Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

In conspectu maris

(Pra Xulio Sigüenza)

-Mociña, ¡que desmarcados
penedos, cubertos de auga!
-Seixiño, do sol ferido,
lembra a estreliña da ialba.
-¿Tu queres ver? ¡Mar de fondo
i o demo ceibo na barra!
-Vin na folla dunha rosa
tremelucindo unha bágoa:
-¡Olgas!
-Loureiriños verdes
ó redor da miña casa.
-Gueivotas!
-Os meus amores
traen ós merlos nas palmas.
-Conchas!
-Mellor cabrinfollos
e recendentes azaias.
-As dornas.
-¡As ermidiñas!
-O sol.
-As sombras das pravias!
…………………………………
…………………………………
-Pois da beiramar renegas,
¿de que ermo sitio es, rapaza?
-Nacer, nacín en Corvelle;
pro teño os ollos na Graña.
"Aldeíña serrana,
¡aldeíña da Graña!,
donde se dan os bos mozos
com´os salgueiros na lama..."

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (1) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 10-03-2013 20:30
Ligazón permanente a este artigo
A Saudade

(Tortura, con punzante delicia)

Sol a queima, i auga a molla,
i anda a probiña sen guía,
buscando quen a recolla,
desque morreu Rosalía.
Pisa cardos, pisa abrollos,
i a penas o sol se pon,
coas lagrimiñas nos ollos
entra no meu corazón.
Vén, de mansiño, coa lúa...
¡Dios sabe de donde chega!
Portugal dice que é súa,
i as brétemas que é gallega.
¡I a enmeigadora sorrí!,
méntre-la festexo eu,
porque se demora aquí,
si é certo que alá naceu.
¡Hai nestes ermos lugares
branca ermida!,
i us penedos, i us pinares,
que lle cautivan a vida...
Sol a queima, i auga a molla,
i anda a probiña sen guía,
buscando quen a recolla,
desque morreu Rosalía.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 10-03-2013 19:54
Ligazón permanente a este artigo
En nome de Jesús

¿Foi de home?, ¿de muller?... Non o adiviño;
mais por Dios reprobada sempre sea
a infeliz ocurrencia, a torpe idea
de prender, sin delito, a un paxariño.
Xa ben vin nunha xaula, murcha, absorta,
certa aveciña, pra quen bosque é vida;
¿e sabedes que eu fixen de seguida?
En nome de Jesús, abrinlle a porta.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 10-03-2013 19:23
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/