Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

CANTAR POPULAR
Cantar popular

As mozas de San Martiño1
olen ó toxo pisado;
vámonos indo pra baixo2
a esculcas do resalado.



_________________________
1 -San Martiño de Mondoñedo
2 -a Foz
Comentarios (11) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 26-04-2008 11:37
Ligazón permanente a este artigo
PRÁ EXCUSAR BEN TRABALLOS
PRÁ EXCUSAR BEN TRABALLOS...

Prá excusar ben traballos,
dobregarme debín máis que os vincallos
diante dos que aborrecen, ¡vil ralea!,
a quen libre a súa sangre ver desea;

pero ¡non!, meus destinos
parexos corren coa altivez dos pinos,
i o que ben cobicei, ben o deseio,
i a semente xa é flor, que amima o ceio...
Comentarios (2) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 26-04-2008 11:34
Ligazón permanente a este artigo
FILLO DO CORAZON

Fillo do corazón..

Fillo do corazón, que nas meniñas
dos teus ollos levache os meus amores,
descansa eternamente sobre fores,
que eu non te hei de olvidar entre as espiñas.

Si as bágoas de túa mai i as bágoas miñas
non te rezusitaron... ¡xa n´acores!;
este mundo é o liñeiro das delores,
i o ceio ¡fíxoo Dios prás estreliñas!...

A Virxe te acobexe co seu manto
e, xa que é tan cativa a miña sorte
que no me valeu nada achousar tanto,

¡pide que a triste vida se me acorte!:
mellor quero ir parar ó campo santo,
que vivir recordando a túa morte.
Comentarios (18) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 26-04-2008 11:33
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/