 de marzo de 1836 reutilizando para ilo a pedra dos derribos que o comandante mandara facer. Para levar a cabo as citadas obras convócase a todos os maestros e operarios de mampostería, que traballarían baixo o mando do tenente D. Lorenzo de Aenlle.

Persoal laboral nas obras do Seminario:
Maestros de cantería: Miguel Pedreira, Francisco Domenech e Jerónimo Chorén.
Operarios: José Bermúdez, José García del Puente, Javier Ferreiro, Pedro Álvarez, Domingo Bouso, Juan Sánchez, Antonio Rey, Rosendo Marful, Javier Sampayo, Antonio e José López, Antonio Rivas, Fernando Gómez, Antonio Castrillón, Juan do Rego, José Fernández e José Sánchez, todos eles con un soldo que ía dende os cinco aos seis reás diarios.
Sirvientes: Juan Juncal, Francisco Rey, Antonio Dorado, Bernardo Saavedra, José Fernández, José do Rego, Joaquín Díaz e os irmaus Luís e José Domenech.
O maestro Miguel Pedreira buscou algúns operarios máis, aos que tivo que pagar os soldos dada a premura da execución da obra. O importe total destas obras ascendeu a 1.328 reás e 17 maravedís.
Entre as distintas obras que levaron a cabo para defender o Seminario construiuse un tambor á entrada do recinto, rodeado de varios fosos, aspilláronse 48 ventás e colocáronse pontes levadizas. Contaban con un total de 36 fusís e 34 baionetas que se lle recolleran á Milicia Nacional de Viveiro.
Eisí permaneceu o edificio ata que no mes de decembro eo 1837 un forte temporal de vento e choiva causou importantes danos no texado que cubría a Sala Rectoral do Seminario, eisí coma súa porta principal. A finais de este mes o Mayor da Praza, don Nicolás Villaamil e o maestro de obras, don José Otero, recoñeceron os desperfectos chegando á conclusión de que era necesario reparar o tellado, a porta principal e as dúas pontes levadizas, inutilizados pol-as choivas.
No mes de abril de 1838 outra inspección desvela que a soga que tiña unhas trinta varas de lonxitude por catorce liñas de groso, destiñada a levantar a ponte levadiza da porta principal estaba moi deteriorada, eisí comas pontes levadizas, que se atopaban sen as ferraxes reglamentarias. Danse as novas precisas para recompoñer a soga, arranxar as ponte e limpar os fosos.
Outra acción que se levou a cabo para evitar un ataque contra a cidade, por parte dos carlistas, foi colocar avanzadas da Garda Nacional nos lugares de Barbeitas, Valiñadares, Casas Novas de Lindín e Rego de Cas.
O ano 1841 será o derradeiro da fortificación de Seminario. O día 7 de febreiro reúnese no Concello unha comisión formada pol-o alcalde (don Pedro Marzo), varios concelleiros e o comandante militar da praza, na cal se acorda, seguindo a orden do Xefe Político da Provincia, a derruba da fortificación que hai diante do Seminario, por ser inútil e pol-os graves perxuicios que ocasionaba ao público, xa que privaba do uso da praza na que se vendía leña, palla, viño, gando e outros obxetos para o consumo do vecindario, ademáis, e para evitar posibles desgracias, pretendíase tapiar os fosos abertos. O acordo do derrubamento ocasionou un novo percance: qué facer coa pedra e os escombros sobrantes?.
Na sesión do 14 de mayo de 1841 o Concello acorda nomear a don Francisco Soto, Pedro Leivas, Pedro Martínez Pastur e Manuel Tomás Serantes, como membros da comisión que se encargará de levar a cabo o remate da pedra sobrante da derrubada edificación. A seguinte reunión de esta comisión ten lugar o 1 de agosto de 1841 onde acordan o remate dos despoxos da pedra da citada construcción. Os que se atopaban depositados diante do edificio entregáronselle a José Otero pol-a cantidade de 260 reás. O resto, que se atopaba fronte aos “negrillos” (fachada Este), adxudicáronselle a Ramón Louro en 300 reás. Deste modo desaparecen definitivamente os derradeiros restos do edificio construido para salvagardar a cidade de Mondañedo.(1)

(1)- Arquivo do Concello de Mondañedo, Guardia Nacional, carpeta 2493.

“Pasaron polo arrabal de San Lázaro, cortaron o telégrafo e ó amanecer estaban en Ferreira. Dirixironse ó cuartel da guardia civil, donde había seis guardias co tinente que prometera unirselles unha vez en armas. Pro antes de chegar unha súpeta descarga soou e un dos homes da partida caeu para non levantarse máis. Gracias a sangre fría de Pedro (Xan de Masma) non se desbandou a xente, e facendo fogo en retirada ganaron o camiño do Cadramón”. (1)

“El encargado de la estación telegráfica, acaba de comunicarme que en la noche de ayer, destruyeron dos postes de la línea y los dos hilos, al sitio de Arrojo, a una legua de esta ciudad y que este crimen coincide con la desaparición de algunos individuos calificados de carlista”. (2)
Les participo a autoridades civil y militar de este pueblo.

Mondañedo 6 de octubre de 1872.

José María Vivero y Allegue.

O 25 de outubro do 1864 inaugurouse a Estación telegráfica en Mondañedo. Para tal fin foi elexido un local do antergo convento de Alcántara.

(1)- Xan de Masma, A Besta, páxina 197.
(2)- Arquivo do Concello de Mondañedo, carpeta 2518.

Eiquí documéntase esta pasaxe da novela que unha ves máis nos confirma a realidade da existencia do telégrafo na cidade dende 1864.

Despois do apresamento e os xuicios dos membros da “Partida de Cornejo” sucederíanse os desterros e os embargos de bens. De seguido amosamos algúns aos que tivemos a sorte de poder acceder eisí como os datos biográficos de caseque todos os seus compoñentes e outros persoeiros relacionados con este movemento e que tocoulles vivir esa época.

“Educado no Seminario sendo vicerrector o enton cura D. Marcelino Osorio (D. Manuel Osorio), había entre os dous tal cariño, houberao xa entre o difunto D. Francisco (padre de Xan de Masma) e D. Marcelino, que Pedro (Xan de Masma) como lle chamaremos de aquí en diante, facía canto o cura quería e era seu amigo, seu compañeiro de caza e seu competidor de axedrez, xogo no que daba cada tunda de paí e moi señor mío, ó palleiro de D. Marcelino, que cando perdía ceíbaba na mesa un puñetazo que parecía o mazo dun batán”(1)
“Aquel bon sacerdote, aquel sabio, consideraba que non era a súa misión facer a guerra, e mentras as armas estroulaban él rezaba”. (2)
“Este non fora a guerra. Axudou o que puido a causa, e durante aqueles catro anos estuvo metido na súa casa de Burón, oculto para todos”.
“Compráronse as terras no Viveiró. Teu cuñado xa ten moi adiantada a casa, feita según os pranos que lle mandache. Viviras alí lexos do mundo, e eu irei a verte desde esta de Santa Marta de Ortigueira, onde fun trasladado de cura”.

D. Manuel Osorio Álvarez de los Ríos naceu o 2 de mayo de 1828 na parroquia de S. Andrés de Lagares, que pertencía ás chamadas Terras de Burón e a Diócese de Oviedo. Foi ordenado crego en Mondañedo no mes de mayo de 1852. Foi profesor e vicerrector do Seminario Santa Catalina de Mondañedo. Licenciado e Doutor en Sagrada Teoloxía, todo coa censura de “nemine discrepante” no Seminario de Salamanca. Ao longo da súa carreira literaria tivo varios actos extraordinarios e fixo unha oposición a unha praza de Clásico que meresceu.(3)
A acta de embargo de bens a D. Manuel Osorio Álvarez de los Ríos, ecónomo de Mondañedo di o seguinte:

“En la ciudad de Mondañedo, a tres de agosto de mil ochocientos setenta y cinco. El Licenciado D. José María Lage y Domínguez, Alcalde de la misma, acompañado del Secretario del Ayuntamiento D. Pedro Arias y Vega, por ante mi D. Fernando Lago y Pérez, Notario de este pueblo, constituidos en la casa de la calle del Perejil que habita el Doctor D. Manuel Osorio Álvarez de los Ríos, cura ecónomo de esta parroquia, que se halla presente y de los testigos que se expresarán, el primero dijo: Que habiendo recibido comunicación del Señor Gobernador Civil de la provincia, fecha veintiocho de julio próximo pasado, en que se le previene que con arreglo a lo dispuesto en los Decretos de diez y ocho de julio de mil ochocientos setenta y cuatro y veinte y nueve de junio último, proceda al embargo de los bienes del Señor Osorio, que posee en este Distrito, en cumplimiento de lo resuelto por S. M. en veinte y siete de abril último, desde luego le requirió para que los señalase y franquease las habitaciones en que existiesen para proceder a la extensión de esta acta y recuento, como así lo hizo, señalando los que se hallaron y son los siguientes…………
Que son los únicos que se encuentran en casa, sin que pueda señalar otros, porque carece de inmuebles y derechos reales en atención a que hasta ahora ningunos tiene heredatos ni ha podido adquirir, pues vive a beneficio de la dotación que como Ecónomo le este señalada.
En cuya vista el Señor Alcalde, después de haber examinado y juramentado a los testigos presénciales, que lo son como vecinos más inmediatos, mayores de edad y de toda providad, D. Francisco González Lanteiro, D. Ramón Folgueira Piñeiro y D. Ramón Villalba López, quienes aseguraron que no le conocían otros bienes más que los señalados, en los cuales se puso formal recuento y embargo, habiéndose constituido voluntariamente Depositario D. Ladislao Louro y Pedreira, de esta vecindad, a quien le hice saber………. a Ley de depósito, dándose por enterado de dichos efectos.
También dispuso dicho Señor Alcalde que compareciese D. Vicente González Redondo, encargado para el pago de los haberes del Clero en esta ciudad por D. Antonio Losas, delegado del Habilitado de la provincia D. Isidro Conde y Soto, haciéndole saber retuviese en su poder las cantidades que se abonen en nómina al Señor Osorio y de las que queda responsable, como así lo prometió ejecutar.
Con lo cual se dio por terminada esta acta, que firman los concurrentes, de que yo Notario doy fe, lo signo, firmo y rubrico. (4)

Datas máis tarde foi desterrado a Estella (Navarra) xunto co capelán da catedral de Mondañedo D. Manuel Lombardero.
De volta a Mondañedo, colleu posesión da parroquia de Santa Marta de Ortigueira o 3 de xaneiro de 1878. Máis tarde foi nomeado Arcipreste do mesmo partido.
D. Manuel Osorio foi nomeado o 3 de xuño de 1911 po-la súa Santidade Pío X Dignidad de Chantre da S. I. C. de Mondañedo por defunción do Doutor D. Joaquín Rebollar y Pérez. Tomou posesión do novo cargo de Dignidad o 21 de xullo de 1.911.(5) Fixo varias Misións nas parroquias da Diócese de Mondañedo e na de Oviedo

“Es un sacerdote de ejemplar vida y costumbres, instruido, laborioso, dedicado con asiduidad al ministerio del pulpito y del confesionario”.

Feneceu en Mondañedo o 10 de xuño do 1915.

(1)- Xan de Masma, A Besta, páxina 179.
(2)- Xan de Masma, A Besta, páxina 273.
(3)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, libro de Secretaria número 62, follas 32, 69 e 228.
(4)- Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Protocolos notariales de D. Fernando Lago, páxina catrocentos cuarenta e un, número 150, agosto 3.
(5)- D. Enrique Cal Pardo, Episcopologio Mindoniense, páxina 1043

Do carlista da Cazolga de Vilanova de Lourenzá di a pasaxe da novela o seguinte:

“Facía unha noite horrible. Chovía e granizaba si Dios tiña que. Andiveron unha boa legua, sin embargo, e ó pé da sebe dunha roza, acamparon, sentáronse na mollada herba e puxéronse a comer xamón, pan e viño, que era o que compoñía as raciós. Despois tiveron sono, e como o home dorme cando esta cansado na punta dun corno, mollados coma pitos, roncaban a máis mellor. Ás duas da noite chamou a Pedro o capellán da partida, que era o crego Das Casolgas, e dixolle que el había reconocido o sitio onde estaban; e que el sabía que moi cerca había unha cabana para gardar as ovellas. Vamos refugiarnos aló, mentras ven o día. Xa se conoce que ti es crego, que che gustan as comodidades. Guía e vamos”. (1)
Éste “Crego das Casolgas” chamábase Francisco Ramón Rodríguez Pillado. Naceu ás nove da noite do 5 de febreiro do ano 1843 no lugar de san Fiz-A Cazolga-Lorenzana. Foi bautizado por Frei Mauro Fernández Villa, encargado interinamente da parroquia. Era fillo lexítimo de Manuel Rodríguez Rebellón e de Antonia Pillado Maseda. Era neto paterno de José Benito Rodríguez e de Rosenda Rebellón Vizoso, difuntos e veciños de san Fiz. Era neto materno de José Pillado e de Rosenda Maseda, veciños do lugar de Gondán, parroquia de San Julián de Cabarcos. Foron seus padriños D. José Rodríguez, clérigo de menores, veciño da parroquia de san Miguel de Reinante e por non poder asistir verificouno no seu nome Veremundo Rodríguez Rebellón e por madriña a Ramona Santomé, ambos solteiros e veciños o Veremundo do expresado san Fiz e a Ramona residente no Porto de Santiago de Foz.(2)
Seu irmau Veremundo Cipriano (16-05-1846), que tamén aparece na curiosa foto da Partida, na primeira fila de pé e de esquerda a dereita o sexto, tamén foi detido po-las autoridades.

