Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
galopindamaria@yahoo.es


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Prá probeza

(Foto: Milutxo Romanos)

Xa que eres da miña sangre,
irmanciña que venero,
¡dácame un cento de bicos!
i olla o que ben che deseio.

Rocen os fleques da gaita
cos teus farrapos na festa,
i os anxeliños te guíen
prá máis rumbosa merenda.

Cantarolando as fontiñas,
piedosas che ofrezan auga,
bríndeche o liño frescura
i o sol non che esconda a cara.

Tódolos cas de palleiro
faigan as paces contigo,
e de te ver á sua sombra
se ensoberbezan os pinos.

Présteche Jesús, xoíña,
meiguices da nosa fala,
o bordón do Padre Eterno,
i o seu leitiño de palla.

E tan albo com´a neve,
ufanía dos penedos,
¡seña o fateliño novo
con que te eu vexa no ceio!

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 24-03-2012 21:29
Ligazón permanente a este artigo
O trono da paz

(Pra Ramón Otero Pedrayo)

Preséntame –lle dixen
amorosiño ó iermo-,
renovos dun carballo,
ruínas dun mosteiro,
ou do bravío cardo
unha froliña ó menos!.

Huraño, solo quixo
enseñarme un penedo.
Mais, ¡cantas alabanzas
e gratitú lle eu debo!:
aquel coloso é o trono
da Paz, i o monumento
que unánimes lle alzaran
os siglos ó Silencio.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (1) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 15-03-2012 21:09
Ligazón permanente a este artigo
Ond´a unha fonte

(Del P. Vicente Rigueros, S.J.)

Sobre mimosas froles e verdura
sentou ó Neno a cándida María
ond´a unha fonte cristalina e pura
que no camiño de Salem había.
I ó ver no chau sentado
ó que do chau é esteio,
ó que en trono dourado
triunfa sobre os abismos, terra e ceio...
¡suspirou tenramente!
en doce amore o corazón desfeito,
i o Fillo, ansiosamente,
gardou o suspiriño no seu peito.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 12-03-2012 00:03
Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/