Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

As froliñas dos toxos

Ana María Fernández-Noriega Almansa

Hoxe en día, a derradeira filla de A. NORIEGA VARELA, recita fermosamente estes versos compostos polo "Poeta da Montaña" e "Cantor do Ermo".


¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.

Dos toxales as ténues froliñas,
que sorríen, a medo, entre espiñas.

Entre espiñas que o ceio agasalla
con diamante-las noites que orballa.

¡Oh do iermo o preciado tesouro!:
as froliñas dos toxos son de ouro.

De ouro vello son, mai, as froliñas
dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...

Do Ermo
A. Noriega Varela


Comentarios (4) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 12-04-2011 22:04
Ligazón permanente a este artigo
Pasa un vermiño


Pra Enrique Chao Espina

¡No me tripes, camiñante!:
cousiña insinificante,
teño Un Santo a meu favor,
que lle chama ó lobo errante
irmao e representante
das finezas del Señor.

Do Ermo
A. Noriega Varela

Comentarios (1) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 10-04-2011 21:37
Ligazón permanente a este artigo
Semana Santa 2011


Cousa bonita...

I


Fálame, cusa bonita,
¡das raioliñas da lúa
que entran, a furto, na ermita!

E no me lembres a torre
donde te tuvo enmeigada
industria de amor que morre...

¡Doutros máis altos destinos
che fala a paz destes ermos
i o psalmear destes pinos!.

Quen te veu, musa, algún día
fastuosiña no adro,
desguedellada na fía,

humilde agora te vexa
bica-la cruz do resario
i o pavimento da igrexa.

II

Polos cravos, que eu venero,
del Señor,
¡fálame do que ben quero
ó pé desta xesta en flor!

Dun Santo Cristo isolado,
¡feridiño!,
que esmorece, ¡malpocado!,
da serra no curutiño.

Daquela Virxe-Chorosa,
tan sonada,
que leva, por culpa nosa,
no corazón unha espada.

¡Dunha mai que no me olvida!
si, cal creio,
hai lembranza desta vida
tralas estrelas do ceio.

Do que é pequerrechichiño,
¡miña xoia!,
e non ten pais, nin padriño,
nin alma que del se doia.

Dunha Rosa..., ¡pura almiña
da montaña!;
foise da súa casiña
e murchouse en terra extraña.
…...................
…...................
¡Polos cravos, que eu venero,
del Señor,
fálame do que ben quero,
ó pé desta xesta en flor!.

Do Ermo
A. Noriega Varela

Comentarios (1) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 09-04-2011 21:55
Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/