O expediente persoal de D. Francisco Rodríguez Pillado (1862-1869), do que extractamos alguns datos, di: “D. Pascual Sarmiento y Teijeiro, Secretario del Ayuntamiento de Villanueva de Lorenzana, del que es Alcalde D. Antonio Boan y regidor sindico D. Ramón Novo. Señas personales de Francisco Rodríguez: pelo castaño; cejas idem; ojos idem; nariz regular; barba poca; boca regular; color bueno; frente regular; aire idem; producción buena; estatura un metro setenta centímetros. Obtuvo el número veinte en el sorteo celebrado en primero de febrero de mil ochocientos sesenta y tres para el reemplazo del ejército activo, quedando libre del servicio militar, por inútil ante el consejo provincial, según oficio del diez de julio”.

O 8 de decembro de 1868 dirixe un escrito ao Gobernador Eclesiástico da Diócese de Mondañedo -Ascenso al Sagrado Diaconado- “Suplica a V. P. se digne concederselo para poder ir a recibir el predicho Sagrado Orden del Sr. Obispo de Lugo en las próximas Témporas; es favor que espera conseguir de la bondad de V. S. Mondañedo 8 de diciembre de 1.868. Francisco Rodríguez Pillado.”
Parroquia de Vilanova de Lourenzá. Escrito de 7 de mayo de 1868. “Ha ejercido solemnemente y repetidas veces en esta iglesia el Sagrado Orden del subdiaconado”. Firma: Fray Mauro Fernández Villa.
Secretaría do Bispado de Mondañedo, xullo 29 de 1877. “R. R. Rector del Colegio de Misioneros de San Francisco de Santiago. Muy Sr. Mío, de mí más distinguida consideración y respeto. El Sr. Gobernador eclesiástico de este Obispado, sede vacante, que salió a la madrugada del día de hoy en dirección a la ciudad de Ferrol, correspondiente a esta Diócesis, a cumplir con el deber de felicitar a S. M. el Rey, me dejo el encargo de participar a V. que en uno de estos días se le presentará para ejercitarse espiritualmente en esa Santa Casa el presbítero D. Francisco Rodríguez Pillado, patrimonista de este Obispado, que estuvo ausente en el Norte desde 1872, por las razones que él le manifestará, viaja con nombre supuesto, barba cerrada, castaño oscura y anteojos azules, es de regular estatura, buen color y cuerpo airoso. Ruego pues a V. en nombre de dicho Señor Gobernador se digne admitirlo en ese convento y disponer sea ejercitado por el tiempo que crea oportuno”. Manuel García Ochoa.
No mes de outubro de 1890 atópase destinado en Santa María de Mogor. No mes de agosto de 1893 atopábase destinado en Roupar. Mais tarde faise cargo da parroquia de Santa María de Gundaisque e a su unida de Santiago de Boizán, por non aceptar o Sr. Teijeiro. (3)
D. Francisco Rodríguez Pillado, presbítero, finou ás vinte horas do vinteséis de febreiro de 1915 no barrio de Vilaxoane (Foz). (4) Certos estudosos da biografía do poeta dan por posíbel a éste Francisco como pai do poeta baseándose que éste foi crego e militar, á marxen da defunción do poeta inscribeuse a seu pai co nome de Francisco. Este Francisco fínase en Vilaxoane-Foz en 1915 e a nai do poeta tamén en Foz en 1908. No seo das familias Noriega nunca se afondou neste tema, sempre coa vontade de respetar os desexos da nai do poeta e do seu irmau que nunca déron a coñecer a procedencia do seu pai, non seremos nós agora os que non cumplamos coas súas derradeiras vontades.

(1)- “Xan de Masma”, A Besta, páxina 210.
(2)- Arquivo Diocesan de Mondañedo, parroquia de Vilanova de Lourenzá, libro 9 de bautizados, folla 90, número 119.
(3)- Arquivo Diocesan de Mondañedo, expedientes persoais dos cregos ordenados no século XIX.
(4)- Rexistro Civil de Foz, tomo 27 de defuncións, folla 154, número 33.

D. Eduardo Lence Santar contaba na prensa local que o “Seminarista de Masma” na realidade chamábase Andrés González Santomé e era un dos compoñentes da partida carlista mindoniense. A súa partida de bautismo dinos o seguinte:

Andrés nació cosa de la una de la tarde del 19 de abril de 1.845. Era hijo legítimo de Juan González Fernández “Pardiñeira” y de su mujer Tomasa Santomé Amieiro, vecinos de la parroquia de San Andrés de Masma y ella natural de Vilamor. Era nieto paterno de José González y su mujer Isabel Fernández, de esta misma y ella oriunda de Viloalle. Era nieto materno de José Amieiro, difunto y de Rosa Santomé de Vilamor. Fueron sus padrinos Andrés Díaz, soltero, medio hermano de la Tomasa y Josefa Fernández, también soltera. (1)


A documentación de órdenes e personal de D. Andrés González Santomé- 1865-1881-1882 e 1883 ten o seu expediente personal do que extraemos os seguintes datos: Escrito dirixido o 11 de febreiro de 1869 ao Excelentísimo Bispo de Mondañedo D. Ponciano de Arciniega. “Cursa el primer año de Filosofía, en clase de alumno interno,[...] expone que hallándose decidido a seguir la carrera eclesiástica, desea recibir la Primatonsura en las próximas Témporas de Ceniza”.

Certificación extendida pol-a Diócese Limovicensis (Francia), escrita en latín:[...] “Andrés González Santomé, hispanum ex exercitus domini Caroli 7º ducem post ingresum iuius Galliam[...]”. Limovici 21 de aprilis de 1881. Permaneció casi diez años en territorio francés.
El 7 de mayo de 1881, D. Manuel García Ochoa, presbítero, licenciado en Sagrada Teología, catedrático, Vice- Rector, Secretario de estudios del Seminario Conciliar de Santa Catalina de Mondañedo. Certifico: “Que D. Andrés González Santomé, natural de San Andrés de Masma, ha cursado y aprobado en este Seminario los cuatro años de latinidad y humanidades en clase de alumno interno, los tres de filosofía y los seis primeros de Sagrada Teología, en los cursos académicos de mil ochocientos sesenta al setenta y tres, habiendo merecido en los exámenes de aprobación de los expresados años escolares la censura de Meritus en los cuatro últimos indicados años de la práctica Sagrada Teología y la de Benemeritus en los demás mencionados años[...]”
Lugo 22 de julio de 1881. Escrito dirigido por Andrés González Robles “Que comprendido por dicho distrito para el reemplazo de 1865, le correspondió en sorteo el número 55, habiendo quedado libre de responsabilidad por haber resultado inútil[...]”.

O 3 de novembro de 1881, dirixe un escrito ao Sr. Bispo de Mondañedo: “Andrés González Santomé, clérigo tonsurado, alumno de primer año de derecho canónico, de edad 36 años a V. E. I. con el mayor respeto expone: que sintiéndose con vocación para el estado eclesiástico desea recibir las ordenes menores y el subdiaconado y se deje admitir a los próximos exámenes[...]”
O 1 de febreiro de 1882 era clérigo de prima, alumno do Seminario e cursante do primeiro ano de Dereito Canónico, desexa recibir o Orden Sagrado do Subdiaconado.
O 3 de marzo de mil oitocentos oitenta e dous D. Manuel Seoane, catedrático e Director espiritual do Seminario: “certifico que D. Andrés González Santomé, clérigo de menores y ejercitado para el subdiaconado, confesó y comulgó hoy día de la fecha[...]”


O 21 de abril de 1882. D. Andrés González Santomé, subdiácono, alumno de primeiro ano de dereito canónico: A V. E. Y. con el más profundo respeto expone: “que deseando que para el mejor servicio de Dios y de su Iglesia recibir el Orden Sagrado de Diácono y hallándose ya en treinta y siete años de edad[...]”

O 8 de agosto de 1882. D. Andrés González Santomé, diácono, alumno de Dereito Canónico expón: “que deseando recibir el Sagrado Orden del presbiterado, para mejor servicio de Dios y a la Santa Iglesia[...]”. Na parte superior de este documento aparece a seguinte anotación: Misa- Témporas de Adviento de 1883. Fue ordenado sacerdote por el Obispo de Mondañedo D. José Manuel Palacios López.
Carta do 29 de xaneiro de 1886, dirixida ao Gobernador Eclesiástico da Diócese de Mondañedo, como capelán vicario do convento das Dominicas de Valdeflores de Viveiro. “Que siendo obligación del clero de Vivero asistir dos veces a la semana a las conferencias morales según lo dispuesto por nuestro Prelado difunto, el exponente jamás pudo cumplir con exactitud con dicha obligación, por impedimento del sagrado ministerio que de mejor modo, mi conciencia, podía abandonar, sin perjuicio del bien espiritual de algunas almas[...] Para la dirección espiritual de diecinueve religiosas hay establecidas, dos días de confesión a la semana, los martes y los viernes, para que puedan comulgar los miércoles y los sábados, pero yo por que son muchas, ya por especialisimas razones[...] Por otra parte, el exponente reside fuera de Vivero y a una distancia bastante molesta en estos días de lluvias y frío para asistir a las confesiones y a la crudeza del tiempo y lo intransitable de los caminos[...] Humildemente ruego a V.S. se digne dispensarlo de la asistencia a las confesiones morales durante el invierno, prometiendo asistir una vez a la semana en los cuatro meses de verano, como todo el clero de la Diócesis, en cuyo tiempo y porque los días son más grandes, podría coordinar ambos deberes”. (2)

El capellán vicario
Andrés González Santomé

Sendo vicario do convento de Valdeflores de Viveiro D. Andrés González Santomé, restableceuse a costume de sacar en procesión, o día 8 de setembro, por las rúas do barrio de Xunqueira a efixie da Virxen. (3)
D. Andrés feneceu ás dúas da madrugada do 15 de septembro de 1889, no seu domicilio da Xunqueira (Viveiro). No momento do seu prematuro fenecemento atopábase de vicario no convento de Valdeflores. Fixo testamento ante o Notario de Viveiro D. Antonio Pernas Méndez. O seu cadáver recibiu cristiana sepultura no cemiterio de Santiago. (4)
D. Andrés González Santomé alcanzou o grao de comandante das tropas carlistas.

(1)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de San Andrés de Masma, libro 4 de bautizados, folla 116.
(2)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, expedientes personales de cregos ordenados no século XIX.
(3)- D. Juan Donapetry, Historia de Vivero y su Concejo, páxina 155.
(4)- Rexistro civil de Viveiro, libro 18 de defuncións, folla 183 e volta.

Na fotografía da partida carlista mindoniense do ano 1872, Górriz aparez na primeira fila de pé, de esquerda a dereita o cuarto (con barba).

“Nesto volveu a cantar o moucho e foi contestado. Eran Lanteiro e Gorriz, dous mozos como dous pinos, dous xigantes, e os dous carpinteiros. ¿Xa viñechedes? Dixo Pedro. Si Señor. Rabeabamos por estar xunto a vosté. ¿E de donde vides? Da súa Quinta de Pedrido”. (1)

Generoso María: Naceu ás dez da mañá do 23 de xullo de 1852. Era fillo natural de Juan Gorriz Gómez, veciño do Barrio dos Muiños de Arriba e de María Fernández que o é do lugar de Rego de Cas, Rilleira de Cesuras.
Era neto paterno de Vicente Gorriz, natural de Aragón e de Carmen González, natural e veciños do citado Barrio dos Muiños. Avós maternos: Ramón Díaz, difunto e Anastasia Fernández, que foi e é do citado lugar. Puxéronlle de nome Generoso María. Foi a súa madriña Manuela Fernández, solteira, tía materna do recén nacido. (2)
O avó paterno de Generoso, chamado Vicente Gorriz, de 77 anos, feneceu o 14 de febreiro de 1867 no Barrio dos Muiños de Arriba. Era fillo de Vicente Gorriz e de María Cebrián, difuntos, naturales de Aragón. Quedáronlle do seu matrimonio como fillos lexítimos: Juan, casado con María Fernández; Pedro, casado con Antonia Fernández; Antonio casado con Benita Maseda; Domingo, Dominica e José, solteiros.

(1)- “A Besta”, páxina 194.
(2)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro 25 de bautizados, páxina 58.

Na foto de esta partida carlista de Mondañedo, que foi apresada por forzas da Garda Civil o 11 de outubro do ano 1872 no lugar de Cabana de Bella, e pertence á parroquia de San Juan de Romariz, Concello de Abadín, hai un chocolateiro na primeira fila de pé, o terceiro de esquerda a dereita.
Chamábase Julián Iglesias Fernández, nado o 10 de marzo de 1841 en Mondañedo. Era fillo de Pedro Iglesias, de profesión chocolateiro e de Juana Fernández, veciños de esta cidade.
Nunha acta municipal do 14 de octubro do ano 1872, nun dos seus apartados di: “Hallándose preso en la cárcel pública de esta ciudad el alcalde del barrio del Progreso Julián Iglesias, en virtud de causa que instruye el juzgado de primera instancia, por delito de rebelión, se acuerda nombrar interinamente para este cargo a Francisco González del mismo barrio”.

“A Carima” aparez na coñecida foto, na segunda fila de pé, de esquerda a dereita o terceiro. Chamábase Ramón Manuel Rivas López, acólito e alfareiro.
Era fillo de Luís Rivas e de María López. Foi bautizado o 18 de xaneiro do ano 1853. Naceu ás oito e media da noite anterior. Era fillo lexítimo de Luís Rivas e da súa muller María López, naturales e veciños do lugar da Fabega, Rilleira de Ambroz, curato de esta cidade. Foron seus avós paternos Antonio e a súa Juana Paz, finados, que foron do mesmo lugar e esta natural de San Pedro de Argomoso. Foron seus avós maternos Antonio Alonso e a súa Luisa López, tamén finados, que foron do lugar de Balboa, neste curato. Foron os seus padriños Francisco Rivas, irmau do neno e Antonia López, tía materna.(1)

(1)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro 25 de bautizados, páxina 124

O carlista do Pasatempo aparez na foto en primeira fila de pé, de esquerda a dereita o primeiro. Seu nome era José Antonio Rivas Fernández “da Pallona”.
José Antonio era fillo de Andrés Rivas e de María Fernández das Penelas. Naceu ás catro da mañá o 17 de decembro do ano 1852. Era fillo lexítimo de Andrés Rivas e da súa muller María Fernández das Penelas, naturales e veciños do lugar do Pasatempo, Rilleira de Ambroz. Foron seus avós paternos José e a súa Antonia da Fraga, finados, que foron do mesmo lugar. Maternos Antonio Alonso e a súa Francisca Fernández das Penelas, finada, que o é e foi él de San Carlos na devandita Rilleira. Foron seus padriños o avó materno e a súa segunda dona Carmen Fernández (2)

(2)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro 25 de bautizados, páxina 113.

