Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Os catro taxistas

Aprendín en Vilanova
cousas que non poido crelas,
que a decirche a verdade
facíame falla velas.

Catro famosos taxistas
axustaron prá podar,
as árbores da alameda
nun precio moi regular.

Vinte e cinco mil pesetas
por doce árbores cobraron,
sacaron un bo xornal
e iso que non apuraron.

Tamén outro taxista
quixo entrar ó contrato,
pero díxolle Tejero:
¡Chegamos ben estes catro!.

É boa leña pro abade,
prá súa calefacción,
pois esa non colléu suba
coma o gas e o carbón.

Venancio e Murallas
contrataron o releiro,
e levouno Sevilla
prá queimalo no basureiro.

Siviriano de Lousada
cando os víu pasar con el,
por queimalo na súa leira
déulles cen pesos por el.

Díxolles Paco de Hermida:
¡Tede coidado coa “rana”,
o animal xa esta sen auga
...que non lle caia unha cana!.

Eu tamén heivos de dar
unha gratificación,
por sacarme aquela sombra
de diante a exposición.

Estes catro “contratistas”
heivos de dicir quenes son:
“O Rubio” e máis “Tejero”
“O Gallo” e tamén “Campón”.

Cando estaban acabando
debéronse despistar,
romperon as tres farolas
e a cabina de falar.

E tamén “Cantil” lles dixo:
¡Son pragas que vos votei,
por non facerme a homenaxe
cando che me xubilei!.

¡Os faroles non os pagamos!
dixo “O Rubio” no momento,
“O Gallo” queda encargado
prá que os pague o Aiuntamento.

E a cabina de falar
iso inda está... (en veremos),
como “O Gallo” é concellal
...tampouco na pagaremos!.

Xa dixo “Pepe de David”:
¡Debéulles cubrir ben
porque as árbores da gracia
contratáranos tamén!.

O que non parece xusto,
nin correuto, nin normal,
é que antes da poda
falasen co forestal.

Díxolle o abade a Venancio:
¡...A leña virá podada
e despois eu levo a gorda
e ti levas a delgada!.

Entre Venancio e “Murallas”
da leña vanse encargando,
xa sabemos que é o máis normal
que os dous sigan aparzando.

A leña desa madeira
din que arde moi ben,
Venancio debe sabelo
penso que “Murallas” tamén.

Aquí se acaba o relato
deste catro “contratistas”,
que gañaron moito máis
que gañan sendo taxistas.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 31-01-2009 13:01
Ligazón permanente a este artigo
Os camineros

Antes moitas das estradas
estaban sen amañar,
porque os camineros vellos
non querían traballar.

Pró agora os novos
téñenas moi amañadas,
porque son traballadores
e botan largas xornadas.

Todos merecen medallas
porque xá as teñen gañadas,
todas estas estradas
téñenas empatenadas.

Cando pasei por Samartiño
quedeime amilagrado,
Eusebio taba no tramo
o probe todo sudado.

O tramo de San Pedro
non valía prá chufar,
Manolo foino amañando
a costa de madrugar.

A do San Bartolo
según me dixo Carballo,
David non a abandoa
porque lle reina o traballo.

E a carretera de Oirán
tamén estaba moi mal,
pró O Riego pó traballo
ten un xenio criminal.

Tamén César de San Xusto
pódese aseverar,
que antes das seis da mañá
xa se pón a traballar.

A de San Andrés ta ben
dende xa fai moito tempo,
porque Pascual pró traballo
tén un xenio moi violento.

Na Insua tamén dixeron
que Xil era moi bo rapaz,
madruga e máis trasnoita
prá ascender a capataz.

A todos estes camineros
fixéronlles un agasallo,
polos bos comportamentos
e méritos no traballo.

Unha orella de porco
a dous lles agasallaron,
prá Eusebio e máis prá Xil
según a min me contaron.

Un tixelo ha ser prá Riego
e máis prá César tamén,
prá Pascual unhas bragas
e prá Manolo un sostén.

Pró noso amigo David
como é ben comedor,
unhas patacas fritidas
estimaas moito mellor.

Damos por rematado
señores, este relato.
Prá todos unha correaxe
e máis a gorra de prato.

Non quero que naide se ofenda
nin que lles pareza mal,
o caminero da Ínsua
foi o meu corresponsal.

Bernabel
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 30-01-2009 10:55
Ligazón permanente a este artigo
Para Jorge e Paco

A NOITE DE SAN XOÁN

Veciños de Vilamor
mirái ben o que facedes,
procurade gardar os carros
senón quedades sen eles.

Po la noite de San Xoán
poido votar xuramento
que van todos prá Voltiña
sen pagar aparcamento.

Voltan os tempos antergos
agora coa democracia;
levarlle o carro ó alcalde(*)
tén a cousa moita gracia.

Levarlle o carro ó alcalde
é unha cousa moi impropia,
ha de parecerlle moi mal
ó cabeza da parroquia.

Dixo o xenro do Perelo:
¡A min tamén mo levaron
e non foron moi lixeiros,
que nin a herba lle quitaron!

Como taba ben ó xeito
lévarono de “rogación”,
prá chaira da Voltiña
onde fan a exposición.

Pró tamén vos aseguro
que non me volve a pasar,
inda que deixe de dormir
o carro heino vixiar.

Dixo Valente do Polo:
¡Eu xa estóu acostumado
pois a min xa mo levaron
tamén o ano pasado!

Tamén hóubo algún peisano,
non fai falla dicir quén,
que marchóu prá sardiñada
¡...é leváronllo tamén!

Tén unha moza portuxesa
según a min me contaron,
anque a tiña na Retorta
cando o carro lle levaron.

Se naquel intre
ouvísen a portuxesa cantar
as cantigas que ela sabe
habíano de deixar.

¡Anque sallas de ruada
a noite de San Xoán troular,
o carro ó señor alcalde
non se lle debe tocar!
(*)Alcalde de barrio.

Bernabel

(Estes dous mindonienses garimosos e vertudeiros eran e son fervorosos ademiradores de Bernabel, e animáron-me a seguir con esta gratificante laboura)
Comentarios (0) - Categoría: RECOLLEITA DE VERSOS - Publicado o 30-01-2009 08:44
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/