Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Novas alumaradas de Bernabel

Dando por rematada a recolleita de coplas adicada a toda clase de animales domésticos que se poden atopar nunha aldea, Suso de Bernabel deixounos un novo capítulo que escomezamos hoxe aquí coa súa inimitábel forma de ollar como se fixeron e desenrolaron as primeiras traidas de auga para as casas nas aldeas.


A TRAÍDA DA AUGA
(De Guillade)


Os veciños de Guillade
de sacado dous ou tres,
todos quedaron en seco
xa pasa moito dun mes.

Pró, os que téñen alxibe
según nos di a xente,
anque nun ano non chova
o alxibe sempre enche.

Han chamalos a unha xunta
a eses dous ou tres señores,
pois xa teñen acordado
de poñer os contadores.

Iso ta moi ben pensado,
e con iso xa creo que basta,
despois xa se pagará
cada un polo que gasta

A todo dixo Bernabel:
¡Hai que enterarse primeiro!.
Que se o manantial non mana
isto éche gastar o diñeiro.

Escomezaron por vixiar
se o depósito verquía,
porque lle tiñan cerrado
e casde nunca se enchía.

Dixo “Toño de Benito”
e máis “Nilo do Varelo”:
¡O depósito está roto
e a culpa foi do “Tabuelo”!

¡...Habendo albañís ben cerca
e ir buscalos a outro lado...!.
-Deixáron-lles todo roto.
-¡Tívo-lles empregado!

Andiveron cavilando
quen voltarían a chamar.
Díxolles “Manuel do Niño”:
¡Eu mesmo o vou amañar!

Meteuse no depósito.
A paleta preparada.
Xa dixéron as mulleres:
¡Vai quedar peor que estaba!

A ouvir estas palabras
Manuel non dixo nada,
deseguida saliu prá fora
sen dar unha paletada.

Propúxolles Donisio
de vestilo de ladrillo,
entre todos acordaron
de iren chamar ó “Aldillo”.

Díxolles cando alí chegou:
Isto ha de levar moito tempo.
Xa podedes ir traendo
ferro, ladrillo e cemento.

Deixámoste avisado:
Que quede mal non queremos,
non chores o material
que se non chega volvemos.

O día seis de Xaneiro
fixeron unha reunión,
prá repasaren as contas
alí na casa de Antón.

Despois “Xesús da Valiña”,
antes de que naide marchara,
deixóu quedar o diñeiro
prá que Antón os convidara.

Ista polémica traída
deulles moito que facer,
agora está arranxada
mentras non volva a verter.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 29-03-2009 12:02
Ligazón permanente a este artigo
Coplas lixeiras

O FINITO

Vilanova tén fama
de ter bos cazadores
pero os de Vilamor
son bastante superiores.

Isto non o digo de broma
nin tampouco por chufar,
éles mesmos con “Finito”
o deron a demostrar.

Un sábado pola tarde
do outro mes que pasóu,
co “Finito” de Matilde
así todo escomezóu.

O “Finito” de Matilde
non era un gato calquera,
abría as portas do mueble
e tamén as da nevera.

Aló na casa do “Niño”
o animal do gato entróu,
e como levaba fame
un queixo lle chapóu.

A isto dixo Donisio:
-Tamén me comeu os bistés!.
Se o collo na cociña
xa non sale cos seus pés.

Di Matilde alporizada:
-Ti deso non digas nada!.
Tamén as túas galiñas
escálanme a legumbrada.

Por andar de casa en casa
rapiñando canto collía,
xa o tiñan sentenciado
pra matalo calquer día.

Pero Nilo defendíao,
e dixo desque se enteróu:
-Eu teño a casa ben cerca
e nunca nada me levóu.

Un día pola mañán
cando máis tranquilo estaba,
ve chegar o “Caxigueiro”
ca escopeta preparada.

Sen saber o que ía facer
o gato siguíu deitado,
cun cartucho do setenta
deulle o primeiro atentado.

Despois ó día seguinte
dous tiros máis lle pegóu,
a seis metros de distancia
e ni un grau lle tocóu.

Pero ó terceiro día
taba o gato na palleira,
Roxelio colle a escopeta
dicindo desta maneira:

A dez metros de distancia
seguro que o vóu matar,
cun cartucho do cero
a cabeza lle vou voar.