En esta novela de acción, tiduada “A Besta”, tamén nos atopamos con unha grande variedade de personaxes e non podía faltar un delator. O autor cítao en varios apartados da súa obra. Un deles di o seguinte: “¿E que fai aló o tío ñañaras de “Cortesías”? ¿Non dixen xa que non o quería? É verdade si contestou Lanteiro, pro fixome hoxe no taller tantas protestas de home de ben, que lle suprico D. Pedro (Patricio Delgado Luaces), que o ademita. Todo será probalo, e si se desmanda méteselle un tiro na testa. Vaia, pois que si ti o pides. Pro dame a ialma que ise ha de traicionarnos”(1)
“As doce da noite petaba “Cortesías” á porta de D. Policarpio Carrera (Alcalde de Mondañedo). Habíase desertado despois de cear, e naide se deporcatou. Coma un galgo andivo as dúas leguas que o separaban do pobo. Xa está diante do Alcalde. Este sentado na cama, embozado nun cobertor, escoita con atención. Xa non puiden máis señor. Tiñalle medo a D. Pedro (Xan de Masma) ¡Ai si vira como é o mozo! Donde pon o ollo pon a bala; salta coma un cabrito; monta coma un águila, e ten un xenio…Ben, ¿e que fixeches despois do ataque de Ferreira? Fumos ó Cadramón. Alí houbo tambor e gaita. O crego recibeunos con palio. E bailamos pola noite…”(2)

D. Eduardo Lence Santar, antigo Cronista de Mondañedo, nun artigo seu, publicado no ano 1933, no xornal “Hoy” de Mondañedo, dinos o nome e o primeiro apelido do delator.
Vicente Chao “Cortesías” naceu na Rilleira de Ambroz (actual parroquia do Carme de Mondañedo) e era fillo lexítimo de Jerónimo Chao e de Ramona Rodríguez: “En veintiséis de enero del año mil ochocientos veintiocho, yo D. José Antonio Esquerdeiro, presbítero, y excusador de D. Juan Francisco Murado, cura rector de la única parroquia del Apóstol Santiago de la ciudad de Mondañedo y su unida Santa María de Viloalle, bautice solemnemente un niño que nació hoy, a las cuatro de la mañana, hijo de legítimo matrimonio de Jerónimo Chao y Ramona Rodríguez, vecinos de esta ciudad. Abuelos paternos; José do Chao y la suya Ramona López, aquel difunto, que es y fue de la parroquia de Santa María de Vilamor. Abuelos maternos; Antonio Martínez, también difunto y su conjunta Rosa Rodríguez, que es y fue de la parroquia de San Miguel de Reinante. Pusele de nombre Vicente Benito. Fueron sus padrinos Vicente López Vilariño, residente en esta, soltero, hijo de Julián y de su mujer Antonia Vázquez, de la de San Andrés de Masma y Benita Pérez, viuda de José Fernández, no menos de esta parroquia”.(3)
Tamén foi detido por orden das autoridades e enviado posteriormente á isla de Cuba. A súa delación non lle aportou ningún beneficio.

(1)- “A Besta” páxina 195.
(2)- “A Besta” páxina 212.
(3)- Arcquivo Diocesán de Mondañedo, libro 18 de bautizados da parroquia de Santiago, páxina 127.

Santiago Freire Paz, labrador de Valiñadares aparez na fotografía da partida, na segunda fila de pé, de esquerda a dereita o segundo.
Santiago foi bautizado o 25 de septiembro do ano 1851. Naceu o día anterior, ás dez da noite, e púxoselle de nome Santiago. Era fillo lexítimo de Antonio Freire e de Josefa Paz, a súa muller, labregos, veciños e naturales da parroquia de Santiago de Mondañedo e moradores no lugar de Valiñadares. Era neto paterno de Antonio Freire e de Francisca Basanta, súa muller, finados, veciños e oriundos da propia parroquia e po-la materna de Luís Bouso e Juana Paz, finados, veciños de Santiago de Lindín aquel e ésta de San Pedro de Argomoso. Foi seu padriño Santiago Muiño e a súa muller Rosa Rodríguez. (1)

(1)- Arcquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro 23 de bautizados, páxina 453.

O carlista da primeira fila que está de pé na foto, de esquerda a dereita o sétimo (con barba) chamábase Ildefonso Gundían Fernández, zapateiro de oficio e veciño do barrio do Couto de Otero de Mondañedo. Naceu o día 3 de xullo de 1850. Era fillo lexítimo de Manuel Gundían e de Antonia Fernández, veciños da parroquia de Santiago de Mondañedo e lugar do Pasatempo. Era neto paterno de José Gundían e de Manuela Díaz, naturales de Santa Marta de Meilán e veciños do Barrio dos Muiños de esta cidade. Por parte materna de incógnito e de María Catalina Fernández, finada, de Vilanova de Lourenzá. Tivo por padriño a Alonso do Cal, solteiro e por madriña a Francisca Fernández, muller de Jacinto do Cal de esta cidade. (1)

(1)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santiago, libro 23 de bautizados, páxina 359 volta.

O cabo Lanteiro está na foto na primeira fila de pé, de esquerda a dereita, o quinto.

“Nombrados cabos Lanteiro e Gorriz, desde aquel mismo momento montouse unha guardia, e os demais puxéronse a cear. Comeron e beberon coma cas, e ás doce da noite emprenderon a marcha.(1)

Ramón Manuel-“El 6 de enero de 1847, yo D. José Antonio Esquerdeiro, cura ecónomo de la única parroquia del Apóstol Santiago de esta ciudad de Mondañedo, bauticé solemnemente un niño que nació hoy a las doce y cuarto de la noche. Era hijo legítimo de Francisco González Lanteiro y de Francisca Fernández, vecinos de la calle de La Princesa de dicha ciudad. Abuelos paternos, Juan González Lanteiro y su mujer Josefa Amor, difuntos, que fueron de la parroquia de S. Esteban de Piantón, Obispado de Oviedo. Abuelos maternos, Manuel Fernández Piñeiroa y la suya María Amor, también difuntos, que han sido de la de S. Esteban de Barres. Pusele de nombre Ramón Manuel. Fueron sus padrinos Manuel y Virginia González Lanteiro, solteros, hermanos del recién bautizado”.(2)
Algúns membros de esta familia residiron durante bastante tempo na vivenda sinalada co número 9 da rúa Perejil (actual de Pardo de Cela) de Mondañedo: Filomeno González Lanteiro naceu o 16 de xuño de 1.836, presbítero e beneficiado. Manuel González Lanteiro naceu o 7 de mayo de 1.830, presbítero. Carmen Sánchez Cedrón era sirventa da familia.

(1)-“A Besta”, páxina 196 e 197.
(2)-Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro 23 de bautizados, páxina 55 volta.

Leivas era o ferreiro carlista que aparez na foto en primeira fila de pé, de esquerda a dereita, o oitavo.
Foi bautizado na parroquia de Santiago de Mondañedo co nome José Ramón. Naceu ás catro da mañá o 26 de xullo de 1848, era fillo natural de María Ron Fernández, solteira, veciña do barrio de Valiñadares, parroquia de Santiago de Mondañedo. Era neto materno de Juan Antonio Ron e da súa finada muller Manuela Fernández, veciños do propio lugar de Valiñadares. Foron seus padriños José Pedrosa, solteiro, fillo de Diego e da súa muller Antonia Fernández, do barrio dos Muiños e Ramona Fernández, solteira, irmá e conveciña da mai do neno.(1)
Ramón Leivas, veciño do barrio dos Muiños de Mondañedo, derradeiramente recoñeceríao coma fillo lexítimo seu.
No ano 1888 exercía o oficio de ferreiro e formaba parte como socio da Sociedade de Obreiros Católicos de Mondañedo. En xaneiro de 1889 atopábase enfermo e imposibilitado para realizar as súas tarefas. No ano 1892 volta a enfermar por un espacio prolongado de tempo. Para reafirmar esta situación transcribimos un documento da devandita Sociedade relacionado coa súa enfermedade: “El socio D. José Leivas, residente en la calle de los Molinos número 41, se halla enfermo y necesita los auxilios de la ciencia médica, previstos en el Reglamento de la Sociedad de Socorros Obreros de esta ciudad. Mondañedo 13 de enero de 1889”. Asina o documento o médico e poeta D. Manuel Leiras Pulpeiro.
José Leivas Ron finouse o 15 de mayo de 1907 no seu domicilio do Barrio dos Muiños de Arriba, á idade de cincuenta e nove anos. En ese momento atopábase viudo de Luisa Gallego. Quedábanlle do seu matrimonio os fillos seguintes: Ramona, Cristóbal, Josefa, Graciano, Luís, Raimunda e Carmen, os dous primeiros maiores de idade e ausentes en América e os demáis menores e residentes na casa paterna. Fíxoselle enterro de primeira clase.(2)

(1) Arquivo Diocesán de Mondañedo, libro 23 de bautizados da parroquia de Santiago de Mondañedo, páxina 217.
(2) Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro de defuncións 1905-1913, páxina 84.

O alfareiro carlista da partida mindoniense aparece na foto na segunda fila de pé, de esquerda a dereita, o primero. O alfareiro en cuestión chamábase Manuel Modia Fernández “Prin”, nado o 4 de dicembro do ano 1846 na vivenda señalada co número catro da rúa San Roque de Mondañedo. Era fillo lexítimo de Pedro Modia, de profesión alfareiro, natural de San Martín de Guillar (Lugo) e de Luisa Fernández García, veciños de esta parroquia. Era neto paterno de Francisco Modia e de Manuela Varela, finados, da expresada de Guillar. Neto materno de Bernardo García e de Josefa Fernández, finados e naturales de Vilanova de Lourenzá. (1)
No ano 1876, xa se había finado o pai de Manuel e rexentaba o obradoiro de cacharrería de vidro a súa mai Luisa. Por esas datas o citado obradoiro tiña unha producción anual de 125 pesetas.

(1)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santiago, libro 23 de bautizados, páxina 405 volta.

“Entrou, pois, “O Manchado” de Viloalle, que era un dos prisioneiros. Séntese vosté defensor da santa causa, dixo o xuez ríndose socarronamente. Co permiso de vosté, señor xuez, respondeu “O Manchado” que era un labrego con máis tretas ca un avogado. Co permiso da súa señoría… si lle parece pois eu teño este tratamento. Perdoe, señor. Eu son un probe labrego non acostumbrado a andar entre as señorías da vila. Vosté o que é e un dotor en troulería campestre. Conteste ben e ó dreito. Sinón vai pra dentro.(Con
Comentarios (0) - Categoría: DATOS BIOGRÁFICOS - Publicado o 17-05-2019 22:50
Ligazón permanente a este artigo
NORIEGA E A TRADICIÓN(2)

(Continuación)

lugar escollido pol-o crego para agocharse na ladeira da agreste montaña, pois “pedían su cabeza” dende a capital do Estado ao encontralo involucrado no Movemento Carlista e por dar acubillo e alimentos aos compoñentes da partida carlista de Mondañedo que se votaran ao monte nos comezos do mes do outono do 1872.
O “penido” óllase preto das ruínas do que os veciños chaman “a casa da neve”, fermosa paraxe de empinadas costas pechas de bosques de uzes que agochan a cavidade do Lombo do Foxo. De formas irregulares remata en forma de cuña enfeitada con musgos e líquenes que locen brizos agarimados pol-as espesas brétemas e nun intre aparecen e desaparecen como por arte de maxia, enguedellándose pol-as ladeiras das enxebres montañas da “Furna”, apousándose cos marmullos das iaugas do río Ouro onde garulan paxaros a centos e repinica a “choca” das vacas que de vez en cando monean pacendo paseniñamente pol-o lugar onde don Juán tivo que superar mil e unha calamidades perante a súa longa estancia no alicerce daquel “penido”.

