Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

CALVOS DE RANDÍN

“Dicen que Calvos é vila
i el é un triste lugar:
¡coitadiña da meniña
que a Calvos se vai casar!”
(Cantar pop.)

Calvos de Randín, paisanos,
non é capital de España:
pro desde logo aseguro
que é aldeíña... de importancia!

Ó menos eu non coñezo
outra que teña máis cabras,
nin tantos fatos de ovellas,
nin máis grarridas rapazas.

Ufánase de aires puros
Calvos de Randín, i as augas
das súas fontes merescían
salir por canos de prata.

En troque as casas... ¿direino?
As de Calvos, máis que casas,
vellos pombales semellan
feitos de brousos e pallas.

Os carballos, os penedos,
e da xesta as froles albas,
son, foron e serán sempre
de Calvos de Randín gala.

Unha música lle reina:
a das esquilas das vacas;
mais prás romaxes procura
o bombo, tambor i a gaita.

Viste de inverno coroza
pra resistir a saraiva,
i o ulular asobiado
dos lobos, fúrtalle a calma.

De vrau ergue as maus ó ceio,
si os trebós non a asolagan,
e de respirar se esquence,
mentras non recolle a anada.

Pra que non a adente o fisco,
do disimulo se ampara,
e sin palleiros e goxas
están de Calvos as airas.

En Calvos é mediodía
cando ó maeso lle agrada,
porque ás doce... ¡na súa vida
oieu tocar a campana!

Val Calvos... un gato cego;
¡pero aínda ten dúas alhaxas!:
a súa igresiña e un Cristo
sobre unhas penas ben altas.

Quen nestas breñas se embreñe
xurar pode que se enclaustra;
mais teña de ollo que as serras
da groria son veciñanzas.

E que, si en Calvos de frío
morre, non lle han faltar bágoas
i auga bendita, que pías
maus sobre as covas derraman.

Antonio Noriega Varela

Comentarios (1) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 26-02-2011 20:49
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/