Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

O musgo

(Pra Carlos de Passos)

É, ¡cousiña humilde!, o musgo
da índole do meu estro:
ama os robustos carballos
i os seculares cruceiros,
¡as casonas dos validos
i as casiñas dos labregos!,
e desposado coas rocas
e coas ruínas o vexo.

Inda que n'o gabe o mundo,
pérolas lle ofrenda o ceio,
i o bon Jesús o desina
pra enfeitar seu nacemento.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 15-08-2014 22:12
Ligazón permanente a este artigo
Ternura

Viste os cardos de flores, viste de hedra
as informes paredes dos muíños,
e nos cruceiros de groseira pedra,
suspirando, pendura faroliños...

Sempre á par da rudeza, esta xoíña
que Jesús nos deixou!: sorrindo, a medo,
fai relucir un astro en cada espiña
i agasalla con musgo ermo penedo.

iAlma da nosa Terra!, ¡irmá da aurora!,
tu brindas (de bo grado, i en boa hora
pra que hastra as nubes meu fervor te eleve)

á onda montuosa, ¡airón de escumas!,
ó tosco berce de guiciños, ¡plumas!,
á hostil ramaxe dos acivros, ¡neve!

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 13-08-2014 22:25
Ligazón permanente a este artigo
O teu ánxel de luz...

Bendiga o Bon Jesús (Jesús Meniño)
cada flor que é pró ermo unha festiña,
cada doa que fulxe en cada espiña,
cada pluma que brando torne un niño.

Bendiga aquel farol (compañeiriño
dunha imaxe), bendiga esta fontiña,
i a pompa dos carballos da igrexiña,
i a virazón que riza un remansiño...

A un seu xesto gracioso, meiga salla,
tralos montes, a lúa que agasalla,
¡idolatrada mai!, túa sepultura,

i un sorriso do Neno logre aínda
que o teu ánxel de luz, Galicia linda,
seña, a través dos siglos, a ternura.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 13-08-2014 22:23
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/