A parroquia de San Xorge do Cadramón pertence ao concello de Ferreira do Valadouro e comprende os lugares de: Abelleira, Alvarado, Campo, Cancelas, Corvelle, Cortegaza, Chocha, Fermucente, Folgueiras, Fuente Dávila, Jelfa, Liñarega, Loureiro, Mojoeira, Portodorío, Rego Cabado, Rozas, Sistomayor, Tituelo, Valsa e Veiga.(1)
No fondo dos enxebres montes da Furna chamados “Lombo Pequeno”, “Cabanas”, “Fontao”, “Pena do Oso” e “Lombo do Foxo” discorren as iaugas do Río Ouro as cales conforman o gran “Pozo da Furna”.
Fai moitos anos, nestes territorios da parroquia do Cadramón, os veciños cavaron no chan unhos pozos de gran tamaño, en forma circular, coa boca rodeada dun muro de pedras e unha profundidade de unhos tres metros cun diámetro de unhos cinco. A finalidade de estas rudimentarias obras era a de cazar as abundantes manadas de lobos, xa que todos os anos causaban numerosas baixas nos rebaños gandeiros da parroquia.
O primeiro atópase cerca do Pozo da Furna, na marxe dereita do cauce do Río Ouro, fronte ao “Prado dos Currás” e un pouco máis abaixo do reguiño que vén da “casa da neve”. Na actualidade, o abandono e a impenetrábel vexetación fixérono caseque desaparecer.
Hai outro no lugar coñecido como “As Campelas”, máis arriba das vivendas do lugar de Portodorío. Este pozo percíbese mellor que os outros ao atoparse nunha zoa despoboada de vexetación e adicada a alindar o gando.
O da “Costa Abilleira” ou “Rego do Foxo” atópase moi cerca do trazado da estrada local que atravesa a parroquia, no medio dunha finca de monte prantada de eucalitos, un pouco máis adiante das vivendas do lugar de “Fonte da Vila”. Istos pozos foron utilizados moitos anos pol-os veciños do Cadramón para librarse das manadas dos lobos existentes. Baixaban un cabrito dentro do pozo que facía as veces de cebo-reclamo dos depredadores; ao atoparse pechado sen poder sair chamaba seguido ata que o lobo aparecía famento e se tiraba dentro do pozo para cazar o indefenso animal; ese momento era aproveitado pol-os veciños que estaban atentos para asomarse pol-a boca do pozo e provistos dunhas largas palancas de madeira bén afiadas, dábanlle morte. Istos pozos xa fai moitos anos que non son utilizados para cazar lobos, e moitos foron recheados para evitar accidentes de persoas e animais, actualmente pasan xa desapercibidos ata para os mesmos veciños. As normas da caza cambearon e na actualidade o lobo é unha especie ben protexida.

(1)- Diccionario de D. Pascual Madoz, ano 1.845, tomo III, páxina 454.

No mes de Xullo do ano 1866 D. Juán Campo Gómez (1840-120) era coadxutor das parroquias do Pereiro e do Cadramón. En Agosto do 1882, seguía figurando como ecónomo, e o motivo era por non haber despachado o Expediente no Ministerio de Gracia e Xusticia e dar orden para que se lle pagase como crego. Finou como se pode ollar na súa campa do cemiterio parroquial do Cadramón, na casa retoral do Cadramón ás dúas da mañá o 12 de decembro do 1920. Pertencía á Hirmandade de Sufráxios do clero, co número 14. Tamén pertencía á de Oracións e Sufráxios do Montepío.(2) En fronte da porta de entrada, ao fondo do cemiterio parroquial do Cadramón, atópase a súa sepultura, cuberta cunha grande pedra caliza e rematada un cruceiro de cantería.

“¡Farruco!- berrou- ¡Ou Farruco! Un mozo coma un trinquete sobeu. Era seu irmau pequeno, ó que lle levaba vinte anos”.(3)

Francisco Campo Gómez, irmau de D. Juán, tamén se atopa enterrado no cemiterio parroquial do Cadramón, nunha sepultura situada ao costado da de seu irmau.

(1)- “Xan de Masma”, ¡A Besta!, páxina 164.
(2)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, cregos ordenados no século XIX, expediente personal.
(3)- “Xan de Masma”, ¡A Besta!, páxina 164.

D. Juán tiña fama entre os veciños da parroquia de ser bon cazador, de “recomendar” algunhos matrimonios entre eles e parecía ser, que non lle agradaba moito ver bailar ás mozas da parroquia. D. Juán chamáballe ao seu estimado can “Rodín” e mantiña dende facía xa tempo unha grande amizade cun veciño da parroquia de san Bartolomé de Corbelle, no concello de Abadín (D. Ángel Cacharrón Salgueiro, tamén carlista). Cando D. Juán quería porse en contacto co seu bo amigo mandáballe unha nota escrita atada no colar do can. O amigo após de ler a nota devolvíalla contestando pol-o mesmo método. O fidel cánido facía de mensaxeiro.

D. Juán, firme comprometido co Movemento Carlista de Mondañedo. Dende a capital do Estado chegaron a “pedir a súa cabeza”. Nos primeiros días do mes do Outono de 1872 D. Juán desaparece da parroquia e estivo agochado na cova natural que hai debaixo do “Penido da Costa” ata o mes de Setembro do 1874, ano en que aparece de novo asinando anotacións de bautismo. Nentramentras asinaballe as anotacións o seu amigo D. Ángel Cacharrón Salgueiro. Esta cavidade natural donde estivo tanto tempo agochado atópase nunha empinada ladeira enxebre dos montes da “Furna” citados noutro apartado da novela. A familia e algunhos veciños achegáronlle clandestinamente alimentos dabondo para o seu sustento nentramentras estivo agochado e aportáronlle a roupa necesaria para a supervivencia sobortodo nos crúos e longos invernos da montaña brabía. D. Juán era posuidor dunha meritosa caligrafía, como se pode comprobar nos libros parroquiais do Arquivo Diocesán de Mondañedo, mais, após de sofrir tantas penurias ésta foi paseniñamente desmellorando.

Un devanceiro chamado Manuel Cao Campo exerceu a mesma vocación ecresiástica, nado no Cadramón o 17 de Novembro de 1940(1), ordenado en Mondañedo pol-o Bispo D. Jacinto Argaya Goicoechea o 29 de Xuño de 1966. Finou o 25 de Xaneiro de 1983 na parroquia de santa Eulalia de Villaosende.

Os retallos da transmisión oral que deixou Félix Noriega Varela do crego do Cadramón cando baixaba a Carballomariño lévannos a pasaxes da novela “A besta” e fannos sospeitar que muito do que nela se conta foi o que verdadeiramente aconteceu. Vexamos senon como don Juán existíu na realidade. (Véxase anexo nº 44).

[D. Juán Campo Gómez, Coadjutor de las parroquias de Santa María del Pereiro y su unida de San Jorge del Cadramón.

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Diocesán San Jorge Cadramón, libro 3º de bautizados, 1833/1851, páxina 34 volta e 35.

A documentación existente nos arquivos mindonienses, prácticamente descoñecida e os datos transmitidos de maneira oral ata por veciños que conservan unha memoria privilexiada amosan nomes patronímicos e de persoas que aparecen citados na novela que escribiu anos máis tarde Patricio Delgado Luaces “Xan de Masma” intitulada “A Besta” e que son reales. O autor, como compoñente da citada partida, descrebeos minuciosamente.
Vexan as interesantes páxinas 202 e 203 da devandita novela:

“Diante da casa do cura(1) todo era bullicio i-algazara. Nun caldeiro colgado dun pau atravesado sobre dous montós de pedras, fervían catro follas de bacallau, seis libras de arroz (unos tres kilos) e unha arroba (unos 14 kilos) de patacas. O rancho olía a groria. Cearon ben, e cearon todos os veciños que alí xuntáronse e para todos houbo, pois D. Juan(2) nada facía a medias. Montouse a guardia, e comenzou o folión(3). No morral dun guerrilleiro dormía unha frauta. A frauta despertou e comenzou a florear un fandango moi bo. ¡Vivan os carlistas!, berraban as mozas. ¡Vivan as mozas do Cadramón!, contestaban os xa fogueados soldatos do rei. D. Juan, Pepiña e Pedro(4) contemplaban a escena sentados sobre dun carro. A D. Juan caíalle a baba. Tiña diante os guerreiros da cruz; tiña o lado a Pepiña(5) co seu futuro. ¡Viva o xefe que é un Valente!, berrou Santiago Freire, un mozo de Lindín coma un carballo de forte(6). ¡Viva a xefa!, añadeu o sargento Andrés(7) e alumado polo viño, puxose a cantar en latín: “Quadrupedante putrem, sonitu qualit ungula campum”. Efectivamente alí habia sonidos e ruidos de campamento. Momentos despois dormían todos no chao, e Pedro entre eles, pois que César facía a mesma vida cós seus soldatos.”

Nas páxinas 160 e 161 ollamos outras vicisitudes de D. Juán:

“Desde que D. Juan volveu pra aló, tódolos pícaros e pícaras sabián ler e escrebir, ¿e sabedes por que? porque o cura dáballes escola tódalas noites, e inda bos azoutes ós pícaros cando non desprendían ben, e zamelos e noces cando estudiaban.
Desde que el fora pra aló, había butica e médeco que cura gratis et amore con borraxas, tilo; herba luísa, té, quinina, sudoríficos e aceite de ricino.
Desden entón non había preitos nin riñas, nin xuntoiros por detrás da Iglesia, porque el na sancristía sentado nun sillón de vaqueta, o mesmo revolvía as Pandectas, que levantándose e poñéndose a pelliz sobre da lavita con zocas, casaba de balde, e bautizaba e enterraba o mesmo; e cando os labregos querían pagarlle decía: -Dáme o que queiras e métemo aí no peto, porque a min os cartos empórcanme as maus”.

(1) Destacada edificación ubicada caseque enfronte do cemiterio e igrexa parroquial de San Xorxe do Cadramón, na súa maior parte construida con grandes cachotes de pedra de cantería, dotada de dúas alturas e con outra edificación encostada que supomos servía para gardar carruaxes e cortes para o gando. Nun dos extremos de esta derradeira edificación hai un forno para cocer pan.

(2) O nome completo do crego era D. Juán Campo Gómez, natural do barrio “do Campo” na mesma parroquia. Nacera o 24 de xuño do 1838; era fillo de Antonio Campo e de María Fernández. Foron seus padriños José Gómez Ramos, solteiro e Manuela da Veiga, moradores no lugar do Coto, términos do Cadramon(A). No ano 1864 aparez xa o seu nome e a súa firma en algunhas anotacións de bautismos parroquiais.
D. Juán finou o 18 de decembro do ano 1920 no seu domicilio da parroquia, como se pode comprobar na súa lápida da campa parroquial do Cadramón.

(3)Foliada, ruada, festa improvisada.

(4)Seu nome era Patricio Delgado Luaces, nado en Mondañedo o 6 de agosto do ano 1850, propietario dun establecemento na Praza da Catedral número 3, cursara a carreira de comercio, pagou a sustitución de soldado e gastou importantes cantidades de diñeiro en alimentos mentras estivo nas prisións civís e militares.

(5)O nome e os apelidos da criada do crego nisos momentos eran “Pepa” Peón Cao, con familiares hoxe en día próximos na parroquia mindoniense de Santa María de Viloalle, na casa de Mañas pol-a vinculanza de Antón da Ponte.

(6)Santiago Freire Paz era natural do barrio de “O Castro” da parroquia de Santiago de Lindín (Mondañedo)

(7)Andrés González Santomé, seminarista natural de parroquia de San Andrés de Masma (Mondañedo); fillo de Juán e Tomasa.

(A)-Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de San Jorge do Cadramón, libro 3 de bautizados (1.833-1.851), folla 34 volta e 35.
(B)-Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de San Jorge do Cadramón, libro 4 de bautizados (1.852-1.892), folla 136 volta.

D. Juán Campo estivo en busca e captura durante un tempo asegún nos consta na seguinte nota de prensa:

D. Gregorio Vieito de Hoyos, Juez de primera instancia de la ciudad de Mondañedo y su partido, por el presente cito, llamo, y emplazo a D. Juan Campo Fernández (en otros documentos figura con el apellido Gómez), presbítero, coadjutor de la parroquia de S. Jorge del Cadramón, termino municipal del Valle de Oro, cuyas señas personales se expresan a continuación, a fin de que en el término de 30 días, contados desde la última inserción de este anuncio en los Boletines de las cuatro provincias de Galicia y en la Gaceta de Madrid, se presente en este Juzgado a responder a los cargos que le resultan en causa contra D. David Cornejo Díaz y otros por delito de rebelión en sentido carlista y a rendir indagatoria; con advertencia de que si no lo verificase, le parará el perjuicio que haya lugar. Al propio tiempo exhorto a todas las Autoridades, así civiles como militares, y de cualquier clase que sean, a fin que procuren la busca y captura de dicho presbítero; y siendo habido, lo remitan con seguridades debidas detenido a este juzgado.

Señas Personales: “Edad, 34 años; estatura completa; pelo castaño, ojos garvos; barba poblada; nariz regular; cara oval; color bajo; vestía gabán, chaleco y pantalón de paño negro, usado, sombrero hongo, también negro, tapaboca de merino negro y botas de cuero (1).

Dado en Mondañedo a 13/11/1872. Gregorio Vieito. De mandato de S.S. Pascual Vázquez.

D. Juan Campo Gómez (1838-1920), párroco de S. Jorge do Cadramón non se presentou ás autoridades e escondeuse desde o mes de outubro de 1872 ata o de setembro de 1874 nunha cavidade existente no inhóspito paraxe coñecido como Lombo do Foxo da parroquia.

(1) “Gaceta de Madrid”, núm. 325, del 20 de noviembre de 1872.

Na actual rúa Pardo de Cela de Mondañedo mantense en bo estado de conservación o caserón de don Policarpo, outro personaxe destacado da novela que perseguíu aos rebeldes carlistas. (Véxase anexo nº 46).

O nome verdadeiro desta persoa á que refire o pasaxe da novela, descrita pol-o autor intenzoadamente de maneira chocalleira, é D. Policarpo Carrera Barrera, natural da parroquia de Santiago de Baroncelle, concello de Abadín (Lugo), residente na rúa Perejil (actual Pardo de Cela) e de oficio abogado. Era fillo de D. Felipe Carrera e de Dª Antonia Barrera, tamén naturales de Baroncelle. Nos libros de actas do Concello de Mondañedo aparez o seu nome como segundo Tenente de Alcalde o 1 de Xaneiro de 1848, aínda que non pode concorrer á toma de posesión por atoparse enfermo i é achegado á sección de Facenda.

D. Policarpo Carrera está como Presidente da Corporación Mindoniense (Alcalde) na acta levantada o 1 de Xaneiro de 1851. O 1 de Xaneiro de 1852 cesa por virtude da nova elección de concelleiros e deixa de aparecer após do 2 de Xaneiro do 1871. Nestas datas formaban parte da corporación mindoniense, ademáis de D. Policarpo: D. José María Lage, D. José Kampeling, D. José Vivero, D. Francisco Alonso, D. Antonio Novo, D. Manuel Núñez, D. José María González e D. Manuel Pardo, entre outros.

