Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

CLAUSURA DO ANO ADICADO A NORIEGA VARELA-VIVEIRO

A MUSA DO CANTOR COA BANDA DE MÚSICA POLAS RÚAS DE VIVEIRO 28/12/2007

En agarimoso agradecemento a Santi Noriega despois de darnos a todos esta nova:

21/3/2007
El sábado Viveiro rinde un homenaje al poeta mindoniense Antonio Noriega Varela. En el acto, aparte de las disertaciones que sobre la obra de Noriega Varela realizarán nombres como el profesor Xosé Ramón Freixeiro, el escritor Juan Soto y el nieto del poeta, Daniel Noriega, el peso artístico recaerá sobre el grupo de canto del Conservatorio de Música viveirense, que interpretará poemas del autor mariñense musicados. El concejal de cultura se felicita de que se haya conseguido un consenso con todos los grupos políticos para declarar el 2007 «o ano de Noriega Varela», ya que considera que esta villa «a súa figura ten aínda moita presenza». Según explicó Santiago Noriega, nieto del autor, la obra se ha encargado al escultor Mario Valles Castro que ya ha presentado los bocetos del proyecto, «unha roca parindo poemas,-dice Santiago Noriega-, que é realmente conmovedora». Viveiro se adentra en la memoria de Noriega Varela.

Adiqueille eu estes versiños saudosos no Día das Letras Galegas:

Á musa do 'Cantor da Montaña'

(Froliña humilde dos ermos
que fuxindo dos rigores da serra
non se esquece da fala da nosa terra)

A musa máis xota e moreniña
teimuda a deixalas cumes da serra
é a fonte da fala da nosa terra
que o cantor trouxo ós eidos da Mariña.

Ai! Belida frol, frol ben mareliña,
aturuxo de cando a xente berra
á rapaciña que o corro cerra.
Ai! Meiga frol do cimbro sinxeliña.

Desaparece o galego dos lares?
Non, non viaxou sempre polos catro mares?.
Nosa fala é un penedo do ermo
que leda prendou ós nosos cantores
e de mozo cautivou os meus amores
parindo versos, que eiquí acadermo.

Larga vida ás xentes de Viveiro e que ¡Vivan os poetas!, ¡Viva Noriega Varela!.

¡Ledo Ano Vello! ¡Rumboso Aninovo!

Mondañedo, 29.12.2007
Pepe de Noriega
Comentarios (9) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 29-12-2007 11:38
Ligazón permanente a este artigo
A Pascual Veiga

No Centenario do Himno Galego


Folliñas douradas das carballeiras
revoades teimosas cos airiños
das loas, das verbas e salouquiños
de Pascual Veiga, Noriega e Leiras.

O Campo dos Remedios é a xoieira
da Alameda de chiscos faroliños.
Enfeitan O Campo dos Paxariños
os neboeiros brancos da orballeira.

Hoxe, testemuñas de quen lles deixou
ás rapazas que cantan en galego
a melodía máis enxebre que amou.

Ós Muiños e á Fontevella cantou
e pra honra da terra con apego
por todo o mundo o himno espallou.

Pepe de Noriega
Mondoñedo, 20 Decembro 2007
Comentarios (2) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 19-12-2007 11:22
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/