Estivo apunta que apunta
según Matilde nos contóu,
e despois de dous minutos
foi cando lle disparóu.

O gato marchóu correndo
mentras Roxelio dicía:
-Non lle vin máis que a cabeza,
eu non sei se lle daría!.

¡Vai apuntar ó carallo!
Nestas Donisio lle decía,
inda eu, que librei por cego,
non sei se me escaparía.

A Manolo de “Xan López”
tamén o tiñan avisado,
prá que lle pegase un tiro
cando o vise descoidado.

Manolo desconfiaba
de non poder matalo,
quixo collelo de cerca
prá poder aseguralo.

Este xa foi máis listo.
Tiña unha gata alzada,
e sabía que “Finito”
ía moito visitala.

Deulle cun pao na cabeza
deixóuno medio atontado,
despois pegóulle un tiro
non fixo falla apuntalo.

Damos por rematado
señores, este relato;
gastaron cinco cartuchos
prá poder matar un gato.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 17-03-2009 11:53
Ligazón permanente a este artigo
Coplas lixeiras

AS CABRAS DE REGO

Compaixón pido señores
un momento por favor,
prá lles poder explicar
este “cuadro” de moita dor.

Un mércores pola tarde
do outro mes que pasóu,
no barrio da “Ferrería”
así a cousa escomezóu.

Cando pasei por “Viloalle”
ouvín a xente chorar,
pregunteilles que pasaba
e puxéronse a contar:

¡Estamos moi disgustados!
así todos me explicaron,
os cas do “Palacio”(1), a “Rego”,
tres cabras lle mataron.

“María de Teixeiro”,
foi a primeira en chegar
ó lugar do accidente.
A “Rego” foron avisar

pró, non estaba na casa,
que estaba aló na “Campá”.
Remedios do “Moxeno”
foille dar a novedá.

“Rego” quedóuse cortado,
e non dixo nin palabra
por morréren-lle os dous chivos
e máis morrer-lle a cabra.

Pasados vinte minutos
xa “Rego” reacionaba.
Díxolle a “Suso de Rexes”
se no seu coche o levaba.

Marcharon os dous xuntos,
por certo, moi apurados,
cando chegaron á casa
xa os tiñan desangrados.

Desangróunos o “Moxeno”
cando mesmo se enteróu;
anda sempre preparado
e xa na gorxa os picóu.

-¡Así non estóu conforme!
dixo “Rego” no momento,
ti lévame a Mondoñedo
que vou dar coñecemento.

Díxolle “Rexes” todo serio:
-¡Non é por non te levar,
pro con dar coñecemento
pouca cousa vas gañar!

Marcharon pra Mondoñedo
e á Garda Civil lle levaron,
os datos daquelas reses
que os animáis lle mataron.

Tiñan avisado “Ó Blanco”
prá que fose preparalos,
dera permiso o forense
que xa podía levantalos.

“O Blanco” foi o encargado
(por ser un bo comprador),
de pelalos e pesalos
e ademáis foi o tasador.

“Rexes” colleu a carretilla
ca que os tivo que carrexar,
como a ponte era de tablas
“Rego” tamén foi axudar.

Como eran de primeira
logo viñeron visitalos,
entre voltas e revoltas
non se foron sen probalos.

“Rexes” estivo mediodía
traballando de taxista.
Sen pagarlle a gasolina
levouno con toda a vista.

Mais “Rego” tamén lle dixo:
-¡Algo che teño que dar!,
que tamén as miñas cabras
as viñéron aboar.

Trouxéronme unha “cocha”
por matarme os animales,
e máis deixáronme a carne
destes tres exemplares.

Saíu “Pepe de Eladio”
todo cheo de razón,
coa porca do “Palacio”
metida no seu furgón.

“Rego” xa está máis contento
por gañar desta maneira,
a carne das tres chivas
máis a cocha parideira.

“Ariverto” tamén me dixo:
-Eu xa tamén espabilei,
sempre co coche cargado
e nunca nada cobrei!.

Tamén lle dixo a un veciño:
-¡Isto eu teño que arreglalo.
Como é tan aproveitado
xa ten outro sitio buscado.

Aquí se acaba señores,
este conto verdadeiro,
que dentro de poucos días
“Rego” queda sen obreiro.

(1)Pazo do Bo Aire-Masma

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 17-03-2009 11:52
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/