D. Policarpo Carrera tiña vínculos cos Montenegro de Mondañedo. Nos anos corenta do século XIX, residía na Praza de Mondañedo

D. Policarpo Carrera Barrera, avogado e Alcalde da cidade de Mondañedo, desfigurado e ata vilipendiado por D. Patricio Delgado Luaces Xan de Masma na súa novela titulada A Besta.
O noso interese é aportar datos descoñecidos para a gran maioría de mindonienses e colocar a D. Policarpo no lugar que se merece pola súa actividade profesional e política. O que descoñeciamos era que o Licenciado D. Policarpo Carrera Barrera ocupara durante a súa traxectoria política os cargos de Presidente da Diputación Provincial de Lugo, o de Alcalde de Mondañedo en varias ocasións e que ata fora elixido Deputado a Cortes en Madrid.
Coa información recollida comezamos a buscar en diferentes arquivos datos persoais e noticias relacionadas cos seus cargos políticos. Resultando unha tarefa intrigante, pero ao mesmo tempo, entretida.
-A súa actividade política-
En outubro de 1840 o avogado D. Policarpo Carrera é nomeado provisionalmente fiscal para o xulgado de primeira instancia de Becerrea (Lugo). En 1843, componse a nova Diputación provincial de Lugo. Entre os elixidos áchase D. Policarpo Carrera (4).
Unha das moitas veces que aparece citado D. Policarpo no libro de Actas do Concello de Mondañedo é na de data 5 de xaneiro de 1848 e di: Xuraron e tomaron asento os Srs. Licenciado D. Policarpo Carrera Barrera, como segundo tenente de alcalde e D. José Folgueira, sen prexuízo do que resolva o Sr. Xefe Político da provincia. O Alcalde-Presidente era D. Ramón Pousada Pardo.
No acta do 2 de xaneiro de 1850 xa figura como Alcalde-Presidente da corporación mindoniense. Figuran na citada acta, como membros da corporación, os seguintes veciños: D. José Serantes Duttón, D. Froilán Núñez, D. Luís Cordido, D. Francisco Palacios, D. Pascual Louro, D. Manuel García Montenegro, D. Juan Bautista Meire, D. José Folgueira, D. Ramón Pampillo, D. José Acebo, D. Manuel Basanta, D. Gabriel Santiso, e D. José Parga (2)
No mes de outubro de 1854 é elixido Deputado a Cortes.
O 8 de xullo de 1856 din desde Mondañedo: Onte foi un día de inmenso xubilo para os liberais de Mondañedo, ao mesmo tempo que desesperación para os partidos do oscurantismo. A espontanea e halagüeña acolleita que os seus numerosos amigos, o ilustrísimo Concello e o pobo enteiro prepararan ao independente deputado a Cortes D. Policarpo Carrera, proba non só a fe nos verdadeiros principios progresistas, senón tamén que malia as maquinaciones dos inimigos da luz, esta penetra nas intelixencias aletargadas baixo as férreas cadeas con que non ha moito a oprimían. Moi cedo pola mañá saíran os amigos, unha comisión do Concello e a oficialidad da Milicia nacional a recibir ao protector dos nosos intereses. Ás cinco da tarde un gentío inmenso e os milicianos vestidos de gala a cuxo fronte achar o decidido patriota D. Pascual Louro, esperáronlle unidos cos individuos da academia nos arredores da cidade. Acompañado dos seus amigos e dos coñecidos liberais D. Ramón Pampillo e D. José Ulloa, que con el viñan desde Lugo, entrou o Sr. Carrera en Mondañedo.
Na mesma noite o Concello obsequioulle cunha linda serenata, inmensidade de bombas e voladores mesturáronse con entusiastas vivas á liberdade, a Raíña, o duque da Vitoria e as Cortes constituyentes. Concluída a serenata, percorreu as rúas desta poboación a academia facendo resoar o aire co himno da liberdade, terminando deste xeito a demostración de agradecimiento que o pobo de Mondañedo deu ao liberal deputado (7).
En 1868 atopamos de novo a D. Policarpo presidindo a corporación mindoniense. Na Sala Consistorial da cidade de Mondañedo a 4 de outubro de 1868, reúnense, previa convocatoria, e ante a Xunta revolucionaria desta cidade os señores nomeados pola mesma para ocupar o novo concello deste Distrito, que a continuación se expresan: Lic. D. Policarpo Carrera Barrera, D. Cándido Martínez Montenegro (cuñado de D. Policarpo), D. Antonio Ferreiro Hermida, D. Juan Ferreiro Fonte e D. Juan Taladrid.
Señores do Novo Concello: D. Policarpo Carrera, alcalde presidente; D. Manuel Pardo Montenegro, regidor segundo; D. Manuel Núñez, regidor terceiro; D. Joaquín Candia, regidor cuarto; D. José Campeling, regidor quinto; D. Ramón Lastra, regidor sesto; D. José Vivero, regidor sétimo; D. Pedro Salaverri, regidor oitavo; D. José Villaamil e Castro, Sindico segundo. Os demais señores nomeados: alcalde segundo D. Ramón Pampillo; D. Tiburcio Miranda, regidor primeiro; D. José María Lage, Sindico primeiro (8).
-A súa vida familiar-
O 27 de maio de 1860 cásanse na parroquia de Santiago de Mondañedo D. Policarpo Carrera Barrera, viudo de Dª Manuela Espiroz, de cincuenta anos , fillo lexítimo de D. Felipe Carrera e de Dª Antonia da Barrera, veciños de Santiago de Baroncelle (Abadín), defuntos e Dª Evarista Martínez Montenegro, de 30 anos de idade. Dª Evarista era filla lexítima de D. Pedro Martínez Pastur, defunto e de Dª María Montenegro Portilla, veciños de Mondañedo. Foron testemuñas do enlace matrimonial D. Cándido Martínez Montenegro e D. José Parga, veciños de Mondañedo e D. Andrés Carrera, cura de Santa María de Villapena (5).
O 1 de marzo de 1861, nace no seu domicilio da rúa Perejil (actual Pardo de Cela) de Mondañedo o neno Segundo Andrés Carrera Martínez.
O 27 de marzo de 1876, D. Policarpo Carrera achábase doente e efectúa testamento ante o Notario de Mondañedo D. Fernando Lago Pérez (6). Nun dos apartados do seu testamento roga aos seus cuñados e sobrinos auxilien ao seu viuda e ao seu único fillo, Segundo Andrés. Noutro apartado recoñece que do seu segundo matrimonio tivo varios fillos, que faleceron de tenra idade, sobrevivindo soamente Segundo Andrés, duns catorce anos de idade. Son testemuñas do citado testamento D. Fernando Paz Vivero, D. Ramón Lastra e Cueto, D. Joaquín e D. Tiburcio Basanta Gayoso e D. Florentino Rodríguez Maseda, veciños de Mondañedo.
D. Policarpo Carrera Barrera faleceu en Mondañedo o 6 de maio de 1876, á idade de sesenta e oito anos. O 20 de abril de 1900, faleceu na rúa Progreso de Mondañedo Dª Evarista Martínez Montenegro, viuda de D. Policarpo, á idade de 72 anos. Quedáballe do seu matrimonio un único fillo chamado Segundo Andrés, de 39 anos, residente en Madrid.
-A súa descendencia-
O seu único fillo, D. Segundo Andrés ocupou cargos de gran responsabilidade no Ministerio de Fomento. En 1896, D. Segundo, que xa era Xefe do Negociado de Academias, Arquivos, Bibliotecas e Museos casouse en Valmaseda con Dª Juana de Ibarreche e Martínez da Costa (9). Durante un tempo, D. Segundo publicou diversos artigos e poesías no semanario ilustrado A Gran Vía (10) e ata desexaba publicar un libro ao que tiña proxectado titular A cor da miña terra.
Dª Juana, xa viuda de D. Segundo, outorgou contrato de arrendamento o 10 de xullo de 1912 ante o Notario de Mondañedo D. Basilio Verdía Tobía a favor de D. José María Bermúdez Leivas, polo que lle arrendar un caserío composto de varias dependencias e unha extensión superficial de máis de 6.000 fanegas, ou 1.207 hectáreas de monte e labradíos na Fragabella, no insignificante prezo anual de 130 pesetas (11).
Coñeciamos a D. Cándido Martínez Montenegro como Deputado a Cortes por Mondañedo pero descoñeciamos totalmente ao Deputado Carrera.

(1)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Baroncelle, libro de bautizados, páxina .
(2)- Arquivo municipal de Mondañedo, cartafol 964, libro de actas (1846-1850).
(3)- O Heraldo, do 3 de novembro de 1843, pág. 3.
(4)- Biblioteca Nacional, Hemeroteca digital, A Nación, do 25 de outubro de 1854, pág.2.
(5)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro 10 de matrimonios, folio 63 volto.
(6)- D. Fernando Lago Pérez faleceu en Mondañedo o 29 de agosto de 1889. Achábase viudo de D ª Josefa Montenegro Portilla (tía materna de Evarista).
(7)-Biblioteca Nacional, Hemeroteca digital, O clamor público, do 8 de xullo de 1856, pág.2.
(8)- Arquivo municipal de Mondañedo, cartafol 967, libro de actas (1861-1870).
(9)- Biblioteca Nacional, Hemeroteca digital, Gaceta de Ilustración Pública, do 7 de febreiro de 1896, pág. 6.
(10)-Biblioteca Nacional, Hemeroteca digital, Diario de Córdoba, núm. 13069, de 28 de maio de 1895.
(11)-O Cruzado, nº 224, de data 14 de xullo de 1915.

Tamén D. Pedro Martínez Pastur, tiña relación co carlismo mindoniense, de profesión comerciante (comercio de panos), natural de Santiago de Villaodrid, casado con Dª María Montenegro Portilla, natural de Mondañedo. D. Pedro era fillo lexítimo de D. Ramón Martínez, de profesión ciruxián, natural de Santirso de Abres (Oviedo) e de Dª Juana López de Gegunde, natural de Santiago de Villaodrid. Dª María era filla lexítima de D. Juan Montenegro Villamar de Mondañedo e de Dª Manuela Portilla, tamén de Mondañedo.
O 11 de abril de 1851, faleceu á idade de 51 anos, no seu domicilio da Praza de Mondañedo D. Pedro Martínez Pastur, a consecuencia dunha epidemia de cólera que azoutou á poboación de Mondañedo e as súas arredores. Quedábanlle do seu matrimonio os fillos seguintes: 1)-D. Xeneroso(n- 17/7/1829), comerciante; 2)-Dª Evarista (n- 30/10/1827), futura esposa de D. Policarpo Carrera, avogado e Alcalde de Mondañedo;3)-D. Valentín Patricio Cándido José (n- 9/3/1831), avogado e futuro Deputado en Madrid; 4)-D. Secundino (n- 11/6/1835) ,sacerdote;5)-D. Constantino (n- 23/7/1837); 6)-D. Perfecto (21/8/1839);7)-D. Severiano Teodoro (n- 8/11/1841), tamén comerciante, casado con Dª Adelina Lamas Illade; 8)-D. Salustiano (n- 28/3/1844) e 9)-D. Federico (n-23/1/1849), anos máis tarde, estudante de medicina, todos menores de idade.
O 3 de xullo de 1869 faleceu aos 58 anos de idade, no seu domicilio da Praza Pública de Mondañedo, Dª María Montenegro Portilla, viuda de D. Pedro Martínez Pastur.
A súa filla, Dª Evarista, casouse na parroquia de Santiago de Mondañedo o 27 de maio de 1860 con D. Policarpo Carrera Barrera, de 50 anos, viudo de Dª Manuela Espiroz. Foron testemuñas do enlace matrimonial D. Cándido Martínez Montenegro e D. José Parga, veciños de Mondañedo e D. Andrés Carrera, cura de Santa María de Villapena.
Dª Evarista, de 72 anos de idade, viuda de D. Policarpo Carrera Barrera, faleceu no seu domicilio da rúa Progreso de Mondañedo o 20 de abril de 1900. Quedáballe do seu matrimonio un fillo chamado Segundo Andrés, duns 39 anos de idade, residente en Madrid.
O seu fillo, D. Secundino criouse e educouse en Mondañedo no Seminario Santa Catarina, cursou como alumno externo a carreira eclesiástica. Ordenado sacerdote, foi destinado a Ribadeo. Alí ocupou os cargos de Arcipreste, cura párroco e castrense de Santa María do Campo. Faleceu en Ribadeo o 18 de abril de 1907, onde a poboación chorouno e acompañouno ata a última morada. Chegou a ser considerado como o pai dos pobres.
O seu fillo, D. Severiano casouse con Dª Adelina Lamas Illade, filla do Doutor D. Francisco Lamas García, Cabaleiro da distinguida Orde de Carlos III e condecorado coa Cruz de primeira clase da Orde civil de Beneficencia e de Dª Dores Illade Fernández. No mes de xaneiro de 1923, o Gobernador Civil de Oviedo, autorizou o traslado ao cemiterio de Mondañedo dos restos mortais de D. Severiano, falecido no xa afastado mes de maio de 1898.
O 19 de xullo de 1913, faleceu no número tres da Praza de Mondañedo, aos 84 anos de idade, de estado solteiro, o ex comerciante D. Xeneroso Martínez Montenegro. Acompañáballe a súa incondicional sirvienta Concepción López Maseda, natural da parroquia de Masma, que levaba máis de corenta anos ao seu servizo.
A comezos do mes de febreiro do ano 1923, faleceu en Ribadeo, D. Federico Martínez Montenegro, que exerceu a profesión de médico, de xeito moi competente. Xa facía uns anos que non exercía a súa profesión, por razón de idade.
O seu outro fillo, D. Valentín Patricio Cándido José, naceu en Mondañedo á unha da noite do 9 de marzo de 1831. Foron os seus padriños D. Patricio do Seijo, marido de Dª Isabel Cornide e Dª Josefa Montenegro Portilla, solteira, tía do recentemente nado. Representou durante case trinta anos (1871-1899) ao distrito de Mondañedo no Congreso dos Deputados de Madrid. Co paso dos anos, a Corporación mindoniense, en atención aos numerosos servizos prestados á poboación de Mondañedo durante o seu cargo de Deputado deu o seu nome a unha céntrica rúa. No ano 1883, D. Cándido Martínez abandona o cargo de Director de Correos e pasa a ocupar unha praza no Consello de Estado.
No ano 1890, a Corporación mindoniense acorda nomealo Fillo Predilecto de Mondañedo. para dar o seu nome a unha rúa de Mondañedo. D. Cándido faleceu en Madrid o 21 de decembro de 1899.
Tío paterno de D. Cándido foi Frei D. Juan Antonio Martínez Pastur, presbítero, cura prior de Santa María de Regua e de San Andrés de Teixido, Cabaleiro da Cruz de San Juan de Jerusalén. Faleceu en Mondañedo, no domicilio familiar, o 24 de outubro de 1847, aos 67 anos de idade. Declara como herdeiros das catro quintas partes ao seu irmán D. Pedro e á súa esposa Dª María Montenegro.
Na actualidade, non reside ningún descendiente desta familia en Mondañedo, e a vivenda familiar foi comprada, fai xa moitos anos, por un matrimonio que instalou na súa planta inferior unha librería e un pequeno comercio. O que si se conserva no cemiterio vello de Mondañedo é o seu precioso panteón familiar.

