Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

A rifa de Milagrosa

Voubos a contar un caso
que a unhos mozos lles pasóu,
aló na festa de Oirán
dun premio que lles tocóu.

Na festa da Milagrosa
rifaron un bon lacón,
unha botella de coñá,
vinte pesos e un roscón.

Acordaron pró Domingo
todos unha reunión,
de xuntarse na Retorta
prá degostare o lacón.

Nilo veuse co lacón
con el debaixo do brazo:
Iste vou levalo eu
i a coñá trai-na Ribazo!.

Di o fillo do Xaquino:
Himos tar ata o amencer!.
Como o lacón e moi grande
dara-nos moito que comer.

Vén Vicente de Cornide
que escomeza a apalpalo,
e di Moncho de Berto:
parece que ta inchado?.

Nilo foise moi contento
logo a súa casa chegóu,
amarrou-no nun cordón
e na cociña o colgóu.

Levántase Dadolino
e ó velo lacón colgado,
pergúntalle apurado:
Onde fuche compralo?

Sorpresa a do Cubano:
-Has traído una gran cosa!
vai Nilo e lle contesta:
-Tocoume na Milagrosa!.

Dadolino foi catalo
cun carabullo de toxo,
e ó momento de furalo
cheiraba que daba noxo.

Nilo quedouse cortado
ó ver que taba podrido,
e prá que os outros o visen
levóulle-lo a Pedrido.

Alí se xuntaron todos
pra poder despedazalo,
logo de todo, nun intre
tiveron que tiralo.

Despois marcharon prá Arroxo
facer unha merendada,
na que de paso beberon
a coñá que lles sobrara.

Asi acaba señores
un dos premios mais alegre.
Quen non queda escarmentado
de coller gato por lebre?.

Bernabel
Comentarios (27) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 30-05-2008 18:47
Ligazón permanente a este artigo
MANUEL MARIA

Unha ermida i unha estrela
dende Fondós vendo estou.
Antón Noriega Varela,
con que emoción vos cantou!.

Andiven por Foz pasmado
vendo a paisaxe vilega
i a percurar afanado
os poemas de Noriega...

Perguntei por don Antón
a un veciño, a outro veciño.
Latexos da súa canción
levaba o vento mariño...!.

Levaba o vento na voz
milagres do seu cantar...!.
I eu andiven todo Foz
por Noriega a perguntar!.

O gran Noriega Varela
da Montaña e da Mariña!.
O centilar dunha estrela
suco e timón ilumiña...!
Comentarios (29) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 26-05-2008 17:33
Ligazón permanente a este artigo
DÍA DAS LETRAS 2008

DÉBEDA

Quen non lles debe favores
ás nosas belidas frores
que douran a nosa terra
nos amenceres crariños
e as miman os galeguiños
cando subimos a serra?.

Quen se decata das cores
louvadas por escritores
dende os confins da Fisterra
por cómaros e camiños
rimando tenros versiños
que o Cantor do Ermo non erra?.

Pepe de Noriega
Día das Letras Galegas
17 do 2008 'Mes das Frores'
Comentarios (14) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 17-05-2008 11:55
Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/