Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Fresca rosa

Á Señora de Belén
(En Galdo)

“...no hubo lugar para ellos en el mesón”
(San Lucas)

¿De Belén?... ¡Miña xoia!
Aló en Noite ben sonada
xente ruín com'a tiña,
coidando que era probiña,
non lle quixo dar pousada.

¡N' a agarimaran señores!;
mais, xa que escuros pastores
correron pra a espalecer,
gozosa cos moradores
dos agros se quere ver.

Lembrándose da vaquiña
que abafou ó Salvador,
santifica alba ermidiña
ora na verde terriña
de Nicomedes Pastor.

¡Rosada, Garrida Aurora!,
i alí está pra ben secar
lagrimiñas de quen chora...

E cando ás maus do Filliño
vai pousarse un paxariño,
asegura A Tradición
que lle leva no biquiño
fresca rosa: unha oración.

Do Ermo
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 05-10-2011 19:06
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/