Tamén existiu na realidade Antón da Ponte. Outro persoeiro da novela.

Si ten algo de novela, ten moito máis de historia. Pois ese é ou retrato de Antón: Alto, fornido coma un carballo; cunhas patillas que se xuntaban cas guedellas que lle tapaban os fuciños; cun cor tirando a roxo e a moreno; cas pernas un pouco tortas para fora tal como píntannos a Hércules, cun peito ancho coma unha maseira, ca camisa de estopa entraberta e ensinando un moucho de pelos; cuns brazos nervudos e tamén moi peludos; Antón malia ter corenta anos, botábase ás costas catro fanegas de trigo, e cando se lle atascaba o carro nalgunha poceira do camiño, el só facía máis para arrincalo cós dous bois que polo carro tiraban (1).

Antón da Ponte residía cos seus pais nunha modesta vivenda do lugar de A Ponte Nova de Viloalle, situada moi preto da canle do río Valiñadares (hoxe coñecida como Casa de Mañas) e dotada dun importante muiño fariñeiro. O seu verdadeiro nome era Antonio Fernández Rico, fillo de Miguel Fernández e de Josefa Rico, naturais e veciños de Viloalle. A comezos da década dos anos setenta do século XIX, Antón cásase con María Manuela Gómez López (n-5/6/1845), filla de José Gómez Ramos e de Rosa López, residentes no lugar de O Coto da parroquia de San Xorxe do Cadramón. O novo matrimonio, durante un periodo de tempo, reside no lugar de O Campo, da mesma parroquia. Neste domicilio nacería a súa filla primoxénita María Josefa Fernández Gómez (Pepiña) (28/4/1872). Pouco máis tarde, o matrimonio e a súa filla de tenra idade, trasládanse á vivenda paterna do lugar de A Ponte Nova de Viloalle. Neste último domicilio nacerían outros fillos. O 23 de febreiro de 1886, a vida íalle asestar un duro golpe a Antón, ao falecer a súa dona María Manuela, a consecuencia dun parto. Quedábanlle do seu matrimonio os fillos seguintes: María Josefa, Ramón, Paulina, José e Jesús, todos eles menores de idade e residentes na súa compañía (2). En menos de catro meses máis tarde, Antón recibe outro duro revés, falece aos dous anos de idade o seu fillo Jesús. Para remate, o 26 de xaneiro de 1887, falece o seu viudo pai, á idade de setenta e oito anos. E no senso de seguir recollendo datos da familia de Antón e de Manuela atopámonos coa sorpresa de que Antón da Ponte e D. Patricio Delgado Luaces (Xan de Masma) eran, (como se di por estes lugares) compadres. O 21 de novembro de 1876, naceu no domicilio de A Ponte Nova de Viloalle, a súa filla Paulina Manuela Antonia. Foron os seus padriños D. Patricio Delgado Luaces e a súa irmá Dª Paulina, solteiros e veciños de Mondañedo (3). No ano 1924 residían no lugar de A Ponte Nova de Viloalle Antonio Fernández Rico, de estado viudo e de 76 anos de idade, en compañía do seu fillo José, de 48 anos, casado con Manuela Loredo. O seu neto Jesús Fernández Loredo, rexentou durante moitos anos un establecemento público de bebidas en Viloalle, coñecido como A Taberna de Mañas (4). Son moi interesantes os datos aportados por Xan de Masma e as súas expresións utilizadas. Transcribimos outro fragmento da súa novela por ser de interese: Ás catro da tarde, o carro ben cargado de cachivaches; as galiñas metidas nunha cesta; o can detrás e detrás Antón, Pepiña e Pepe do Merlo, ían polo camiño dá Fervencia. Os gatos quedáronse porque ises non teñen cariño ós amos sinon á casa. Da cibdade de Mondañedo ó Cuadramón hai cinco leguas polo atallo, e seis compridas polo camiño de carro.

(1)- Xan de Masma, A Besta, páxina 50.
(2)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Santa María de Viloalle, libro 2 de defuncións, folio 97, volto.
(3)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Santa María de Viloalle, libro 4 de bautizados, folio 125.
(4)- Arquivo municipal de Mondañedo, cartafol 1635, censo de poboación do ano 1924.

D. Policarpo Carrera Barrera, abogado e propietario, finou en Mondañedo o 6 de mayo de 1876, ás seis e media da tarde, á idade de 66 anos.

En Pumariño Darriba, na parroquia da Nosa Señora dos Remedios, atópase a edificación do convento de Villaoriente, máis conocido entre os mindonienses como o convento de “Os Picos”.

Os Conventos, dos Picos e da Alcántara, foron alicerces de militantes carlistas mindonienses. As ideas tradicionalistas do carlismo que logo pasaron a ser aceptadas pol-a ditadura franquista con personaxes moi vinculados a os de Noriega como Manuel Blanco Muinelo (xefe local dos requetés de Foz e fundador do xornal falanxista Amencer), Fiallega, Constantino Vázquez e outros. De seguido relacionamos nomes dos que probábelmente conviviron en Mondañedo nesas datas. (Véxase anexo nº 47).

As exclaustracións nestes Conventos e no de Vilanova de Lourenzá tamén, execútanse na mañanciña do 17 de Outono do ano 1835 pol-o Alcalde de Mondañedo D. Vicente María Miranda, pol-o Procurador del Común e pol-o rexidor D. Antonio Rivas. Posteriormente procedese a inventariar todos os obxectos e bens dos devanditos conventos.
Ata o ano 1885 as instalacións do convento “Dos Picos” permanecen deshabitadas. O 2 de Decembro de 1885 o Bispo da Diócese D. José Manuel Palacios López, concedeu a autorización para a ocupación do referido convento á Comunidade dos Padres Pasionistas.
No ano 1894 a Congregación dos Pasionistas constrúe un cemiterio de escasas dimensións a pé da torre da igrexa.
No ano 1906 residían nas fortificadas instalacións do convento “Dos Picos” de Mondañedo os relixiosos que citamos de seguido: José Dañobeitia y Dañobeitia (1.869), natural de Lezama (Vizcaya), presbítero; Gregorio Pérez Macho (1.862), natural de Balcobero (Palencia), presbítero; Primo Lasuen y Garrido (1.870), natural de Zaldivar (Vizcaya), presbítero; José Rubio y Villalón (1.877), natural de Villalón (Valladolid), presbítero; Claudio Echeandia y Egusquiza (1.879), natural de Larrabezua (Vizcaya), presbítero; Ignacio Morica Jáuregui (1.875), natural de Larrabezua (Vizcaya), lego; Sidel Elejaga Isasi (1.870), natural de Larrabezua (Vizcaya), lego; Juan Manso y Perdiguero(1.873), natural de Peñaranda (Burgos), lego; Pedro Esteban Manso y Arnai (1.863), natural de Cantabrana (Burgos), lego; Eleuterio Labayen Lasalde (1.870), natural de Ariaga (Navarra), lego; Valeriano Prieto y Bardón (1.874), natural de Salge (León), lego; Eladio Alonso y Quintana (1.886), natural de Gaceo (Alava), lego; Antonio Vega y García (1.885), natural de Villamor de Órbigo (León), estudante; Laimberto Luzurriaga y Mezquia (1.882), natural de Alaira (Alava), estudante, Amado Corcuera y Castresana (1.883), natural de Pobes (Alava), estudante; Florencio Lamión y Azauza (1.881), natural de Eulz (Navarra), estudante; Teodoro Garrido y Garrido (1.883), natural de Boadilla (Palencia), estudante; Cruz Lamión y Azauza (1.884), natural de Eulz (Navarra), estudante; Bruno Martínez Fernández (1.884), natural de Vitoria (Alava), estudante; Francisco Moinelo Cupeiro (1.881), natural de Coea (Lugo), estudante; Antonio Odriozola Ortega (1.885), natural de Beasain (Guipúzcoa), estudante; Perfecto Sánchez Martínez (1.883), natural de Villasamacin (Palencia), estudante.

No censo de poboación que se fixo no ano 1924 entre os habitantes do Concello de Mondañedo aparecen citados como residentes no convento “Dos Picos” os seguintes monxes: Cruz Larriau Uzauza, Rector, natural de Alleu, Navarra (1.884); Patricio Ontria Elauiz, padre, natural de Burgos (1.871); José María González Vázquez, padre, natural de Begonte, Lugo (1.870); Cirilo López García, padre, natural de Alava (1.884); Alipio Dieguez Veleda, padre, natural de Pigeiras, Orense (1.893); Ramón Vela Jáuregui, colegial, natural de Larrabezua, Vizcaya ( 1.903); Ildefonso Berasategui Lazcano, colegial, natural de Guipúzcoa (1.902); Esteban Isasi Barrena, colegial, natural de Vizcaya (1.902); Víctor Bilbao Menica, colegial, natural de Larrabezua, Vizcaya (1.903); Salvador Basaguren Urizarbarrena, colegial, natural de Ochandiano, Vizcaya (1.903); Cirilo Lejarreta Aguirre, colegial, natural de Vizcaya (1.903); Pedro Vizcarüeugoa Bilbao, colegial, natural de Vizcaya (1.903); Gregorio López Echevarria, colegial, natural de Arrouiz, Navarra (1.904); Fidel Monasterio Arrién, colegial, natural de Allorga, Vizcaya (1.902); Juan Miota Albizuri, colegial, nartural de Arepe, Vizcaya (1.905); Valeriano Prieto Bardau, lego, natural de Salce, León (1.874); Juan José Albizu Odriozola, lego, natural de Garín, Guipúzcoa (1872); Manuel Rodríguez Restrebada, lego, natural de Puentes de García Rodríguez, La Coruña (1.873); Ramón Ramas Barreiro, lego, natural de Mellid, La Coruña (1.894); Juan Larabe Abanuza, lego, natural de Marga, Vizcaya (1.904); José Vidal Pintor, alumno, natural de Mellid, La Coruña (1.912); Manuel Ramas Barreiro, alumno, natural de Mellid, La Coruña (1.913); Vicente Rodríguez Fernández, alumno, natural de Mellid, La Coruña (1.912); Avelino Capón López, alumno, natural de Samos, Lugo (1.911); Fortunato Vázquez Pérez, alumno, natural de Sober, Lugo (1.912); Manuel García Valcarcel, alumno, natural de Bóveda, Lugo (1.911); Aureo Piñeiro Álvarez, alumno, natural de Sober, Lugo (1.912); Antonio Gayoso Souto, alumno, natural de Monterroso, Lugo (1.911); Manuel López Vidal, alumno, natural de Mellid, La Coruña (1.912); Manuel Quintás Rodríguez, alumno, natural de Mellid, La Coruña ( 1.914); José Luís Sánchez Casanova, alumno, natural de Incio, Lugo (1.911); Manuel Luís López Mariño, alumno, natural de Incio, Lugo (1.912).(1)

(1)- Arquivo do Concello de Mondañedo, censo de poboación do ano 1.924, carpeta número 1.635.

