Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

A risa do conexo

Éche a risa do conexo
a risa que me acibara,
Xan da Nega, cando dices
(con máis tolice que gracia)
que, anque che faltan as forzas,
inda che quedan as mañas...

¿Sabes que máis? ¡Vamos vellos!,
i ós vellos solo nos cadra
velas... ¡e limpar o bico!
i o resario, i a cabaza...

A. Noriega Varela
Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 19-10-2008 13:49
Ligazón permanente a este artigo
Sanluqueiros 2008

Para o meu entranábel amiguiño Xosé Vizoso
sabido, vertudeiro, garimoso...

Cedo este armadanzas
amenceu en Mondoñedo
cheo de anazcar castañas
das caídas polo suelo.

¿E este ano ás San Lucas
non virá o dos cóitelos?
Fiado do home do tempo:
A mollarse colleu medo!.

Botamos a chaparrita
no lar do Padornelo
agardando os cabalos
que ás feiras baixan a centos.

Xa non cargan pra Inglaterra
“poneys” prós fidalgos cheos
entr´os que viaxou o “Curda”
nos circos para bébedos.

Loce o campo da feira
ateigado de boureo
e na cancela dos Remedios
un, facendo aspaventos:

-Voladora, voladoraaa!
-Oh! No me leve o demo!
O bigote dos meirandes
que pintou en Sargadelos.

-Agora mesmo vás pagar
a parva!. Agarda un momento!
Tirando bicos e apertas
despachou unhos antergos.

De capela en capela
lembramos vellos tempos
feirando co Deus Baco
patrón destes eventos.

Olla que dende as milicias
outras sortes percorremos
o dos “Beatles” en Brión
eu rosmando en Mondoñedo.

Xa son longos anos idos
que nos van facendo vellos!
Compañeiros de polaina!
Xa fumos novos!, diremos.

E ben cheos de recuncar
con pulpo e pan albeiro
nas brancas cuncas de viño
coma o mellor sanluqueiro.

Ó lombo coa pota de cobre
un albardón ben recheo
e unhas dobras de caxigo
¡xa non hai outro aparello!.

Esgotaremos “As Maulas”
despois do día “Do Medio”
amoreados de trabitas
e virutas do zoqueiro.

Non quero eu que nos albisque
o “Rosendo de Padornelo”
aguantando nas molladuras
despois de tanto trafego.


Copiou Pepe de Noriega nas San Lucas do 2008

Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 19-10-2008 11:11
Ligazón permanente a este artigo
Case morto de sede (Siti paene enectus)

Siti pene enectus

¡Ei vai un can tundido
detrás do zorro vello!

Nas noites ben escuras
do riguroso inverno
a este “Relincha-moro”
-do que cucou herdeiro-,
si xa n´o ampara o mago,
axudaraio o deño
pra subir pasadoiros
e saltar os boqueiros.

¿Ve, quizá, com´os gatos?
Cousa é que non entendo;
mai sin levar fachuzo
nin faroliño aceso,
pasa a vau os regatos,
logra sortear seixos,
non se espiña non toxos,
i endexamais can fero
ousou chantarlle os dentes
donde decir non debo.

Cantos máis anos pasan
máis borrachón o endergo.

Seus filliños... ¡en coiro!;
seus haberes, famentos;
deixa as leiras a bravo,
acantoa os aveños,
e si coa mulleriña
do pertegán tropezo,
das varas dun caínzo
con tristura me lembro...

Cantando “A Chaparrita”
cercado, ¡ai!, de pequenos,
encarouse comigo
inda n´hai moito tempo.
“¡Ora mismiño, dixo,
vas a pagarme un neto!”;
i en canto lle repuxen
“estás com´on pelexo”,
afastouse, danzando,
tras brindarme este versos:

“Todos me saben
do viño que bebo,
pero non saben
a sede que eu teño...”

A. Noriega Varela
Copiou Pepe de Noriega nas San Lucas do 2008 que case morremos todos de sede.

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 19-10-2008 11:07
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/