A nova residencia dos P.P. da Alcántara no ano 1734, co pai Guardián do Convento da Alcántara Frei Isidoro de San Joaquín, en unión dos seus compañeiros alentou á poboación de Mondañedo de tal modo que de contado acordouse o establecemento da Venerable Orden Tercera.
O 23 de xuño de 1888 acordouse dar unha altura á Sacristía da capela da V.O.T. de Mondañedo. O 5 de marzo de 1912, a Orden Tercera cedeulle aos P.P. Pasionistas o usufructo da citada capela e a dirección espiritual da Asociación. A escomezos do ano 1913, os P.P. Pasionistas deciden construir unha Residencia na Sacristía da Tercera Orden. Fixo o plano da nova obra o pai Gabriel de la Dolorosa, que dirixeu tamén as obras.
Entre os numerosos actos que se celebraron os días 12, 13 e 14 de outubro do 1913 co gallo da súa inauguración, celebrouse unha animada verbena no Campo da Alcántara amenizada pol-a Banda municipal de Mondañedo.
No mes de agosto de 1916, o Reutor da nova Residencia, o pai Calixto de San José, co fin de hixienizar os servicios de desaügue, solicita permiso ás Autoridades municipais de Mondañedo para construir un cano cerrado, coa profundidade necesaria, que saíndo da edificación da Residencia, atravesase o Campo da Alcántara en liña diagonal cara a unha porta situada ao ángulo do Nordeste paralelo ao camiño que ascende ao “Sabelo”, ata entroncar coa alcantarilla xeral da Plazuela de San Juán. As autoridades conceden a solicitada autorización e esixen que se constrúa en condicións de profundidade, seguridade e capacidade suficientes.
No mes de marzo do ano 1933, ao anoitecer, as campás das igrexas de Mondañedo tocaron a arrebato, ao levantarse un incendio nun galiñeiro contígüo á nova Residencia dos Pasionistas da Alcántara. Acudiu rápidamente o servicio municipal de incendios e numerosos veciños, que conseguiron apagar o lume axiña. A rapidez logrou evitar que os danos fosen máis cuantiosos.
A mediados do ano 1960, os Padres Pasionistas abandoaron Mondañedo e a Residencia da Alcántara quedou desocupada.
A escomezos do ano 2000, a V.O.T. de Mondañedo cede esta edificación ao Concello de Mondañedo por un periodo de vintecinco anos. O edificio é rehabilitado na súa totalidade e adícase a un xeneroso albergue de peregrins. Foi inaugurado oficialmente o 1 de marzo de 2004.

A “Quinta de Pedrido” foi propiedade de Francisco Delgado (concelleiro certo tempo en Mondañedo e pai de Xan de Masma) adquirida a D. José García Montenegro de San Pedro de Riotorto o 2 de Decembro de 1857 segundo nos di a seguinte escritura:

[Venta de hacienda sita en Santa Maria de Villamor por D. Jose Garcia Montenegro de S. Pedro de Riotorto á D. Francisco Delgado de Mondañedo

En la ciudad de Mondañedo a dos de Diciembre de mil ochocientos cincuenta y siete, por ante mi Escribano y testigos el Licenciado D. Jose Garcia Montenegro Abogado de los Tribunales Nacionales y vecino de San Pedro de Riotorto dijo: Que por la presente vende para siempre jamas á D. Francisco Delgado del comercio de esta ciudad por la cantidad de veinte y dos mil reales que en este acto a mi presencia y de los testigos recibo de este en monedas de oro y plata, todo lo que sigue y se halla sita en terminos de Santa Maria de Villamor: es a saber
1ª ..Una casa antigua sita en el lugar de Pedrido Parroquia ya dicha que se compone de todas las oficinas que refiere el reconocimiento que de ella y mas fincas hizo el Perito agrimensor D. Camilo Garcia en veinte y ocho de Febrero ultimo de que en este acto hace entrega al Comprador rubricado con la de mi uso, un cabanote, el sitio de pajar cercado, con cuatro cuartillos de terreno para Hera. Un corral a la parte del Sur con algunos pies de parra, un ferrado y diez y siete cuartillos de tierra destinada a huerta en la parte inferior de la citada casa con varios arboles fructiferos...]1 (Véxase anexo nº 26).

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Pascual Vázquez de Pedrosa, sinatura 08131-01, escritura número setenta e seis de 2 de Decembro de 1857.

Esta propiedade foi da Facenda Nacional que era representante do Convento das Monxas da Cidade de Mondañedo segundo unha partixa do 12 de Agosto do 1855:
[Ciento cincuenta y nueve

SELLO 4º AÑO 1855 40 Ms

Noventa y tres

Agosto 12

Partija de hacienda sita en terminos del Juzgado de Mondañedo echa por Dn Fernando Lago y Dn
Jose Garcia Montenegro que la poseian de mistion, vecinos de dcha. Ciudad

En la Ciudad de Mondañedo á doze de Agosto de mil ochocientos cincuenta y cinco; á presencia de mi Escribano y testigos el que tambien lo es de Lcd. Dn Fernando Lago y el Lic Dn José Garcia Montenegro vecinos de esta Ciudad, de una conformidad digeron: que dn Santiago Santome por el testamento que en treinta y uno de Enero de mil ocho cientos cincuenta otorgó por ante el Esno. Dn Ramon Martinez de Santiago de Villandrid en el Partido de Rivadeo, y codicilo hecho en San Juan de Villaronte á cuatro de Mayo de ocho cientos cincuenta y dos ante testigos que se corroboró y declaró por tal por auto de seis de Julio de dicho año dictado por el Señor Juez de primera instancia de esta Ciudad y Escnía que rejenta Dn Fernando Paz Vivero, les dejó para siempre la lejitima que le habia donado su hermano Dn Ignacio con la obligacion de pagarle seis reales diarios, segun y en los términos que el lo estaba haciendo y lo prebiene la escritura de donacion de siete de Marzo de mil ocho cientos treinta y nueve de que ha dado fe el propio Lago vajo cuyas disposiciones falleció el dn. Santiago el dia diez y siete del espresado mes de Mayo de cincuenta y dos en la referida parroquia de San Juan de Villaronte, segun resulta de los citados documentos que se han rejistrado en la Contaduría de Hipotecas de esta Ciudad y pago los derechos á la hacienda en tres de Setiembre del propio año, desde cuya época se encargó él Lago de la administraciion de los bienes donados consistentes en los que le han correspondido al dn Ignacio por óvito de que su padre Dn Francisco Santomé y Dª Maria Josefa de Puga segun se espresan en los pagos que se le han hecho en la partija judicial celebrada en el año de mil ochocientos veinte y cinco por ante el Escnó. de número Dn. Antonio de la Barrera, y la yá celebrada por ante el Escno. Dn. Ramon Samaniego en el año de mil ocho cientos diez y siete de que se tiene testimonio á la vista con presencia de estos documentos y de un escrupuloso exámen que por sí y á medio de peritos han hecho de la propiedad donada, no acomodándoles la mistion por mas tiempo y para que cada cual administre y cuide de su porcion haciendo los mejoramientos que le parezca, han determinado dividir como dividen la propiedad que les ha sido donada amistosamente segun lo encargó el difunto haciéndose recíprocamente.]1 (Véxase anexo nº 24).

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Pascual Vázquez de Pedrosa, sinatura 06878-01, escritura número noventa e tres de 12 de Agosto de 1855.

Este lugar de Pedrido adquiriuno á Nación D. Francisco Santomé entre outras compras das que nos da datos unha escritura de foro do 12 de Xullo de 1726, outra do 15 de Agosto de 1726 onde cita estas propiedades como o lugar da Chaira en San Xoán de Vilaronte, ou o prado de Cabana de Bella e tamén de un testamento de Dª María Cayetana Gütiérrez viuda noble y honesta de D. Juan Antonio De Aenlle y Rocha vecina de el Lugar de Pedrido parroquia de Santa María de Villamor...:

Escritura de foro do 12 de Xullo de 1726 do lugar da Chaira en San Xoán de Vilaronte:

[Veinte maravedis
SELLO QVARTO, VEINTE MARAVEDIS, AÑO DE MIL SETECIENTOS Y VEINTE Y SEIS

Ciento y once

En la Ciudad de Mondo y dentro de las casas consistoriales della a doze dias del mes de julio de mil setecientos y veinte y seis se juntaron en forma Capitular sus... los... Justicia y re... desta dcha Ciudad Presidiendo el Dr Dn Isidro Joseph Vaamonde regidor mas antiguo por indisposizon del Dr Dn Franco Charlo = En este Consistorio el ... dn Lucas de Miranda protector de la hazienda del osPital de los ... San Pablo desta Ciudad de q es Patrona, q a notizia aver pasado a la f q den Juan de Villaronte reconozer el Lugar y Caserio que llaman da chaira propio de dcho osPital segun se le ha encargado p ante Capitular y de el y de sus Vienes izo apeo y reconocimiento segun lo espresa el memorial que dello presenta en q estan conprendidas la casa y piezas de heredad anejas a dcho lugar, y asi mesmo izo delera Poniendo zedulas para quien quisiere rezivirle en fuero que se le aria A quien y con la mayor conbeniencia y que con efecto el Casero q oy Bive por ariendo en dcho Lugar y pagara diez anegas y media de trigo ofrezio de aumento otros dos ferrados mas y que por estar la casa aruynada en Un medianil y un sobrado nezesitar de Una biga que aziendole dcho fuero lo repararia todo a un coste cediendo el coste a beneficio de dcho osPital para siempre jamas y si y sus sub z...=]1 (Véxase anexo nº 27).

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Agustín da Rega y Pena, sinatura 08266-06, escritura número 111 de 12 de Xullo de 1726.

Testamento de María Cayetana Gutiérrez:

[Zinqta

Veinte maravedis

SELLO QVARTO VEINTE MARAVEDIS AÑO DE MIL SETECIENTOS Y CINCVENTA Y NUEVE

En el Nombre de la Santisima Trinidad, Padre, hijo, y espiritu Santo, tres personas distintas y un solo Ddios verdadero, que bive, y reina para siempre, y sin fin: Sepan quantos vieren la presente Carta de testamento ultima, y postrimera voluntad, como yo Dª María Cayetana Gutierrez viuda Noble, y honesta de dn. Juan Antonio de Aenlle y Rocha vezina de el Lugar de Pedrido prª, de Stª Maria de Villamor...]1 (Véxase anexo nº 28).

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Pedro Joseph de Allegue, sinatura 07358-08, escritura número 50 de 8 de Abril de 1759.

Estes retallos comparados coas relacións que de seguro na realidade existiron, veñen á amosarnos unha vez máis que esta familia por medio de Ramona Fernández Noriega, consorte de David Cornejo, militar retirado e que foi o xefe da Partida Carlista, estaba moi vencellada naquelas datas co clero, con xente que adquiríu bés que pertenceron á nobreza liberal (os antergos xa eran fidalgos notorios) e que tiñan moito apoio popular, dito por Félix Noriega Varela na súa transmisión oral e que se van confirmando con esporádicos artigos coma estes. Todo isto formaba parte do entramado para patrocinar a única Partida Carlista Mindoniense que existíu nestes arredores en 1872 e que tivo intervención na terceira guerra carlista.
Como xa fixemos constar máis veces, Antonio Noriega Varela moito máis informado que o seu irmán Félix destes sucesos que acaeron nos anos en que eles naceron, conviviu con todas estas amizades dos seus familiares máis achegados, e estivo ó tanto de todos os acontecementos nun espazo de moitos anos. Aínda na almoneda do xornal ¡Guau...Guau! de Foz fai referencia á venda dunha boina vermella e en única vez despois de vinte anos, nunha carta, fálanos do seu desterro, que xa non hai dúbida que foi como tal e pol-os motivos da vinculación da familia co carlismo e non somentes o expediente disciplinario do ministerio de Educación.

Nunha nota do xornal El Motín, nº 41, páx. 2, di:

“Suscripción para publicar los folletos ‘Los Crímenes del Carlismo” (…) Mondañedo.—Ahí va para engrosar la suscripción que con tanta oportunidad inicia usted para perseguir al carlismo, ya que el gobierno nada hace, como debiera. Don Herminio Moiño, 15 pesetas; un liberal, 0'50; Ferbencia, 1; Manuel Leiras, médico, 3; Antonio Noriega Varela, escritor, 1; J. B., 1; un republicano progresista, 1; un anticarlista, 2; Jesús Salgado Aguiar, 5; Víctor Salvatierra, médico, 3; Ramón Justo Alonso, abogado, 2'50; Bernardino Rodríguez, 1; J. P. Z, 1; un federal, 2; X, 2'50; José Alonso Parga, estudiante, 1; D. R., 1; un republicano (J. R.) propietario, 5; Avelino Rodríguez, industrial, 1 ; Gervasio Martínez, propietario, 1; José González, 1; José López, 050. [Total] : 52”.

Esta suscripción é paradóxica, mesmo combate o carlismo. Sempre atacou o caciquismo e nunca militou en ningún bando político. O Tradicionalismo relixioso era unha constante nesta familia dende moitos anos atrás.

Mesmo, tempo andado, relacionouse primeiro co agrarismo, para despois na derradeira etapa da súa vida, alinearse co réxime da dictadura franquista, posicionado contra a República e as forzas progresistas, e tamén contra o galeguismo e as súas institucións, malia ser un galeguista non político. Algo atopou que non lle gostaba do nacionalismo ou dos seus dirixentes para atácalo de semellante maneira con tremendos calificativos.

[...]pese a que sempre mantivo relacións con persoeiros agrarios e galeguistas, non se comprometeu co movemento nacionalista, adoptando posicións moi reaccionarias, tradicionalistas, católicas e, a raíz da guerra, entusiásticamente franquistas e falanxistas[...]1

(1) Bibliografía consultada: Antonio Noriega Varela, Estudio e Edición da Obra Completa, Tomo I, Xosé Ramón Freixeiro Mato, páxina 138. Edición do Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo 1994.

Sempre exerceu de tradicional-galeguista, non político, e non militou nunca en ningún bando aínda que sempre foi coherente coa súa liña ideolóxica tradicionalista.

É coñecida esta carta que lle fai chegar ao seu fillo Antonio para que milite na Falanxe igual que a súa filla Doloriñas que ingresou e militou nas filas falanxistas moitos anos:

(...) gracias a Dios, eres hombre de Cristo, y llevas mi sangre, que no es sangre de judíos, ni de rojos, ni de perros moscovitas y masones. (...) sigue, te aconsejo, siempre, siempre, en Falanje. (...) —Carta de Antonio Noriega Varela a Antonio Noriega Almansa (24/4/1939)1

(1) Xesús Alonso Montero e Miro Villar. Guerra Civil (1936-1939) e Literatura galega. Páxina 134. Consello da Cultura Galega.

Na Voz de la Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S. atopamos esta noticia que nos confirma a militancia da filla do poeta en Falanxe:

[…]Se ordena a las siguientes camaradas pasen por la Delegación de “Auxilio Social” hoy, de diez a una de la mañana: Julia Rodríguez, Conchita Noriega, Maruja Quintana, Anita Quintana, Pilar Pig, Alicia Villato, Emma López Martín, Pilar López Martín, Gloria del Campo, Marison Alonso, Alejandrina Curly y Angeles Canitrot.
DELEGACIÓN FEMENINA DE FLECHAS
Se ordena a todas las flechas, incluso a las que acaban de pasar a afiliadas, se presenten en esta Delegación hoy martes, a las siete de la tarde, para un asunto que les interesa.
FALANGE ESPAÑOLA TRADICIONALISTA Y DE LAS J.O.N.S.[…]

Como ben din todos os seus biógrafos nos seus estudos, nunca puideron atopar a alguén que coñecera ou tratara ó poeta que lles puidese dar algunha pescuda destes sucesos, ou lle ouviran ao poeta unha mínima confirmación de militancia política. O poeta nunca amosou o máis ínfimo comentario sobre a política máis que aconsellar que a política era para os políticos, e que era moi difícil non ollarse atrapado nas súas redes. Félix, tampouco, pois dicía que xa sofriran bastante e non se podía facer ningún comentario sobor deste tema, lembrando os encausamentos xudiciais. Xosé Ramón Freixeiro Mato recolle o que Aquilino Iglesia Alvariño nos deixou escrito no seu día:

[...]Temos que nos imaxinar a un Noriega marcado na súa infancia e adolescencia pola “negra sombra” de Rosalía de Castro, coa que ten tantas concomitancias no seu nacemento: “La casa de Noriega tenía una particularidad. Estaba habitada de sombras. Unas eran del otro mundo, las más visibles, de un cura muy virtuoso o de un coronel carlista. Las vivientes o de este mundo eran dos o tres mujeres silenciosas y rezadoras.
Toda la vitalidad que era mucha –Teixeira de Pascoaes le llamaba el “lobo angélico”- no bastaba para acallar el contrapunto de graves que estas sombras iban poniendo a la melodía bulliciosa que le saltaba en el alma”
Estas sombras que envolven os primeiros anos da vida do poeta, das que só fala Aquilino, aínda que non as aclara, serían esas circunstancias que conforman un ambiente familiar traumático na sociedad hipócrita e convencional de fins do século XIX, máis aínda nunha cidade fondamente tradicional e relixiosa, sé da curia espiscopal: a inclusa, unha nai solteira, talvez un irmán, un tío cura moi virtuoso, un avó militar, se cadra o coronel carlista (David Cornejo) de que fala Aquilino.
Este clima familiar pode ser a base na que se foie formando un Noriega moi relixioso (tamén seu irmán Félix era de vocación moi relixioso), amigo dos cregos e das tradicións, desconfiado e cerimonioso, moi conservador no plano político (sobretodo na segunda mitade da súa vida), mais sempre en loita cun corpo rebelde e forte, cheo de vitalidade e seducido pola vida. Esta confrontación vaino acompañar durante toda a súa existencia.[...]1

(1) Bibliografía consultada: Antonio Noriega Varela, Estudio e Edición da Obra Completa, Tomo I, Xosé Ramón Freixeiro Mato, páxina 67. Edición do Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo 1994.

Con relación á súa creencia explica con detalle Xosé Ramón Freixeiro Mato, a vocación innata da relixiosidade do vate que sempre foi unida íntimamente á tradición, mesmo formando parte dela.

[...] Ao definírmolo como poeta católico tradicionalista, queremos resaltar que ten unha militancia ideolóxica no tradicionalismo político, que o fai católico dun determinado xeito, fronte a outras maneiras de entender o catolicismo. Esta doutrina política conformou o carlismo no século XIX e o nacional-catolicismo a partir de 1936.
Tal adscrición ideolóxica dáse durante toda a vida do poeta, aínda que non se evidencie, coa mesma claridade, en todas as etapas da súa existencia.[...]1

(1) Bibliografía consultada: Antonio Noriega Varela, Estudio e Edición da Obra Completa, Tomo I, Xosé Ramón Freixeiro Mato, páxina 136. Edición do Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo 1994.

A asunción do ideario católico tradicionalista, tan públicamente evidenciado na derradeira etapa da súa vida, deulle a Noriega o calificativo de home reaccionario e non lle importou máis.

Nesta cuna do carlismo tradicional mindoniense executaronse traballos de restauración na Quinta de Pedrido (ou Coto Redondo), o ano 2008 pola actual familia Jaén Vergara, atopando nun muro exterior un escudo heráldico de armas, que data do mil setecentos, e non se concreta o ano debido á mutilación intencionada (propiedade da nobreza fidalga liberal en mans dun carlista tradicional que borrou todo debaixo do cal), dos dous derradeiros díxitos numéricos.

[…]Con motivo de la proclamación del Rey Carlos IV, se llevaron a cabo en Mondañedo los días 1, 2 y 3 de febrero del año 1789 suntuosas fiestas. Estas fiestas fueron dirigidas por los Regidores D. José Ramón Miranda Ron y D. Francisco Santomé Aguiar.
Desde la balconada del antiguo Consistorio (actual biblioteca) se descolgó un cortinaje de damasco carmesí, dejando suspendido en el centro un espléndido escudo con los timbres de Castilla y León, bordatos de realce de oro y plata y en medio las armas de la ciudad[...].(1)

Unha réplica deste escudo atópase actualmente nunha das paredes do Salón de Plenos do Concello de Mondañedo. Moitas veces fixéronse comentarios sobor do descoñecemento da súa orixe. Existe outro coas mesmas armas blasonadas na Casa de Cayón en san Lázaro-Mondañedo. Todos representan á nobreza de Castela.

Na fachada de esta vivenda do barrio de Pedrido que pertence á parroquia de Vilamor, apareceu debaixo dos cales, esculpido en pedra caliza, e mutilado, un escudo cos mesmos cuarteis e símbolos que o que antes citamos. Esta vivenda a mediados do século XVIII era propiedade de Dª Caietana Gütiérrez de Cancio e de D. Juán Antonio Aenlle y Rocha, nobres fidalgos os dous.

(1)- José Isidro Fernández Villalba, Mondañedo, regreso al pasado VII, páxina 121.

Tamén achamos na igrexa parroquial de Santa María de Vilamor (Mondañedo), nun lateral, un retallo dunha lápida que fai mención ós soterramentos dos membros desta nobreza.

Co dato que nos da o testamento de Dª María Cayetana Gütiérrez de que pertence á nobreza e que ademais, esta construcción da Quinta de Pedrido, pertence á parroquia de Santa María de Vilamor, despértanos o interese de coñecer máis datos desta familia que foi nobre antes de pasar a ser propiedade adquirida polo proxenitor de Patricio Delgado (Xan de Masma)

A orixe da parroquia de Santa María de Vilamor está íntimamente relacionada coa existencia da “croa” do monte da Trinidá (colle o nome da anterga Orde dos Trinitarios), onde no seu cume está a “croa” que caseque chega aos catrocentos metros de circuito. A tosca muralla do parapeto é ben visíbel e as petrucias tradicións orais afirman achamentos de “fornelas” ou fornos con restos de vaixelas de barro.

Esta croa aparez xa citada no ano 969, na escritura de dotación do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, e aínda hai quen afirma que a anterga igrexa parroquial –seguramente a que nun pergameo de 1112 chámase Santa Eulalia de Rogio- estivo ubicada mesmo dentro da “croa”.1

(1)- Villa-Amil y Castro, José. Los Castros y las Mamoas de Galicia, en el Museo Español de Antigüedades, tomo VII, páx. 199.

Ao longo da historia os autores confunden a cidade de Villamaior, nome co que primixeniamente se designou a Mondañedo, coa parroquia ou ferigresía de Santa María de Vilamor; punto éste suficientemente acrarado po-lo profesor-historiador, Dr Francisco Mayán Fernández, nunha das súas publicacións.1

(1)- Mayán Fernández, Francisco. Orígenes Históricos de la Actual Ciudad de Mondañedo-Mondañedo, 1957, páxs. 23-25..

A confusión, asegún nos amosa, arranca nos tempos en que o Padre Flórez quen, ao referirse a unha carta do 18 de novembro do 1399 para que o Merino da Torre Vella de Villamaior non reparta tributos nin moedas aos caseiros do Cabildo, acrara erradamente que esa Torre atopábase a media legua de Mondañedo na parroquia de Santa María de Vilamor.1

(1)- Flórez, España Sagrada. Madrid 1789, tomo XVIII, páx. 185.

A Torre atopábase no barrio do Chao do Val nunha lomba do tarreo con vistas panorámicas a todo o val. Esta edificación era rectangular, provista de dúas alturas con fortes muros de mampostería, teitos a dúas augas con vigas e cangos de madeira e lousa das canteiras de Vilamor, con labrada cantería nas esquinas, marcos de portas e xanelas. Fala desta Torre D. Eduardo Lence Santar no xornal mindoniense La Voz de Mondañedo e dinos: “Cando Luís de Luaces y Labrada funda vínculo con Leonor Fernández de Estoa en escritura do 2 de Novembro de 1581, perante o escribán Fernando Rodríguez das Eiras y Villameá, a torre e lagar de Villamor con 34 xornais de viña”

Na fachada principal, caseque debaixo do beiril do lousado, atopábase un escudo de armas, esculpido en pedra de cantería, de forma rectangular, provisto de dous cuarteis; no da dereita figuraban as armas dos Luaces e no da esquerda as dos Baamonde, unha das familias con máis aboengo nas terras mindonienses.

Co paso dos anos, no seu interior levantouse un forno para cocer o pan e modificouse unha parte da altura. Nas xanelas da fachada principal, na parte que se coñecía como lagar, había unhos cómodos bancos de cantería chamados “parladoiros”.

Nos primeiros días dos mes de Decembro do 2006, veuse abaixo unha grande parte da edificación, sen causar danos persoais, levando consigo na caída o tellado, escudo heráldico e o enorme arco de pedra de cantería da entrada principal, aplastando unha pequena edificación que había na fronte. No mes de Xaneiro do 2007, perante a imposibilidade económica da propietaria para levar a cabo as obras necesarias para levantar a edificación caída, e, o escaso interese mostrado po-las autoridades que a poidesen axudar, retirou todos os materiais da torre e de esta maneira desapareceu para sempre.

Após de Flórez, Villa-Amil y Castro, ao publicar a súa “Crónica da Provincia de Lugo”, en 1866, seguíu dicindo o mesmo e confundindo lamentábelmente a aldeiña de Santa María de Vilamor coa cidade de Villamaior, hoxe Mondañedo.

O nome con que aparez primixeniamente Villamor é o de “Villa Maur” e tamén “Villa Mauri”. Os seus límites con Masma non debían de estar moi craros; por canto, en 1086, os seus respectivos cregos acudiron perante o Bispo D. Gonzalo e éste apresentounos a Cidian Remondiz, que por aquel entón era mordomo e xuiz eleuto po-lo rei don Afonso. Sostiña o de san Andrés de Masma que “desde la fuente que dicen del Remesal hasta san Andrés, todo era suyo”; mais a cousa non debiu de probala moi ben cando o bispo rematou dicindo que partirase po-lo medio o contendido.1

(1)- Mayán Fernández, Francisco. Historia Económica de la Comarca de Mondañedo. Obra inédita.

O poeta Antonio Noriega Varela nunha edizón dos seus versos de antes de 1900 chamada “a luguesa”, no primeiro poema co tiduo “Antes y-agora”, que máis adiante o cambearía por o de “Fale meu bisavó”, cita á freguesía de Vilamor por onde el trouleara tanto de mozo e María “do Canelo” lémbrao hoxe en día en zocas espallando versos pol-a aldea:

[…]Agora campa o percal,
i algunhas, que nin pra sal
teñen un carto no peto,
visten ¡que meten respeto!,
i hastra se enfouzan con cal.

Os mozos son máis profanos:
¡queren parecer xitanos!,
i aí en Vilamor xa se usa
un fargallo dunha brusa
que envolve a sete peisanos.[…]

Xeográficamente a parroquia de Santa María de Vilamor é unha aldeola lixeiramente extensa do concello de Mondañedo, a unhos tres kilómetros e medio da súa capital. Atópase dividida en seis barrios: Vilaverde, Calvela, Chao do Val, Guillade, Grove e Cima de Vila; pretos entre sí os catro primeiros e separados po-la estrada xeral de san Sebastián-Santander á Cruña os outros dous. O barrio de Cima de Vila atópase dividido en dous. Os lugares máis altos preto ás ladeiras do monte Padornelo compoñen o que dá nome ao barrio de Cima de Vila, namentras que as casas das chaeiras que hai sobor da estrada conforman o coñecido barrio de Fondo de Vila.
Os dous lugares que había máis arriba do muiño que se atopaba sobor do muiño da “casa de Mañas” daban nome ao barrio, hoxe esquecido, de Villatomil. Velaquí como compoñemos a confirmación do dito-cancioneiro, pouco coñecido: “parroquia de Villamor y sus cinco Villas. Villamor, Villaverde, Cima de Vila, Fondo de Vila y Villatomil”.

O relevo é xeralmente caseque todo chao: Vilaverde, Calvela, Chao do Val e Guillade forman unha chaira ó pé de pequenas montañas (Camba, Sarrapio, Trinidá e o Outeiro), Cima de Vila está situado na mesma ladeira do monte Padornelo sen ningunha outra prominencia enfronte, e Grove atópase ó mesmo pé desta montaña.

A parroquia limita ao Norde, con Masma; ao Sul, coa de Santiago de Mondañedo; ao Leste, cos montes do val de Vilanova de Lourenzá; e po-lo Oeste con Santa María de Viloalle.

O clima defire ben pouco do de Mondañedo (húmido, temperatura media anual de quince a vinte graos centígrados). O barrio máis frío quizaves(Continúa)
Comentarios (0) - Categoría: DATOS BIOGRÁFICOS - Publicado o 17-05-2019 22:46
Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/